Karl Popper

Karl Raimund Popper, nado en Viena, Imperio Austrohúngaro, o 28 de xullo de 1902 e finado en Londres, Gran Bretaña, o 17 de setembro de 1994, foi un filósofo da ciencia austríaco e naturalizado inglés. É considerado por moitos como o filósofo máis influente do século XX en tematizar a ciencia. Foi tamén un filósofo social e político de estatura considerábel, un gran defensor da democracia liberal e un opoñente implacábel do totalitarismo.

É talvez mellor coñecido pola súa defensa da falseabilidade como un criterio da demarcación entre a ciencia e a non-ciencia, e pola súa defensa da sociedade aberta.

Karl Popper
Karl Popper
Nome completoKarl Raimund Popper
Nacemento28 de xullo de 1902
 Viena
Falecemento17 de setembro de 1994 (92 anos)
 Londres
SoterradoLainzer Friedhof
NacionalidadeImperio Austrohúngaro, Primeira República Austríaca, Federal State of Austria, Reino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
EtniaPobo xudeu
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade de Viena e Universidade de Cambridge
Ocupaciónfilósofo, filósofo da ciencia, escritor, catedrático de universidade e sociólogo
PremiosOrde do Mérito das Ciencias e as Artes, Ring of Honour of the City of Vienna, Great Golden Medal of Honour for Services to the Republic of Austria, Great Cross with Star and Sash of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Medalha da Paz Otto Hahn, Prêmio Internacional Catalunha, Dr. Leopold Lucas Prize, Montyon Prize - Literary, Goethe Medal, Honorary doctor of the University of Vienna, honorary doctor of the University of Madrid Complutense, honorary doctorate of Salzburg University, Kyoto Prize in Arts and Philosophy, Premios Kyoto, Fellow of the British Academy e Condecoração Austríaca de Ciência e Arte
Popper 1
Tumba de Karl Popper

Traxectoria

Nacido en Viena en 1902 nunha familia de clase media de orixe xudía secularizada, educouse na Universidade de Viena. Concluíu o doutoramento en filosofía en 1928 e ensinou nunha escola secundaria entre 1930 e 1936. En 1937, a ascensión do nazismo levouno a emigrar para a Nova Zelandia, onde foi profesor de filosofía en Canterbury University College, Christchurch. En 1946, foi vivir para Inglaterra, tornándose asistente (reader) de lóxica e de método científico na London School of Economics, onde foi designado profesor en 1949. Foi nomeado cabaleiro da raíña Isabel II en 1965, e electo para a sociedade real (Royal Society) en 1976. Retirouse da vida académica en 1969, a pesar de ter permanecido activo intelectualmente ata á súa morte en 1994. Recibiu a insignia de Compañeiro de Honra (Companion of Honour) en 1982.

Popper recibiu varios premios e honras no seu campo, incluíndo o premio Lippincott da asociación americana de ciencia política, o premio Sonning, e o estatuto de membro na sociedade real, na academia británica, London School of Economics, Kings College de Londres e o Darwin College de Cambridge.

A filosofía de Popper

Popper cuñou o termo "Racionalismo Crítico" para describir a súa filosofía. Esta designación é significante e é un indicio da súa refutación do empirismo clásico e do observacionalismo-inductivista da ciencia, que resulta diso. Con todo, algúns académicos, incluíndo Ernest Gellner, defenden que Popper, aínda que non se ve como un positivista, atópase claramente máis próximo desta vía que da tradición metafísica ou dedutiva.

Popper argumentou que a teoría científica será sempre conxectural e provisoria. Non é posíbel confirmar a veracidade dunha teoría pola simple constatación de que os resultados dunha previsión efectuada con base naquela teoría se verificaron. Esa teoría deberá gozar apenas do estatuto dunha teoría non (ou aínda non) contrariada polos feitos.

O que a experiencia e as observacións do mundo real poden e deben tentar facer é atopar probas da falsidade daquela teoría. Este proceso de confronto da teoría coas observacións poderá probar a falsidade (falsify) da teoría en análise. Nese caso hai que eliminar esa teoría que se probou falsa e procurar unha outra teoría para explicar o fenómeno en análise. (Ver falseabilidade).

