Kingston

Kingston é a capital de Xamaica. Está situada no sueste o país, as beiras do mar Caribe. A súa poboación en 2004 estimábase que andaba arredor dos 660.000 habitantes.

Coordenadas: 17°59′N 76°48′O / 17.983, -76.800

Kingston
View of Kingston
Vista da cidade
Localización
Kingston en Xamaica

Kingston
Kingston
PaísFlag of Jamaica.svg Xamaica
CondadoSurrey
ParroquiaKingston e St. Andrew
Xeografía
Altitude9 msnm
Superficie480 km²
Demografía
Poboación937.700 hab. (2011)
Densidade1.358 hab/km²
Outros datos
AlcaldeAngela Brown-Burke

Historia

Kingston foi fundada en 1693 polos ingleses logo de que un terremoto destuíse a cidade portuaria de Port Royal. Converteuse na capital administrativa da illa xamaicana en 1872 e conservou tal status até que o país logrou a súa independencia en 1962, pasando entón a ser a capital do novo estado.

Urbanismo

Kingstonposúe a imaxe de numerosas cidades que no pasado formaran parte de paíss colonizados: un centro urbano e un barrio norte, que son herdanza directa dos colonos británicos. Aí é onde se concentran a maioría das actividades económicas e políticas e a súa calidade contrasta nidia e fortemente con a realidade imperante nos barrios menos favorecidos.

O desenvolvemento da cidade carece de controis, de xeito que os "shanty towns" (favelas) aumentan en superficie ocupada e en poboación. Kingston non escapa a depauperización nos suburbios. Cada día acolle movos moradores que o éxodo rural conduce até a cidade.

Kingston posúe o barrio popular de Trenchtown, barrio orixinario dos artistas xamaïcanos de sona mundial: Bob Marley, Peter Tosh ou mesmo Burning Spear.

Porén, os barrios meridionais son os máis pobres e os máis insalubres, e onde é maior a influencia rastafari, da cal o altofalante foi Bob Marley. Mais ces quartiers sont aussi les plus pauvres et les plus insalubres de la ville.

Clima

O clima de Kingston é tropical, cinha temperatura media anual alta e uniforme, que supera os 26 °C. As precipitacións concéntranse nos meses que van de abril a novembro. Pola súa situación na área caribeña, Kingston está exposta á acción dos furacáns que se forman nesa zona.

Educación superior

O principal centro educativo superior é a University of the West Indies. Posúe unha biblioteca de preto de medio millón de volumes. É frecuentada non só por estudantes xamaicanos, senón por outros procedentes das illas próximas.

Turismo

A fin de revitalizar a economía de Kingston, os ingleses trazaron un ferrocarril até Montego Bay, sito na costa norte do país. Porén a medida é insuficiente, nin sequera para servir de válvula de escape aos máis de 600.000 habitantes da capital.

24 de xuño

O 24 de xuño é o 175º día do ano do calendario gregoriano e o 176º nos anos bisestos. Quedan 190 días para finalizar o ano.

Aeroporto de Toronto-Pearson

O aeroporto internacional de Toronto Pearson (IATA: YYZ, ICAO: CYYZ), chamado oficialmente aeroporto internacional Lester B. Pearson, é un aeroporto que serve á cidade canadense de Toronto, en Ontario, ademais de servir tamén á súa área metropolitana e á Golden Horseshoe, unha aglomeración urbana de 9,2 millóns de persoas. O aeroporto atópase a 22,5 km ao noroeste do centro de Toronto, estando case todas as súas instalacións na citi adxacente de Mississauga, estendéndose unha pequena parte cara Etobicoke, o distrito máis occidental de Toronto. O aeroporto foi bautizado na honra do nativo de Toronto Lester Bowles Pearson, Premio Nobel da Paz e 14º Primeiro Ministro do Canadá.

