Kuala Lumpur

Kuala Lumpur é a capital de Malaisia. É unha metrópole de 4 millóns de habitantes (área urbana). O seu nome significa "confluente lamoso" en malaio, pois a cidade está sita na confluencia de dous cursos de auga. O máis importante é o río Klang, que desauga 45 km ao oeste no estreito de Malaca; o outro é o Gombak.

Arrebatada á selva, Kuala Lumpur debe o seu nacemento e a súa fortuna aos fabulosos xacementos de estaño descubertos no século XIX. O lugar, durante moito tempo, non foi outra cousa senón un campamento de cabanas de bambú infestado pola malaria. Mais creceu mercé ao comercio de estaño, até tornarse, en 1896, na capital dos Estados malaios federados. A primeira impresión do viaxeiro que atravesa hoxe Kuala Lumpur, é a dunha cidade verde, tranquila e ordenada que, a pesar dos seus case 2 millóns de habitantes, garda unha proporción humana.

Coordenadas: 3°08′09″N 101°41′17″L / 3.1357, 101.688

Kuala Lumpur
Flag of Kuala Lumpur, Malaysia
Emblem Kuala Lumpur
KL Composite2
Vistas da cidade
Localización
Kuala Kumpur en Malaisia

Kuala Kumpur
Kuala Kumpur
PaísFlag of Malaysia.svg Malaisia
Territorio FederalTerritorio Federal de Kuala Lumpur
Wilayah Persekutuan Kuala Lumpur
吉隆坡联邦直辖区
கோலாலம்பூர்
Áreas administrativasDamansara
Seputeh
Segambut
Kepong
Cidade de Kuala Lumpur
Setiawangsa
Bandar Tun Razak
Sungai Besi
Xeografía
Altitude21.95 msnm
Superficie243,65 km²
Demografía
Poboación1 627 172 hab. (2010)
Densidade6.891 hab/km²
Outros datos
Código postal50000 a 60000
AlcaldeAhmad Phesal Talib
www.dbkl.gov.my

Cifras

Petronas Towers Night
As torres Petronas.
  • Superficie do territorio federal de KL : 243,65 km².
  • Poboación (territorio federal) : 1 800 674 (2004).
  • Poboación (área metropolitana val do Klang) : sobre 4 millóns.

Administración

A cidade está administrada por un consello municipal non electo, nomeado polo goberno. Porén depende con todo da solidez da asemblea do momento.

Historia

Elevada ao rango de cidade (bandar en malaio) aínda no 1897, Kuala Lumpur coñeceu desde entón un crecemento desenfreado. Foi afastada do Estado de Selangor no 1971 para convertela nun territorio federal. A nova cidade de Shah Alam substituíuna como capital do Estado.

Xeografía

Situada no oeste de Malaisia, a 45 km do mar, a cidade cobre unha área metropolitana moi extensa, que desborda largamente os límites do distrito federal e engloba unha boa parte do Estado de Selangor. Tal área é chamada o val do Klang. A extensión infinda dos suburbios é compatíbel cunha rede moi densa de autoestradas e de tres liñas de metro lixeiro.

A urbanización adénsase cara ao oeste, até Klang, que serve ao conxunto do país a través do seu porto.

Clima

O clima de Kuala Lumpur é ecuatorial: a temperatura media de cada mes ronda os 26º. Chove ao longo de todo o ano, aínda que algo máis en primavera e outono; as precipitacións medias anuais son de 2.419 mm.

Sitios de interese

Os lugares máis visitados da cidade son:

  • As grutas de Batu, obxecto de peregrinación hindú, accesíbeis por medio dunha longa escaleira.
  • O palacio real (Istana negara).
  • Os exemplos de arquitectura indo-mora, como a vella estación de tren e o Edificio Sultán Abdul Samad, testemuñas da súa elegancia.
  • O Museo de civilización islámica.
  • As torres Petronas, xemelgas, que son dous rañaceos inaugurados no 1998, símbolos do desenvolvemento recente do total do país. Na súa arquitectura figuran diferentes símbolos dos compoñentes da poboación nacional: malaios tradicionais, musulmáns, e tamén chineses. Cos seus 452 metros de altura e 88 andares, estas torres eran até 2004 as máis altas do mundo. Despois, a torre Taipei 101 en Taiwan sobrepasounas.
  • A torre de telecomunicacións, pola vista panorámica que ofrece.
  • A policromía arquitectónica do centro da cidade.
  • As tendas con saldos de agosto.

