Labirinto

Un labirinto[1] (do latín labyrinthus, e á súa vez do grego λαβύρινθος labýrinzos) é un lugar formado por camiños ou corredores e encrucilladas, intencionadamente complexo para dificultar a orientación e saída a quen se interne nel.

Labirinto en Mogor
Un dos dous labirintos presentes nos petróglifos de Mogor (Marín).
Labirinto do Outeiro do Cribo
Labirinto no petróglifo de Outeiro de Cribo (Meis)
Cretan estilo Advento labirinto feito con 2500 tealights queimada no Centro de Meditación Cristiá e Espiritualidade da Diocese de Limburg, na Igrexa da Santa Cruz, en Frankfurt am Main-Bornheim

Clasificación ou tipos de labirintos

Os labirintos de forma cadrada ou rectangular son os máis antigos que existen; a primeira representación coñecida dun labirinto deste tipo atópase nunha táboa de Pilo e nun selo nas tumbas do antigo Exipto. Os labirintos de forma redonda ou circular, apareceron a finais do século VII a. C. na Italia etrusca; máis tarde aparecen nas moedas de Cnosos, a finais do século III, e pénsase que eran usadas como mapa do famoso Labirinto de Creta[Cómpre referencia].

Map of Jericho in 14c Farhi Bible by Elisha ben Avraham Crescas
Mapa de Xericó no século XIV, na Biblia Farhi de Elisha ben Avraham Crescas.

Os labirintos clasifícanse principalmente en dous grandes grupos segundo a relación entre o centro e a saída do mesmo, diferenciando o labirinto clásico ou univiario do labirinto de mazes.

O labirinto clásico fai percorrer todo o espazo para chegar ao centro mediante unha única vía, sen posibilidade de tomar camiños alternativos e sen bifurcacións, cunha soa porta de saída, que é a mesma pola que se entra ao labirinto. Polo feito de ter un só camiño a seguir a medida que se avanza dentro del, é imposible perderse no seu interior.

Os labirintos de mazes inclúen un camiño correcto e un ou varios incorrectos, que levan ou non á saída do mesmo. Os mazes comezaron a ser usados nos xardíns de sebes en Inglaterra no século XII, xa que eran o lugar propicio para unha cita amorosa; logo fóronse estendendo progresivamente por toda Europa, especialmente en Francia e Italia. Destacan neste sentido, os xardíns labirínticos de Andre le Notre en Versalles e o de Caboni, na Vila Pisani (Italia).

Por outro lado, pódense categorizar os labirintos segundo a forma en que foi construído:

  • Labirinto clásico ou cretense: De tipo univiario, de forma ovoide e cun deseño moi sinxelo.
  • Labirinto romano: De tipo univiario, nun principio era de forma cadrada, dividido en catro cuadrantes arredor do centro; máis tarde conformábase de círculos concéntricos, coa mesma subdivisión de cuadrantes ou zonas enmarcando o centro do labirinto.
  • Labirinto barroco: De tipo mazes, con varias vías mortas ou camiños sen saída.
  • Labirinto manierista: Labirinto con estrutura arbórea, cunha bifurcación en forma de Y ao final dun corredor.
  • Labirinto rizoma: Labirinto de ramificacións infindas.
  • Labirinto de Hampton Court.
  • Labirinto de Stolp.
  • Labirintos Medievais: De tipo univiario pero de deseño complicado, eran típicos na decoración do chan das catedrais.
  • Labirinto de Boughton Green.
  • Labirinto de Altjessnitz.
  • Labirinto ruso (tamén chamados Cidade de Troia).
  • Labirintos modernos: Aquel labirinto onde todos os corredores que o conforman están interconectados entre si e non posúe camiños de "circuíto pechado", que son os que regresan ao punto de partida.

Labirinto de Creta

Artigo principal: Labirinto de Creta.

Segundo a mitoloxía grega o labirinto foi deseñado polo inventor Dédalo por encargo do rei Minos de Creta para manter preso o seu fillo Minotauro (monstro metade home, metade touro), que acabou morto por Teseo, quen se internou nos corredores soltando atrás un fío que lle dera a princesa Ariadna, irmá do monstro).

Nunca se chegou a identificar a situación do labirinto do Minotauro, se ben en Cnosos foron atopadas moedas do século -III co símbolo do labirinto. O formato típico durante este período é un circuíto en 7 coñecido coma "labirinto clásico".

Palacio de Cnosos

Artigo principal: Palacio de Cnosos.

Outro elemento da formación do mito do Labirinto puido ser que o palacio de Cnosos —a casa do labrys ou hacha dupla— era un complexo de habitacións e corredores, e que os invasores atenienses tiveron dificultade para encontrar e matar o rei cando o tomaron.

