La Voz de Cotobad

La Voz de Cotobad foi un periódico editado no Concello de Cotobade en 1936.

La Voz de Cotobad
Cabeceira

Historia e características

Subtitulado Órgano Defensor de los Intereses del Municipio, su Comarca y Limítrofes, apareceu o 12 de xullo de 1936. Periódico bisemanal dirixido por Antón Fraguas, o redactor-xefe era Jaime Vidal Rey e o administrador Germán Pichel Bouzas. Só se publicou o primeiro número.

Tivo unha segunda época, co título galeguizado de A Voz de Cotobade, que publicou o primeiro número o 15 de xullo de 1988 e o último o 8 de decembro do mesmo ano.

Véxase tamén

Bibliografía

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e cronista xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Galería de imaxes de Antón Fraguas

Galería de imaxes de Antón Fraguas.

Jaime Vidal Rey

Jaime Vidal Rey, nado no concello de Cotobade e finado en Hinojosa del Duque (Córdoba) o 2 de febreiro de 1939, foi un estudoso e xornalista galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.