Keane

Keane é unha banda de piano rock formada en 1997 en Battle, Inglaterra. O grupo está formado polo pianista e baixista Tim Rice-Oxley, o cantante Tom Chaplin e o batería Richard Hughes.

Keane (Logo)
Keane Rock im Park
Keane actuando nun concerto
OrixeBattle, East Sussex, Inglaterra Flag of England.svg
Período1997 – presente
Xénero(s)piano rock, rock alternativo, post-britpop
Selo(s) discográfico(s)Island
Universal
Páxina webKeanemusic.com

Keane en Galiza

Keane en Vigo, Galiza
Imaxe dun concerto en Castrelos, Vigo.

O 17 de xullo de 2009, o grupo inglés actuou en Vigo ante unhas 20.000 persoas[1], no auditorio do parque de Castrelos. Tendo como abreconcertos ao grupo galego Niño y Pistola, o cantante de Keane dirixiuse ó público en inglés e galego[2].

Discografía

Álbums de estudio

Álbum Ano Selo
Hopes and Fears 2004 Island Records
Under the Iron Sea 2006 Island Records
Perfect Symmetry 2008 Island Records
Strangeland 2012 Island Records
Cause and Effect 2019 Island Records

Cancións

  • "Call Me What You Like"
  • "Wolf at the Door"
  • "Everybody’s Changing" (Fierce Panda)
  • "This Is the Last Time" (Fierce Panda)
  • "Somewhere Only We Know"
  • "Everybody’s Changing"
  • "Bedshaped"
  • "This Is the Last Time"
  • "We Might As Well Be Strangers"
  • "Bend and Break"
  • "Atlantic"
  • "Is It Any Wonder?"
  • "Crystal Ball"
  • "Nothing In My Way"
  • "Try Again"
  • "A Bad Dream"
  • "The Night Sky"
  • "Under Pressure" (México)
  • "Spiralling"
  • "The Lovers Are Losing"
  • "Perfect Symmetry"
  • "Better Than This"
  • "Stop For A Minute"
  • "Silenced By The Night"
  • "Disconnected"
  • "Sovereign Light Café"

Notas

  1. Más de veinte mil gargantas cantan a coro con Keane Arquivado 26 de xullo de 2009 en Wayback Machine., Xornal.com (en castelán).
  2. Keane se enamoró de Castrelos, La Voz de Galicia (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Castrelos, Vigo

Santa María de Castrelos é unha parroquia do concello de Vigo. Ten 15 entidades de poboación, 11 lugares e 8.006 veciñas e veciños (2013).

Celtic F.C.

O Celtic Football Club é un club de fútbol escocés da zona de Parkhead, en Glasgow, que actualmente compite na Scottish Premier League. Fundouse en 1887 e disputou o seu primeiro partido en 1888. Desde a súa fundación, o Celtic conseguiu 50 títulos de liga –só superado polo Rangers FC– e 39 copas escocesas –máis que ningún outro club escocés. O club disputa os seus partidos como local no Celtic Park, o estadio con maior capacidade do fútbol escocés, que alberga 60.832 espectadores sentados.

Condado de Kerry

O condado de Kerry (en gaélico irlandés Contae Ciarraí ou Chiarraí) é un condado da provincia de Munster (República de Irlanda, no suroeste do país. É celebre por ser o punto entrada do cristianismo nas Illas Británicas e por conter algunhas das máis importantes e históricas abadías da orde irlandesa. Ocupa unha extensión de 4.746 km² nos que habitaban 139.616 persoas no 2006. É o quinto condado máis grande dos 32 condados de Irlanda, e é o décimo cuarto en termos de poboación.. Con respecto á provincia é o segundo máis grande por superficie e o cuarto por poboación. A capital do condado é Tralee, mais neste condado áchase unha cidade senlleira irlandesa, Killarney.

O seu territorio limita co condado de Limerick polo leste e co condado de Cork polo sueste. Tamén ten costas atlánticas. Alberga un Parque Nacional (Killarney National Park), onde se atopan os Lagos de Killarney. A punta da Península de Dingle é o punto máis occidental de Irlanda, coas Illas Blasket, actualmente deshabitadas, ao oeste.

O condado tamén é sede dun dos equipos de fútbol gaélico máis importantes do país.

