La Región

La Región é un xornal galego en lingua castelá fundado en 1910 e publicado na cidade de Ourense que segue a distribuírse na actualidade.

La Región
La Región
Fundación15 de febreiro de 1910 (109 anos)
LinguaCastelán
LocalidadeOurense

Historia e características

Saíu á rúa por primeira vez o 15 de febreiro de 1910. O seu primeiro director foi Manuel Cambón, militar. En 1913 pasou a dirixilo Marcial Ginzo Soto. José Fernández Gallego foi o director de 1930 a 1932. Dende ese ano até 1968 estivo dirixido por Ricardo Outeiriño, e polo seu irmán Alejandro Outeiriño Rodríguez até os anos sesenta. Actualmente está presidido por Jose Luis Outeiriño

Archivo de Galicia (4477146834)
Volumes no Arquivo de Galicia.

Conta con seccións dedicadas ás noticias locais das comarcas de Allariz, Baixa Limia, O Carballiño, Celanova, A Limia, Monterrei, Ourense, O Ribeiro e Valdeorras entre outras. Complétase con seccións centradas no resto de Galicia, España, o estranxeiro, Deportes, Economía, Cultura e Sociedade. Ademais conta con delegacións noutras localidades como Verín, Ribadavia, Santiago de Compostela e Madrid.

Segundo o día da semana inclúe suplementos centrados en distintos temas, por exemplo deportes, motor, educación, pasatempos, agricultura e sociedade.

O actual director é Xose Pastoriza Martínez, e Oscar Outeiriño Vila o seu editor.

Véxase tamén

Ligazóns externas

15 de febreiro

O 15 de febreiro é o 46º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 319 días para finalizar o ano, 320 nos anos bisestos.

1 de outubro

O 1 de outubro é o 274º día do ano do calendario gregoriano (275ºnos anos bisestos). Quedan 91 días para finalizar o ano.

4º sen ascensor

4º sen ascensor foi unha comedia de situación galega que narraba as aventuras que teñen lugar nun piso de estudantes e que se emitiu na TVG no ano 2005. Foi dirixida por Beatriz del Monte e producida por Filmanova e La Región TV. Emitíronse 33 capítulos duns 60 minutos de duración máis ou menos.

7 Región de Murcia

7 Región de Murcia é a televisión autonómica pública da Rexión de Murcia. Forma parte do organismo público Radiotelevisión de la Región de Murcia, q'ue está constituído por dúas empresas que xestionan, respectivamente, a radio e a televisión autonómicas: Onda Regional de Murcia e Televisión Autonómica de Murcia, S.A. (TAM, S.A.).

As súas emisións comezaron o 14 de abril do 2006.

A súa xestión foi privatizada no ano 2012.

Atlántico Diario

Atlántico Diario é un xornal rexional da área metropolitana de Vigo.

Federación de Traballadores da Rexión Española

A Federación de Traballadores da Rexión Española foi unha organización fundada en Barcelona en setembro de 1881. Foi unha orgaización de carácter anarquista e sindicalista, que se creou baixo a unión das sociedades obreiras de Barcelona, adoptando a estrutura aprobada pola Federación Rexional Española da AIT no Congreso de 1870 (sindicatos de oficio, federacións locais, federacións rexionais e federacións estatais) pero seguindo unha liña máis obrerista oposta á política parlamentaria. Entre os seus dirixentes destacou Anselmo Lorenzo.

Tivo soamente sete anos de vida, pois rematou por se disolver en 1888. A Federación evolucionaría ó longo da década de 1880 cara a Organización Anarquista da Rexión Española (OARE) á que o goberno imputou as accións da organización Mano Negra. Internamente destacaron os enfrontamentos entre o sector colectivista bakuninista e o sector comunista libertario kropotkiniano. Coa súa disolución, no anarquismo se impuxo a tendencia que preconizaba a violencia da "propaganda polo feito".

A partir de 1910 o movemento anarquista español organizouse en torno á recentemente fundada a raíz do segundo congreso de Solidaridad Obrera, a Confederación Nacional do Traballo.

