Lérida

Lérida é un concello situado ao norte do departamento de Tolima, en Colombia. Tiña en 2015 unha poboación de 17.584 habitantes. Limita ao norte con Armero, ao oeste con Líbano, ao sur con Venadillo e ao leste con Ambalema. Atópase a 173 km de Bogotá, a 366 metros sobre o nivel do mar. Fundouse o 26 de xuño de 1777.

Coordenadas: 4°51′36″N 74°54′47″O / 4.86000, -74.91306

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Camilo José Cela

Camilo José Cela Trulock, nado en Iria Flavia o 11 de maio de 1916 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 2002, foi un escritor galego de sona. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra como La colmena, Mazurca para dos muertos ou La familia de Pascual Duarte. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.

División territorial de España en 1833

A división territorial de España de 1833 foi un proceso de reordenación administrativa do territorio do reino de España (excluíndo as colonias) nun estado centralizado dividido en 49 provincias.

Helénicas

As Helénicas (Ἑλληνικά) son un importante traballo do escritor grego Xenofonte e unha das principais fontes para os acontecementos dos últimos sete anos da Guerra do Peloponeso, que non están relatados na obra de Tucídides, e dos posteriores á guerra.

Moitos consideran as 'Helénicas' como un traballo persoal de Xenofonte levado a cabo durante o retiro na súa vila doada polos espartanos, e escrito sobre todo para os seus amigos, para xente que coñecía os principais protagonistas e as principais batallas, a miúdo porque participaran nelas.

Historiografía grega

Por historiografía grega enténdese aquela realizada na Antiga Grecia, desde o século -V ata o século IV, desde Heródoto ata Zósimo, pasando por Tucídides, Posidonio, Polibio etcétera. En total, Jacoby, en Fragmente der griechischen Historiker, diferenciou 856 historiadores gregos, incluídos os mitógrafos e cronistas locais.

O concepto de historiografía naceu en Grecia, aínda que se acepta que anteriormente xa existía unha concepción histórica en Oriente, un desexo de permanencia de todo o que se fixo. Agora ben, esa concepción histórica primitiva é unha mera transmisión de datos históricos que, como as listas reais do Antigo Exipto, carecían de análise histórica, polo que non se trataban de historiografía, sen negar por iso o seu valor documental.

Considérase a Heródoto o primeiro historiador, tanto na actualidade como na antigüidade. Tucídides estableceu posteriormente a base racional e metodolóxica dunha historiografía nada como reacción ante o irracional da mitoloxía grega. Previamente, xa Hecateo de Mileto atenuara o sobrenatural, pero a separación total non se produce ata Tucídides. Heródoto concibiu a súa Historia como un medio de evitar o esquecemento daquilo que merecía ser recordado. Na Antiga Grecia víase tamén a historia como medio de mostrar exemplos, aínda que non modelos de acontecementos futuros. Así mesmo desde Heródoto os historiadores realizan un exame crítico do pasado e dos feitos supostamente acaecidos. O pai da historiografía, Heródoto, así o expresa en IV, 195, 2:

En canto ás fontes, existía unha preponderancia das fontes orais sobre as escritas. Nas orixes da historiografía era case obrigado o uso de fontes orais, pois a diferenza dos historiadores actuais, que se basean sobre todo na investigación de textos, os gregos antigos non dispoñían a maior parte das veces de suficiente material arquivístico ou bibliográfico. Con todo, cando xa si era posíbel traballar cos fondos das bibliotecas, os historiadores seguiron preferindo a tradición oral; e mesmo criticaron aos que só traballaban con fontes escritas como, por exemplo, Timeo. Ademais, hai que ter en conta que os gregos non adoitaban coñecer linguas bárbaras, xa que logo, Heródoto non podía entender por si mesmo as crónicas orientais, aínda que tampouco mostrou interese en coñecelas. A elección da tradición oral supoñía a necesidade das primeiras reflexións en canto ao método histórico, como é a crítica das fontes, a súa relación e graduación segundo o valor dos testemuños recolleitos. De aí por exemplo o seu empeño en mostrar todas as versións recoñecidas, aínda que considere algunhas erróneas. Así mesmo, a tradición oral obrigaba a establecer unha cronoloxía que ordenase os feitos illados trala súa recompilación. As fontes escritas quedaron relegadas aos arqueólogos ou antiquaria, é dicir, para o estudo dos tempos remotos.

Joan Rovira i Roure

Joan Rovira Roure, nado en Barcelona o 5 de decembro de 1899 e finado en Lleida o 27 de agosto de 1936, foi un avogado do Estado e político español executado ao comezo da guerra civil española

Juan Maluquer

Juan Maluquer de Motes Nicolau, nado en Barcelona en 1915 e finado en Artesa de Segre, (Lleida) en 1988, foi un historiador e arqueólogo español, especialista en Prehistoria e na Idade Antiga, e particularmente na civilización tartésica, Era pai do historiador Jordi Maluquer de Motes.

Lleida

Lleida (en catalán: Lleida, [ˈʎɛjðə], pronunciación local: [ˈʎejðɛ]) é un municipio e cidade do oeste de Cataluña, capital da provincia de Lleida e da comarca do Segrià. Está situada no curso do río Segre, arredor dun outeiro coroado pola antiga catedral, a Seu Vella. Con 139.809 habitantes en 2013 é a segunda capital catalá e a sexta cidade máis poboada da comunidade.