Connacht Rugby

O Connacht Rugby (en irlandés: Rugbaí Connachta) é un dos catro equipo profesionais provinciais de rugby da Illa de Irlanda. O club compite no Pro14 e na Copa de Campións Europea de Rugby. O equipo representa á sección de Connacht da Irish Rugby Football Union (IRFU), sendo así o responsable do rugby na provincia. O Connacht xoga os seus partidos como local no Galway Sportsgrounds, recinto con capacidade para 8.100 espectadores. A cor principal do club é o verde, a cal utilizan na camisola local do equipo. Por outra banda, na camisola visitante utilizan o azul, unha das cores tradicionais da provincia. O emblema do equipo é unha versión modificada da bandeira provincial, a cal consiste nunha aguia e nun brazo portando unha espada.

Connacht ten unha base de xogadores moi pequena en comparación con outras provincias irlandesas debido en parte á pouca poboación da provincia e a grande popularidade que teñen na mesma os Deportes Gaélicos coma o hurling e o fútbol gaélico. Connacht ten tan só un 8% do total dos xogadores de rugby irlandeses actualmente, a pesar de que o rugby experimentou un crecemento nos últimos anos. Esta expansión tamén se ve reflicitda na venda de entradas, sobre todo desde a primeira temporada na que o club participou na Heineken Cup. O maior éxito do club chegou no ano 2016 cando sorpresivamente conseguiron o seu primeiro título do Pro12 (actual Pro14) tras vencer á provincida de Leinster na final. Os medios de comunicación compararon esta vitoria coa do título do Leicester City na Premier League de fútbol dese mesmo ano.

Dear Basketball

Dear Basketball é unha curtametraxe animada estadounidense de 2017 escrita e narrada por Kobe Bryant e dirixida e animada por Glen Keane. A curta está baseada nunha carta que Kobe Bryant escribiu para The Players' Tribune o 29 de novembro de 2015 anunciando o seu retiro do baloncesto.Foi distribuído en liña a través de go90. A curta gañou o Oscar á mellor curtametraxe animada na 90ª edición dos Oscar, facendo que Bryant sexa a primeira estrela da NBA en gañar este premio.

Johns Hopkins University Press

A Johns Hopkins University Press, tamén coñecida como JHU Press ou JHUP, é a división editorial da Universidade Johns Hopkins. Foi fundada en 1878 e é a editorial universitaria de funcionamento continuo máis antiga dos Estados Unidos.Publica libros, revistas e bases de datos electrónicas. Tendo en conta todos os recursos publicados é unha das editoriais universitarias máis grandes dos Estados Unidos.

A súa sede está na zona de Charles Village, en Baltimore, Maryland.

Leeds United F.C.

O Leeds United Association Football Club é un club de fútbol de Inglaterra (Reino Unido), da cidade de Leeds en West Yorkshire. Foi fundado en 1919 e xoga na Football League Championship.

Los Angeles Galaxy

Los Angeles Galaxy é un equipo de fútbol de Estados Unidos, da cidade dos Ánxeles (California). Xoga na Major League Soccer dende o ano 1995, ue é o ano da fundación da MLS e do club. O LA Galaxy xoga como local no StubHub Center en Carson, California dende 2003. É un dos euipos máis laureados na historia da MLS con cinco MLS Cup .

É o equipo estadounidense no que xogaron mellores xogadores, como David Beckham, Steven Gerrard ou Robbie Keane.

Metatarso

O metatarso é o conxunto de ósos situados na parte central do pé entre as dedas e o tarso, que se compón de cinco ósos metatarsianos (ossa metatarsalia), que se numeran desde a cara medial (interna) do pé, de modo que o primeiro é o que se continúa coas falanxes da deda gorda.

Os metatarsianos son uns ósos longos formados por un corpo prismático triangular con tres caras, a superior e dúas laterais, e dous extremos, anterior e posterior, este último con cinco caras, das cales tres son articulares (excepto o 1º e o 5º, que só teñen dúas). Entre eles están situados os músculos interóseos. Nos metatarsianos insírense diversos ligamentos e tendóns musculares.

O primeiro metatarsiano é máis curto e robusto ca os demais. O segundo é o máis longo. Cada metatarsiano posúe unha base proximal, un corpo e unha cabeza distal. A base de cada metatarsiano é o extremo proximal de maior tamaño, que, segundo os casos, se articulan coas cuñas e o cuboide. As cabezas articúlanse coas falanxes do pé proximais. Os metatarsianos mostran unha lixeira torsión do seu eixe.

Articúlanse polo extremo posterior uns con outros e con ósos do tarso: o 1º coa 1ª cuña; o 2º coa 2ª cuña; ol 3º coa 3ª cuña, e o 4º e 5º co cuboide. Polo extremo anterior articúlanse coas falanxes das dedas.

