Kunming

Kunming é unha cidade chinesa capital da provincia de Yunnan situada na meseta homónima do extremo meridional da República Popular China. A carón do lago Dian Chi goza dun clima temperado pola altitude (1.890 m) a pesar da súa latitude tropical. Centro industrial e comercial conta cunha poboación de máis de 3 000 000 de habitantes (2010 censo; 6 432 212 na municipalidade de 21.473 km2).

Aínda que nas beiras do lago Dian Chi houbo asentamentos dende o -279, a cidade chinesa foi unha fundación Han, que pasou definitivamente ao imperio chinés cos Yuan e Ming (s. XIII-XIV) cando se rodeou de murallas. O seu desenvolvemento veu coa construción de grandes complexos siderúrxicos e químicos despois de 1949.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aeroporto Internacional de Pequín-Capital

O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital (IATA: PEK, ICAO: ZBAA) é o principal aeroporto internacional que serve a Pequín. Está situado a 32 km ao nordés do centro da cidade, nun enclave do distrito de Chaoyang rodeado polo distrito de Shunyi. O aeroporto pertence á Beijing Capital International Airport Company Limited, unha compañía controlada polo estado que tamén se encarga de operalo.

O aeroporto é o principal centro de conexións de Air China, a aeroliña nacional do país, que voa a uns 120 destinos (sen contar os de carga), dende Pequín. China Eastern Airlines, Hainan Airlines e China Southern Airlines tamén usan o aeroporto como centro de conexións.

Pequín-Capital inaugurou a súa Terminal 3 en 2008, xusto a tempo para os Xogos Olímpicos de 2008, converténdose na segunda terminal máis grande do mundo tras a terminal 3 do Aeroporto Internacional de Dubai e no sexto edificio máis grande en superficie. O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital cobre unha área de 1 480 hectáreas de terra.

Pequín-Capital ascendeu rapidamente nos ránkings de aeroportos máis concorridos do mundo na pasada década. En 2009 converteuse no aeroporto con máis número de pasaxeiros e de movementos de avións de Asia. Ven sendo o segundo aeroporto máis concorrido do mundo en tráfico de pasaxeiros dende o ano 2010. En 2012 rexistrou 557 167 movementos de avións, chegando ao sexto posto mundial. En termos de carga o aeroporto de Pequín-Capital tamén conseguiu un rápido crecemento. No ano 2012 converteuse no 13º máis concorrido do mundo en tráfico de mercadorías, rexistrando 1 787 027 toneladas.

Aeroporto de Cantón-Baiyun

O aeroporto internacional de Cantón-Baiyun (IATA: CAN, OACI: ZGGG) é o principal aeroporto de Cantón, a capital da provincia de Guangdong, en China. Os seus códigos están heredados do antigo aeroporto da cidade. O aeroporto de Baiyun serve como centro de conexións para China Southern Airlines, FedEx Express, 9 Air, Hainan Airlines e Shenzhen Airlines.

No ano 2016 foi o terceiro aeroporto máis concorrido da China e o décimo quinto do mundo en termos de pasaxeiros, cun total de 59 732 147 viaxeiros ese ano. En termos de tráfico de carga é o terceiro máis concorrio do país e o décimo noveno do mundo.

Aeroporto de Changsha-Huanghua

O aeroporto internacional de Changsha-Huanghua (IATA: CSX, OACI: ZGHA) é un aeroporto que serve á cidade chinesa de Changsha, na provincia de Hunan, ademais de cidades próximas como Zhuzhou e Xiangtan. No ano 2016 foi o 13º aeroporto máis concorrido do país. Está situado a uha 25 quilómetros do centro de Changsha. Está operado pola Hunan Airport Authority, unha corporación de propiedade pública que operaos cinco aeroportos da provincia de Hunan Province. O aeroporto de Changsha-Datuopu é o segundo aeroporto que serve a Changsha e é usado principalmente para propósitos militares.

Aeroporto de Chengdu-Shuangliu

O aeroporto de Chengdu-Shuangliu (IATA: CTU, OACI: ZUUU) é o principal aeroporto que serve a Chengdu, a capital da provincia chinesa de Sichuan. Está situado a uns 16 quilómetros ao suroeste do centro da cidade, ao norte do distrito de Shuangliu District. O aeroporto é un importante centro de conexións no oeste de China. É un dos dous principais centros de conexións para Air China, xunto con Pequín-Capital, ademais da sede de Sichuan Airlines e Chengdu Airlines. China Eastern Airlines, Shenzhen Airlines, Lucky Air e Tibet Airlines tamén teñen bases no aeroporto.

