Láncara

Láncara é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE no 2014 tiña 2.789 habitantes (3.047 no 2006, 3.091 no 2005, 3.136 no 2004, 3.146 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «lancarao».

Coordenadas: 42°51′54.26″N 7°26′37.7″O / 42.8650722, -7.443806

Láncara
Bandeira de Láncara
---
Escudo de Láncara
Igrexa de San Pedro de Armea, Láncara
Igrexa de San Pedro de Armea.
Situacion Láncara
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Sarria
Poboación2.637 hab. (2018)
Área121,7 km²
Densidade21,67 hab./km²
Entidades de poboación26 parroquias
Capital do concelloA Pobra de San Xiao
Política (2019[2])
AlcaldeDarío Antonio Piñeiro López (PSdeG-PSOE[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 6
Eleccións municipais en Láncara
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes79,89%
Na rede
http://www.concellodelancara.com

Demografía

Censo total 2.789 (2014)
Menores de 15 anos 196 (7.03 %)
Entre 15 e 64 anos 1.627 (58.34 %)
Maiores de 65 anos 966 (34.64 %)
Evolución da poboación de Láncara   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.169 6.113 5.513 4.270 3.136 2.789 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Familia Castro

Casa padre Fidel
Placa que lembra a casa onde naceu o pai de Fidel Castro.

De Láncara era Ángel Castro Argiz, pai de Fidel Castro, que a finais do século XIX emigrou ás Américas. O propio Fidel Castro visitou a aldea de seu pai o 27 de xullo de 1992, convidado polo presidente Manuel Fraga. Na visita coñeceu a casa familiar (onde hoxe hai unha placa), a dúas das súas curmás, foi nomeado fillo adoptivo e asistiu a unha romaxe típica. Castro dixo que para el era unha «grande honra ser descendente de galegos, e que a casa de seu pai non fose un pazo, senón unha casoupa moi humilde». Fidel tamén mencionou «os xenes de rebeldía que hai no espírito galego», e lembrou que moitos dos que lle seguiron na loita armada contra Fulgencio Batista eran orixinarios desta terra[5].

Política

En outubro do ano 2009 o PPdG presentou unha moción de censura cun tránsfuga do PSOE para derrocar da alcadía gobernante socialista Darío Antonio Piñeiro López. Contou co apoio dos dous concelleiros elixidos por Terra Galega (TeGa), formación que pola súa parte os expulsou por dobre militancia no PP.

Deporte

A Pobra de San Xiao tivo un equipo de fútbol sala, o ED Láncara, máis coñecido polo nome dos seus patrocinadores Muebles Caloto e Barcel Euro. Entre 2004 e 2006 xogou na División de Honra, a máxima categoría do fútbol sala español.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Láncara.
Casa concello Lancara 18

Casa do concello.

Escudo Casa concello Láncara 3

Escudo do concello.

Mural Casa concello Lancara 09

Mapa-mural na casa do concello.

Paisaxe concello Lancara13

Paisaxe no agro.

Placa Altimetrica Casa concello Láncara 14

Placa altimétrica na casa do concello.

Lugares de Láncara

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Láncara vexa: Lugares de Láncara.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Láncara". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. "Las 48 horas de Fidel Castro en Galicia: Pulpo, dominó y «Patria o muerte»", artigo en La Voz de Galicia, 28 de xullo de 2017 (en castelán).

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Pobra de San Xiao, Láncara

A Pobra de San Xiao é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 736 habitantes (349 homes e 387 mulleres), 96 máis ca en 2006.

Na vila da Pobra de San Xiao está a capital do concello.

Armea, Láncara

San Pedro de Armea é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña 83 habitantes, deles 42 eran homes e 41 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 86 habitantes.

Bande, Láncara

San Pedro de Bande é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña 90 habitantes, deles 45 eran homes e 45 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 95 habitantes.

Carracedo, Láncara

San Vicente de Carracedo é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña 68 habitantes, deles 31 eran homes e 37 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 74 habitantes.

Cedrón, Láncara

Santiago de Cedrón é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña 233 habitantes, deles 122 eran homes e 111 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 241 habitantes.

Lagos, Láncara

Santalla de Lagos é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña 58 habitantes, deles 29 eran homes e 29 eran mulleres, o que supón un aumento en relación ao ano 2006 cando tiña 55 habitantes.

Lama, Láncara

Santa María de Lama é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña 131 habitantes, deles 65 eran homes e 66 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 138 habitantes.

Sete lugares conforman esta parroquia: Armea de Abaixo, Os Campos, Cima de Vila, A Eirexe, Lama, O Roxedoiro e A Se.

No lugar de Armea de Abaixo naceu Ramón Piñeiro López (31 de maio de 1915 - 27 de agosto de 1990), escritor, filósofo, ensaísta e político galego.

Láncara, Láncara

San Pedro de Láncara é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña 206 habitantes (118 homes e 88 mulleres), 16 menos ca en 2006.

Monseiro, Láncara

San Miguel de Monseiro é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 70 habitantes (35 homes e 35 mulleres), catro menos ca en 2006.

Muro, Láncara

San Xoán de Muro é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 145 habitantes, deles 75 eran homes e 70 eran mulleres, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Neira de Cabaleiros, Láncara

Santa María Madanela de Neira de Cabaleiros é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 54 habitantes, deles 25 eran homes e 29 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Oleiros, Láncara

San Martiño de Oleiros é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 105 habitantes, deles 49 eran homes e 56 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Río, Láncara

San Martiño de Río é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 95 habitantes, deles 53 eran homes e 42 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Toirán, Láncara

San Salvador de Toirán é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria , na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 165 habitantes, deles 98 eran homes e 67 eran mulleres, o que supón un aumento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Toldaos, Láncara

San Vicente de Toldaos é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 60 habitantes, deles 27 eran homes e 33 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Trasliste, Láncara

San Xoán de Trasliste é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria , na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 137 habitantes, deles 75 eran homes e 62 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Vilaleo, Láncara

Santa María de Vilaleo é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 50 habitantes, deles 23 eran homes e 27 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Vilarello, Láncara

San Pedro de Vilarello é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 68 habitantes, deles 32 eran homes e 36 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Vilouzán, Láncara

Santo Estevo de Vilouzán é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña 81 habitantes, deles 46 eran homes e 35 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.