Mundial de Fútbol de 2002

A Copa Mundial da FIFA 2002 (en coreano: 2002 FIFA 월드컵 한국/일본, en xaponés: 2002 FIFAワールドカップ 韓国/日本) foi a edición número dezasete do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo, organizado por primeira vez en Asia e tamén por primeira vez de conxuntamente entre por dous países, a República de Corea e Xapón, comezou o 31 de maio e rematou o 30 de xuño coa vitoria da selección de Brasil sobre Alemaña, conseguindo así o seu quinto título.

Parlamentarismo

O parlamentarismo é un sistema de goberno no cal o Xefe de Estado (que pode ser un monarca, pénsese en Inglaterra ou presidente, como ocorre en Portugal), non detenta as funcións de Xefe de Goberno.

O xefe de Goberno, xeralmente co título de primeiro ministro, é escollido polo parlamento entre o partido ou bloque de partidos que conforman a coalición maioritaria, pero nada impide que a oposición venza. Se unha crise política dinamita a base sobre a que se sustenta o goberno, o parlamento poderá destituír o xefe de goberno do poder executivo e substituílo por outro. Teoricamente, o líder do partido ou coalición que obteña a maioría das cadeiras parlamentarias terá o dereito de escoller o xefe de goberno e compor o gabinete de goberno. Mais, ás veces, iso non ocorre. Unha desas excepcións aconteceu en Europa, co Gabinete Español, no ano 2004, pois, no mesmo, a oposición, con minoría simple no novo sufraxio, gañou as eleccións e montou un novo goberno parlamentarista, outra denominación do parlamentarismo.

A orixe do parlamentarismo remonta ao Reino de León, cando o soberano Afonso IX compartiu o poder cun parlamento (Cortes de León, 1188). Os primeiros consellos dese tipo reuníanse ó redor dunha grande mesa, na cal o rei ficaba na cabeceira en posición máis alta, e as persoas influentes ocupaban ámbolos lados. Canto máis rico, íntimo ou influente fose, máis próximo do rei podería o nobre sentarse.

Pódese dicir que Inglaterra foi o berce do parlamentarismo moderno, sendo o primeiro país en limitar os poderes do seu monarca, chegando mesmo a decapitar un rei absolutista, Carlos I en 1649, transferindo o poder de goberno á Cámara dos Lores. Actualmente o Consello dos Lores é a Cámara dos Lores ou Cámara Alta para os ingleses. En Francia é o parlamento, no cal o Primeiro Ministro é elixido por un período de 6 anos. Outro exemplo é Israel, onde o principal partido do parlamento dende o 2004 é o Likud.

Pobo irlandés

O pobo irlandés (en irlandés: Muintir na hÉireann, na hÉireannaigh ou na Gaeil) é un grupo nacional, cultural e etnolongüístico nativo da illa de Irlanda.

Irlanda está habitada dende hai máis de 9 000 anos segundo os estudos arqueolóxicos. Durante a maior parte da historia documentada de Irlanda, os irlandeses foron principalmente un pobo gaélico. Os anglo-normandos conquistaron partes de Irlanda no século XII. A partir dos séculos XVI e XVII, o Reino de Inglaterra reconquistou e colonizou Irlanda, traendo consigo un gran número de escoceses das Terras Baixas e ingleses, que ocuparon principalmente o norte da illa.

Hoxe en día Irlanda está dividida en dúas partes: unha é a República de Irlanda (un estado independente) e a outra é Irlanda do Norte (que forma parte do Reino Unido). A súa poboación combinada era de 6 392 132 segundo o censo de 2011. Porén, estímase que hai entre 70 e 80 millóns de persoas en diferentes países que teñen ascendencia irlandesa, feito que converte a diáspora irlandesa nunha das meirandes do mundo. Historicamente, a emigración en Irlanda foi resultado de graves problemas económicos e fames, especialmente entre os séculos XVIII e XIX.

As persoas de ascendencia irlandesa poden atoparse principalmente en países de fala inglesa, especialmente no Reino Unido, nos Estados Unidos de América, no Canadá e Australia. Tamén son significativas as poboacións na Arxentina e México. Nos Estados Unidos está a poboación máis numerosa, mentres que Australia ten a meirande porcentaxe de descendentes de irlandeses de todo o mundo en relación co total da súa poboación. Así mesmo, moitos islandeses teñen antepasados irlandeses e escoceses.

