L

O L (ele) é a décima letra do alfabeto galego, e representa o fonema lateral alveolar sonoro. O dígrafo ll representa o fonema /ʎ/.

Latin alphabet Ll
Abecedario
Aa Bb Cc Dd Ee
Ff Gg Hh Ii Ll
Mm Nn Ññ Oo Pp
Qq Rr Ss Tt Uu
Vv Xx Zz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

Véxase tamén

Outros artigos

  • Entradas da enciclopedia que comezan por L
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Biblioteca Apostólica Vaticana

A Biblioteca Apostólica Vaticana (en latín: Bibliotheca Apostolica Vaticana), máis comunmente coñecida como Biblioteca Vaticana ou simplemente como Vat, é a biblioteca da Santa Sé, situada na Cidade do Vaticano. Leva o nome de "apostólica", porque é unha institución que dende a súa fundación se considera a "Biblioteca do papa", xa que lle pertence directamente. É unha das máis antigas bibliotecas do mundo e custodia unha moi importante colección de textos históricos. Ten arredor de 75 000 códices de tódalas épocas da historia, así como 1,1 millóns de libros impresos, que inclúen 8 500 incunables.

Biblioteca Nacional de Grecia

A Biblioteca Nacional de Grecia (en grego: Εθνική Βιβλιοθήκη της Ελλάδος) foi fundada en 1832 e sitúase en Atenas. O edificio desta institución, de estilo neoclásico, foi deseñado polo arquitecto danés Theophil von Hansen, como parte dunha triloxía que tamén incluíu a Academia e a antiga Universidade de Atenas. É pública e o seu director é Aikateríni Kordoúli.

Biblioteca técnica nacional de Praga

A Biblioteca técnica nacional de Praga ou simplemente Biblioteca técnica nacional (en checo: Národní Technická Knihovna) atópase en Technická 6 en Praga, República Checa e tamén alberga a Biblioteca Municipal. A antiga sede da Biblioteca Nacional Técnica foi o Clementinum, da que todos os libros e materiais foron trasladados á nova biblioteca despois da finalización da construción. O edificio foi deseñado polos arquitectos Roman Brychta, Halíř Adán, Hofmeister Ondřej e Petr Llešek de Projektil Architekti despois de gañar o primeiro premio nun concurso de arquitectura celebrado no ano 2000. A construción comezou a en 2006 e terminouse en xaneiro de 2009. A biblioteca abriu as súas portas ao público oficialmente o 9 de setembro de 2009.

Bibliotheca Alexandrina

A Bibliotheca Alexandrina (en árabe: مكتبة الإسكندر; Maktabat al-Iskandarīyah) é unha gran biblioteca e centro cultural da cidade exipcia de Alexandría. A biblioteca foi fundada como un conmemoración e lembranza da antiga Biblioteca de Alexandría, e é tamén un intento de recuperar a antiga gloria da cidade como centro de estudo e erudición.

Bruxelas

A Cidade de Bruxelas (Ville de Bruxelles en francés, Stad Brussel en neerlandés, Stadt Brüssel en alemán) é a capital oficial de Bélxica e funciona na práctica como capital da Unión Europea.

Calendario armenio

No Calendario armenio, as datas están marcadas polas letras ԹՎ ou parecidas, habitualmente cunha liña sobre as letras, indicando "t'vin" ("no ano") seguido por unha ou até catro letras, cada unha significa un número baseado na orde do alfabeto. Na Idade Media, os armenios empregaban un calendario que comezaba no ano 552 a.C., como o comezo da era armenia. Para traducir en anos comúns, adicione 551 ao número. Ao ver a inscrición ԹՎ ՈՀԳ, olle na táboa dabaixo e vexa que a suma (600+70+3+551) é igual ao ano 1224.

Carl von Linné

Carl Linnaeus , (en sueco: Carl Nilsson Linnæus, latinizado como Carolus Linnaeus, tamén coñecido logo do seu ennobrecemento como Carl von Linné), nado o 23 de maio de 1707 en Råshult, na antiga provincia de Småland, Suecia, e finado o 10 de xaneiro de 1778 en Uppsala, foi un científico, médico, botánico e zoólogo sueco que estableceu os fundamentos para o esquema moderno da nomenclatura binomial. É recoñecido como «o pai da taxonomía moderna» e fundador da bioxeografía vexetal. Linné introduciu o concepto de «economía natural» para argumentar como os organismos, creados por "Deus", se organizan entre si e contribúen ao perfecto funcionamento da natureza; e o cal foi das primeiras nocións da ecoloxía.Linné realizou unha gran parte dos seus estudos superiores na Universidade de Uppsala e cara a 1730 empezou a dar conferencias de botánica. Viviu no estranxeiro entre 1735 e 1738, onde estudou e publicou unha primeira edición da súa Systema Naturae nos Países Baixos. De volta a Suecia converteuse en profesor de medicina e de botánica en Uppsala. Durante a década de 1740, realizou varias expedicións a través de Suecia para recoller e clasificar plantas e animais. Durante as décadas de 1750 e 1760, continuou recollendo e clasificando animais, plantas e minerais, publicando varios volumes sobre o tema.

