La Marseillaise

La Marseillaise (A Marsellesa literalmente en francés) é o himno nacional de Francia, oficialmente dende o 14 de xullo de 1795.

Foi prohibido durante o Imperio e a Restauración. Volveu ser o himno nacional a partir da III República. Sendo novamente prohibido entre 1940-1945. O seu canto era considerado como un elemento de resistencia á ocupación alemá e ao goberno colaboracionista de Vichy.

La Marseillaise
En galego: A Marsellesa
Pils - Rouget de Lisle chantant la Marseillaise
Himno deFlag of France.svg Francia
LetraClaude Joseph Rouget de Lisle
1792
MúsicaClaude Joseph Rouget de Lisle
1792
Adoptado1795
Mostra da música
La Marseillaise (Instrumental)
La Marseillaise (1907).

Orixes e historia

Marseillaisenoframe
Rouget de Lisle canta La Marseillaise por primeira vez

O 20 de abril de 1792 proclamouse en París a declaración de guerra contra Austria. Cando o alcalde de Estrasburgo, soubo a noticia, invitou a cear á súa casa a un grupo de oficiais, na noite do 24 do mesmo mes. Neste grupo de oficiais atopábase Claude-Joseph Rouget de Lisle, capitán de enxeñeiros da gornición de Estrasburgo. Nesa reunión, o alcalde pediulle que crease un himno patriótico para o acontecemento que celebraban. Rouget de Lisle compuxo dito himno e deulle o título de Chant de guerre pour l'armée du Rhin (Canto de guerra para o exército do Rin) e adicoullo ao Mariscal Luckner.

O 22 de xuño do mesmo ano, o que sería futuro xeneral do exército do Exipto chamado François Mireur, que acababa de titularse pola facultade de medicina de Montpellier, atopábase en Marsella encargado de preparar a marcha dos voluntarios de Montpellier e de Marsella. Este oíra o himno en Montpellier durante funerais oficiais e presentouno á súa xente co título de Chant de guerre aux armées des frontières (Canto de guerra para os exércitos das fronteiras). A tropa dos obrigados aprendeuno e usárono como canción de marcha. E así entraron en París o 30 de xullo de 1792, entoando marcialmente o himno composto tres meses atrás por Rouget de Lisle. Os parisienses acolléronos con grande ledicia e xúbilo, bautizando o cántico como A Marsellesa.

Durante a Primeira República, a Marsellesa foi un himno moi popular entre soldados e civís. No tempo dos dous Imperios, a Restauración e a Segunda República, foi lixeiramente esquecido. Na Terceira República recuperou o protagonismo e foi interpretado polas bandas militares en todos os actos oficiais. No século XX, o Goberno da Francia liberada outorgoulle unha especial importancia xunto co himno oficioso chamado "Le Chant des Partisans".

O himno non gozou de oficialidade ata que a Constitución do 4 de outubro de 1958, constituíu La Marseillaise como himno nacional do país galo.

La Marseillaise exaltaba dende os seus comezos o ánimo patriótico, ata tal punto que Napoleón Bonaparte dixo nunha ocasión: «Esta música aforraranos moitos canóns».

O 24 de xaneiro do ano 2003, aprobouse a Lei de Programación para a Seguridade Interior (Lopsi), proposta por Nicolas Sarkozy, que creaba o delito de ultraxe á bandeira e ao himno nacional franceses, sancionándoos con penas de ata seis meses de prisión e 7.500 euros de multa. Algunhas asociacións e cidadáns protestaron, considerando esta lei un atentado á liberdade de expresión. O Consello Constitucional de Francia limitou as posibilidades de aplicación da lei, os actos dentro dun círculo privado, e os actos realizados en manifestacións non organizadas polas autoridades públicas ou non regulamentadas por elas.

Debido ao alto descoñecemento do himno entre moitos mozos franceses, a lei de François Fillon para a reforma da educación adoptada en marzo de 2005, inclúe a obrigación da aprendizaxe de La Marseillaise na educación infantil e primaria.

Letra

Nota: actualmente en Francia só se canta a primeira estrofa (e ás veces a sexta e a sétima) e o retrouso. Edith Piaf, gravou unha versión onde entoa La Marsellesa cantando a primeira, quinta e sexta estrofas e o retrouso.