Panorama de Kuala Lumpur desde Cheras.
Panorama de Kuala Lumpur desde Cheras.

Comunicacións

Kuala Lumpur está ligada a Singapur, no sur, e a Penang, no norte, por unha autoestrada que continúa cara a Hat Yai na Tailandia. Unha autoestrada leste-oeste únea coa cidade de Kuantan e os estados de Terengganu e de Pahang.

Numerosas vías férreas percorren a aglomeración, aínda que o eixo maior se axusta á península malaia.

As comunicacións aéreas sérvense de tres aeroportos : Subang (voos de frete), o aeroporto internacional de Sepang (aeroporto internacional de Kuala Lumpur), e máis a terminal para baixo custo (Low Cost Carrier Terminal [1]).

Véxase tamén

Outros artigos

Aeroporto Chhatrapati Shivaji

O aeroporto internacional Chhatrapati Shivaji (IATA: BOM, OACI: VABB), anteriormente coñecido como aeroporto internacional Sahar, é o principal aeroporto internacional que serve a área metropolitana de Bombai, na India. É o segundo aeroporto máis concorrido do país en termos de pasaxeiros despois do aeroporto de Delhi, ademais de ser o 14º de Asia e o 29º máis concorrido do mundo no ano 2016, con 44,68 millóns de pasaxeiros. Tamén é o segundo máis concorrido do país en termos de carga. En marzo de 2017 superou a Londres-Gatwick como o aeroporto cunha única pista operativa ao mesmo tempo máis concorrido do mundo. O aeroporto ten tres terminais operativas e opera uns 850 movementos de avións por día.

No ano 2015 gañou o premio ASQ Best Airport Award na categoría dos aeroportos entre 25 e 40 pasaxeiros anuais concedido por Airports Council International. Tamén gañou o premio a Mellor Aeroporto en India e Centro de Asia na edición de 2016 dos World Airport Awards de Skytrax.O aeroporto está operado por Mumbai International Airport Limited (MIAL), unha empresa conxunta do consorcio formado pola Autoridade Aeroportuaria da India e GVK Industries Ltd, que foi elixida en febreiro de 2006 para encargarse da súa modernización. A nova terminal integrada T2 foi inaugurada o 10 de xaneiro de 2014 e abríuse para as operacións internacinais p 12 de febreiro do mesmo ano.O aeroporto foi bautizado na honra do emperador maratha do século XVII Chhatrapati Shivaji.

Aeroporto Ngurah Rai

O aeroporto internacional Ngurah Rai (IATA: DPS, OACI: WADD), oficialmente coñecido como aeroporto internacional I Gusti Ngurah Rai, é o principal aeroporto de Bali, situado a 13 quilómetros ao sur de Denpasar. Ngurah Rai é o segundo aeroporto máis concorrido de Indonesia despois do aeroporto internacional Soekarno-Hatta, en Iacarta.

Airport Council International premiou ao aeroporto de Ngurah Rai cmo o terceiro mellor do mundo do 2016 polos seus servizos, dentro da categoría entre 15 e 25 millóns de pasaxeiros.O aeroporto foi chamado na honra de I Gusti Ngurah Rai, un heroe balinés que morreu o 20 de novembro de 1946 nun puputan (loita a morte) contra os neerlandeses en Marga, onde estes derrotaron á súa compañía con apoio aéreo, matando a Ngurah Rai e a outros 95 durante a revolución indonesia.

Aeroporto Ninoy Aquino

O aeroporto internacional Ninoy Aquino (IATA: MNL, OACI: RPLL), anteriormente coñecido como aeroporto internacional de Manila, é o aeroporto que serve a Manila e á súa área metropolitana. Está situado ao longo dos límites entre as cidades de Pasay e Parañaque, a uns 7 quilómetros ao sur da propia Manila. O aeroporto é a principal porta de entrada para pasaxeiros internacionais a Filipinas e serve como contro de conexións para AirAsia Philippines, Cebgo, Cebu Pacific, PAL Express e Philippine Airlines. Está operado por Manila International Airport Authority (MIAA), un departamento do Departamento de Transporte do goberno filipino.Oficialmente é o único aeroporto que serve a área de Manila. Porén, na práctica, tanto o Ninoy Aquino como o aeroporto de Clark, situado na Zona do Porto libre de Clark en Pampanga serven a zona de Manila, sendo Clark usado principalmente por aeroliñas de baixo custo polas súas taxas máis baixas. En tempos recentes houbo peticións para que Clark substituíse a Ninoy Aquino como principal aeroporto de Filipinas. Foi bautizado na honra do senador Benigno "Ninoy" Aquino, Jr., asasinado no aeroporto no ano 1983.