O aeroporto de Pearson é o máis grande e concorrido do Canadá. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións 44 335 198 pasaxeiros en 456 536 operacións, facéndoo o 32º aeroporto máis concorrido do mundo en tráfico de pasaxeiros, o 22º en pasaxeiros internacionais e o 15º en número de operacións. Pearson é tamén o segundo aeroporto con máis pasaxeiros internacionais de toda Norteamérica, despois do Aeroporto Internacional John F. Kennedy de Nova York.Pearson é o principal centro de conexións para Air Canada. Tamén é un centro de conexións para a aeroliña de pasaxeiros WestJet e a de carga FedEx Express, e serve como base operativa para Air Transat e Sunwing Airlines. O aeroporto Pearson está operado pola Greater Toronto Airports Authority (GTAA) que forma parte do Sistema Nacional de Transportes do Canadá.

Varias aeroliñas operan unha extensa rede de voos domésticos sen escalas dende Pearson cara todas as principais cidades de todas as provincias do Canadá. No ano 2017 operaban en Pearson máis de 75 aeroliñas, cuns 1 100 saídas diarias a máis de 180 destinos de todos os continentes.

Década de 1690

A década de 1690 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1690 e remata o 31 de decembro de 1699.

Hull City A.F.C.

O Hull City Association Football Club é un club de fútbol inglés da cidade de Kingston upon Hull. Foi fundado en 1904 e compite na Premier League inglesa. O seu campo é o KC Stadium, con capacidade para 25.400 espectadores.

IPTV

Internet Protocol television (IPTV) é un sistema de distribución por subscrición de servizos de televisión con conexións de banda larga sobre o Protocolo de Internet, normalmente ofrécese xunto coa telefonía e internet de alta velocidade no que se coñece n ámbito das telecomunicacións como Triple play.

A diferenza da televisión web o contido envíase vía streaming con garantía de entrega, o receptor é un aparello set-top box ou outros aparellos CPE (customer premises equipment) conectado ao televisor.

Illa Norfolk

A Illa Norfolk (inglés: Norfolk Island, norfolk: Norfuk Ailen) é unha illa do Océano Pacífico situada entre Australia, Nova Zelandia e Nova Caledonia, que xunto con outras dúas pequenas illas veciñas conforma o Territorio da Illa Norfolk, un dos poucos territorios externos de Australia. A illa ten unha superficie de 34 km². O piñeiro da Illa Norfolk, que se atopa tamén na súa bandeira, é unha árbore moi emblemática, orixinal desta illa e moi popular en Australia.

Jerome Jordan

Jerome Adolphus Jordan, nado o 29 de setembro de 1986 en Kingston, é un xogador xamaicano de baloncesto profesional. Cunha estatura de 2,15 metros xoga na posición de pivote.

Kingston, Illa Norfolk

Kingston (en lingua norfolk Daun a'Taun) é a capital do territorio australiano no Pacífico Sur da Illa Norfolk. As oficinas virreinais, lexislativas, administrativas e xudiciais están situadas en Kingston. A cidade é a segunda máis antiga de Australia, e é de grande importancia histórica e cultural para todos os insulares de Norfolk e outros australianos.

Mar do Norte

O mar do Norte é un mar marxinal do océano Atlántico, situado entre as costas de Noruega e Dinamarca no leste, as das illas británicas ao oeste e as de Alemaña, os Países Baixos, Bélxica e Francia ao sur. O estreito de Skagerrak constitúe unha especie de baía ao leste do mar, o cal conéctao co Báltico a través da baía de Kattegat; tamén está conectado co Báltico mediante a canle de Kiel. A canle da Mancha a través do paso de Calais conéctao ao resto do Atlántico polo sur, mentres que polo norte conecta en través do mar de Noruega, que é o nome que adopta o mar ao norte das illas Shetland.

As mareas son bastante irregulares xa que conflúen nel unhas correntes provenientes do norte e outra do sur. Hai moita choiva e néboa durante todo o ano, e do noroeste veñen violentas tormentas que fan a navegación perigosa.