No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 46 039 037 pasaxeiros. Nese ano foi o 27º aeroporto máis concorrido do mundo e o 4º da China, ademais de ser o máis concorrido do oeste e centro do país.

Aeroporto de Chongqing-Jiangbei

O aeroporto internacional de Chongqing-Jiangbei (IATA: CKG, OACI: ZUCK) é un aeroporto chinés situado no distrito de Yubei da cidade de Chongqing. O aeroporto instalacións de tránsto para 72 horas de visa gratuíta para certas nacionalidades. No ano 2014 quedou no terceiro posto na categoría do "Mellor aeroporto de entre 25 e 40 millóns de pasaxeiros" de Airports Council International.Situado a 19 quilómetros ao norte do centro de Chongqing, o aeroporto é un gran centro de conexións para as aeroliñas no oeste de China, como China Express Airlines, China Southern Airlines, Chongqing Airlines, Sichuan Airlines, Shandong Airlines e China West Air. Chongqing é unha cidade focal para Air China e Hainan Airlines.

O aeroporto ten tres terminais: a Terminal 2 serve voos domésticos e a Terminal 3A tanto domésticos como internacionais, mentres a Terminal 1 atópase pechada a día de hoxe. A primeira, segunda e terceira fase do aeroporto comezaron a operar en xaneiro de 1990, decembro de 2004 e decembro de 2010, respectivamente. A Terminal 2 é capaz de manexar 30 millóns de pasaxeiros e a 3A 70 cada ano.

En termos de tráfico de pasaxeiros, O aeroporto de Jiangbei Airport foi o noveno máis concorrido do país en 2016, sendo usado por 35 888 819 pasaxeiros cun aumento dun 10,8% con respecto ao ano anterior. En movementos de avións foi o 8º máis concorrido do país e o 10º en termos de carga.

Aeroporto de Hangzhou-Xiaoshan

O aeroporto internacional de Hangzhou-Xiaoshan (IATA: HGH, OACI: ZSHC) é o principal aeroporto que serve a Hangzhou, unha gran cidade na rexión da conurbación do Delta do Yangtzé e a capital da provincia chinesa de Zhejiang. Está situado na ribeira sur do río Qiantang, no distrito de Xiaoshan, a 27 quilómetros do centro de Hangzhou.

O aeroporto opera voos a destinos en toda China. Os destinos internacionais atópanse principalmente no leste e sueste de Asia, aínda que tamén opera voos a algunhas cidades de África, Europa e do sur de Asia. Hangzhou-Xiaoshan serve como cidade focal para Air China, China Eastern Airlines, China Southern Airlines, Hainan Airlines e Xiamen Airlines.

No ano 2017 o aeroporto de Hangzhou foi usado por 35 570 411 pasaxeiros, sendo o 10º máis concorrido da China en termos de pasaxeiros. Ademais, o aeroporto foi o 6º máis concorrido do país en termos de carga con 589 461 toneladas e o 9º en movemento de avións con 271 066.

Aeroporto de Jinan-Yaoqiang

O aeroporto internacional de Jinan-Yaoqiang (IATA: TNA, OACI: ZSJN) é un aeroporto chinés que serve á cidade de Jinan, a capital da privincia de Shandong. Está situado a uns 33 quilómetros ao nordés do centro da cidade, xusto ao norte de Yaoqiang, de onde o aeroporto colle parte do seu nome.

Aeroporto de Kunming-Changshui

O aeroporto internacional de Kunming-Changshui (IATA: KMG, OACI: ZPPP) é o principal aeroporto que serve a Kunming, a capital da provincia chinesa de Yunnan. Está situado a 24,5 quilómetros ao nordés do centro da cidade nunha área montañosa a 2 100 metros sobre o nivel do mar. Inaugurouse o día 28 de xuño de 2012, substituíndo ao vello aeroporto de Kunming-Wujiaba que será demolido. Como porta de entrada cara o sueste e sur de Asia, o aeroporto de Changshui é un centro de conexións para China Eastern Airlines, Kunming Airlines, Lucky Air, Sichuan Airlines e Ruili Airlines. No ano 2016 foi usado por un total de 41 980 339 pasaxeiros, sendo un dos 50 aeroportos máis concorridos do mundo e o 5º da China.