Aeroporto Rei Abdulaziz

O aeroporto internacional Rei Abdulaziz (IATA: JED, OACI: OEJN) é un aeroporto situado a 19 quilómetros ao norte de Jeddah. Foi bautizado na honra do rei Abdul Aziz Al-Saud e inaugurouse no ano 1981. É o aeroporto máis concorrido de Arabia Saudita e o terceiro máis grande do país. É coñecido pola súa terminal do Hajj, construída especialmente para os peregrinos islámicos que anualmente viaxan á Meca e que pode manexar 80 000 pasaxeiros ao mesmo tempo.

Aeroporto de Cantón-Baiyun

O aeroporto internacional de Cantón-Baiyun (IATA: CAN, OACI: ZGGG) é o principal aeroporto de Cantón, a capital da provincia de Guangdong, en China. Os seus códigos están heredados do antigo aeroporto da cidade. O aeroporto de Baiyun serve como centro de conexións para China Southern Airlines, FedEx Express, 9 Air, Hainan Airlines e Shenzhen Airlines.

No ano 2016 foi o terceiro aeroporto máis concorrido da China e o décimo quinto do mundo en termos de pasaxeiros, cun total de 59 732 147 viaxeiros ese ano. En termos de tráfico de carga é o terceiro máis concorrio do país e o décimo noveno do mundo.

Aeroporto de Hong Kong

O aeroporto internacional de Hong Kong (IATA: HKG, ICAO: VHHH) é o principal aeroporto de Hong Kong. Está situado na illa de Chek Lap Kok, que en gran parte está formada por terras gañadas ao mar para a construción das súas instalacións. O aeroporto tamén é coloquialmente coñecido como aeroporto de Chek Lap Kok(赤鱲角機場), para distinguilo do seu predecesor, o pechado aeroporto Kai Tak.

O aeroporto ven sendo usado dende o ano 1998, substituíndo ao de Kai Tak. É un importante centro rexional de transbordo, centro de conexión para pasaxeiros e unha porta de entrada para destinos no interior de China e o resto de Asia. O aeroporto é o máis concorrido do mundo en termos de carga e un dos maiores en termos de pasaxeiros. O aeroporto ten unha das terminais de pasaxeiros máis grandes do mundo (a máis grande cando se inaugurou en 1998).

O aeroporto está operado por Airport Authority Hong Kong e é o principal centro de conexións para Cathay Pacific (a aeroliña nacional de Hong Kong), Cathay Dragon, Hong Kong Airlines, Hong Kong Express Airways e Air Hong Kong. É un dos centros de conexións para a alianza de aeroliñas Oneworld, e tamén un dos centros de conexión da zona Asia-Pacífico para UPS Airlines. É unha cidade focal para moitas aeroliñas como China Airlines e China Eastern Airlines. Singapore Airlines, Ethiopian Airlines e Air India utilizan Hong Kong como escala para algúns dos seus voos.

HKIA contrinue de forma importante á economía de Hong Kong, proporcionando uns 65 000 empregos á cidade. Máis de 100 aeroliñas operan no aeroporto, voando a unhas 180 cidades de todo o mundo. No ano 2016 polas súas instalacións pasaron 70,5 millóns de pasaxeiros, sendo o oitavo aeroporto máis concorrido do mundo en termos de pasaxe. No ano 2010 superou ao aeroporto de Memphis, converténdose no aeroporto máis concorrido do mundo en termos de carga.

Aeroporto de Singapur

O aeroporto internacional de Singapur Changi (IATA: SIN, OACI: WSSS), ou sinxelamente aeroporto de Changi, é o principal aeroporto civil de Singapur e un dos centros de conexión máis grandes do Sueste Asiático. É considerado o mellor aeroporto do mundo por Skytrax, obtendo esa distinción por quinto ano consecutivo dende 2013 e é un dos aeroportos máis concorridos do mundo en termos de pasaxeiros internacionais e carga. Está situado en Changi, no límite leste de Singapur, a uns 17 quilómetros do centro da cidade. Está operado polo Changi Airport Group e é a principal base de Singapore Airlines, Singapore Airlines Cargo, SilkAir, Scoot, Jetstar Asia Airways e BOC Aviation.