Letra en francés
Allons enfants de la Patrie,
Le jour de gloire est arrivé!
Contre nous de la tyrannie,
L'étendard sanglant est levé,(bis)
Entendez-vous dans le campagnes,
Mugir ces féroces soldats?
Ils viennent jusque dans nos bras,
Égorger nos fils, nos compagnes!
Letra en galego
Marchemos, fillos da patria,
que chegou o día da gloria.
O sanguento estandarte da tiranía
está xa levantado contra nós. (bis)
Non oídes bruar polas campiñas
eses feroces soldados?
Pois veñen degolar
os nosos fillos e as nosas donas.

Refrain:

Aux armes, citoyens,
Formez vos bataillons,
Marchons, marchons!
Qu'un sang impur
Abreuve nos sillons!

Retrouso:

Ás armas, cidadáns!
Formade os vosos batallóns!
Marchemos, marchemos,
que un sangue impuro
empape os nosos sucos!
Que veut cette horde d'esclaves,
De traîtres, de rois conjurés ?
Pour qui ces ignobles entraves,
Ces fers dès longtemps préparés ? (bis)
Français ! pour nous, ah ! quel outrage !
Quels transports il doit exciter !
C'est nous qu'on ose méditer
De rendre à l'antique esclavage !
Que pretende esa horda de escravos,
de traidores, de reis conxurados?
Para quen son esas innobres trabas,
e esas cadeas hai tempo preparadas? (bis)
Para nós, franceses! Oh, que ultraxe!
Ningunha arroutada debe pórnos nerviosos!
É a nós a quen pretenden sumir
de novo na antiga escravitude.
Refrain
Quoi! ces cohortes étrangères !
Feraient la loi dans nos foyers !
Quoi! ces phalanges mercenaires
Terrasseraient nos fils guerriers ! (bis)
Grand Dieu! par des mains enchaînées
Nos fronts sous le joug se ploieraient !
De vils despotes deviendraient
Les maîtres des destinées !
Retrouso
E que? Sufriremos que esas tropas estranxeiras
diten a lei nos nosos fogares,
e que esas falanxes mercenarias
venzan os nosos valentes guerreiros?
Grande Deus! Coas mans encadeadas,
as nosas frontes baixo o xugo dobregaríanse!
Os trosmas déspotas chegarían a ser
os mestres do destino!
Refrain
Tremblez, tyrans et vous perfides
L'opprobre de tous les partis
Tremblez ! vos projets parricides
Vont enfin recevoir leurs prix ! (bis)
Tout est soldat pour vous combattre
S'ils tombent, nos jeunes héros
La France en produit de nouveaux,
Contre vous tout prêts à se battre
Retrouso
Tremede, tiranos, e tamén vós, pérfidos,
oprobio de todos os partidos!
Tremede! Os vosos actos parricidas
van á fin recibir o seu castigo. (bis)
Todos son soldados para combatervos.
Se perecen os nosos heroes,
Francia produce outros novos
sempre dispostos a loitar contra vós.
Refrain
Français, en guerriers magnanimes,
Portez ou retenez vos coups !
Épargnez ces tristes victimes,
A regret s'armant contre nous. (bis)
Mais le despote sanguinaire,
Mais les complices de Bouillé
Tous ces tigres qui, sans pitié,
Déchirent le sein de leur mère !...
Retrouso
Franceses, como magnánimos guerreiros
sufride ou rexeitade os golpes!
Perdoade estas pobres vítimas
que contra a súa vontade se arman contra nós. (bis)
Mais o déspota sanguento,
mais os cómplices de Bouillé,
todos eses tigres que, sen piedade,
esnaquizan o corazón da súa nai!...
Refrain
Amour sacré de la Patrie,
Conduis, soutiens nos bras vengeurs !
Liberté, Liberté chérie,
Combats avec tes défenseurs ! (bis)
Sous nos drapeaux, que la victoire
Accoure à tes mâles accents !
Que tes ennemis expirants
Voient ton triomphe et notre gloire !
Retrouso
Amor sagrado da patria,
conduce e sostén os nosos brazos vingadores!
Liberdade, liberdade querida,
loita xunto aos teus defensores. (bis)
Baixo as nosas bandeiras, que a vitoria
acuda ás túas valentes chamadas!
Que os teus inimigos expirantes
vexan o triunfo e a nosa gloria!
Refrain
("Couplet des enfants")
Nous entrerons dans la carrière
Quand nos aînés n'y seront plus,
Nous y trouverons leur poussière
Et la trace de leurs vertus (bis)
Bien moins jaloux de leur survivre
Que de partager leur cercueil,
Nous aurons le sublime orgueil
De les venger ou de les suivre !
Retrouso
("Estrofa dos rapaces")
Nós tomaremos o camiño
cando os nosos maiores xa non estean.
Alí atoparemos as súas cinzas
e a pegada das súas virtudes. (bis)
Non estaremos tan celosos de seguilos
como de participar da súa tumba.
Nós teremos o sublime orgullo
de vingalos ou seguilos!
Refrain
Retrouso