Aeroporto de Lijiang-Sanyi

O aeroporto internacional de Lijiang-Sanyi (IATA: LJG, OACI: ZPLJ) é un aeroporto que serve a Lijiang, na provincia chinesa de Yunnan. Foi construído no ano 1995 e atópase a 25 quilómetros ao sur da cidade.

Aeroporto de Nanchang-Changbei

O aeroporto internacional de Nanchang-Changbei (IATA: KHN, OACI: ZSCN) é un aeroporto que serve a Nanchang, a capital da provincia chinesa de Jiangxi. Está situado a 28 quilómetros ao norte da cidade. A súa construción comezou en outubro de 1996 e comezou a operar o 10 de setembro de 1999. Substituíu ao aeroporto de Nanchang-Xiangtang, que era tanto de uso civil como militar. Ten unha única pista de 3 400 metros de lonxitude e unha terminal con seis portas de embarque. En 2010 comezaron unhas obras de ampliación coa construción dunha nova terminal, inaugurada o 22 de maio de 2011, e unha segunda pista de aterraxe.

Nanchang-Changbei opera principalmente voos cara aeroportos chineses do continente e Hong Kong. Porén, en febreiro de 2004 comezou a operar voos internacionais, principalmente cara Corea do Sur.

Aeroporto de Nanjing-Lukou

O aeroporto internacional de Nanjing-Lukou (IATA: NKG, OACI: ZSNJ) é o principal aeroporto que serve a Nanjing, a capital da provincia chinesa de Jiangsu, e á conurbación do delta do Yangtzé. Está situado no distrito suburbano de Jiangning, a uns 35 quilómetros ao sur do centro da cidade.

Nanjing é o centro de conexións para China Eastern Airlines, e é unha cidade focal para Shenzhen Airlines. China Southern Airlines e Xiamen Airlines tamén operan un considerable número de voos no aeroporto. Nanjing é a principal base para China Postal Airlines, con servizos de carga a todas as grandes cidades de China, manexando correo urxente e carga para China Post.

Aeroporto de Nanning-Wuxu

O aeroporto de Nanning-Wuxu (IATA: NNG, OACI: ZGNN) é un aeroporto que serve a Nanning, a capital da rexión autónoma de Guangxi, en China. Está situado a 32 quilómetros ao suroeste do centro da cidade. Foi construído no ano 1962 e en 1990 pasou por diversas melloras. A terminal 2, cunha superficie de 189 000 m2, inaugurouse o 25 de setembro de 2014. Está deseñada para manexar 16 millóns de pasaxeiros anualmente. No ano 2002 o aeroporto acadou a cifra de 1 millóns de pasaxeiros, chegando aos 2 millóns anuais en 2006. En 2016 11 558 000. pasaxeiros utilizaron as súas instalacións.

Aeroporto de Shanghai-Pudong

O aeroporto internacional de Shanghai-Pudong (IATA: PVG, ICAO: ZSPD) é un dos dous aeroportos internacionais de Shanghai e un dos principais centros de conexións por aire de China. O aeroporto serve principalmente voos internacionai, mentres que o outro aeroporto da cidade, o de Shanghai-Hongqiao, opera sobre todo voos domésticos e rexionais. Está situado a uns 30 quilómetros ao leste do centro da cidade.

O aeroporto é o principal centro de conexións para China Eastern Airlines e Shanghai Airlines, e un gran centro de conexións internacional para Air China, ademais de ser un centro secundario de China Southern Airlines. Tamén é un centro de conexións para as aeroliñas privadas Juneyao Airlines e Spring Airlines, é un centro de conexións de carga na zona Asia-Pacífico para UPS Airlines e DHL Aviation.

O aeroporto de Pudong ten dúas terminais de pasaxeiros principais, flanqueadas en ámbolos dous lados por catro pistas de aterraxe paralelas. Dende o ano 2016 está planeada a construción dunha terceira terminal de pasaxeiros, unha terminal satélite e dúas pistas máis coa intención de incrementar a súa capacidade dos 60 aos 80 millóns de pasaxeiros anuais e para poder manexar seis millóns de toneladas de carga.

O aeroporto de Pudong é o terceiro do mundo en termos de carga, con 3,4 millóns de toneladas en 2016. Nese mesmo ano pasaron polas súas instalacións 66 002 414, sendo o segundo aeroporto máis concorrido de China, o quinto de Asia e o noveno do mundo.

