Komunistická strana Čech a Moravy

O Komunistická strana Čech a Moravy ou KSČM (en galego Partido Comunista de Bohemia e Moravia) é un partido político checo fundado en 1989. A nivel europeo forma parte da Esquerda Unitaria Europea - Esquerda Nórdica Verde. A diferenza doutros partidos comunistas europeos o seu símbolo é unha cereixa. Conta con arredor de 107.813 membros e é un dos partidos comunistas non gobernantes máis grandes e votados do mundo, sendo o cuarto partido político checo en representación por detras de TOP 09, ODS e o ČSSD.

Komunistická strana Čech a Moravy (KSČM)
Partido Comunista de Bohemia e Moravia
KSČM text logo
Dirixentes e organización
LíderVojtěch Filip
MocidadesKomunistický svaz mládeže
Filiación internacionalNingunha
Historia
Fundación1989
Posicións políticas
IdeoloxíaComunista
Representación
Representación26 deputados no Parlamento da República Checa
2 senadores no Senado da República Checa
4 eurodeputados
182 concelleiros rexionais
14.287 concelleiros
Outros datos
SedePolitických vězňů 9,
Praga
PublicaciónHaló Novinyy
Páxina webwww.kscm.cz

Historia

O KSČM foi fundado en 1989 logo dun congreso extraordinario do Partido Comunista de Checoslovaquia, que decidiu fundar un partido específico para os territórios da Bohemia e Moravia, rexións que se converterían na República Checa. En 1990, o Partido Comunista de Checoslovaquia converteuse nunha federación de dous partidos creados logo da separación de Eslovaquia e a República Checa: o KSČM e o Partido Comunista de Eslovaquia. Esta federación roumpeuse en 1992.

Logo do II Congreso, varios grupos se separaron do KSČM, xurdindo novos partidos de esquerdas. En 1995 separouse un novo partido que se pasou a denominar Strana československých komunistů (Partidos dos Comunistas de Checoslovaquia), partido que actualmente recuperou o nome do Komunistická strana Československa (Partido Comunista da Tchecoslováquia) liderado por Miroslav Štěpán.

En maio de 2004, o VI Congreso do KSČM adoptou un novo programa titulado Esperanza para a República Checa (Naděje pro Českou Republiku).

O 12 de outubro de 2006 a organización xuvenil do partido, a Komunistický svaz mládeže ou KSM (Unión Comunista da Xuventude) liderada por Milan Krajča foi ilegalizada polo Ministerio do Interior da República Checa. Pouco despois se tratou de ilegalizar tamén ao propio KSČM, mais finalmente a proposta non prosperou.

O días 17 e 18 de maio de 2008, tivo lugar o VII Congreso do KSČM en Hradec Kralove.

Líderes

Resultados Electorais

Eleccións Parlamentarias

  • Eleccións lexislativas de 1992: 14,05 % na coalición Bloque de Esquerda (Levý blok) (Sněmovna lidu 14,27 %; Sněmovna národů 14,48 %)
  • 1996: 10,33 % (22 escanos)
  • 1998: 11,03 % (24 escanos)
  • 2002: 18,51 % (41 escanos)
  • 2006: 12,81 % (26 escanos)
  • 2010: 11,27 % (26 escanos)

Eleccións ao Senado

  • 1996: 2 mandatos - Ladislav Drlý, distrito electoral de Chomutov (22,0 e 56,0 % votos; para 4 anos) e Antonín Petráš, Karviná (28,2 e 52,3 % votos; para 6 anos)
  • 1998: 2 mandatos - Rostislav Harazin, Bruntál (26,9 e 60,5 %) e Jaroslav Doubrava, Ústí nad Labem (27,6 e 52,4 %)
  • 2000: 0 mandatos
  • 2002: 1 mandato - Eduard Matykiewicz, Karviná (28,8 e 51,8 %)
  • 2004: 1 mandato - Vlastimil Balín, Most (27,1 e 52,4 %)
  • 2006: 0 mandatos
  • 2007: 1 mandato
  • 2008: 1 mandato
  • 2010: 0 mandatos

O KSČM ten actualmente 2 senadores: Marta Bayerová e Václav Homolka.

Eleccións Comunais

  • 1994: 14,7 %
  • 1998: 13,58 %
  • 2002: 14,49 %
  • 2006: 10,79 %

Eleccións ao Parlamento Europeo

  • 2004: 20,26 % - 6 deputados de 24 (segundo tralo ODS): Věra Flasarová, Jaromír Kohlíček, Jiří Maštálka, Miloslav Ransdorf, Vladimír Remek e Daniel Strož.
  • 2009: 14,18 % - 4 deputados de 22

Véxase tamén

Ligazóns externas

Iniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros

A Iniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros, ou simplemente Iniciativa, é unha internacional leninista europea. A Iniciativa ten 29 partidos membros de toda Europa. O Partido Comunista de Grecia (KKE) é o principal fundador da Iniciativa.

Foi creada o 1 de outubro de 2013 e na reunión fundacional elixiuse que os membros do seu Secretariado serían o Partido Comunista de Eslovaquia, o Partido Comunista dos Pobos de España, o Partido Comunista de Grecia, o Partido Obreiro Húngaro, o Partido dos Traballadores de Irlanda, o Partido Comunista en Italia, o Partido Socialista de Letonia, o Partido Comunista de Suecia e o Partido Comunista de Turquía.O obxectivo da Iniciativa é "contribuír á investigación e o estudo de asuntos relativos a Europa, particularmente relativos á UE, a liña política que se establece no seu marco e ten impacto nas vidas dos traballadores, así como axudar á elaboración de posicións conxuntas dos partidos e a coordinación da súa solidariedade e outras iniciativas".

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.