Fíos

Fíos foi unha serie que se realizou en 2001 e que se emitiu na TVG en 2002, produciuna La Región TV e custou 757.272 €. Comedia dirixida por Suso Iglesias, estaba ambientada nunha empresa téxtil familiar.

La Región Gallega

La Región Gallega foi o nome de dúas publicacións:

La Región Gallega, periódico publicado en Santiago de Compostela en 1886, dirixido por Manuel Murguía.

La Región Gallega, periódico publicado na Habana en 1913.

La Región Gallega (A Habana)

La Región Gallega foi unha revista publicada na Habana entre 1913 e 1914.

La Región Gallega (Santiago de Compostela)

La Región Gallega foi un xornal rexionalista liberal que se editou en Santiago de Compostela en 1886.

Merecumbé

O merecumbé é un ritmo de orixe colombiana inventado polo músico colombiano coñecido como Pacho Galán.

Radiotelevisión de la Región de Murcia

A Radiotelevisión de la Región de Murcia é un organismo público, encargado da xestión da radio autonómica da Rexión de Murcia (Onda Regional) e dende a semana santa de 2006 da televisión autonómica, 7 Región de Murcia.

O director xeral é Juan Manuel Máiquez Estévez.

Revista Gallega

A Revista Gallega, subtitulado Semanario de literatura é intereses regionales, foi un semanario galego, dominical e bilingüe, publicado na Coruña. Foi fundado en 1895 por Galo Salinas Rodríguez e rematou de publicarse en 1907, cun total de 640 números. Autoproclamado Órgano oficial de la Liga Gallega en la Coruña, durante os seus doce anos de historia constituíuse na publicación emblemática do rexionalismo liberal desa cidade.

Rexión de Murcia

A Rexión de Murcia (en castelán: Región de Murcia, en valenciano: Regió de Múrcia) é unha comunidade autónoma uniprovincial de España situada no sueste da Península Ibérica. Limita ao norte con Castela-A Mancha, ao sur co mar Mediterráneo, ao oeste con Andalucía e ao leste coa Comunidade Valenciana.

Trátase dunha rexión histórica do sueste de España, herdeira do antigo Reino de Murcia, que tradicionalmente comprendeu as provincias de Albacete e Murcia. Durante a Transición, Albacete quedou integrada na nova Castela-A Mancha, formándose a actual autonomía uniprovincial.

A súa capital e cidade máis poboada é Murcia, que é sede dos órganos institucionais rexionais, agás a Asemblea Rexional de Murcia, que se atopa en Cartaxena, segunda cidade en importancia. Algo menos dun terzo da poboación total da Rexión vive na cidade de Murcia, mentre que esta cidade xunto con Cartaxena e Lorca aglutinan a metade da poboación.

A rexión é unha das maiores produtoras de froitas, verduras e flores de Europa, con viñedos importantes nos municipios de Jumilla, Bullas e Yecla, que posúen denominación de orixe. O seu territorio é cálido e na súa maioría semiárido; a pesar diso, a súa agricultura é tradicionalmente de regadío. Tamén é importante o sector turístico, especialmente concentrado na costa, así como as industrias petroquímica, enerxética e alimentaria.

Santiago TV

Santiago TV, coñecida como Localia Santiago ata novembro de 2010, é unha televisión local de Santiago de Compostela, propiedade do grupo de comunicación La Región que emite a través da canle 23 da Televisión Dixital Terrestre na demarcación de Santiago de Compostela, que tamén inclúe os concellos de Ames, Teo, Padrón, Brión, Negreira, Rois e Vedra. Formou parte como asociada da cadea estatal Localia TV ata que esta cesou as súas emisións a comezos de 2009.

A canle pertence ao grupo UTEGA, que distribúe contidos entre diversas televisións locais galegas.

Vicente Risco

Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Home procedente dunha familia acomodada, dun gran nivel cultural, contribuíu na literatura galega asentando as bases do nacionalismo galego e renovando a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.

Xaquín Lorenzo

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado en Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo.

Xosé Lois González Vázquez

Xosé Lois González Vázquez, alcumado O Carrabouxo, nado en Ourense en 1949, é un debuxante galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.