No momento da súa morte era recoñecido como un dos científicos máis importantes en toda Europa. O filósofo suízo Jean-Jacques Rousseau envioulle a mensaxe: "Dígalle que non coñezo un home máis grande na Terra". O escritor alemán Goethe escribiu: "Coa excepción de Shakespeare e Spinoza, non coñezo ninguén, entre os que xa non viven, que me influíse máis intensamente". O autor sueco Strindberg escribiu: "Linné era en realidade un poeta que se converteu en naturalista". Entre outros cumpridos, Linné foi chamado "Princeps Botanicorum" ("Príncipe de Botánicos"), "O Plinio do Norte" e "O Segundo Adán". Así mesmo, é considerado heroe nacional de Suecia.En 1959, Linné foi designado lectotipo de Homo sapiens, cousa que significa que segundo as regras de nomenclatura, Homo sapiens foi definido de xeito válido como a especie de animal á cal pertencía Linné.

En botánica, a abreviación de autor usada para indicar a Linné como autoridade para os nomes de especies é L.

Cinémathèque Française

A Cinémathèque Française (en galego: "Cinemateca Francesa") é unha institución francesa con sede en París, fundada en 1936, que se dedica a coleccionar, conservar, restaurar e dar a coñecer o patrimonio cinematográfico mundial. Malia ser unha asociación privada, está financiada principalmente polo Estado Francés.

Copenhague

Copenhague, e consonte algunhas fontes tamén Copenhaguen (en dinamarqués: København, [kʰøb̥ənˈhɑʊ̯ˀn], [kʰøb̥m̩ˈhɑʊ̯ˀn] (AFI), escoitar), é a capital de Dinamarca. O seu nome danés, København, que orixinariamente viña sendo o porto dos comerciantes, lembra a súa posición estratéxica á entrada do mar Báltico. Está situada na costa oriental da illa de Selandia e sobre a máis pequena illa de Amager, fronte ó estreito de Øresund. As cidades suecas de Malmö e Landskrona están da outra beira do estreito.

Cordados

Os cordados (Chordata, do latín chordata, pl. de chordatum "cordado", "con corda"; de chorda, "corda"; literalmente "os que teñen corda") son un filo do reino animal caracterizado por presentar cinco sinapomorfias, a máis destacada das cales é a presenza dunha corda dorsal ou notocorda de células turxentes (e dun tubo neural) polo menos nalgunha fase do seu desenvolvemento.Coñécense preto de 65 000 especies actuais, a maioría pertencentes ao subfilo dos vertebrados, e case a metade das cales son peixes.

Os cordados son un grupo con gran diversidade, adaptados a un gran número de nichos ecolóxicos e que demostraron ao longo da súa historia evolutiva notábeis adaptacións, sobre todo ao medio terrestre e os seus ambientes, aínda que tamén ao acuático ou o anfibio, nos cales moitos deles constitúen os últimos elos tróficos dos seus ecosistemas.

Nos cordados destaca a capacidade de autorregulación e organización interna; algúns, como as aves e os mamíferos, poden elevaren e manteren constante a temperatura do corpo. Estes e outros factores engadiron complexidade a este grupo de animais, permitindo un maior control sobre as reaccións metabólicas e o desenvolvemento dun complexo sistema nervioso.

Eslovaquia

Eslovaquia ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovensko [ˈslovɛnsko] ), oficialmente República Eslovaca ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovenská republika [ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] ), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.

Florencia

Florencia (en italiano: Firenze) é unha cidade italiana, capital da provincia homónima e da rexión da Toscana. Ten 356.118 habitantes, e abrangue 102 km², cunha densidade de 3.453 hab./km². Fai fronteira con Bagno a Ripoli, Campi Bisenzio, Fiesole, Impruneta, Scandicci e Sesto Fiorentino. Por ela pasa o río Arno.

Foi capital de Italia no período de unificación de Italia entre (1865-1871). Durante o dominio da familia Medici (1434-1494, 1512-1527 e 1530-1737), Florencia era un importante centro comercial e financeiro na Europa medieval.

Considérase o lugar de nacemento do Renacemento. O centro histórico da cidade foi declarado patrimonio da humanidade pola UNESCO.