Aeroporto de Shenyang-Taoxian

O aeroporto internacional de Shenyang-Taoxian (IATA: SHE, OACI: ZYTX) é un aeroporto chinés que serve á cidade de Shenyang, capital da provincia de Liaoning no nordés do país. Está situado a uns 20 quilómetros ao sur do centro da cidade e é unha cidade focal para China Southern Airlines.

Aeroporto de Shijiazhuang-Zhengding

O aeroporto de Shijiazhuang-Zhengding (IATA: SJW, OACI: ZBSJ) é o principal aeroporto que serve a Shijiazhuang, a capital da provincia chinesa de Hebei. É o centro de conexións para Hebei Airlines e unha cidade focal para China United Airlines e Spring Airlines.

Aeroporto de Wuhan-Tianhe

O aeroporto internacional de Wuhan-Tianhe (IATA: WUH, OACI: ZHHH) é un aeroporto que serve a Wuhan, a capital da provincia chinesa de Hubei. Foi inaugurado o 15 de abril de 1995 substituíndo aos vellos aeroportos de Hankou-Wangjiadun e Nanhu como principais aeroportos de Wuhan. Está situado no distrito de Huangpi, a uns 26 quilómetros ao norte do centro de Wuhan. É o aeroporto máis concorrido do centro da CHina, atopándose xeograficamente situado no centro da rede doméstica do país. É unha cidade focal para Air China, China Eastern Airlines e China Southern Airlines. O aeroporto ten voos cara destinos internacionais como Bangkok, Moscova, Osaca, París, Seúl e Singapur.

No ano 2017 o aeroporto foi utilizado por 23 129 400 pasaxeiros, sendo o 14º máis concorrido do país en número de pasaxeiros. O nome Tianhe (天河) pode traducirse literalmente como "río do ceo"; é tamén un dos nome para a Vía Láctea na antiga China.Dende o 1 de maio de 2015, pasaxeiros de países como os da Unión Europea, Xapón, Corea do Sur, Rusia e Estados Unidos, cando viaxan a un terceiro país, poden entrar en China dende este aeroporto sen unha visa chinesa ata 72 horas.

Aeroporto de Xi'an-Xianyang

O aeroporto internacional de Xi'an-Xianyang (IATA: XIY, OACI: ZLXY) é o principal aeroporto que serve a Xi'an, a capital da provincia chinesa de Shaanxi, ademais de a toda a área de Guanzhong. É o aeroporto máis grande do noroeste de China e o segundo máis grande do norte do país. Foi o centro de conexións para China Northwest Airlines ata que a aeroliña se fusionou con China Eastern Airlines en 2002. A aeroporto de Xi'an tamén é centro de conexións para Joy Air e unha cidade focal para Hainan Airlines.

Aeroporto de Xiamen-Gaoqi

O aeroporto internacional de Xiamen-Gaoqi (IATA: XMN, OACI: ZSAM) é un aeroporto que serve á cidade chinesa de Xiamen, na provincia de Fujian. É a base principal de XiamenAir e TAECO, unha compañía de mantemento de avións. O aeroporto está situado na cara norte da illa de Xiamen. En outubro de 2011 iniciouse a construción dunha nova terminal, a terminal 4, que foi completada no ano 2014. No ano 2017 foi o 12º aeroporto máis concorrido da China en termos de pasaxe, con 24 485 239 pasaxeiros.

China Eastern Airlines

China Eastern Airlines Corporation Limited (chinés simplificado: 中国东方航空公司; chinés tradicional: 中國東方航空公司, coloquialmente coñecida como 东航/東航) é unha aeroliña baseada no China Eastern Airlines Building, nos sotos do aeroporto Internacional Hongqiao en Shanghai, China. É unha gran aeroliña chinesa que opera voos internacionais, domésticos e rexionais. Os seus principais centros de operacións son o aeroporto Internacional Pudong e o aeroporto Internacional Hongqiao, ámbolos dous en Shanghai, e ten centros secundarios no aeroporto Internacional de Kunming Changshui e no aeroporto Internacional Xianyang. China Eastern Airlines é a segunda aeroliña chinesa en número de pasaxeiros. A compañía e a súa subsidiaria Shanghai Airlines convertéronse no 14º membro da alianza SkyTeam o 21 de xuño de 2011. No ano 2012 China Eastern Airlines transportou 73,08 millóns de pasaxeiros cunha media de ocupación do 73%.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.