A violencia desta letra critícase na mesma Francia, malia o seu carácter unicamente defensivo.

A expresión «sang impur» interprétase a miúdo como racista. Está copiada dunha canción anti-inglesa moi popular durante a Guerra dos Sete Anos (1756-1763).

«Aux armes citoyens!» figura tamén nunha Ode aux Français (Oda aos Franceses) asinada por Ecouchard en 1762.

Debido ao seu carácter violento, houbo numerosos intentos de reescribi-la, destacando os de Alphonse de Lamartine, Victor Hugo, Mireille Mathieu, Serge Gainsbourg ou Yannick Noah con Aux rêves citoyens !.

Música española

Durante a Guerra civil española, foi bastante común escoitar a versión hispana desta, tanto socialista como anarquista:

Letra republicana
Marchemos hijos de la Patria;
¡glorioso día luce ya!
otra vez el sangriento estandarte
los tiranos se atreven a alzar,
los tiranos se atreven a alzar.
¿Oís rugir por la campiña
esa turba salvaje y audaz?
¡Degollar vuestros hijos desea
para ahogar en su sangre nuestra idea!
Letra anarquista
A la revuelta, proletariado;
ya brilla el día de la redención
que el sublime ideal libertario
sea el norte de la rebelión,
sea el norte de la rebelión.
Dignifiquemos del hombre la vida,
en un nuevo organismo social,
destruyendo las causas del mal
de esta vil sociedad maldecida.

Retrouso:

¡El arma preparad!
¡No hay tiempo que perder!
¡Marchad,
Marchad
a defender
la santa Libertad!

Retrouso:

¡A la revolución!
¡Obreros, a luchar!
Con decisión a conquistar
nuestra emancipación.
Mirad las hordas de traidores
que el suelo patrio van a hollar.
¿Para quiénes son esas cadenas
que forjando iracundos están?
Qué forjando iracundos están.
Son para ti, pueblo querido;
presto ve tal afrenta a vengar;
el furor en tu pecho despierte,
¡busca ya la victoria o la muerte!..
No más el amo gobernante
por vil salario queremos servir;
ya no más la limosna humillante,
ya no más suplicar y pedir,
ya no más suplicar y pedir.
Que al pedir pan, por hambre acosado,
el proletario con potente voz,
le conteste mortifero y feroz
el fusil del verdugo uniformado.
Retrouso
Retrouso

Referencias e versións non oficiais

En Aires patrióticos para dous violíns de Giuseppe Cambini, aparecen citas literais e variacións da canción, xunto á doutras canciones revolucionarias.

  • Na Abertura 1812 de Thaikovski, aparecen diversos anacos para representar ás tropas francesas. O compositor fai chocar o tema musical da Marsellesa co do Himno Imperial de Mijaíl Glinka, e as modificacións, superposiciones e interaccións entre os dous himnos nacionais representan a batalla de Borodino.
  • No lied de Robert Schumann Os dous granadeiros (Die zwei Grenadiere), sobre un poema de Heinrich Heine.
  • Django Reinhardt e Stéphane Grappelli Echoes Of France
  • The Beatles, como parte de All You Need is Love
  • En 1978, Serge Gainsbourg gravou unha versión reggae, Aux Armes et cetera, con Robbie Shakespeare, Sly Dunbar e Rita Marley no coro en Xamaica. Por iso recibiu ameazas de morte de veteranos dereitistas da Guerra de Independencia de Alxeria.
  • Allan Sherman, You Went the Wrong Way Old King Louie
  • Víctor Raúl Haya de la Torre adaptou a música para o himno de partido, o APRA.
  • O grupo chileno Quilapayún adaptou a música de A Marsellesa para o himno oficial do Partido Socialista de Chile.
  • Zweig, Stefan. Momentos estelares da humanidade. ed. Cantil, Barcelona (2002).ISBN 84-95359-92-8.