Célebre por ser a cidade natal de Dante Alighieri, autor da Divina Comedia, que é un referente da literatura universal. Neste Poema el describe a cidade de Florencia en moitas pasaxes, así como algúns dos seus contemporáneos florentinos célebres, que tamén son personaxes da obra.

Líbano

O Líbano é un pequeno país do Oriente Medio, limitado ao norte e ao leste por Siria, a sur por Israel e a oeste polo mar Mediterráneo, a través do cal se aproxima a Chipre. A súa capital é Beirut.

Milán

Milán (en italiano: Milano, [miˈlaːno] (AFI), escoitar; en lombardo: Milàn, [miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión de Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1 351 562 habitantes no 2017, Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.

Montaña

Unha montaña é un accidente xeográfico, unha elevación sobre o terreo lindeiro formada normalmente a partir de sinclinais e erosión. A unha secuencia de montañas chámase cordilleira. Unha montaña ten unha altitude bastante superior a un outeiro, aínda que non exista unha altitude específica para esa diferenciación. Así, cada autoridade no asunto asume valores convenientes, aínda que a montaña sexa tipicamente escarpada, de grande inclinación e con superposición de relevos.

A superficie do planeta Terra é nun 24% montañosa; o 10% da poboación mundial vive en terreo montañoso. Todos os ríos nacen en montañas, o que torna máis de metade da humanidade dependente das montañas por seren responsábeis da auga fluvial.

París

Esta páxina é sobre a capital de Francia. Para a figura mitolóxica vexa Paris.

París (en francés Paris [pa.ʁi] ) é a capital de Francia, Chef-lieu da Illa de Francia e a única comuna-departamento do país. Atópase nun meandro do río Sena no centro da Conca parisiense, entre a confluencia do río Marne e o Sena augas arriba, e o Oise e o Sena augas abaixo.

A cidade de París dentro dos seus límites administrativos ten unha poboación estimada de 2 190 327 habitantes (2016). Con todo, durante o século XX, a área metropolitana de París espallouse alén dos límites da comuna. A súa área urbana, a segunda máis grande de Europa, ten unha poboación de 11 174 740 habitantes (1999).A rexión de París (Illa de Francia) é, xunto con Londres, o centro económico máis importante de Europa. Con 500,8 mil millóns de euros (630 mil millóns de dólares), produciu unha cuarta parte do Produto Interior Bruto (PIB) de Francia no 2006. La Défense é o primeiro barrio de negocios de Europa, alberga a sede social de case a metade das grandes empresas francesas, así como a sede de vinte das 100 máis grandes do mundo. París tamén acolle ou acolleu a moitas organizacións internacionais como a Unesco, a OCDE, a Corte Penal Internacional e o Club de París.

A cidade é o destino turístico máis popular do mundo, con máis de 26 millóns de visitantes estranxeiros por ano. Adoita considerarse como a cidade máis fermosa, elegante e espectacular do mundo por contar con moitos dos monumentos máis famosos e admirados do orbe: a Torre Eiffel, a Catedral de Notre-Dame, os Campos Elisios, o Arco do Triunfo, a Basílica do Sacré Cœur, d'Os Inválidos, o Panteón, o Arco de La Défense, a Ópera Garnier ou o barrio de Montparnasse, entre outros. Tamén alberga institucións de recoñecemento mundial: o Louvre, o Museo de Orsay e o Museo Nacional de Historia Natural de Francia.

Roma

Roma é unha cidade, capital da Italia e da rexión do Lazio, provincia de Roma, con 2.754.440 habitantes (2010). Esténdese por unha área de 1.285 km², tendo unha densidade de poboación de 2.136,13 hab/km². Ten máis de 3,33 millóns de habitantes na súa zona metropolitana.

A cidade, que xurdiu no século VIII a.C., foi capital do Imperio Romano, e antes dun reino e unha república (ver Roma Antiga).

Roma é unha das cidades con maior importancia na historia mundial, sendo un dos símbolos da civilización europea e centro espiritual do catolicismo. Conserva numerosas ruínas e monumentos de tres milenios na parte da cidade antiga, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e que congrega cada ano a millóns de visitantes.

No interior da cidade encóntrase tamén o estado do Vaticano, residencia do Papa desde o século I. Tras o repregamento do dominio de Bizancio no século VII, foi centro dos Estados Pontificios ata a súa anexión en 1870 por parte do Reino de Italia.

Siria

Siria é un país do Oriente Medio. Limita ó norte con Turquía, o leste e sur con Iraq, ó sur con Xordania e ó oeste con Israel, Líbano e o mar Mediterráneo. A rexión de fronteira con Israel (Altos de Golán) é obxecto de disputa entre ámbolos dous países.

Xosé Luís Méndez Ferrín

Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma dende o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.