Este aspecto é fulcral para a definición da ciencia. Científico é apenas aquilo que se suxeita a este confronto cos feitos. Ou sexa: só é científica aquela teoría que se poida falsear (refutar).

Unha afirmación que non poida confrontarse coa súa veracidade polo confronto coa realidade non é científica. Será talvez unha especulación metafísica.

Para Popper a verdade é inalcanzábel, aínda nos debemos aproximar a ela por tentativas. O estado actual da ciencia é sempre provisorio. Ao atoparmos unha teoría non refutada aínda polos feitos e polas observacións, debemos preguntarnos, será que é así -ou será que podo demostrar que é falsa- Einstein é o mellor exemplo dun científico que rompeu coas teorías da física estabelecidas.

Popper debruzouse intensamente coa teoría marxista e coa filosofía que lle é subxacente, de Hegel, retirándolles calquera estatuto científico. O mesmo en relación á psicanálise, cuxas teorías subxacentes non son falseábeis (refutábeis). Tamén criticou a Platón, a quen considerou un tervixesador do pensamento socrático e un precursor do totalitarismo.

O seu traballo científico influenciouse polo seu estudo da teoría da relatividade de Albert Einstein.

Diferenzas entre Popper e Francis Bacon

Comparando o método científico de Karl Popper coa visión baconiana da ciencia, Ernest Gellner afirma en "Relativism and the social sciences" ("Relativismo e as ciencias sociais"):

  • a definición do método científico de Popper difire da versión baconiana de empirismo pola súa énfase na eliminación en vez da énfase na verificación. Porén eles teñen en común un determinado punto: quer nós verifiquemos ou refutemos, de calquera forma facémolo coa axuda de dúas ferramentas e apenas dúas: a lóxica e a confrontación cos feitos. As teorías xúlganse por dous xuíces: consistencia lóxica e conformidade cos feitos. A diferenza entre os dous modelos sitúase apenas en saber se os feitos condenan os pecadores ou canonizan os santos. Para o novo Popper había algúns pecadores apropiadamente certificados, mais nunca santos definitivamente canonizados.

Seguidores

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

17 de setembro

O 17 de setembro é o 260º día do ano do calendario gregoriano e o 261º nos anos bisestos. Quedan 105 días para finalizar o ano.

28 de xullo

O 28 de xullo é o 209º día do ano do calendario gregoriano e o 210º nos anos bisestos. Quedan 156 días para finalizar o ano.

Ciencia

A ciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis restritivo, é o conxunto dos sistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar (o que se chama o método científico), e tamén ao sistema empregado para adquirir ditos coñecementos.Este artigo está de acordo co sentido máis restritivo da palabra. A ciencia, tal como se considera neste artigo, denomínase moitas veces como ciencia experimental, a fin de diferenciala da ciencia aplicada, que é a aplicación da investigación científica a necesidades humanas específicas, aínda que as dúas estean certamente interconectadas. E moito menos se consideran as denominadas ciencias sociais.A vontade da comunidade científica é a de producir "coñecementos científicos" a partir de métodos de investigación rigorosos, verificábeis e reproducíbeis. En canto aos "métodos científicos" e aos "valores científicos", son á vez o produto e a ferramenta de produción destes coñecementos, e caracterízanse polo seu obxectivo, que consiste en permitir, comprender e explicar o mundo e os seus fenómenos da maneira o máis elemental posíbel, é dicir, producir coñecementos aproximándose o máis posíbel aos feitos observábeis. A diferenza dos dogmas, que pretenden igualmente dicir a verdade, a ciencia está aberta á crítica, e os coñecementos científicos, así como os seus métodos, están sempre abertos á revisión. Ademais, as ciencias teñen como finalidade comprender os fenómenos, e obter diso previsións xustas e aplicacións funcionais. Estes coñecementos son a base de numerosos desenvolvementos técnicos que teñen forte impacto na sociedade.

