La Opinión A Coruña

La Opinión A Coruña é un xornal galego de información xeral[1] da cidade da Coruña (Galiza) cun ámbito predominantemente local.

Iniciou a súa publicación o 4 de outubro do ano 2000 formando parte do grupo de comunicación Editorial Prensa Ibérica. No 2002 acacou unha difusión de 5.866 exemplares (OXD).[2]

Actualmente conta cunha edición electrónica, laopinioncoruna.es.

La Opinión de A Coruña
Sede La Opinion A Coruña
Sede do xornal
Tipoinformación xeral
Corcor e branco e negro
Fundación4 de outubro do 2000
PropietarioEditorial Prensa Ibérica
DirectorIsidoro Nicieza
Linguacastelán
LocalidadeA Coruña
Ámbitorexional
Periodicidadediaria
Na rede
Web

Notas

  1. Ficha OXD Arquivado 25 de setembro de 2011 en Wayback Machine. Oficina de Xustificación da Difusión
  2. "850 diarios de hoy" Infoamerica.org

Véxase tamén

Ligazóns externas

AC-12

A AC-12, ou Avenida da Pasaxe, é unha estrada urbana multicarril da área metropolitana da Coruña, consecuencia do desdobramento da N-VI. Conecta o porto da Coruña co último tramo de estrada convencional da propia N-VI, no concello de Oleiros.

Alfar (1923)

Alfar foi unha revista editada na Coruña entre 1923 e 1954.

Andrés Fernández-Albalat Lois

Andrés Fernández-Albalat Lois, nado na Coruña o 23 de xuño de 1924, é un arquitecto galego. Recoñecido coma a figura máis representativa da modernidade na arquitectura galega do século XX.

Capela de Santa María de Oza

A Capela de Santa María de Oza é un templo relixioso de estilo románico construído entre mediados e finais do século XII e reformado nos séculos XVII e XVIII. Está situada na parroquia de Oza, no concello da Coruña. Trala anexión do concello de Oza polo da Coruña en 1912, converteuse nun dos edificios máis antigos do concello herculino. Forma parte do Conxunto Histórico-Artístico do antigo Sanatorio de Oza.

Coliseum da Coruña

O Coliseum da Coruña é un recinto multiúsos destinado a espectáculos, xestionado polo Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), situado no acceso principal á Coruña dende a autoestrada AP-9 e a autovía A-6. Foi deseñado polos enxeñeiros de camiños Jesús Ortiz Herrera, Juan A. Domínguez, María Jesús Izquierdoe Julio Martínez Calzón máis os arquitectos Salvador Pérez Arroyo, Javier García Alba; Fernando Río Durán e Berta Rodríguez Rodríguez. Inaugurouse o 19 de maio de 1991, o 6 de xuño dese mesmo ano tivo lugar o primeiro concerto, do músico Sting.

Elviña, A Coruña

San Vicenzo de Elviña é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta cunha poboación de 15.255 habitantes (7.569 homes e 7.686 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en 259 habitantes en relación ao ano anterior. A parroquia de Elviña pertenceu ao antigo concello de Oza ata 1912, data na que o devandito foi anexionado polo concello da Coruña.

Estación da Coruña-Término

A estación da Coruña-Término (denominación oficial), máis coñecida como a estación do Norte, foi unha estación de RENFE na cidade da Coruña até o ano 1964, cando un lume arrasou o predio de viaxeiros e todos os servizos pasaron a se concentrar na estación de San Cristovo.

Estación de Cerceda-Meirama

Cerceda-Meirama é unha estación de tren de Adif situada en Meirama, no concello de Cerceda, provincia da Coruña. Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe.

Fernando Diz-Lois

Fernando Diz-Lois Martínez, nado en Ourense en 1936, é un médico e escritor galego.

Intercity, Renfe

Intercity é a denominación comercial dun produto ferroviario prestado por Renfe Operadora en España. Foi creado en 1980 e usado de forma ininterrompida ata o ano 2008. Nesta primeira etapa o servizo cubría esencialmente traxectos de longa distancia.

En xuño de 2012, tras unha paréntese de catro anos, Renfe decidiu recuperar a marca Intercity dándolle un carácter híbrido entre a media e a longa distancia. Os trens realizan traxectos que polo seu percorrido catalogaríanse dentro de Longa distancia pero con todo ofrecen tarifas para traxectos de curto ou medio percorrido que se igualan ás ofrecidas por trens de media distancia. O gran número de paradas que ofrecen os diferentes traxectos recalcan aínda máis o carácter de trens de Media Distancia.

Marcial del Adalid

Marcial del Adalid Gurrea, nado na Coruña o 24 de agosto de 1826 e falecido en Lóngora (Liáns, Oleiros) o 16 de outubro de 1881, foi un compositor musical galego.

Oza, A Coruña

Santa María de Oza é unha parroquia que se localiza na parte central leste do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta cunha poboación de 6.339 habitantes (3.089 homes e 3.334 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento de 94 habitantes en relación ao ano 2014. Moitos núcleos de poboación históricos da parroquia (A Gaiteira, Os Castros, O Castrillón, Monelos etc.) foron absorbidos pola localidade da Coruña para os efectos de nomenclátor, non sendo contabilizados nas estatísticas oficias da parroquia a pesar de estaren situados dentro dela.

Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte

O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte é un dos catro centros de interpretación que constitúen a Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Terá a súa sede central no contorno do Dolmen de Dombate pero comprenderá actuacións sobre outros 14 enclaves megalíticos distribuídos en 8 concellos da Costa da Morte.

O Dolmen de Dombate, ficou parcialmente excluído do ámbito deste proxecto supramunicipal por contar xa co seu propio plan director. Dun xeito similar, hai outros monumentos non incluídos en toda a Costa da Morte (v. Costa da Morte#Arqueoloxía de Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña)

Praia de Bens

A praia de Bens é unha praia situada en Bens, no concello da Coruña. Está composta por area e grava, e atópase rodeada por acantilados. É unha praia airosa e de fortes ondas.

Pódese chegar a ela a través da liña de autobús 6A.

O areal ten escasa ocupación debido á contaminación das súas augas.

Praia de Oza

A praia de Oza é unha praia urbana do concello da Coruña. Resgardada do vento atlántico e das ondas. Conta con aseos, duchas, aparcadoiro, quiosco de prensa, posto de socorro, primeiros auxilios e xestión ambiental ISO 14001.

Está prohibido entrar con animais.

Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional

O Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional é concedido desde 1981, á persoa, grupo de persoas ou institución cuxo labor contribuíran de forma exemplar e relevante ó mutuo coñecemento, ó progreso ou á fraternidade entre os pobos.

Real Federación Galega de Fútbol

A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) é o organismo reitor do fútbol en Galicia. A RFGF organiza o Grupo 1 da Tercera División, coa axuda da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), como parte do sistema da liga española de fútbol. Tamén organiza diferentes competicións de categoría inferior á Terceira División. A FGF foi fundada en 1909 e ten sede na Coruña. En 2017 obtivo o título de Real.

Wikipedia

Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.

A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas. En 2015 recibiu o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional e o Premio Erasmus.

Ángel García Seoane

Ángel García Seoane "Gelo", nado en Perillo (Oleiros) en 1952, é un músico, promotor inmobiliario e político galego de Alternativa dos Veciños.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.