Existen probas de asentamentos na área da cidade de Lleida polo menos dende a Idade de Bronce. Dende o século VI a.C. e ata a conquista romana converteuse na principal cidade dos ilerxetes, un pobo ibero que a denominou Iltirta. A cidade, que os romanos denominaron Ilerda, no século VIII foi invadida polos musulmáns e reconquistada en 1149 polas tropas de Ramon Berenguer IV e Ermengol VI. En 1297 Xaime II fundou o Estudo Xeral, que sería a primeira universidade de Cataluña e da antiga Coroa de Aragón, así como a segunda de España tras a Universidade de Salamanca (cuxo antecedente sitúase na Universidade de Palencia).

Mequinensa

Mequinensa (en castelán Mequinenza, as dúas denominacións cooficiais) é un concello da provincia de Zaragoza de aproximadamente 2.533 habitantes (2006). A única localidade do municipio é Mequinenza, que dista 135 km da cidade de Zaragoza. Sitúase na comarca do Bajo Cinca (Baix Cinca en catalán), na Franxa de Aragón.

Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido

O Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido (en aragonés: Parque Nacional d'Ordesa y d'as Tres Serols) está situado no Pireneo central de Huesca, comarca do Sobrarbe, Aragón (España), e está catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Actualmente ocupa unha superficie de 15.608 ha. Abrangue os concellos de Bielsa, Fanlo, Puértolas, Tella-Sin, Torla-Ordesa e Broto. Recibe unha media de máis de 600 000 visitantes cada ano.

O parque goza de diferentes figuras de protección ademais da de Parque Nacional, xa que en 1977 foi declarado Reserva da Biosfera, en 1988 Zona de especial protección para as aves e en 1997 acadou a distinción de Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Tamén é un Lugar de importancia comunitaria.

Partido Comunista de los Pueblos de España

O Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) é un partido político español marxista-leninista fundado en xaneiro de 1984 tras a unión de varios partidos e organizacións que anteriormente se escindiran do Partido Comunista de España por non estar de acordo coa liña eurocomunista de Santiago Carrillo.

Rogelio Santiago

Rogelio Santiago García, coñecido como Lelé, nado en Marín o 19 de abril de 1911 e finado o 15 de marzo de 1984, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de dianteiro.

Segunda división B española 1980/81

A tempada 1980–81 da Segunda División B foi a cuarta edición desta competición, terceiro nivel do fútbol en España. Ascenderon a Segunda División o Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, RCD Mallorca e Córdoba CF.

Segunda división española 1949/50

A tempada 1949–50 da Segunda División de España foi a 18ª edición deste torneo. A categoría estivo composta por 32 equipos, repartidos segundo criterios xeográficos en dous grupos de 16 equipos cada un. Real Santander, Lérida, Alcoyano e Real Murcia ascenderon á Primeira División mentres que Arosa, Erandio, Castellón e Elche descenderon á Terceira División.

Segunda división española 1950/51

A tempada 1950–51 da Segunda División de España foi a 19ª edición deste torneo. A categoría estivo composta por 32 equipos, repartidos segundo criterios xeográficos en dous grupos de 17 e 15 equipos cada un. Real Gijón, Atlético Tetuán, Las Palmas e Zaragoza ascenderon á Primeira División mentres que Girona, Numancia, Ceuta e Albacete descenderon á Terceira División.

Segunda división española 1951/52

A tempada 1951–52 da Segunda División Española de fútbol foi a 20ª edición desta competición. A categoría estivo composta por 32 equipos, repartidos segundo criterios xeográficos en dous grupos de 16 equipos cada un.

Os campións de cada grupo ascendían directamente a Primeira División, ao tempo que os segundos e terceiros clasificados de cada grupo disputaban unha liguilla de ascenso junto o terceiro e cuarto peor equipos clasificados de Primeira División. Pola súa parte os tres últimos equipos da clasificación de cada grupo descendieron directamente a Tercera División.

Segunda división española 1965/66

A tempada 1965–66 da Segunda División de España foi a 34ª edición deste torneo. A categoría estivo composta por 32 equipos, repartidos segundo criterios xeográficos en dous grupos de 16 equipos cada un. Deportivo da Coruña, Hércules e Granada ascenderon a Primeira División. Hospitalet, Baracaldo, Melilla e Badajoz descenderon a Terceira División.

Segunda división española 1966/67

A tempada 1966–67 da Segunda División de España foi a 35ª edición deste torneo. A categoría estivo composta por 32 equipos, repartidos segundo criterios xeográficos en dous grupos de 16 equipos cada un. Real Sociedad, Málaga e Betis ascenderon a Primeira División. Logroñés, Indauchu, Algeciras e Condal descenderon a Terceira División.

Segunda división española 1967/68

A tempada 1967–68 da Segunda División de España foi a 36ª edición deste torneo. A categoría estivo composta por 32 equipos, repartidos segundo criterios xeográficos en dous grupos de 16 equipos cada un. Deportivo da Coruña e Granada ascenderon a Primeira División. Badalona, Langreo, Racing de Santander, Lérida, Badajoz, Europa, Osasuna, Gimnástica de Torrelavega, Tenerife, Castellón, Real Jaén, Xerez, Recreativo de Huelva, Levante, Hércules, Constancia e Atlético Ceuta descenderon a Terceira División.

Álvaro Ruibal

Álvaro Ruibal, nado en Santiago de Compostela o 22 de xuño de 1910 e finado en Barcelona, 15 de xaneiro de 1999, foi un xornalista galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.