Coello precámbrico

Os "coellos precámbricos" ou "coellos fósiles do Precámbrico" son unha das respostas atribuídas ao biólogo J.B.S. Haldane cando lle preguntaron que probas poderían destruír a súa confianza na teoría da evolución e o seu campo de estudo. Se fósiles duns animais modernos como os coellos se encontrasen en estratos tan antigos como os precámbricos iso faría cambalearse a teoría da evolución tal como se interpreta hoxe. A resposta converteuse nunha imaxe popular en debates sobre a evolución e o campo científico da bioloxía evolutiva na década de 1990. Moitas das afirmacións de Haldane sobre a súa investigación científica foron popularizadas ao longo da súa vida.

Algunhas explicacións usan esta resposta para rebater aos que afirman que a teoría da evolución non é falsable por unha evidencia empírica. Isto seguiu a unha aserción do filósofo, Karl Popper, que propuxera que a ''falsabilidade'' é unha característica esencial dunha teoría científica. Popper tamén expresou dúbidas sobre o status científico da teoría evolutiva, aínda que posteriormente concluiu que ese campo de estudo era xenuinamente científico.

Os coellos son mamíferos. Desde unha perspectiva da filosofía da ciencia, é dubidoso se un verdadeiro descubrimento de mamíferos fósiles en rochas do Precámbrico refutaría instantaneamente a evolución, aínda que se o fósil é auténtico, tal descubrimento indicaría serios erros na comprensión moderna do proceso evolutivo. Os mamíferos son unha clase de animais cuxa aparición na escala de tempo xeolóxica está datada nun momento moi posterior ao do calqauera estrato do Precámbrico. Os rexistros fósiles indican que, aínda que os primeiros mamíferos verdadeiros apareceron no Triásico, as ordes modernas de mamíferos apareceron no Paleoceno e Eoceno (período paleoxeno). Este período está separado por centos de millóns de anos do Precámbrico.

Comunidade científica

A comunidade científica está formada polo corpo total de científicos, as súas relacións e as súas interaccións. Adoita dividirse normalmente en subcomunidades, cada unha traballando nun campo particular da ciencia (por exemplo, existe unha comunidade de entomólogos dentro do campo da zooloxía).

Crenza

Unha crenza é unha idea que se considera verdadeira por quen a profesa, independentemente das probas eventuais da súa existencia, realidade ou posibilidade. Por metonimia, o termo designa tamén o obxecto desta crenza.

O concepto filosófico de crenza forma parte da teoría do coñecemento. As crenzas (relixiosas ou outras) tamén son obxecto de estudo da antropoloxía cultural. Asóciase ás veces este termo ao de superstición. Fálase ás veces de mito para designar unha crenza manifestamente falsa, pero compartida por un número determinado de persoas.

En filosofía, máis especificamente en epistemoloxía, crenza é unha condición psicolóxica que se define pola sensación de convicción relativa a unha determinada idea independentemente da súa procedencia ou posibilidade de verificación obxectiva. Daquela pode non ser fidedigna á realidade e representa o elemento subxectivo do coñecemento. Pode tamén entenderse como sinónimo de fe.

A definición de crenza sufriu cambios substanciais ao longo dos séculos, definíndose de formas diferentes en diferentes períodos, ben como convicción non conforme á razón, ben como convicción racionalmente fundada. Platón, iniciador da tradición epistemolóxica, opón a crenza (ou opinión —δόξα "dóxa"—, en grego) ao concepto de coñecemento como modelo de explicación contrario ás premisas relativistas suxeridas polos sofistas, que abordaban as crenzas/opinións e o coñecemento de forma indiscriminada, reducindo a verdade á conxectura de interese individual.

Falseamento

O falseamento, falsabilidade, falseabilidade, falsacionismo, refutabilidade, refutacionismo ou principio de falseamento, que de todas estas formas, entre outras, pode verse escrito, son termos que son diferentes adaptacións do alemán Fälschungsmöglichkeit.

O falseamento ou refutabilidade é un importante concepto da epistemoloxía descrito polo filósofo austríaco Karl Popper. Para este, contrastar unha teoría significa intentar refutala mediante un contraexemplo. Se non é posíbel refutala, dita teoría queda corroborada, e pode aceptarse provisionalmente, aínda que non verificada.

O falseamento ou refutación resolve á vez o problema da demarcación e o da validez:

Unha proposición refutábel pode ser considerada unha hipótese científica. Se é refutada, deixa de ser válida.

Pola contra, unha proposición non refutábel (irrefutábel no sentido lóxico) categorízase como metafísica (o que non significa necesariamente que sexa ilexítima).

