Kin García

Joaquín García é un baixista e percusionista noiés que comezou tocando na Orquestra París para pasar despois ao Jazz. Participa en discos de Fernando Llorca, Baio Ensemble e Alberto Conde

Kin García
 Noia
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncontrabaixista
Talabarte
Talabarte no Dolmen de Dombate o 7 de xuño de 2015. Kin García, no centro

Discografía

  • O lobo morde a man (2006)
  • Accipiter Gentilis (2010)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Crema de gaita

Crema de gaita é un grupo galego de música folk orixinario de Vigo, fundado no 1994. As súas composicións orixinais móvense no ámbito do folk galego, con influencia dos ritmos latinos coma o tango, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova. O groso do repertorio constitúeno fundamentalmente as composicións de Ernesto Campos, membro do grupo e autor de temas gravados por outros músicos como Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño ou Susana Seivane.

O seu primeiro traballo TanGalego está composto por 15 temas e conta con colaboracións dos músicos Kin García, Marcos Valcárcel, Ioanna Pérez, ou a banda de gaitas Xarabal.

Fernando Llorca

Fernando Llorca, nado en Vigo en 1960, é un batería de jazz.

Filloa Express

Filloa Express é un colectivo musical coruñés con diversas formacións e integrantes dedicado ao jazz de diferentes estilos pero entendido nun senso moderno (nunha das últimas formacións son un dúo de saxofóns con caixa de ritmos).

Foi fundado polos saxofonistas Antonio Ferreiro e Fito Ares, do bar Filloa Jazz e tiveron o seu bautismo no primeiro festival de Jazz da Coruña, sendo abreconcertos de Tete Montoliu. Teñen feito parte de Filloa Express desde Nani García e Alberto Conde a José Luis Evangelista ou Kin García.

Jazz galego

Pese á existencia de músicos e grupos anteriores, o Jazz comeza a ter importancia en Galiza nos anos 80 do século XX, cando se abren locais (Clavicémbalo en Lugo, Filloa Jazz na Coruña, Dado-Dadá en Compostela, Latino en Ourense..), organízanse festivais, móntanse escolas e funcionan grupos e profesionais que viven do Jazz. Os grupos máis importantes nese período son Filloa Express, Clunia Jazz e Baio Ensemble que despois se disgregarían nun gran número de proxectos. Outro fito importante foi a creación da Escola Estudio en Santiago da que sairían moitos dos grandes músicos de hoxe, entre eles Abe Rábade e Paco Charlín. Xa no século XXI, grazas ao traballo do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, naceu a chamada terceira xeración do jazz galego. A día de hoxe, existen numerosos festivais de jazz ao longo de toda a xeografía galega, e este xénero goza dun público en constante aumento.

José Luis Evangelista

José Luis Evangelista, tamén coñecido como Pepe Evangelista, é un compositor, guitarrista e director de jazz. Toca habitualmente co seu trio, cuarteto e quinteto. Tocou en grupos como Filloa Express, entre outros. Na súa faceta compositiva cabe destacar non só a jazzística senón a clásica, con obras de difusión internacional como "O peregrino enamorado" e as "Variacións sobre un tema de Charlie Parker". En 1992 creou a Big Band do Conservatorio da Coruña que acompañou a George Coleman e coa que realizou un traballo discográfico no 2005. Na actualidade traballa en diferentes proxectos Jazzísticos, entre os que destaca o Pepe Evangelista Cuarteto.

Madama

Madama é o terceiro álbum do grupo de música tradicional galego Leilía, publicado en 2003.

Pedro Pascual

Pedro Pascual é un músico galego, e profesor de acordeón diatónico no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.

Quim Farinha

Xaquín López Fariña, coñecido como Quim Farinha, nado en Caldas de Reis o 25 de xullo de 1966, é un músico e compositor galego.

Roberto Somoza

Roberto Somoza, nado en Londres, é un saxofonista galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.