La Voz de Galicia

La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre.[2] La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado[3]. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.

Coordenadas: 43°19′16″N 8°30′14″O / 43.32108, -8.503879

La Voz de Galicia
La Voz de Galicia texto vectorial
La Voz de Galicia Sabón
Tipoinformación xeral
Corcor e branco e negro
Fundación4 de xaneiro de 1882 (137 anos)
Empresa editoraLa Voz de Galicia, S.A.
PropietarioSantiago Rey Fernández-Latorre
DirectorXosé Luis Vilela
FundadorJuan Fernández Latorre
Tendenciaconservadorismo, rexionalismo galego
Linguacastelán [1]
LocalidadeA Coruña
Ámbitonacional (Galiza)
ImpresiónSabón, Arteixo
Periodicidadediaria
Prezo1,20 durante a semana e 2,20 os domingos (2012)
Tiraxeaprox. 100 000 exemplares
SecciónsEspaña, Mundo, Comarcal, Opinión, Deportes, Cultura, Tecnoloxía, Xente, Galicia
Na rede
Web
Twitter @lavozdegalicia
Facebook

Historia e evolución

Segundo datos da Oficina de Xustificación da Difusión (OJD), La Voz de Galicia tivo unha tirada media diaria, no período comprendido entre xaneiro e decembro de 2017 de 74.602 exemplares, cunha difusión de 65.390[4], o que representou un descenso sobre os datos do ano 2005, no que tivera unha difusión de 119.615 e 103.399 exemplares, respectivamente. No ano 2006, a edición dominical do diario tivo unha tirada de 160.400 exemplares, de media, e unha difusión de 138.970. La Voz de Galicia é un xornal coñecido en Galicia pola súa difusión sendo moi superior ás súas vendas xa que está presente en moitos lugares públicos: institucións, bancos, centros de hostalería, locais sociais etc.

A cabeceira do Grupo Voz ten a súa sede e redacción na Coruña e a rotativa en Sabón (Arteixo), inaugurada en 1992. O grupo ademais do citado xornal é propietario de nove emisoras de radio (RadioVoz) que dan cobertura a toda Galicia, unha produtora de televisión que traballa creando series para outras emisoras, unha empresa de estudos de sondaxe de opinión (Sondaxe), unha licenza de televisión dixital terrestre de ámbito autonómico, e tamén foi a editora do xornal Diario de León, vendido a un empresario da capital leonesa no mes de xuño de 2007. La Voz de Galicia tamén tivo proxectos para expandirse fora de Galiza, así creou edición nacional en Madrid e as súas emisoras de radio estiveron a emitir programación con grupos como Antena 3.

Edicións locais

O modelo de edicións que caracteriza a La Voz comezou a xestarse na década de 1960 coa idea non só de achegar información local, achegando tamén a cada comarca as súas novas. Nesa época estaban a xurdir xornais nas cidades centrados en informar no ámbito local e ían pechando outros ao tempo. As preto de 60 páxinas do corpo central, con portada en cor e un número variable no interior de páxinas en cor, conteñen unha escolma de novas de ámbito xeral, mentres que un caderno pequeno de doce a dezaseis páxinas intercala en cada edición, ofrecendo aos lectores a información máis próxima, á súa cidade, comarca ou provincia. Cada comarca recibe así un pequeno xornal co título de La Voz de, e o nome da comarca. A información complétase con colaboradores locais.

As seccións reciben os nomes das principais comarcas de Galiza:

Vista Alegre, La Voz de Galicia - Radio Voz, Vigo
A delegación de La Voz de Galicia en Vigo está no edificio Vista Alegre, na rúa García Barbón.

O uso do galego no xornal está limitado a novas concretas sobre temas galegos e ao uso que del fan colaboradores habituais ou artigos de opinión de xornalistas, políticos ou xente da cultura.

Edición dixital

La Voz de Galicia iniciou a súa edición dixital o 17 de maio de 2000[5]. Dende os seus inicios a páxina foi unha das máis seguidas en Galiza entre os xornais informativos. Foi ampliando contidos, nos inicios limitábase a ofrecer un resumo das novas máis destacadas do xornal e algunha información local. Existe unha versión de pago con acceso a todo o contido do xornal. La Voz de Galicia ten rexistrados en internet lavozdegalicia.es, lavozdegalicia.com, lavoz.com e avoz.com. Na páxina web, ademais de en castelán, pódense consultar os contidos en galego por obra dun tradutor automático.