Un espazo aberto diante do palacio estaba ocupado por unha pista de baile cun deseño labiríntico que servía para guiar aos que bailaban unha danza erótica da primavera.

A orixe dese deseño, chamado tamén labirinto, parece ser o labirinto tradicional de arbustos que se utilizaba para atraer ás charrelas cara a un dos seus machos, engaiolado na cerca central, con reclamos de alimento, queixas amorosas e desafíos; e os bailaríns imitarían a danza de amor extática e renqueante das charrelas macho, cuxo destino era que o cazador as golpease na cabeza.

O labirinto do que escaparon Dédalo e o seu fillo Ícaro podería ser o piso de mosaico no que estaba debuxado e que tiñan que seguir na danza da charrela ritual.

Danzas labirínticas en Palestina

En Palestina esa cerimonia, chamada a Pesach ("renqueante") realizábase aínda, segundo San Xerome, en Beth-Hoglah (o templo do Coxo), onde os devotos bailaban en espiral. Beth-Hoglah identifícase coa «era de Atad», na que se choraba a morte do rengo rei Jacob, cuxo nome podería significar Yah Akeb (o deus do talón). O profeta Xeremías advirte aos xudeus que non deben tomar parte neses ritos orxiásticos cananeos, e cita: «A charrela recolle poliños que non pariu».

Labirinto e a morte do rei

Segundo o escritor e historiador inglés Robert Graves, a idea do labirinto está relacionada co sistema monárquico da prehistoria: o mellor dos homes dunha tribo era elixido rei, tendo poder absoluto sobre o grupo, pero era asasinado despois dun período de tempo. Só o heroe excepcional —un Dédalo ou un Teseo— volvía vivo do labirinto.

Neste contexto, ten grande importancia o descubrimento na década de 1950 nas proximidades de Bossiney (Cornwall) dun labirinto cretense tallado na superficie dunha rocha. A barranca onde Renton Green descubriu o labirinto é unha das últimas guaridas do corvo chova de Cornwall, que segundo a lenda acolle a alma do rei Arturo que perturbou o Inferno, e co que o labirinto de Bosinney está intimamente vencellado na lenda.

Danzas en Bretaña

Unha danza labiríntica puido ser levada a Bretaña desde o Mediterráneo oriental por agricultores neolíticos hai uns 5.000 anos. Os exemplos coñecidos máis antigos son rudos petróglifos de pedra, análogos aos británicos feitos no céspede, existentes na zona «Beaker B» de Escandinavia e o nordeste de Rusia, así como desde Siria até Irlanda, sen esquecer a grande existencia de petróglifos de Galicia.

Trojeborg, Nordisk familjebok
Labirinto trojeborg ("cidade de Troia), labrado nunha pedra procedente de Visby (Suecia).

As danzas en espiral, nas que a mocidade xiraba en espiral cara a un centro para afastarse despois, seguían sendo moi populares no século XIX.

Labirintos "Cidade de Troia"

Os labirintos ingleses feitos no céspede son coñecidos coma «cidade de Troia» (en Gales caer-droia). Probablemente os romanos os chamaban así polo seu Xogo de Troia, unha danza labiríntica executada por mozos aristócratas en honra do antepasado de Augusto, o troiano Eneas. Segundo Plinio tamén a bailaban os nenos na campiña italiana.

Os dous deseños principais son o clásico e o medieval, e malia existiren numerosas variacións, a forma básica é facilmente recoñecible.

Museo Quiñones de León Foto Miguel Angel Otero Soliño
Labirinto no xardín francés do Pazo de Castrelos.

Interpretacións modernas do labirinto grego

En tempos recentes o mito do labirinto foi transformado nunha obra teatral por Ilinka Crvenkovska, na que explora as nocións das habilidades do home para controlar o seu propio destino.

O escritor arxentino Jorge Luis Borges utilizou decote o concepto do labirinto nos seus contos. Outros autores inspirados polos labirintos foron Umberto Eco (en Il nome della rosa) ou Agustín Fernández Paz (en O centro do labirinto).

Laberintodepontevedra
Labirinto de Pontevedra, de Robert Morris.

Construción de labirintos modernos

Nos últimos anos houbo un rexurdimento do interese pola simboloxía do labirinto, o que se viu reflectido na construción dos labirintos do Parque Willen (Milton Keynes), a catedral Grace de San Francisco e o Parque Tapton de Chesterfield.

Hospital Álvaro Cunqueiro, labirinto
Labirinto nunha azotea do Hospital Álvaro Cunqueiro.

