La Serna

La Serna é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 113 habitantes (INE 2012).

Coordenadas: 42°25′0″N 4°40′0″O / 42.41667, -4.66667

La Serna
Flag of None
Coats of arms of None
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaPalencia
ComarcaVega-Valdavia
Xeografía
Altitude866 msnm
Superficie12,30 km²
Demografía
Poboación113 hab. (2012)
Densidade9,19 hab./km²
Outros datos
Código postal34128
AlcaldeLuis Antonio Puebla Luis (PP)
laserna.es

Véxase tamén

Ligazóns externas

13 de xaneiro

O 13 de xaneiro é o 13º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 352 días para finalizar o ano, 353 nos anos bisestos.

15 de xaneiro

O 15 de xaneiro é o décimo quinto día do ano no calendario gregoriano. Quedan 350 días para rematar o ano e 351 nos anos bisestos.

3 de xullo

O 3 de xullo é o 184º día do ano do calendario gregoriano e o 185º nos anos bisestos. Quedan 181 días para finalizar o ano.

Arenas de Iguña

Arenas de Iguña é un concello español da Comunidade Autónoma de Cantabria. Tiña unha poboación de 1.867 habitantes en 2007. A súa área é de 86 km2.

Castros cántabros poñen de manifesto a presenza humana desde séculos nestas terras. A actividade económica principal céntrase no sector primario combinándose co secundario dos municipios industriais próximos.

Baldomero Espartero

Joaquín Baldomero Fernández Espartero Álvarez de Toro, nado en Granátula de Calatrava, Cidade Real, o 27 de febreiro de 1793 e finado en Logroño o 8 de xaneiro de 1879, foi un militar e político español, Conde de Luchana, Duque de la Victoria, Duque de Morella, Vizconde de Bandras e Príncipe de Bergara.

Seu pai procurou para el unha formación cun destino eclesiástico, pero a Guerra da Independencia arrastrouno dende moi pequeno á batalla. Combatente en tres dos catro conflitos máis importantes da España do século XIX, foi soldado na guerra contra a invasión do francés, oficial durante a guerra colonial en Perú e Xeneral en Xefe na Primeira guerra carlista. Viviu en Cádiz o nacemento do liberalismo español, camiño que non deixaría endexamais. Home extremadamente duro no trato, valoraba a lealdade dos seus compañeiros de armas, tanto como a eficacia. Combateu en primeira liña, foi ferido en oito ocasións e o seu carácter altivo e esixente levouno a cometer excesos, en ocasións moi sanguentos, na disciplina militar. Convencido de que o seu destino era gobernar os españois, foi por dúas veces Presidente do Consello de Ministros e chegou a Xefatura do Estado como rexente durante a minoría de idade da raíña Isabel II. Foi o único militar español con tratamento de Alteza Real e, a pesar de todas as súas contradicións, soubo pasar desapercibido os últimos 28 anos. Rexeitou a Coroa de España e foi tratado como unha lenda dende moi novo.

Cabezón de la Sal

Cabezón de la Sal é un municipio e unha vila da comunidade autónoma de Cantabria, España. Cabezón está situado na fouce de Santa Lucía, horadada polo río Saja paralelamente á Sierra do Escudo de Cabuérniga.

Cabezón de la Sal limita cos seguintes municipios: ao norte con Udías e Alfoz de Lloredo, ao sur con Ruente e Mazcuerras, ao leste con Reocín e ao oeste con Valdáliga.

Che Guevara

Ernesto Guevara, coñecido como Che Guevara ou el Che, nado en Rosario (provincia de Santa Fe, Arxentina) o 14 de xuño de 1928 e finado en La Higuera (Bolivia) o 9 de outubro de 1967, foi un médico, político e revolucionario ademais dun dos líderes da guerrilla na Revolución Cubana, e logo participou nos primeiros anos do novo réxime, en particular sendo ministro de industria.

En 1965, logo de denunciar a explotación do terceiro mundo polos dous bloques da guerra fría, desaparece da vida política de Cuba coa intención de espallar a revolución. En primeiro lugar na República do Congo, sen éxito, logo en Bolivia onde foi capturado e executado de forma clandestina polo Exército Boliviano coa colaboración da CIA estadounidense.

Trala súa morte converteuse nun símbolo de alcance mundial, para os seus seguidores simboliza a loita contra as inxustizas sociais ou de rebeldía e espírito incorruptible, mentres que é definido polos seus detractores coma un asasino e criminal, acusándoo ademais dunha mala xestión como ministro de Industria.

Diego Zúñiga Soutomaior

Diego Zúñiga Soutomaior, nado en Freixeiro (Vigo) en 1564 e finado en 1637, foi un eclesiástico galego.

Foi bispo da diocese de Ourense entre os anos 1631 e 1634, e despois foi nomeado bispo de Zamora.

Futurismo

Futurismo, primeiro dos movementos de vangarda artística, xurdido en Italia en 1909 por Filippo Tommaso Marinetti, que redactou o seu Manifeste du Futurisme, o primeiro doutros moitos, o 20 de febreiro de 1909, no diario Le Figaro de París.

Hermandad de Campoo de Suso

A Hermandad de Campoo de Suso é un concello español da comunidade autónoma de Cantabria, que forma parte da comarca de Campoo-Los Valles. En 2015 tiña unha poboación de 1.679 habitantes.

Limita ao norte con Polaciones, Mancomunidad de Campoo-Cabuérniga e Los Tojos, ao leste con Campoo de Enmedio e Valdeolea, e ao sur coa provincia de Palencia, da que está separada pola serra de Híjar. É o segundo municipio de Cantabria por extensión, só por detrás de Valderredible, ocupando case todo o val do Híjar. Na localidade de Fontibre ten o seu nacemento o río Ebro.