En decembro de 2015, a edición dixital superaba os 8,5 millóns de usuarios mensuais.[2]

Ingresos

Ademais dos ingresos pola venda de xornais e por publicidade (tanto na edición en papel como na dixital), La Voz de Galicia recibe unha subvención anual da Xunta de Galicia, que no ano 2014 ascendeu a 662.175,81 €.[6]

Notas

  1. Conta con versión en galego procedente dun tradutor automático [1] e algunhas novas e artigos aparecen orixinalmente nesta lingua.
  2. 2,0 2,1 Rey Fernández-Latorre, Santiago (2016). Yo protesto. Col. Biblioteca Gallega. A Coruña: La Voz de Galicia. pp. 7–8.
  3. "Buscador de Publicaciones". OJD interactiva. Por título: "La Voz de Galicia". Consultado o 17 de agosto de 2013.
  4. Informacion y Control de Publicaciones Datos consultados o 27 de xuño de 2018
  5. "La Voz de Galicia" ofrece en Internet su edición digital elmundo.es
  6. "RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión", no DOG.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xornalismo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
11 de novembro

O 11 de novembro é o tricentésimo décimo quinto (315º) día do ano do calendario gregoriano e número 316 nos anos bisestos. Quedan 50 días para rematar o ano.

1982

1982 foi Ano Santo Xacobeo.

2015

2015 é un ano común do calendario gregoriano, que comeza en xoves.

2017

2017 é un ano común do calendario gregoriano, que comezou en domingo.

A ONU declarou ao 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento , coa intención de promover esa actividade económica creando conciencia da importancia de impulsala e desempeñala responsablemente.

O Día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares.

Alejandro Barreiro Noya

Alejandro Barreiro Noya, nado en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1874 e finado na Coruña o 22 de novembro de 1948, foi un escritor e xornalista galego.

As Pontes de García Rodríguez

As Pontes de García Rodríguez, tamén coñecido sinxelamente como As Pontes, é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 399 habitantes, dos cales 5 091 eran homes e 5 308 eran mulleres. O seu xentilicio é «pontés». Atópase entre as comarcas da Terra Chá, ó leste, e a de Ferrol, ó oeste.

Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Entre os ríos que discorren polo concello destaca o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. No concello aséntase tamén gran parte do parque natural das fragas do Eume.

No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila de "Ponte de García Rodríguez", que posteriormente derivaría no actual nome do concello.

A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes, cunha potencia de 1400 megavatios xunto con outra central eléctrica nova que usa o gas para producir electricidade. En 2012 rematou o proceso de enchido de auga da antiga mina de lignito esgotada, converténdoa nun lago de grandes dimensións cunha praia artificial.

Biblioteca Galega 120

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.

Carlos Casares

Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres. En 1975 aparece Xoguetes pra un tempo prohibido. Viñeron logo o libro de relatos Os escuros soños de Clío e as novelas Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. O ano 2017 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Diccionario enciclopédico galego universal

O Diccionario enciclopédico galego universal (DEGU) é unha obra enciclopédica alfabética, editada en galego, no ano 2003.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia. Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2 646 872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro.

Fase Autonómica Galega da Copa RFEF

A Fase Autonómica Galega da Copa RFEF é unha competición de fútbol, ronda previa da antedita copa estatal en Galicia. Está organizada pola Federación Galega de Fútbol.

Ir Indo

Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego, castelán, inglés e francés, fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido.

Juan Fernández Latorre

Juan Fernández Latorre, nado na Coruña o 8 de outubro de 1849 e finado en Madrid o 14 de marzo de 1912, foi un empresario e político galego, fundador do xornal La Voz de Galicia.

Praia de Oza

A praia de Oza é unha praia urbana do concello da Coruña. Resgardada do vento atlántico e das ondas. Conta con aseos, duchas, aparcadoiro, quiosco de prensa, posto de socorro, primeiros auxilios e xestión ambiental ISO 14001.

Está prohibido entrar con animais.

Prestige

O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.

Santiago Rey Fernández-Latorre

Santiago Rey Fernández-Latorre, nado na Coruña en 1938, é un empresario galego, propietario do xornal La Voz de Galicia.

Xeorxia

Xeorxia é un país situado no límite entre Asia e Europa localizado na costa do mar Negro, ó sur do Cáucaso, que se independizou da Unión Soviética, tras ser a República Socialista Soviética de Xeorxia. Limita ao norte e ao leste con Rusia, a leste e sur con Acerbaixán, ao sur con Armenia e Turquía, e a oeste có Mar Negro. A súa capital é Tbilisi.

Xosé Ramón Barreiro

Xosé Ramón Barreiro Fernández, nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936, é un historiador galego e foi o presidente da Real Academia Galega entre 2001 e 2009.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.