LU-653

A LU-653 é unha estrada da rede secundaria que une os concellos lucenses da Pobra do Brollón e O Incio.

Na Estación enlaza coa estrada LU-933, que une Monforte de Lemos e A Rúa, e no Incio coa estrada LU-642, que une Ferrería do Incio co Oural, pasando pola Cruz do Incio.

Quilómetro Incidencias
0 A Estación
Estación de FFCC da Pobra do Brollón
0,1 Desvío á esquerda a  N-120  Vigo-Logroño
0,4 Cruce con pista veciñal
0,6 Cruce coa  LU-933  Monforte de Lemos-A Rúa
0,9 Saída da Estación
1,7 Desvío á dereita  LU-4709 , a Piñeiros, Vilarmao e Castroncelos
1,9 Entrada á Pobra do Brollón
Acceso á esquerda ao Centro de Día da Pobra do Brollón
Acceso á dereita ao Colexio da Pobra do Brollón
2,5 Desvío a esquerda  LU-4705  a Cereixa e  LU-652 
Desvío á dereita  LU-4701  a Lamaigrexa, Salcedo, Parada dos Montes e Folgoso do Courel
 Ponte sobre o río Saa 
2,6 Parque de Samugueiros
2,8 Casa do Concello
Desvío á esquerda por Estrada do Brollón ao Brollón e Arribas
3,2 Desvío á esquerda por Rúa dos Nogueiriños ao Brollón e Arribas
Desvío á dereita  LU-4707  a Santo Adrián, Fondorallo e Saa
Saída da Pobra do Brollón
3,4 Desvío á esquerda ao Brollón e Arribas
3,9 Desvío á dereita a Santo Adrián
4,0 Acceso á dereita ao Campo de Fútbol Os Medos
4,4 Acceso á dereita ao Punto Limpo
5,1 Alto da Santa Lucía
Desvío á esquerda a Castrosante
Desvío á dereita a Ferreiros e Saa
6,0 Desvío á dereita a Ferreiros
6,7 Desvío á esquerda  LU-4703  a Veiga, Santalla de Rei e Piño
7,1 Entrada á Ferreirúa
Desvío á esquerda á Ferreirúa de Abaixo
7,3 Saída da Ferreirúa
Desvío á dereita  LU-4703  á Ferreirúa-Centro, Ferreiros e Colexio Cristo Rei
7,8 Desvío á dereita a Marcón
8,8 Entrada a Pacios de Veiga
 Ponte sobre o río Cabe 
8,9 Desvío á esquerda a Veiga, Cortiñas e Santalla de Rei
Desvío á esquerda  LU-4706  a Canedo e Óutara
Saída de Pacios de Veiga
9,9 Desvío á esquerda a Óutara
13,4 Desvío á dereita a Biduedo
13,7 Paso por Biduedo
14,1 Saída do  Concello da Pobra do Brollón  Escudo de A Pobra do Brollón.svg
Entrada no  Concello do Incio  Escudo de O Incio.svg
16,1 Desvío á dereita a Saa do Incio, San Pedro do Incio e Monteagudo
17,2 Desvío á dereita
18,6 O Hospital do Incio


Cruce coa  LU-642  Oural-Ferrería do Incio

LU-653
Tipoloxíaestrada convencional
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude18,6 km
Localización
InicioA Estación, A Pobra do Brollón (LU-933)
FinO Hospital, O Incio (LU-642)
AC-100

A AC-100 é unha estrada da rede secundaria, de 7 km de distancia. Une as localidades coruñesas do Porto do Barqueiro e O Porto de Bares, ambas as dúas no concello de Mañón.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-542

A AC-542 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Betanzos e O Mesón do Vento (Ardemil, Ordes), logo de 22 quilómetros.

AC-550

A AC-550 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Cee e Ribeira, logo de 107 quilómetros. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

A Ferreirúa de Abaixo, A Ferreirúa, A Pobra do Brollón

A Ferreirúa de Abaixo é unha aldea pertencente á parroquia da Ferreirúa, no concello da Pobra do Brollón.

Está situada a 414 m de altitude, o lado do río Picarrexo, que é bordeado por un paseo con bancos e árbores. Está preto da LU-653 que une A Pobra do Brollón co Incio.

Contaba no ano 2008 con 26 habitantes (14 homes e 12 mulleres).

Alto de Santa Lucía, Castrosante, A Pobra do Brollón

Alto de Santa Lucía é unha entidade de poboación da parroquia de Castrosante, no concello da Pobra do Brollón. En 2006 non tiña habitantes.

Está formada por unha única casa e está situada a 453 m de altitude ao pé da estrada LU-653, que une O Incio e A Pobra do Brollón. Esta entidade recibe este nome polo monte do mesmo nome situado preto da entidade, de 462 m de altitude.

LU-109

A LU-109 é unha estrada da rede secundaria, ramal da LU-546, correspondente á antiga C-546 ao seu paso por Ribas Altas (Lugo) antes da construción da actual circunvalación.

LU-4703

LU-4703 é unha estrada provincial da Deputación de Lugo que percorre os concellos de Bóveda e A Pobra do Brollón. Enlaza no primeiro coa estrada LU-652 e no segundo coa estrada LU-653.

Ten unha lonxitude duns 7 km.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

PO-307

A PO-307 é unha estrada convencional que vai da parroquia de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa, ata a Illa de Arousa, sendo a ponte que forma parte desta estrada a única que une a illa co continente. A Xunta de Galicia é a administración propietaria da estrada, formando parte da súa rede primaria complementaria.

Santalla de Rei, A Pobra do Brollón

Santalla de Rei é unha parroquia pertencente ao concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. En 2014 tiña 32 habitantes segundo os datos do IGE.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.