Aeroporto de Tân Sơn Nhất

O aeroporto da cidade da Tân Sơn Nhất debe o seu nome á vila onde se sitúa (Cidade Ho Chi Minh), Vietnam, a poucos quilómetros da cidade.

Aeroporto de Visakhapatnam

O aeroporto de Visakhapatnam (IATA: VTZ, OACI: VOVZ) é un aeroporto internacional indio situado en Visakhapatnam. É o aeroporto máis grande e concrrido do estado de Andhra Pradesh. Opera como un enclave civil nunha base aérea da Armada india chamada INS Dega. Está situado entre as localidades de NAD X Road e Gajuwaka. O aeroporto experimentou un significativo crecemento dende os primeiros anos 2000, coa construción dunha nova terminal e pista; e comezou a operar voos internacionais cara Dubai, Singapur, Kuala Lumpur e Colombo.

Aeroporto internacional Soekarno-Hatta

O aeroporto internacional Soekarno-Hatta (IATA: CGK, OACI: WIII), abreviado como SHIA ou Soetta, é o principal aeroporto que serve a Iabotabek, a área metropolitana de Iacarta na illa indonesia de Xava. Bautizado na honra do primeiro presidente e vicepresidente de Indonesia, Sukarno e Mohammad Hatta, o aeroporto está situado en Benda, Tangerang, a uns 20 quilómetros ao noroeste do centro de Iacarta. Debido á súa proximidade á veciñanza de Cengkareng tamén é coñecido como aeroporto de Cengkareng, procedendo o seu código IATA desta denominación. É o aeroporto máis grande e concorrido do país, ademais de ser o máis concorrido do hemisferio sur. No ano 2016 foi o 22º aeroporto máis concorrido do mundo. Xunto co aeroporto Halim Perdanakusuma, o segundo aeroporto da cidade, servíronse a máis de 70 millóns de pasaxeiros en 2017 na área metropolitana de Iacarta. Segundo a compañía OAG, o aeroporto foi o 7º mellor conectado do mundo e 1º da zona Asia-Pacífico.O aeroporto comezou a realizar operacións domésticas no ano 1985 substiuíndo ao vello aeroporto de Kemayoran. En 1991 foi ampliado para substituír ao aeroporto Halim Perdanakusuma en voos internacionais, sendo este usado como solución temporal ata que Soekarno–Hatta foi completado. Kemayoran foi demolido e Halim Perdanakusuma aínda opera voos chárter, VIP e privados, sendo reaberto como aeroporto comercial secundario para voos domésticos para aliviar a Soekarno–Hatta que está superando a súa capacidade debido ao rápido crecemento das viaxes por aire en Indonesia.

O aeroporto adoita a ter problemas para acomodar todos os voos co seu límite actual de 81 movementos por hora. Aínda que opera por riba da súa capacidade, un estudo realizado entre abril e maio de 2012 por Airport Council International (ACI) afirmou que estaba sendo operado con seguridade. As súas dúas pistas operativas teñen problemas de pavimento e resistencia. Para reducir a conxestión e acadar o obxectivo de operar 100 voos por hora estase a construír unha terceira pista que se agarda comece a operar en 2018. A mellora das dúas pistas actuais está case rematada para poder acomodar con seguridade as operacións de avións de fuselaxe ancha.

Aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan

O aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan (IATA: TPE, ICAO: RCTP) é un aeroporto internacional que serve á capital de Taiwán, Taipei, e á zona norte da illa. Situado a uns 40 km ao leste de Taipei, no distrito Dayuan, é o aeroporto máis grande de Taiwán. É un dos cinco do país con voos internacionais regulares, e é de lonxe o máis concorrido deles. Nel están os principais centros de conexión internacionis de China Airlines e EVA Air.

