La Bañeza

La Bañeza é un concello español da provincia de León, na zona noroccidental da comunidade autónoma de Castela e León. Capital da comarca de Tierra de La Bañeza, aos pés da Serra do Teleno, é tamén cabeza de partido xudicial.

Zona de asentamento ástur, o seu territorio foi parte do Conventus Asturum durante a dominación romana. A poboación xurdiu por orde do Conde Gatón no século IX, a partir de dous núcleos, San Pedro de Périx e Bani Eiza. Sede dun Marquesado durante a Idade Moderna, a finais do século XIX comezou a súa transformación económica e urbana, dando lugar a un dos núcleos máis importantes da provincia.

Dentro da súa actividade económica destaca a industria alimentaria, grazas á presenza da azucreira, e o sector servizos, debido á súa posición como importante centro comarcal. Ao longo do ano teñen lugar varias celebracións de notable participación cidadá, como os Entroidos, a Semana Santa e as festas patronais, durante as cales celébrase unha das poucas carreiras urbanas de motociclismo existentes en España.

Coordenadas: 42°17′51″N 5°54′6″O / 42.29750, -5.90167

La Bañeza
Flag of La Bañeza Spain
Escudo de La Bañeza
La Bañeza Plaza 20101113
Praza Maior de La Bañeza.
Localización
La Bañeza - Mapa municipal
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaLeón
ComarcaTierra de La Bañeza
Xeografía
Altitude772 msnm
Superficie19,71 km²
Demografía
Poboación10.899 hab. (2011)
Densidade552,97 hab./km²
XentilicioBañezano/na
Outros datos
Código postal24750
AlcaldeJosé Miguel Palazuelo Martín (PSOE)
www.aytobaneza.es

Véxase tamén

Ligazóns externas

A-52

A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55. No futuro prolongarase ata Vigo, constituíndo unha alternativa á A-55 e á AP-9. Atravesa 3 provincias e conta con varios túneles e viadutos de tamaño considerable.

A-6

A A-6 ou autovía do Noroeste, coñecida tradicionalmente como estrada da Coruña, é unha das seis autovías radiais de España. Comunica Madrid con Galicia, pasando por Castela e León. Trátase dunha das vías máis importantes do estado, xa que, ademais de atravesar Castela e León, fai un percorrido moi útil se se pretende ir tanto a Asturias como ó norte de Portugal dende Madrid.

Castrillo de la Valduerna

Castrillo de la Valduerna é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 185 habitantes (INE 2011).

Castrocalbón

Castrocalbón é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 1.058 habitantes (INE 2011).

Cebrones del Río

Cebrones del Río (en leonés, Zebrones del Riu) é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 559 habitantes (INE 2011).

Gloria Begué

Gloria Begué Cantón, nada en La Bañeza o 23 de xaneiro de 1931, é unha xurista española.

Hospital de Órbigo

Hospital de Órbigo é unha localidade da provincia de León. A súa poboación en 2007 era de 1.052 habitantes e a superficie do termo municipal é de 4,58 km², sendo a densidade poboacional de 229,69 hab./km². Atópase a unha altitude de 823 m.

Jesús Bahillo

Alejandro Jesús Bahillo Fernández, nado en La Bañeza (provincia de León) o 20 de xuño de 1948, é un político galego.

Lingua leonesa

O leonés (llionés) é unha lingua románica desenvolvida a partir do latín vulgar e que forma parte do dominio lingüístico asturleonés xunto co mirandés e o asturiano, o dominio tradicionalmente tamén recibe simplemente o nome de leonés . Non hai conciencia entre os falantes das tres modalidades lingüísticas de constituíren unha única lingua, así e todo a Academia de la Llingua Asturiana procura fomentar unha converxencia entre os diferentes estándares do dominio , e tamén unha parte importante dos escritores leoneses que escriben nos seus dialectos propios adaptando as normas ortográficas da lingua asturiana, así o fan Eva González, Roberto González-Quevedo, Hector Xil ou Xosepe Vega pero non existe unha norma común leonesa. O leonés é a lingua patrimonial de gran parte das provincias españolas de León e Zamora.

Palacios de la Valduerna

Palacios de la Valduerna é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 453 habitantes (INE 2011).

Quintana del Marco

Quintana del Marco é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 542 habitantes (INE 2011).

Quintana y Congosto

Quintana y Congosto é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 509 habitantes (INE 2011).

Samuel Juárez

Samuel Jesús Juárez Casado, nado en La Bañeza (León) en 1962, é un político galego do PPdeG.

San Esteban de Nogales

San Esteban de Nogales é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 298 habitantes (INE 2011).

Santa Elena de Jamuz

Santa Elena de Jamuz é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 1.227 habitantes (INE 2011).

Santa María de la Isla

Santa María de la Isla é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 568 habitantes (INE 2011).

Veguellina de Órbigo

Veguellina de Órbigo é unha localidade española pertencente ao concello de Villarejo de Órbigo, na provincia de León. Tiña unha poboación de 2.113 habitantes en 2015, sendo a localidade máis poboada do concello.

Atópase na estrada que une León e La Bañeza e tamén conta cunha saída da autoestrada León-Astorga. Ademais pasa pola pedanía a liña férrea entre León e A Coruña, aberta en 1866, data na que tamén foi inaugurada a estación de Veguellina.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.