Por exemplo, a afirmación "todos os corvos son negros" podería ser refutada se observamos un corvo branco.

Pola contra "todos os humanos son mortais" non é refutábel e, por tanto, non científica, porque constatar a inmortalidade dun humano, única observación susceptíbel de refutala, é unha experiencia tecnicamente imposíbel.Por esta razón Popper introduce o falseamento como criterio de demarcación científica.Dentro do falseamento metodolóxico, pódense diferenciar o falseamento inxenuo inicial de Popper, o falseamento sofisticado da obra tardía de Popper, e a metodoloxía dos programas de investigación de Imre Lakatos.

George Soros

George Soros, nado en Budapest o 12 de agosto de 1930, é un financeiro, investidor e ecoloxista político, de orixe húngara e nacionalidade canadense.Actualmente, é presidente do Soros Fund Management LLC e do Open Society Institute. Soros fíxose famoso como a persoa que "comeu o Banco de Inglaterra" o Mércores Negro (16 de setembro de 1992). Cunha fortuna neta valorada en arredor de 22.000 millóns de dólares americanos (setembro 2011), foi cualificado pola revista Forbes como a 7ª persoa máis soluble no mundo.Por outra parte, é coñecido polo seu apoio a diversos movementos sociais (ecoloxistas) dentro dunha filosofía de sociedade aberta moi influída polo liberalismo de Karl Popper. E un ex membro da xunta do Council on Foreign Relations. Durante a década de 1980, apoiou o movemento sindical Solidarność en Polonia, así como a organización Carta 77 na Checoslovaquia.

Idealismo

En filosofía, idealismo designa as teorías que —en oposición ao materialismo— sosteñen que a realidade extramental non é coñecíbel tal como é en si mesma, e que o obxecto do coñecemento está preformado ou construído pola actividade cognoscitiva.

As súas distintas variantes postulan e conforman a nosa imaxe do mundo dunha maneira determinada:

A entidade en si do real permanece en principio incognoscíbel, aínda que a reflexión permita aproximarse asintoticamente a un coñecemento máis refinado, nas teorías do idealismo subxectivo ou transcendental.

No caso das teorías do idealismo obxectivo, esta doutrina epistemolóxica compleméntase coa teoría metafísica de que o obxecto coñecido non ten máis realidade que o seu ser pensado polo suxeito; mediante a autoconciencia deste, a verdadeira esencia do obxecto desvélase como a actividade subxectiva de pensamento como algo real e non abstracto.A definición que antecede corresponde as escolas filosóficas que van camiño cara ao idealismo alemán, e en concreto a Kant. Non obstante, Kant é ao mesmo tempo materialista, pois contempla a existencia do mundo exterior, independentemente do home, cognoscíbel para este, aínda que non na súa totalidade.

O idealismo distingue entre

o fenómeno (do grego φαινομαι, fainomai, 'mostrarse' ou 'aparecer'), que é o obxecto en tanto que é coñecido (como "aparece" fronte aos sentidos e á intelixencia), e

o nóumeno (do grego νοούμενα, nóumena empregado por Platón falando das ideas, propiamente "o que se pensa", neutro plural substantivado de νοούμενοσ, participio presente pasivo de νοέω, noéo, 'comprender' ou 'intelixir'), que é o obxecto tal como sería en si mesmo. As características principais deste movemento, resumindo, son:Non coñecemos as cousas tal e como son en si (nóumeno), senón o que aparece (percibimos) aquí e agora (fenómeno).

O suxeito constrúe, polo menos en parte, o obxecto: para Kant o suxeito é activo no sentido de que inflúe no coñecido a partir das súas estruturas aprióricas e dos procesos que nelas descansan.

O coñecemento é independente da experiencia, porque os obxectos do coñecemento son os xuízos a priori.