Ten unha superficie duns 750 000 km², unha lonxitude aproximada de 960 km e unha anchura máxima de 480 km. É un mar moi pouco profundo, cunha profundidade media de 95 metros: de feito que no banco Dogger, no medio do mar e a unha profundidade duns 25 metros, atoparonse restos de mamuts, proba de que durante a última glaciación ou ben estaba cuberto de xeo ou ben estaba emerxido. Co desxeo, o banco converteuse nunha especie de último reducto en forma de illa.

Ten importantes xacementos de petróleo e gas natural, os cales comezaron a explotarse nos anos 1970.

Á súa vez divídese en tres partes: mar de Wadden, Skagerrak e Kattegat

O mar do Norte constitúe unha zona de forte tránsito marítimo, de explotación petrolífera e de pesca.

Newcastle Falcons

O Newcastle Falcons é un club de rugby inglés da cidade de Newcastle que compite na Aviva Premiership. Foi fundado baixo o nome « Gosforth Football Club » en 1877, mais en 1990 se lle renomeou « Newcastle Gosforth », finalmente se lle denominou « Newcastle Falcons » a mediados dos anos 90. O club profesionalizouse en 1995. Neste club xogou o gran apertura inglés Jonny Wilkinson durante 12 anos, entre 1997 e 2009. O equipo disputa os seus partidos como anfitrión no Kingston Park, que ten unha capacidade de 10.200 espectadores.

Otava

Otava ou Ottawa é a capital do Canadá; está localizada ao nordeste da provincia de Ontario, na fronteira coa provincia de Quebec. É a segunda maior cidade de Ontario, cunha poboación duns 808.000 habitantes, con máis de 1.146.000 na súa rexión metropolitana.

Patrick Ewing

Patrick Aloysius Ewing, nado o 5 de agosto de 1962 en Kingston, Xamaica, é un ex xogador de baloncesto estadounidense de orixe xamaicana que militou na NBA dende 1985 até 2002. Formou parte do denominado Dream Team que gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92. Actualmente traballa como adestrador asistente nos Charlotte Hornets.

Cunha altura de 2,13 metros xogaba na posición de pivote, dende onde dominou a liga en rebotes defensivos dous anos (1993, 1994). Ademais no seu primeiro ano foi nomeado Rookie do Ano (1986). Hoxe é adestrador asistente en Orlando Magic, o último equipo onde xogou, aínda que pasou case toda a súa carreira deportiva nos New York Knicks, que retiraron o dorsal 33 na súa honra. Forma parte do Basketball Hall of Fame dende 2008.

Raheem Sterling

Raheem Shaquille Sterling, nado en Kingston o 8 de decembro de 1994, é un futbolista inglés. Xoga de mediapunta e o seu club actual é o Manchester City FC da Premier League inglesa. Ademais, é internacional coa selección de Inglaterra.

Reggae

O reggae é un estilo de música orixinario da Xamaica. Bob Marley, cantante, compositor e icona deste estilo musical. En sentido mais amplo, Reggae pode referirse a outros ritmos como ska, rocksteady, dub, dancehall e ragga.

Sean Paul

Sean Paul Ryan Francis Henriques, nado en Kingston o 9 de xaneiro de 1973, é un rapeiro, cantante, músico, produtor musical e actor xamaicano.

Surrey

Surrey é un condado do Reino Unido, situado no sur de Inglaterra. Ocupa unha área de 1.663 km², e a súa poboación estimada en 2010 era de 1,127.300 habitantes. Malia que a capital histórica de Surrey é Guildford, a sede do goberno está en Kingston upon Thames, unha localidade que curiosamente non está situada neste condado, senón no veciño Gran Londres dende o ano 1965. As vilas máis poboadas de Surrey son Guildford e Woking.

Surrey limita cos condados de Gran Londres, Kent, East Sussex, West Sussex, Hampshire e Berkshire.

Xamaica

Xamaica (en inglés e oficialmente Jamaica) é unha illa e país das Grandes Antillas, de 240 km de longo e un máximo de 80 km de ancho, situado no mar Caribe. Está a 630 km do continente centroamericano, a 150 km ao sur de Cuba e a 180 km ao oeste da illa de A Española, na que están Haití e a República Dominicana.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.