La Zarpa

La Zarpa foi un diario agrarista que se publicou en Ourense entre 1921 e 1936. Fundouno o crego e xornalista Basilio Álvarez o 27 de xullo de 1921 e foi dirixido, entre outros, por Antonio Buján, Jacinto Santiago e Roberto Blanco Torres. Colaboraron no xornal, entre moitos outros, Ramón Cabanillas, Manuel Lustres Rivas, Ramón Fernández Mato, Xaime Quintanilla Martínez, Eduardo Blanco Amor, Alexandre Bóveda, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antón Villar Ponte e Antonio Rey Soto.

Historia

Anuncio de La Zarpa
Anuncio de La Zarpa.

En abril de 1925 o xornal ampliou o seu formato introducindo con frecuencia gravados, fotografías, páxinas especiais e máis publicidade. Ademais ampliou o número de páxinas a oito. En 1929, sendo director José López Requejo, volveu a reducir o tamaño do xornal pero ampliou o número de páxinas a doce.

Nos seus primeiros anos de existencia levou a cabo unha intensa campaña anticaciquil e en prol da redención dos foros que os campesiños tiñan que pagar aos propietarios das terras.

O diario tivo problemas coa censura durante a Ditadura de Primo de Rivera ata o punto de suspender a súa publicación durante varias xornadas en 1926 e mesmo a mudar temporalmente o seu nome polo de El Agro.

La Zarpa recibiu con ledicia a chegada da Segunda República en 1931 e serviu de portavoz ao seu fundador Basilio Álvarez, deputado durante ese período polo Partido Radical. Durante estes anos tamén sufriu suspensión temporal pola censura.

En xullo de 1936 os falanxistas aprópianse da redacción e taller do xornal que continúa a publicarse polo menos ata principios do mes de agosto pero xa con consignas franquistas e simboloxía falanxista.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alberto Vilanova

Alberto Vilanova Rodríguez, nado en Ourense o 5 de xullo de 1910 e finado na mesma cidade o 13 de maio de 1985, foi un ensaísta e profesor galego.

Alexandre Bóveda

Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Arturo Benito Silva

Arturo Benito Silva, nado en Verín, foi un mestre, escritor e político galego.

Basilio Álvarez

Basilio Álvarez Rodríguez, nado en Ourense o 10 de agosto de 1877 e finado en Tampa (Florida) o 15 de novembro de 1943, foi unha das figuras máis destacadas do movemento agrario galego.[Cómpre referencia]

Blanca Calvo Moraza

Blanca Calvo Moraza, finada en Ourense o 31 de decembro de 1939, foi unha mestra, xornalista e escritora galega.

Caixa de Aforros Provincial de Ourense

A Caixa de Aforros Provincial de Ourense, tamén chamada nos seus últimos anos Caixa Ourense, foi unha entidade financeira dependente da Deputación de Ourense, posteriormente incorporada a Caixanova.

Casimiro Fernández Villagómez

Casimiro Fernández Pérez-Villagómez, coñecido como Miro Villagómez e Xan das Cousas, nado en Vilafranca do Bierzo o 19 de febreiro de 1908 e finado no Barco de Valdeorras o 2 de novembro de 1947, foi un xornalista e escritor galego.

El Radical (1931)

El Radical foi un periódico editado en Ourense en 1931.

Igrexa de San Pedro de Visma

A igrexa de San Pedro de Visma é un templo situado en Visma (A Coruña).

Irene Álvarez Veras

Irene Lucía Álvarez Veras, nada en Ourense o 13 de decembro de 1898 e finada en maio de 1971, foi unha odontóloga galega.

Jacinto Santiago

Jacinto Eloy Santiago García, nado en Arzádegos (Vilardevós) o 11 de xuño de 1894 e finado en Vilariño Frío (Montederramo) o 1 de novembro de 1936, foi un mestre, xornalista e político republicano.

José López Requejo

José López Requejo, foi un xornalista e político galego.

Julio Prieto Nespereira

Julio Prieto Nespereira, nado en Ourense o 7 de decembro de 1896 e finado en Madrid o 5 de agosto de 1991, foi un pintor e gravador galego.

Luís Huici

Luís Huici Fernández, nado en Barballor (Zaragoza) en 1896 e finado en Pastoriza (Arteixo) o 20 de agosto de 1936, foi un pintor, debuxante e gravador galego.

Ramón Fernández Mato

Ramón Fernández Mato, nado en Boiro o 13 de maio de 1889 e finado en Vilagarcía de Arousa o 22 de novembro de 1980, foi un xornalista, escritor e político galego.

Roberto Blanco Torres

Roberto Blanco Torres, nado en Cuntis o 18 de marzo de 1891 e finado en San Fiz de Galez, Entrimo, o 3 de outubro de 1936, foi un xornalista e poeta galego. Deu os primeiros pasos na poesía da man das vangardas artísticas. A súa obra poética é cualificada polos críticos como dunha grande beleza e intensidade expresiva. Outra das facetas deste home de letras é a de xornalista. O seu traballo nos medios impresos foi moi extenso e variado. A sinatura de Roberto Blanco Torres nas columnas de opinión caracterizou practicamente unha época xornalística.

Ademais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra. Dende Cuntis, a súa vila natal, emigrou a Cuba. Comprometido co seu tempo, evolucionou politicamente dende o agrarismo ata o galeguismo. Á súa figura dedicouse o Día das Letras Galegas de 1999.

Victoriano Marcos

Victoriano Marcos Alonso, nado en Ourense o 20 de outubro de 1903 e finado en México en 1958, foi un político e militar galego.

Xosé Ramón Fernández-Oxea

Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey ou Xan Fouciño, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.