Posicións no fútbol

No fútbol, cada un dos once xogadores dun equipo ten asignado un rol específico. O equipo está formado por un porteiro e dez xogadores de campo. Estas posicioón indican a zona do campo que acostuman ocupar así coma a súa función. Ao longo do tempo tanto as tácticas como as fucións dos xogadores foron variando ata chegar ao momento actual.

Cada posición require unha serie de habilidades, así que o máis común é que un xogador poida ser eficaz nunha ou dúas posicións. Existen xogadores capaces de ocupar case calquera zona do campo.

O Fútbol Total veu a revolucionar estes termos, xa que o intercambio de posicións e de roles era algo frecuente. Este xeito de xogar esixe futbolistas que sexan quen de adaptarse á posición requirida segundo o momento do xogo. Johan Cruyff é un exemplo deste estilo.

Ratiño

O ratiño (Tricholoma terreum), é un cogomelo comestíbel co chapeu cónico cando é novo e plano convexo na madureza, de cor agrisada, máis clara cara á marxe, pé cilíndrico, branco ou con tonalidades agrisadas e sabor doce. Pertence ao xénero Tricholoma. Tricholoma myomyces é un sinónimo da especie.

Orixinalmente, describiuse como Agaricus terreus en 1762 por parte de Jacob Christian Schäffer e, dous anos despois, como Agaricus myomyces por Christian Hendrik Persoon. O seu nome actual débese a Paul Kummer, que o circunscribiu ao xénero en 1871.

Trátase dun fungo cun corpo de frutificación en forma de cogomelo de cor cinsenta, con escamas agrisadas tamén. O estipe carece de anel ou volva. O himenio é laminado e de cor clara, as lamas dispóñense de xeito libre. As esporas son ovais, de 6–7 μm de lonxitude e 3,5-4,4 μm de largura.Considérase un bo comestíbel, aínda que a súa semellanza con especies tóxicas recomendan moita precaución na súa colla e identificación.

Robbie Keane

Robert David Keane, nado o 8 de xullo de 1980 en Dublín é un futbolista irlandés que xoga na demarcación de dianteiro. Ata o momento é o máximo goleador da historia da Selección de fútbol de Irlanda.

Selección de fútbol de Irlanda

A Selección de fútbol da República de Irlanda (en inglés: Republic of Ireland national football team, e en irlandés: Foireann sacair náisiúnta Phoblacht na hÉireann), dependente da Football Association of Ireland/Cumann Peile na hÉireann (Asociación de Fútbol de Irlanda), é o equipo que representa en competicións internacionais de fútbol a Irlanda.

Tangled

Tangled é un filme de animación dos estudios Disney, dirixido por Nathan Greno e Byron Howard e estreado no 2010. O filme é a 50ª animación do estudio, e é levemente baseado no conto de fadas alemán Rapunzel, dos Irmáns Grimm. Estrouse en Galiza en 2010 en castelán co título Enredados (Entrelaçados en Portugal).

The Chieftains

The Chieftains é unha banda irlandesa de música tradicional, fundada en 1963, ano da gravación do seu primeiro LP titulado simplemente The Chieftains. O grupo rexistrou numerosos álbums de música tradicional tanto instrumental como cantada. Máis aló dos ritmos de danzas, toman inspiración de compositores antigos como Turlough O'Carolan, e producen unha música variada, de sonoridade particular. O seu directorio esténdese da canción de bar (os pubs irlandeses) á música sinfónica composta polo cine.

Os seus compoñentes: Seán Keane, Martín Fay, Derek Bell, Matt Molloy, Kevin Conneff e Paddy Moloney realizaron no grupo trinta e tres gravacións, a parte das realizadas por cada un por separado. O grupo tamén realizou proxectos para revitalizar o folclore irlandés aínda que ultimamente o grupo intentou levar a súa música cara a unha fusión coa música doutros artistas como poden ser The Corrs, Mark Knopfler, Mick Jagger, Sting, Carlos Núñez, Sinéad O'Connor, Kepa Junkera ou Ry Cooder. En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.

Travis

Travis é unha banda de Rock Indie de Glasgow, Escocia, composta por Fran Healy, Dougie Payne, Andy Dunlop e Neil Primrose. A banda gañou o Brit Award ó mellor álbum dúas veces e a miúdo se lles considera predecesores de bandas británica como Coldplay e Keane.

Dende que comezaran no 1990 a banda sacou catro discos, o primeiro dos cales foi Good Feeling en 1997. Despois de editarse no 2003 12 Memories, o seguinte disco estaba esperado para comezos do 2007, producido por Nigel Godrich, produtor de Radiohead e Beck entre outros.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.