La Temporada en Mondariz

La Temporada en Mondariz foi un semanario publicado en Mondariz entre 1888 e 1931.

Historia e características

Apareceu en xuño de 1888[1]. Publicación semanal que se repartía gratuitamente todos os domingos da temporada do verán entre os clientes do balneario de Mondariz. Imprimíanse, por termo medio, dezasete números anuais. A partir de 1924 reserváronse moitos espazos para o galego. En 1925 cambiou o seu formato polo de revista. Colaboraron na publicación Alfredo Vicenti, Celso G. de la Riega, Manuel Murguía, Aurelio Ribalta, Francisco Camba, Ramón Cabanillas e Federico Maciñeira. Entre os colaboradores literarias figuraron Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Amado Carballo, Manuel Antonio e Aquilino Iglesia Alvariño en poesía, e Vicente Risco e Ben-Cho-Shey con textos en prosa. Cesou a súa publicación en setembro de 1931.

Notas

  1. El Regional, 22-7-1888, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.

Ligazóns externas

Enrique Peinador

Enrique Peinador Lines, nado en Pontevedra en 1880 e finado en Vigo o 19 de xuño de 1940, foi un empresario e filántropo galego.

Herminia Fariña

Herminia Fariña Cobián, nada en Santiago de Compostela o 4 de abril de 1904 e finada en Simes (Meaño) o 16 de outubro de 1967, foi unha poeta e dramaturga galega.

Lorenzo Novás

Lorenzo Novás Rarís, nado en 1880 e finado en Pontevedra en agosto de 1946, foi un fotógrafo galego.

Manuel Murguía

Manuel Antonio Martínez Murguía, nado no Froxel (Oseiro, Arteixo), o 17 de maio de 1833 e finado na Coruña o 1 de febreiro de 1923, foi un historiador galego que impulsou o Rexurdimento e creou a Real Academia Galega. No ano 2000 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Mondariz (revista)

Mondariz foi unha revista editada en Madrid entre 1914 e 1922.

Roberto Blanco Torres

Roberto Blanco Torres, nado en Cuntis o 18 de marzo de 1891 e finado en San Fiz de Galez, Entrimo, o 3 de outubro de 1936, foi un xornalista e poeta galego. Deu os primeiros pasos na poesía da man das vangardas artísticas. A súa obra poética é cualificada polos críticos como dunha grande beleza e intensidade expresiva. Outra das facetas deste home de letras é a de xornalista. O seu traballo nos medios impresos foi moi extenso e variado. A sinatura de Roberto Blanco Torres nas columnas de opinión caracterizou practicamente unha época xornalística.

Ademais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra. Dende Cuntis, a súa vila natal, emigrou a Cuba. Comprometido co seu tempo, evolucionou politicamente dende o agrarismo ata o galeguismo. Á súa figura dedicouse o Día das Letras Galegas de 1999.

Xosé Ramón Fernández-Oxea

Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey ou Xan Fouciño, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.