Ligazóns externas

A Internacional

A Internacional (L'Internationale en francés) é a máis famosa canción socialista, adoptada tamén polos anarquistas e comunistas, unha das cancións máis coñecidas internacionalmente, ademais do himno dos traballadores de todo o mundo. Letra orixinal de Eugène Pottier en 1871 e música de Pierre Degeyter en 1888.

Ballet de l'Opéra National de Paris

O Ballet de l'Opèra National de Paris (en galego: Ballet da Ópera Nacional de París) é unha compañía de ballet da cidade de París (Francia). Trátase da compañía de ballet nacional máis antiga do mundo, e moitas compañías de ballet europeas e internacionais poden remontar as súas orixes a el. Sempre foi unha parte integral da Opèra de Paris, que foi fundada en 1669 como a Académie d'Opéra (Academia da Ópera), aínda que a danza teatral non se converteu nun compoñente importante da Opèra de Paris ata 1673, logo de que fora renomeada como Académie Royale de Musique (Academia Real de Música) e posta baixo a dirección de Jean-Baptiste Lully. A Opèra de Paris tivo diferentes nomes oficiais ao longo da súa historia, mais dende 1994 é chamada Opéra National de Paris (Ópera Nacional de París). A principal sede da compañía é o Palais Garnier.

Barbara Hendricks

Barbara Hendricks, nada en Stephens (Arcansas) o 20 de novembro de 1948 é unha soprano e cantante de concertos estadounidense. Hendricks vive en Europa dende 1977 e en Basilea (Suíza) dende 1985. É cidadá sueca tralo seu matrimonio cun cidadán dese país.

Francia

Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [ˈfræns] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).

O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas Británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km). O seu territorio insular europeo, comprende a Illa de Córsega, no Mediterráneo occidental, e diversos arquipélagos costeiros no Atlántico. En América, son territorio de Francia a Güiana francesa, que limita con Brasil (673 km), a maior fronteira do país cos seus países veciños, Suriname (510 km), e as illas e arquipélagos de Martinica, Guadalupe, Saint-Barthélemy, San Martiño (que limita coas Antillas Neerlandesas) e de Saint-Pierre-et-Miquelon. No océano Índico, son francesas as illas de Mayotte e de Reunión, así como os arquipélagos de Polinesia francesa e de Nova Caledonia, estes no océano Pacífico. Son territorios de Francia deshabitados o atol de Illa Clipperton, no Pacífico Oriental, e as denominadas Terras Austrais e Antárticas Francesas.

Francia é un país altamente desenvolvido económica e socialmente, influente no plano xeopolítico. A súa economía é de tipo capitalista cunha intervención estatal non desprezable dende o fin da Segunda Guerra Mundial. Non obstante, dende mediados dos anos 1980, reformas sucesivas arrastraron unha liberación progresiva do Estado de varias empresas públicas. É a sexta economía mundial en termos de PIB, membro do G8, da Zona Euro e do Espazo Schengen, e sede de numerosas multinacionais de primeira orde, líderes en diversos segmentos da industria e do sector primario, e é o primeiro destino turístico mundial, con máis de 75 millóns de visitantes estranxeiros anuais.Francia, fogar da primeira Declaración dos dereitos do home e do cidadán, é membro fundador das Nacións Unidas, do Consello de Europa, un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas e sede da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e da UNESCO. É tamén unha das oito potencias nucleares recoñecidas e membro da OTAN.