Está formado polas localidades de Abiada, Argüeso, Barrio, Brañavieja, Camino, Celada de los Calderones, Entrambasaguas, Espinilla (capital), Fontibre, Hoz de Abiada, Izara, La Lomba, Mazandrero, La Miña, Naveda, Ormas, Paracuelles, Población de Suso, Proaño, Salces, La Serna, Soto, Suano, Villacantid e Villar.

Curiosamente o municipio conservou o nome de "Hermandad" (Irmandade), palabra que na Idade Media facía referencia á unión de concellos. Outros municipios da comarca como Campoo de Enmedio ou Campoo de Yuso, que tamén eran irmandades, eliminaron devandito título ao converterse en municipio.

Impresiones y paisajes

Impresiones y paisajes é un libro de viaxes de 1918 escrito polo poeta e dramaturgo español Federico García Lorca. É o seu único libro escrito en prosa e relata as viaxes de estudio que fixo o poeta granadino cando era estudante universitario por terras de Madrid, O Escorial, Ávila, Medina del Campo, Salamanca, Zamora, Astorga, Ourense, Redondela, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, León, Sahagún, Venta de Baños, Burgos e Segovia durante os anos 1916 e 1917. A portada fíxoa o seu amigo o pintor Ismael González de la Serna.

Juan Sanmartín Serna

Juan Sanmartín Serna, nado en Santiago de Compostela o 21 de abril de 1830 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1898, foi un escultor galego.

La Ercina

La Ercina é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 542 habitantes (INE 2011).

Marxismo

O marxismo é o conxunto de doutrinas políticas e filosóficas derivadas da obra de Karl Marx, filósofo, economista, xornalista e revolucionario do século XIX e do seu amigo Friedrich Engels. Marx e Engels baseáronse na filosofía de Friedrich Hegel e de Feuerbach, ambos alemáns, a economía política de Adam Smith, a economía ricardiana e o socialismo francés do século XIX para desenvolver unha crítica da sociedade que é tanto científica como revolucionaria. Esta crítica alcanzou a súa expresión máis sistemática na súa obra máis importante, O capital: crítica da economía política.

Porén, o marxismo traspasou as ideas dos seus precursores, tornándose unha corrente política-teórica que abrangue unha ampla gama de pensadores e militantes, non sempre coincidentes e asumindo posicións teóricas e políticas ás veces antagónicas.

O marxismo aséntase sobre 3 grandes eixes: a análise do pasado, a crítica do presente e o proxecto de futuro.[Cómpre referencia]

Ministerio de Fomento de España

O Ministerio de Fomento de España é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado, encargado da preparación e execución da política do goberno en materia de infraestruturas de transporte terrestre, aéreo e marítimo de competencia estatal, e o control, a ordenación e a regulación administrativa dos servizos de transporte correspondentes. Así mesmo ten como outros obxectivos, o impulso e dirección de temas relativos á astronomía, xeodesia, xeofísica e cartografía.

O actual ministro de Fomento é José Luis Ábalos.

Ramón Gómez de la Serna

Ramón Gómez de la Serna, nado en Madrid o 3 de xullo de 1888 e finado en Buenos Aires o 13 de xaneiro de 1963, foi un escritor vangardista, xeralmente adscrito á Xeración de 1914 de literatura española ou ao Novecentismo, e inventor do recurso narrativo coñecido como greguería.

Valderredible

Valderredible é o concello máis meridional da comunidade autónoma de Cantabria. Limita polo norte con Valdeprado del Río, polo leste e sueste coa provincia de Burgos e polo oeste e suroeste coa provincia de Palencia, ámbalas dúas de Castela e León. Valderredible está situado na comarca de Campoo-Los Valles e por el discorre o río Ebro. É o municipio de Cantabria con maior extensión.

Íñigo de la Serna

Íñigo Joaquín de la Serna Hernáiz, máis coñecido como Íñigo de la Serna, nado o 10 de xaneiro de 1971 en Bilbao, é un político español, membro do Partido Popular e ministro de Fomento desde 2016.

Desde 1999 até 2003 foi o encargado do gabinete do conselleiro de Medio Ambiente do Goberno de Cantabria. A partir de 2003 foi o encargado da concellaría de Medio Ambiente, Auga e Praias no concello de Santander. No ano 2004 é elixido vicesecretario do Partido Popular de Cantabria, para despois presentarse ás eleccións municipais do ano 2007. Íñigo de la Serna foi elixido alcalde de Santander en ditas eleccións, conseguindo 15 dos 27 concelleiros (o PSC-PSOE obtivo 7 e o PRC os 5 restantes).

É de destacar que ao ser elixido, converteuse no alcalde máis novo de capital de provincia de toda España, xa que unicamente tiña 36 anos, ademais de facelo con maioría absoluta obtendo o 52% dos votos, sendo esta a primeira vez que se presentaba. Nas eleccións municipais do ano 2011 revalida a súa maioría absoluta de forma máis ampla como alcalde de Santander, conseguindo 18 dos 27 concelleiros (o PSC-PSOE obtivo 5 e o PRC os 4 restantes). Converteuse así no cuarto alcalde máis votado de España obtendo o maior récord do seu partido na cidade co 56% dos votos.

É enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos pola Universidade de Cantabria. Traballou no gabinete Apia XXI.

Desde o 23 de xullo de 2012 ostenta tamén o cargo de Presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, (FEMP), tras a dimisión voluntaria do anterior rexedor, Juan Ignacio Zoido, sendo elixido por unanimidade entre os membros pertencentes ao Consello Territorial da mesma.

50.000+
5.000+
1.000+
Menos de
1.000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.