LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-546
Tipoloxíaestrada convencional
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude55,4 km
Localización
InicioNadela (N-VI)
FinMonforte de Lemos (LU-664)
A-54

A A-54 ou Autovía de Santiago a Lugo é unha autovía dependente do Ministerio de Fomento que se atopa en fase de construción, que conectará Santiago coa A-6 á altura de Nadela, en Lugo.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

A Chá, Teilán, Bóveda

A Chá é unha aldea da parroquia de Teilán, no concello lugués de Bóveda. Segundo o IGE, en 2012 tiña 10 habitantes (3 homes e 7 mulleres).

Está situada a 401 metros de altitude, preto da estrada LU-546 e da liña de ferrocarril.

A Áspera, Ribas Pequenas, Bóveda

A Áspera é un lugar da parroquia de Ribas Pequenas, no concello de Bóveda.

Está situado a 365 metros de altitude na estrada LU-546 que une Lugo e Monforte. Contaba en 2008 con 32 habitantes (22 homes e 10 mulleres).

CG-2.1

O CG-2.1 é un corredor galego e variante de poboacións que une as cidades de Monforte de Lemos e Lalín, pasando por Chantada, sendo unha alternativa ás estradas LU-533 e PO-533.

O seu trazado é válido para nun futuro poder ser desdobrada a súa calzada constituíndo unha autovía. É propiedade da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia.

CG-2.2

O CG-2.2 é un corredor galego de altas prestacións e variante de poboacións que une as cidades de Monforte de Lemos e Lugo, sendo unha alternativa á LU-546. O seu trazado é válido para nun futuro poder ser desdobrada a súa calzada constituíndo unha autovía. É propiedade da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia.

Comarca da Terra de Lemos

A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

LU-109

A LU-109 é unha estrada da rede secundaria, ramal da LU-546, correspondente á antiga C-546 ao seu paso por Ribas Altas (Lugo) antes da construción da actual circunvalación.

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-644

A LU-644 é unha estrada da rede secundaria que une Rubián (LU-546) e A Cruz do Incio (LU-642).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

Nadela, San Xoán de Pena, Lugo

Nadela é un lugar da parroquia do San Xoán de Pena, no concello de Lugo. Tiña 85 habitantes no ano 2011 segundo datos do IGE, dos cales 37 eran homes e 48 mulleres.

Situado a 7 km da capital, Lugo, é coñecido por ser un nó de comunicacións, coa confluencia da autovía A-6, a N-VI (LU-11), o corredor CG-2.2 a Sarria e Monforte de Lemos e a antiga LU-546.

Outeiro, Ver, Bóveda

Outeiro, do latín altarium, "parte alta ou elevación do terreo", é un lugar da parroquia de Ver, no concello lugués de Bóveda. Está situado a 348 metros de altitude, na estrada LU-546, na beira do Mao.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

Sucastro, Ver, Bóveda

Sucastro é un lugar da parroquia de Ver, no concello lugués de Bóveda. Está situado a 357 metros de altitude, na estrada LU-546, na beira do río Mao.

Vilaboa, Tuimil, Bóveda

Vilaboa é unha aldea da parroquia de Tuimil, no concello lugués de Bóveda. Está situada a 363 metros de altitude, preto da estrada LU-546. Segundo o IGE, en 2012 tiña 3 habitantes (2 homes e 1 muller). Cabe destacar o Muíño de Vilaboa.

Vilalpape, Vilalpape, Bóveda

Vilalpape é unha aldea da parroquia de Vilalpape, no concello de Bóveda.

A aldea sitúase a 393 m de altitude ós pés da Serra de Vilalpape e preto da estrada LU-546. Contaba en 2008 con 37 habitantes (18 homes e 19 mulleres).

Nesta aldea encontramos a igrexa parroquial de San Bartolomeu e tamén a antiga casa-escola.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.