LU-133

A estrada LU-133 é unha vía da rede secundaria que conecta a N-634 en Vilamar (San Xusto de Cabarcos, Barreiros) coa N-642 en Reme (Ove, Ribadeo). Non chega ós 22 km de percorrido, e atravesa San Xusto de Cabarcos e Cabarcos (Barreiros), e Remourelle (Arante, Covelas) e Ove en Ribadeo.

O seu punto máis alto está na rotonda de cruzamento coa LU-P-6103[1] (Trabada-Barreiros), onde abandona o val de Cabarcos para meterse na cunca do río Grande (naquela zona, aínda rego de Lexoso). O paso entre Barreiros e Ribadeo é pola chamada ponte de Remourelle (Arante).

A outra derivación importante da estrada está en Covelas, a LU-P-5207[2], estrada que a conecta con Ribadeo.

LU-133
Tipoloxíaestrada convencional C-50
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude22 km
Localización
InicioN-634 en Vilamar (San Xusto de Cabarcos, Barreiros)
FinN-642 en Reme (Covelas, Ribadeo)
Val de Cabarcos
Val de Cabarcos, formado polo río Pusigo e os seus afluentes. Á esquerda e a zona próxima, San Xulián de Cabarcos, e á dereita, máis lonxe, San Xusto de Cabarcos. En primeiro termo, a estrada LU-133 (Reme - Vilamar).

Galería de imaxes

Sa, Somo e Marelle

Vista do val do río Grande, lugares de Sa, Somo e Marelle (Covelas) dende o p.k. 14,5 aprox.

LU-133 en Remourelle

Ponte sobre o rego de Lexoso, división entre Ribadeo (Remourelle, ó fondo) e Barreiros

N-643 e LU-133 en Vilamar

Comezo da LU-133 en Vilamar, dende a N-634

N-642 e LU-133 (ao fondo)

Remate da LU-133 en Reme, Ove, Ribadeo

Notas

  1. "OpenStreetMap". OpenStreetMap (en inglés). Consultado o 2018-12-12.
  2. "OpenStreetMap". OpenStreetMap (en inglés). Consultado o 2018-12-12.
AC-100

A AC-100 é unha estrada da rede secundaria, de 7 km de distancia. Une as localidades coruñesas do Porto do Barqueiro e O Porto de Bares, ambas as dúas no concello de Mañón.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

Marelle, Covelas, Ribadeo

Marelle é un lugar da parroquia de Covelas, no concello de Ribadeo. No ano 2015 tiña 9 habitantes (4 homes e 5 mulleres) segundo datos do IGE. Accédese a el dende a LU-133 pasando por Sa.

N-642

A estrada nacional N-642 é unha vía de 50 km que vai desde Ribadeo até San Cibrao (Lieiro).

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

Ove, Ribadeo

San Xoán de Ove é unha parroquia do concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Pertence ao arciprestado de Ribadeo. Segundo o censo en 2004 tiña 439 habitantes, agrupados en 27 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade media de 25,5 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 387 habitantes, sendo 199 homes e 188 mulleres.

As entidades de poboación son As Aceñas (4), Acevedo (4), A Capela (10), As Casas Novas (10), O Chao de Ove (13), O Covo (5), A Eirexa (31), Estación Feve (9), A Faxarda (27), Frieira a Nova (13), Frieira a Vella (11), Os Garitos (10), A Graña (12), Os Guildeiros (1), Llano (16), Os Malatos (9), A Palmeira (71), Pastoriza (18), Reme (9), O Río de Ove (9), O Río de Ramos (abandonado), O Río Pequeno (4), Santa Cruz (15), Seixadelo (2), O Valín (3), A Veigadaira (30) e Vilar (1). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son A Escaleira, A Estación, Grañol, Ove, A Pega, San Lázaro, As Travesas de Ove, A Vilavella e O Xardín.

Linda ao leste coas parroquias de Piñeira e Ribadeo (a cal xa absorbeu algunhas das aldeas desta parroquia no norte), Villapol (que o limita a Ría de Ribadeo de Asturias), ao sur con Vilausende (coa que fai límite a través de río Grande) e ao oeste con Covelas e A Devesa. Ten unha altitude media de 40 m. Polo seu territorio pasan diversas vías de comunicación, incluíndo a N-642, a LU-133 e a Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

Reme, Ove, Ribadeo

Reme é un lugar da parroquia de Ove, do concello de Ribadeo.

Limita ó sur con Santalla de Vilausende. O límite entre ambas é o río Grande, que desauga na ría de Ribadeo despois de recibir as augas do río Pequeno. O lugar está atravesado pola estrada N-642, e aquí está un dos extremos da LU-133, estrada que une Reme e Vilamar.

Remourelle, Arante, Ribadeo

Remourelle é un lugar da parroquia de Arante no concello lugués de Ribadeo. Pola

Aparece documentado historicamente por primeira vez como río Maurili. O topónimo deriva do latín rivus (río) seguido polo nome do seu posuidor, Maurilius ou Maurellus, diminutivos ambos de Maurus.

De xeito amplo (ó ser o lugar de máis entidade dos da contorna, outros, como Rego de Mel, quedan englobados de xeito amplo) o lugar, na beira do monte Comado, está limitado ó norte e ó oeste polo concello de Barreiros, mentres o resto de beiras pertencen ó concello de Ribadeo: ó leste, Noceda (parroquia da Devesa) e ao sur a estrada LU-133 Reme-Vilamar. Á súa beira corre o rego de Lexoso, que máis adiante da lugar ó río Grande.

Sa, Covelas, Ribadeo

Sa é un lugar da parroquia de Covelas, no concello de Ribadeo. Segundo o IGE en 2015 tiña 26 habitantes (11 homes e 15 mulleres). Percorrido polo rego de Sa, é un lugar de paso dende a estrada LU-133 para Somo e Marelle.

Somo, Covelas, Ribadeo

Somo é un lugar da parroquia de Covelas, no concello de Ribadeo. Segundo o IGE en 2015 tiña 7 habitantes (3 homes e 4 mulleres). Chégase a el dende a estrada LU-133 pasando por Sa.

Vilamar, San Xusto de Cabarcos, Barreiros

Vilamar é un lugar da parroquia de San Xusto de Cabarcos no concello lugués de Barreiros na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, en 2011 tiña 99 habitantes (42 homes e 57 mulleres).

É un extremo da estrada LU-133, que une o lugar con Reme.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.