Francia é un país cunha elevada difusión internacional da súa cultura. Dende o século XV, participando nas exploracións marítimas, e a continuación como potencia colonial, a súa cultura e civilización atópase difundida por países de todo o mundo agrupados na organización da Francofonía. O idioma francés é unha das linguas con maior influencia, tradicionalmente empregada como lingua da diplomacia e relacións internacionais, que xunto con outras 77 linguas rexionais, conforma o patrimonio lingüístico de Francia. Francia é membro da Unión Latina.

Francia foi formada polas artes e a filosofía. Berce da Ilustración, influíu nas revolucións americanas, despois a Revolución francesa deu o arranque e o exemplo democrático no mundo enteiro, desenvolvendo valores de liberdade, de igualdade, de fraternidade e, dende 1905, de laicismo.

IAM Cycling

O IAM Cycling (codigo UCI: IAM) é un equipo ciclista que compite no UCI WorldTour logo de ascender da categoría Profesional Continental na tempada 2014. Este conxunto foi fundado no ano 2013 e o seu patrocinador principal é IAM Independent Asset Management SA. O IAM monta bicis Scott con compoñentes Shimano e rodas da marca DT Swiss.

Jean Renoir

Jean Renoir, nado o 15 de setembro de 1894 en París e finado o 12 de febreiro de 1979 en Beverly Hills (California), foi un cineasta, produtor e actor francés.

Polinesia Francesa

A Polinesia Francesa é unha Colectividade de Ultramar Francesa (Collectivité d'outre-mer) localizada ao sur do Océano Pacífico. Componse de varios grupos de illas polinesias, Tahití, nas Illas da Sociedade, é a máis famosa e poboada. A capital, Papeete, localízase nesta illa.

Revolución dos Crisantemos

A Revolución dos Crisantemos (húngaro: Őszirózsás forradalom) é o nome que recibiu a revolta incruenta dalgunhas tropas fieis ao consello de soldados de Budapest que, a noite do 30 de outubro de 1918, tomaron certos edificios públicos, bancos e a central de correos e, ante a pasividade da gornición local, forzaron o emperador Carlos a cesar o recentemente nomeado primeiro ministro János Hadik e entregar o goberno ao dirixente do consello nacional, Mihály Károlyi.

O alzamento contra o Goberno imperial, desencadeado polo consello de soldados e apoiado polas masas da capital, levou o consello nacional ao poder, a pesar de que este non controlou o levantamento. A revolución levou á independencia de Hungría do Imperio austrohúngaro e á proclamación dunha república popular, que tratou sen éxito de manter a unidade territorial do reino e de aplicar diversas reformas políticas, sociais e económicas. O seu fracaso cinco meses máis tarde produciu un novo cambio político, proclamándose unha república soviética.

Saint-Barthélemy

Saint-Barthélemy é unha illa do mar Caribe situada a 175 km ao norte do arquipélago de Guadalupe. Administrativamente é unha colectividade territorial de Francia. A súa superficie é de 21 km² e a súa poboación de 8.450 habitantes (2007), que gaña o seu sustento fundamentalmente dos servizos turísticos.

San Martiño, Francia

San Martiño (francés: Saint-Martin), oficialmente a Colectividade de San Martiño (en francés: Collectivité de Saint-Martin) é unha colectividade de ultramar de Francia situada no Caribe. Constituíuse o 15 de xullo de 2007. abarca o 60% da parte norte da Illa de San Martiño e os illotes veciños, o maior dos cales é Tintamarre. O 40% do sur da illa, Sint Maarten, é un dos catro países constituíntes que forman o Reino dos Países Baixos.

A súa capital é Marigot. Ten unha poboación de 36.286 (censo de xaneiro de 2011) en 53´2 km2.

Está separada da illa de Anguila polo Canal Anguilla.

Simone Veil

Simone Veil, anteriormente Simone Jacob, nada en Niza o 13 de xullo de 1927 e finada en París o 30 de xuño de 2017, foi unha política e maxistrada francesa.

Nacida no seo dunha familia xudía orixinaria de Lorena, foi deportada a Auschwitz cando tiña 16 anos, durante a Shoá, na que perdeu o seu pai, a súa nai e o seu irmán. Supervivente canda as súas irmás Madeleine e Denise, que tamén foran deportadas, casou en 1946 con Antoine Veil. Tras cursar os estudos de dereito e ciencia política entrou na maxistratura como alta funcionaria.