En Galiza, posiblemente o labirinto máis coñecido sexa o dos xardíns do pazo de Oca (A Estrada). En 1999 Robert Morris construíu na illa das Esculturas de Pontevedra o Labirinto de Pontevedra, que recrea a Pedra do Labirinto, dos petróglifos de Mogor.

Significados culturais

O significado cultural e a interpretación do labirinto como símbolo é moi rico. Na prehistoria os labirintos debuxados no chan poderían servir coma trampas para os espíritos malevolentes ou quizais coma rotas definidas (coreografías) para danzas rituais.

En varias culturas o labirinto tamén é asociado a ritos de iniciación que implican a superación dalgunha proba.

Durante a época medieval o labirinto teocéntrico simbolizaba o duro camiño até Deus cunha soa entrada (o nacemento) e un centro claramente definido (Deus).

No Renacemento os labirintos perden o centro: a persoa no labirinto é o centro, un reflexo do ensino humanista antropocéntrico.

Na actualidade os labirintos móvense a diferentes estratos da realidade: internet, cos seus característicos hipertextos, é un bo exemplo. Tamén son aplicados en múltiples videoxogos.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para labirinto.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Kerényi, Károly, En el laberinto (en castelán), traducido por Brigitte Kiemann e María Cóndor. Editorial Siruela: Madrid, 2006. ISBN 84-7844-973-6
  • Rivera Dorado, Miguel, Laberintos de la Antigüedad. Alianza Editorial: Madrid, 1995. ISBN 84-206-9437-1
  • Santarcangeli, Paolo, El Libro de los Laberintos. Historia de un mito y de un símbolo. (en castelán), prólogo de Umberto Eco, traducido por Cesar Palma. Editorial Siruela: Madrid, 2002. ISBN 84-7844-646-X
  • Méndez, Marcos, El laberinto, historia y mito. Alba Editorial: Barcelona, 2009.

Ligazóns externas

Arte minoica

A arte minoica ou arte da antiga civilización minoica desenvolveuse entre o 3 000 e o 1 100 a.C. tanto na illa de Creta, como en diversas rexións do Exeo e o Mediterráneo, lougares onde a influencia minoica foi forte por mor do comercio intenso con potencias e pobos dos arredores.

Cruz celta

A cruz celta é unha cruz cun anel que a rodea por detrás da intersección. É característica do cristianismo irlandés celta. Aparece tamén representada noutras zonas de Europa como Francia (en Normandía e na Bretaña principalmente) ou Galicia.

Dentro do labirinto

Dentro do labirinto (en inglés: Labyrinth) é un filme británico/estadounidense de fantasía dirixido Jim Henson (o creador dos Teleñecos), producido por George Lucas, e deseñado por Brian Froud.

Dédalo

O nome Dédalo pode referirse a:

Dédalo, na mitoloxía grega, o pai de Ícaro;

Dédalo, portaaeronaves da Armada Española;

Dédalo, portahidroavións da Armada Española;

Dédalo, sinónimo de labirinto.

Endolinfa

A endolinfa é o líquido transparente que está presente no labirinto membranoso da scala media na cóclea, prodúcese na stria vascularis e quizais no utrículo e o sáculo. O líquido presenta un alto contido en potasio e ten unha alta carga positiva (80-120 mV).

Estreito de Torres

O estreito de Torres separa Australia e Papúa Nova Guinea. Mide aproximadamente 150 km de ancho. Ao sur atópase o cabo York, o punto máis ao norte do estado australiano de Queensland. Ao norte encóntrase a provincia occidental de Papúa Nova Guinea.

O estreito une o mar do Coral (ao leste) co mar de Arafura (ao oeste). É moi pouco profundo, e o labirinto de arrecifes e illas faino moi difícil de navegar. No estreito atópanse as illas do estreito de Torres, habitadas polos insulares do estreito de Torres, un pobo melanesio relacionado cos papús.

O primeiro en atravesar o estreito foi o mariño español Luís Váez de Torres, lugartenente na expedición de Pedro Fernández de Quirós que partiu do Perú cara ao Pacífico Sur en 1605. Tras o regreso a México do barco de Quirós, Torres continuou cara a Manila, pasando polas Molucas. Navegou ao longo da costa sur de Nova Guinea, e probablemente chegou a ver o extremo norte de Australia.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Labirinto (canción de Pedro Madeira)

"Labirinto" é unha canción do cantante portugués Pedro Madeira do álbum Dá-me a tua mão. É a oitava canción do álbum.

Está composta totalmente, letra e música, por Pedro Madeira e ten unha duración de 3:59.

Labirinto celta

Un labirinto celta é un patrón de debuxo en espiral, que ten a súa orixe na arte celta. Comezou nas tallas en pedra e metais e máis tarde evolucionou na arte insular medieval. Os deseños prehistóricos de espirais de Gavrinis datan arredor do ano -3500.