O aeroporto abríu para operacións comerciais en 1979 e é un importante centro de conexión de pasaxeiros e punto de entrada a destinos asiáticos da rexión. O eroporto foi antigamente coñecido como Aeroporto Internacional Chiang Kai-shek ata que o nome foi cambiado o día 6 de setembro de 2006 para o actual.O aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan é un dos dous aeroportos que serven a Taipei e ao norte de Taiwán; o outro, o aeroporto de Taipei Songshan, está situado dentro dos límites da cidade de Taipei e funcionou como aeroporto internacional da cidade ata 1979. No presente dende Songshan só hai principalmente voos chárter, moitos dos cales son cara e dende China, voos domésticos, e algúns voos internacionais cara distintos lugares de China, Seúl e Toquio.

En 2016 por Taiwán Taoyuan pasaron 38,6 millóns de pasaxeiros e 1 900 millóns de quilos de carga. ion passengers and 1.9 billion kg of freight. O aeroporto é o 11º máis concorrido do mundo en termos de pasaxeiros internacionais, e o 6º en termos de tráfico de mercadorías en 2015.

AirAsia

AirAsia Berhad é unha aeroliña de baixo custo malaia coa súa sede preto de Kuala Lumpur. É a aeroliña máis grande de Malaisia por tamaó de frota e destinos. O AirAsia Group opera voos regulares domésticos e internacionais a máis de 165 destinos en 25 países. O seu principal centro de conexións é o aeroporto internacional de Kuala Lumpur. As súas compañías afiliadas Thai AirAsia, Indonesia AirAsia, Philippines AirAsia e AirAsia India teñen centros de conexión nos aeroportos de Don Mueang, Soekarno-Hatta, Ninoy Aquino e Kempegowda respectivamente, mentres que a súa aeroliña irmá AirAsia X, céntrase en rutas de longo alcance.

AirAsia opera co custo unitario máis baixo do mundo de 0,023 dólares por asento dispoñible cada quilómetro, e cun factor de carga rendible do 52%. Ten cubertas o 100% das súas necedidaes de combustible para os próximos tres anos, logra un tempo de cambio dos avións de 25 minutos, ten un ivel de productividade de tripulacións mellor que o de Malaysia Airlines e unha taxa de utilización media dos avións de 13 horas por día. No ano 2007 The New York Times describiu á aeroliña como unha "pioneira" da viaxe de baixo custo en Asia. AirAsia é patrocinadora das seleccións de fútbol de Malaisia e de Singapur, e do Queens Park Rangers F.C. Tamén foi patrocinadora do Manchester United e da xira da cantante Taylor Swift The Red Tour en Asia.

Chicago

Chicago é a terceira maior cidade dos Estados Unidos, localizada no estado de Illinois, na rexión dos Grandes Lagos. Ten unha poboación de 2 869 121 habitantes, cunha área metropolitana de máis de nove millóns de habitantes.

Chicago é unha das cidades americanas na que as minorías son maiores. Dos habitantes da cidade, ao redor do 42% son brancos, mentres que un 36.77% son negros. O 26.02% son hispanos (sen distinguir a raza).

Chicago é famosa pola súa arquitectura, moi influente a finais do século XIX xa que o grande incendio de Chicago deixou moito espazo libre para construír (ou reconstruír), dando paso aos primeiros rañaceos do mundo. O edificio máis alto do mundo ata a construción das Torres Petronas en Kuala Lumpur (Malaisia) era as Torres Sears, en Chicago.

Chicago tamén é famosa polo aeroporto O'Hare, o máis ocupado do mundo. O seu nome ten orixe india.

Circuíto Internacional de Sepang

O Circuíto Internacional de Sepang (Malaio: Litar Antarabangsa Sepang) é unha pista de carreiras para os deportes de motor localizada en Sepang, Selangor, Malaisia. Atópase preto do aeroporto internacional de Kuala Lumpur, a uns 45 km ao sur da capital, Kuala Lumpur. Foi o lugar utilizado para o Gran Premio de Malaisia de Fórmula 1 ata 2017, e aínda se utiliza para o Gran Premio de Malaisi de Motociclismo, Malasia Merdeka Endurance Race e outros eventos importantes dos deportes de motor.

Considerado un parámetro de comparación para outros Grandes Premios, Sepang conta con boxes e salas de prensa equipados con moderna tecnoloxía. Xurdiron algunhas queixas a raíz do estado da pista, que parecese estar afundíndose levemente. Unha posible razón que explicaría isto é o feito de que o autódromo está construído sobre terreos pantanosos.

Malaisia

Malaisia é un país do sueste asiático, constituído pola península Malaia e máis pola Malaisia oriental, no norte de Borneo. O país está situado a aproximadamente 200 km ao norte do ecuador terrestre.