Foi nomeada ministra de saúde en 1974 polo presidente Valéry Giscard d'Estaing, quen lle encargou a tarefa de lograr a aprobación da lei que despenalizaría o acceso das mulleres á interrupción voluntaria do embarazo. Esta lei foi logo coñecida como a lei Veil. A raíz disto foi recoñecida como unha icona da loita contra a discriminación das mulleres en Francia.Foi a primeira muller en ocupar a presidencia do Parlamento Europeo en 1979, na primeira elección deste por sufraxio universal directo, posto que desempeñou ata 1982. É comunmente considerada unha das promotoras da reconciliación franco-alemá e da construción europea.

De 1993 a 1995 foi ministra de Asuntos Sociais, Saúde e Urbanismo e número dous no goberno de Édouard Balladur. Despois formou parte do Conseil constitutionnel de 1998 a 2007, antes de ser elixida membro da Academia francesa en 2008.

Consonte a decisión tomada polo presidente Emmanuel Macron, os restos de Simone Veil e do seu esposo foron depositados no Panteón de París o primeiro de xullo de 2018.

Somalia francesa

A Somalia francesa (en francés: Côte française des Somalis (Costa francesa dos somalís) e, despois, Territoire français des Afars et des Issas (Territorio francés dos Afars e dos Issas), foi unha colonia francesa (1896-1946), e logo un territorio de ultramar francés (1946-1967), situado no chamado corno de África, ao redor do golfo de Tadjoura.

Terra Adelia

Terra Adelia (francés: Terre Adélie) é un territorio reclamado no continente da Antártida. Esténdese desde unha zona costeira ao longo do Gran Océano do Sur terra adentro ata o Polo Sur. Francia administrao como un dos cinco distritos das Terras Austrais e Antárticas Francesas desde 1955 e aplica as regras do Tratado Antártico desde 1961. O artigo 4 trata das reclamacións territoriais e, aínda que non se renuncia nin diminúe as reclamacións preexistentes de soberanía, tampouco prexudica a posición das Partes Contratantes no seu recoñecemento ou non recoñecemento da soberanía territorial. Francia ten unha estación permanente en Terra Adelia desde o 9 de abril de 1950. A actual Base Dumont d'Urville ten unha poboación de inverno ao redor de 33 habitantes, pero chega a preto de 78 durante o verán da Antártida.

Torneo das Seis Nacións

O Torneo das Seis Nacións (coñecido como RBS 6 Nations por motivos de patrocinio), coñecido antes do ano 2000 como o Cinco Nacións, é unha competición anual de rugby entre seis seleccións europeas: Escocia, Francia, Gales, Inglaterra, Irlanda, Italia.

O Six Nations Championship, cos seus predecesores o Cinco Nacións e o Campionato das Home Nations, e o primeiro torneo internacional de rugby no Hemisferio Norte. Os campións do Seis Nacións son vistos tamén coma os Campións de Europa. O evento está patrocinado actualmente polo RBS, o Royal Bank of Scotland (Banco Real de Escocia).

Irlanda é o equipo que ostenta o título do Grand Slam, recoñecido oficialmente por primeira vez dende 1948, tras gañar a competición de 2009 gañando a tódalas outras selección, sendo ademais os gañadores da Tripla Coroa tras vencer a Escocia, Gales e Inglaterra (os catro equipos das Illas Británicas).

Existe á parte do masculino o torneo das Seis Nacións feminino e unha versión Xuvenil, para menores de 20 anos. Cabe resaltar que cando o nome do torneo non está acompañado por ningunha outra sinalización refírese ao torneo orixinal masculino. Nestes outros dous torneos participan os mesmos seis países que no de homes.

Éliphas Lévi

Éliphas Lévi, nome de bautismo Alphonse-Louis Constant, nado en París o 8 de febreiro de 1810 e finado na mesma cidade o 31 de maio de 1875, foi un escritor francés, ocultista e cabalista.

O seu pseudónimo Éliphas Lévi, so o cal publicaba os seus libros, é unha tradución do seu nome "Alphonse-Louis" ao hebreo.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.