Os labirintos celtas atópanse entre esculturas en Camonica Valley, ocupada polos celtas no inicio do primeiro milenio, a maioría con máis dun exemplo do modelo estilo Knossos ou do estilo clásico. A mitoloxía asociada cos labirintos tamén suxiren orixe celta, xa que os labirintos que conteñen ollos, unha figura con cornos ou unha serpe están relacionados coa divindade Cernunnos.

Lingua nórica

A lingua nórica era unha das linguas célticas continentais. Suponse que se falaba na rexión do que posteriormente constituíu a provincia romana de Noricum. Só está testemuñada por dúas inscricións fragmentarias que non ofrecen suficiente información para tirar delas demasiadas conclusións sobre a natureza e características desta lingua.

Lughnasadh

Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Minotauro

Na mitoloxía grega, o Minotauro era unha criatura con corpo de home e cabeza de boi. El vivía no Labirinto elaborado e construído polo rei Minos de Creta. O labirinto fora deseñado polo arquitecto Dédalo para manter ao Minotauro. Finalmente o Minotauro foi morto por Teseo.

"Minotauro" en grego significa "Touro de Minos". O touro tamén era coñecido como Asterio ou Asterión, un nome compartillado co pai adoptivo de Minos.

Mitoloxía celta

A mitoloxía celta é unha serie de relatos da aparente relixión dos celtas na idade de ferro. Ó igual que outras culturas indoeuropeas neste período, os primeiros celtas mantiveron unha mitoloxía politeísta e unha estrutura relixiosa. Entre o pobo celta en estreito contacto con Roma, como os galos e os celtiberos, esta mitoloxía non sobreviviu ó imperio romano, debido á súa conversión ó cristianismo e á perda dos seus idiomas orixinais, aínda que ironicamente foi a través de fontes romanas e cristiás, contemporáneas, que coñecemos detalles sobre as súas crenzas.

En contraste, a comunidade celta que mantivo as súas identidades políticas ou lingüísticas (tales coma as tribos de escotos e bretóns das Illas Británicas) transmitiu xeralmente vestixios remanentes das mitoloxías da idade de ferro, as cales foron rexistradas a miúdo de forma escrita na Idade Media.

Nó celta

O Nó celta é un estilo de decoración a base de nós estilizados, empregados amplamente na arte insular dos pobos celtas. Estes nós son máis coñecidos pola súa adaptación para o seu uso na ornamentación de monumentos cristiáns e manuscritos, como os do século VIII nos Evanxeos de Lichfield, o Libro de Kells e os Evanxeos de Lindisfarne.

Parque do Capricho

O Parque do Capricho é un parque e zona verde situado no barrio da Alameda de Osuna, no distrito de Barajas, ao nordés da cidade de Madrid. Foi mandado construír pola duquesa de Osuna entre 1787 e 1839. Conta cunha superficie de 14 hectáreas.

Está considerado un dos parques máis belos da cidade. Dos seus recunchos destacan a praza do Capricho, o Palacio, o estanque, a praza dos Emperadores, ou a fonte dos Delfines e das Ranas.

Atribúenselle referencias inglesas, francesas e italianas, da época en que foi construído, as cales son reflexo das influencias artísticas dos diseñadores do parque. Constitúe o único xardín do Romanticismo existente en Madrid. Mostras diso son o labirinto de arbustos, os edificios, como o palacete, a pequena ermida, ou o fermoso salón de baile, ademais dos pequenos ríos que o percorren e estanques, onde se poden atopar cisnes e patos.

Parque do Laberint d'Horta

O parque do Laberint d'Horta é un xardín histórico situado no distrito de Horta-Guinardó de Barcelona, o máis antigo que se conserva na cidade. Atópase na antiga propiedade da familia Desvalls, nunha ladeira da serra de Collserola. Iniciado en 1794 e acabado na súa primeira fase en 1808, foi obra do arquitecto italiano Domenico Bagutti. O parque inclúe un xardín neoclásico do século XVIII e un xardín romántico do século XIX.

Petróglifos de Mogor

Os Petróglifos de Mogor, entre os que destaca o Labirinto de Mogor, son unha estación rupestre situada no lugar de Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

Teseo

Teseo (en grego Θησεύς Theseus) era fillo de Etra e de Exeo, rei de Atenas, aínda que tamén se dixo que o pai foi Poseidón, o deus do mar, de feito Etra uniuse na mesma noite aos dous.

Xardín Botánico de Missouri

O Xardín Botánico de Missouri é un xardín botánico situado en St. Louis, Missouri. Coñécese informalmente como Shaw's Garden polo seu fundador, o filántropo Henry Shaw.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.