La Brabançonne

La Brabançonne (do francés: Canto do Brabante) é o himno nacional de Bélxica. Existen tres versións do himno, unha por cada lingua oficial do estado: o alemán, o francés e o neerlandés. Recibe o nome pola rexión do Brabante.

La Brabançonne
En galego: Canción do Brabante
Partition9
Himno deBélxica Bélxica
LetraAlexandre Dechet
Jenneval, 1830
MúsicaFrançois van Campenhout
1830
Adoptado1860
Mostra da música
La Brabançonne (Instrumental)

Historia

Foi escrito en 1830 polo actor francés Louis Alexandre Dechet, coñecido como Jenneval. Nacido en Lión en 1801 actuaba nun teatro de Bruxelas, tomando parte posteriormente na loita pola independencia de Bélxica, falecendo en Lier en 1830. A música débese a François van Campenhout.

Letra

En francés:
Ô Belgique,
ô mère chérie,
A toi nos coeurs, à toi nos bras,
A toi notre sang, ô Patrie!
Nous le jurons tous, tu vivras!
Tu vivrás toujours grande et belle
Et ton invincible unité
Aura pour devise immortelle:
Le Roi, la Loi, la Liberté!
En neerlandés:
O dierbaar België
O heilig land der vaad'ren
Onze ziel en ons hart zijn u gewijd.
Aanvaard ons hart en het bloed van onze adren,
Wees ons doel in arbeid en in strijd.
Bloei, o land, in eendracht niet te breken;
Wees immer u zelf en ongeknecht,
Het woord getrouw, dat ge onbevreesd moogt spreken:
Voor Vorst, voor Vrijheid en voor Recht!
A súa tradución ó galego sería:
Oh Bélxica querida
Para ti os nosos corazóns, brazos
e sangue, patria sagrada!
Todos xuramos que vivirás,
vivirás por sempre, grande e fermosa!
Oh terra, de unidade inquebrantable!
Sé sempre ti mesma unida.
O teu lema é falado inmortalmente:
Polo Rei, pola Lei, e pola Liberdade.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bélxica

Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Belgien [ˈbɛlɡiən] , en francés: Belgique [bɛlʒik] , en neerlandés: België [ˈbɛl.ɣi.jə] ), oficialmente Reino de Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Königreich Belgien, en francés: Royaume de Belgique, en neerlandés: Koninkrijk België), é un monarquía parlamentaria situada en Europa Noroccidental, que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. É un dos membros fundadores da Unión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como a OTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528 km², onde viven algo máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos países máis densamente poboados do mundo.

O país atópase na encrucillada entre os límites da Europa xermánica coa latina. Nel habitan dous grupos lingüísticos diferentes: os flamengos, de orixe xermánica, e mailos francófonos, de orixe latina. Xunto a estes existe unha pequena minoría de lingua alemá. Así, Bélxica atópase dividida en tres rexións. As dúas meirandes rexións son a de Flandres, de fala neerlandesa, e a de Valonia, de fala francesa. A primeira, a máis poboada, atópase localizada no norte. Nela vive o 59% da poboación belga. A segunda atópase no sur e nela vive o 31% da poboación. A terceira, Bruxelas-Capital, oficialmente bilingüe, acolle a capital do país. Malia atoparse dentro da rexión flamenga, trátase dun enclave maioritariamente francófono. Nela vive o 10% da poboación. A diversidade lingüística de Bélxica e os conflitos culturais e políticos relacionados con ela reflítense na historia política e máis no seu complexo sistema de goberno do país.

Bélxica recibe o seu nome do nome latino da parte máis setentrional da Galia, Gallia Belgica, cuxo nome procede dun grupo de tribos celtas, os belgas. Historicamente, Bélxica foi parte dos Países Baixos, que tamén comprenden os actuais Países Baixos e Luxemburgo, e cubrían unha rexión algo maior que o actual Benelux. Dende finais da Idade Media ata o século XVII, foi un florecente centro de comercio e cultura. Dende o século XVIII ata a Revolución belga de 1830, Bélxica, naquela época chamada os Países Baixos do Sur, foi o lugar de moitas batallas entre os poderes europeos, e é por iso que se gañou os alcumes de "o campo de batalla de Europa".

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.