O termo Malaisia ou arquipélago Malaio xa se empregaba para designar a Indonesia.

Malaysia Airlines

Malaysia Airlines Berhad (MAB) (malaio: Penerbangan Malaysia Berhad), anteriormente coñecida como Malaysian Airline System (MAS) (malaio: Sistem Penerbangan Malaysia), comercializada como Malaysia Airlines, é unha aeroliña malaisia que opera voos dende o aeroporto de Kuala Lumpur e dende centros de conexións secundarios en Kota Kinabalu e Kuching cara destinos en Asia, Oceanía e Europa. Malaysia Airlines é a aeroliña nacional de Malaisia e membro da alianza Oneworld. A sede da aeroliña atópase no aeroporto de Kuala Lumpur. En agosto de 2014 o fondo de riqueza soberana do goberno malaisio Khazanah Nasional, que entón era dono do 69,37% da aeroliña, anunciou a súa intención de mercar o resto das participacións aos accionistas minoritarios e sacar á compañía da bolsa malaisia, renacionalizando así a aeroliña.

Malaysia Airlines ten dúas aeroliñas subsidiarias: Firefly e MASwings. Firefly opera voos regulares dende as súas dúas bases no aeroporto de Penang e no aeroporto de Subang. A aeroliña céntrase en cidades terciarias. MASwings céntrase nos voos dentro de Borneo. Malaysia Airlines ten unha frota de carga operada pola súa compañía irmá MASkargo, que xestiona voos de carga e a capacidade de carga de todos os voos de pasaxeiros de Malaysia Airlines.

Malaysia Airlines ten as súas raíces en Malayan Airways Limited, fundada en Singapur nos anos 30, e realizou o seu primeiro voo comercial en 1947. Foi bautizada como Malaysian Airways tras a formación da Federación de Malaisia en 1963. En 1966, tras o Acordo de independencia de Singapur de 1965, a aeroliña foi renomeada Malaysia-Singapore Airlines (MSA), antes de que os seus activos se dividisen en dúas aeroliñas nacionais seo¡paradas en 1972 Malaysian Airline System (MAS) e Singapore Airlines.

Putrajaya

Putrajaya é unha cidade planificada, 25 km ao sur de Kuala Lumpur, que serve como o centro administrativo federal de Malaisia. A sede do goberno trasladouse en 1999 de Kuala Lumpur a Putrajaya, debido ao hacinamento e a conxestión na área de Kuala Lumpur. Con todo, Kuala Lumpur segue sendo capital nacional de Malaisia, ao ser a sede do Rei e o Parlamento, así como o centro comercial e financeiro do país. Putrajaya foi idea do ex primeiro ministro Tun Mahathir Mohammad. En 2001, converteu Putrajaya no terceiro Territorio Federal de Malaisia logo de Kuala Lumpur e Labuan.

Leva o nome do primeiro O primeiro ministro de Malaisia, Tunku Abdul Rahman Putra, a cidade está dentro d Corredor Super Multimedia, xunto á recentemente desenvolvida Cyberjaya. En sánscrito, "putra" significa "príncipe" ou "fillo varón", e "Jaya" significa "éxito" ou "vitoria". O desenvolvemento de Putrajaya comezou a principios de 1990, e hoxe en día os principais puntos de referencia completáronse e espérase que a poboación creza nun futuro próximo.

Selangor

Selangor é un estado de Malaisia, localízase na costa oeste da península de Malaisia. Nos seus 7.956 km² viven 4.100.000 persoas, 44% malaios, 35% chineses e 18% indios. A capital é Shah Alam, unha cidade satélite de Kuala Lumpur. Selangor é unha monarquía herditaria rexida por un sultán, actualmente Sharafuddin Idris Shah que reside na cidade de Klang. Datuk Seri é o primeiro ministro (Menteri Besar)

Torres Petronas

As torres Petronas, en Kuala Lumpur, capital de Malaisia, foron os edificios máis altos do mundo entre 1998 e 2003, superados o 17 de outubro de 2003 polo edificio Taipei 101 en Taiwán. Estas torres contan cunha altura de 452 metros. As torres con 88 pisos de formigón armado e unha fachada feita de aceiro e vidro, sendo un símbolo de Kuala Lumpur e por extensión tamén da propia Malaisia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.