Pero ao coñecemento só podemos chegar a través da experiencia, porque o obxecto do coñecemento son os xuízos sintéticos.Filósofos idealistas foron:

Inmanuel Kant, que desenvolveu o idealismo alemán;

os neokantianos (entre outros, Hermann von Helmotz, Paul Natorp, Friedrich Albert Lange e Heinrich Rickert), Johann Gottlieb Fichte, Friedrich Wilhelm Schelling e Georg Wilhelm Friedrich Hegel,

e os precursores de tres variantes do idealismo:idealismo subxectivo de Johann Gottlieb Fichte,

idealismo obxectivo de Friedrich Wilhelm Schelling e

idealismo absoluto de Georg Wilhelm Friedrich Hegel,así como as distintas escolas heguelianas.Varias formas de teoría científica (sobre todo o esencialismo de Pierre Duhem, o falsacionismo de Karl Popper e o construtivismo), son idealistas en distinta maneira e grao.

Imre Lakatos

Imre Lakatos, nado en Debrecen, Hungría, o 9 de novembro de 1922 e finado en Londres o 2 de febreiro de 1974, foi un filósofo da ciencia que desenvolveu o falsacionismo de Karl Popper.

Noretta Koertge

Noretta Koertge, nada en Olney, Illinois o 7 de outubro de 1935, é unha académica e filósofa da ciencia coñecida polo seu traballo sobre Karl Popper e a racionalidade científica. Traballou dende 1981 como mestra do departamento de historia e filosofía da ciencia na Universidade de Indiana, onde tamén é profesora emérita. Foi editora entre 1999 e 2004 da revista Philosophy of Science. En 1999, foi escollida como membro da Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia e foi editora de The New Dictionary of Scientific Biography (2004–2008). Tamén é novelista.

Paul Weingartner

Paul Weingartner nado o 8. de xuño de 1931 na cidade de Innsbruck é un filósofo austríaco especializado en filosofía da ciencia.

Estuda filosofía, física, matemáticas, psicoloxía e pedagoxía na Universidade de Innsbruck (1954-1961). Obtén un doutorado en 1961, é invitado como estudante posdoutoral co Profesor Karl Popper na Universidade de Londres e posteriormente como investigador na Universidade de Munich (baixo a tutela do Profesor Stegmüller). Comeza a dar clase en 1965 na Universidade de Graz. Desde 1971 traballou como profesor de filosofía na Universidade de Salzburgo (profesor emérito desde 1999). As súas liñas de investigación concentráronse en torno a : Lóxica, filosofía da ciencia e as condición de fronteira nas problemáticas filosofía-relixión. Doutor honoris causa (Dr. h.c.) pola Universidade Marie Curie Sklodowska, Lublin, (Polonia) 1995 e membro da Academia das Ciencias de Nova York (aceptado no ano 1997)

Popper

Popper pode referirse a:

David Popper, violoncellista checo.

Erwin Popper, médico austríaco e descubridor do virus da polio.

Frank Popper, teórico da arte.

Julius Popper, explorador e enxeñeiro romanés.

Karl Popper, filósofo do século XX.

Principio de autoridade (epistemoloxía)

En epistemoloxía, o principio de autoridade é o procedemento, expresado pola locución latina magister dixit, polo que unha proposición científica se acepta polo único feito de que fora afirmada nun texto considerado como certo e non suxeito, por tanto, a debate científico.

Isto ocorría na escolástica medieval, que consideraba fonte de coñecemento de autoridade incuestionábel no só ás Sagradas Escrituras, cuxa consideración de reveladas por Deus facía inconcibíbel toda posíbel crítica, senón tamén a algúns textos superviventes da Antigüidade clásica, sobre todo de Aristóteles (a partir da súa cristianización por Tomé de Aquino), pero tamén de científicos considerados como concordantes coa fe católica definida segundo a interpretación dos Padres da Igrexa, como foron Claudio Tolomeo, Hipócrates, Galeno etc., que adquiriran tal prestixio que se consideraban fóra de toda posíbel crítica.

A utilización deste tipo de argumentos entra en crise coa revolución científica dos séculos XVI e XVII, aínda que non foi até a Ilustración do século XVIII (o Sapere aude de Immanuel Kant) cando o método científico moderno pode considerarse como de uso xeral.

Porén, a resistencia a calquera nova idea científica non desapareceu, como proban desde o xuízo de Galileo, no século XVI, até as discusións sobre o darwinismo, a finais do século XIX ou, nos séculos XX e XXI outras como, por exemplo, sobre os estudos con células nai ou con embrións humanos.

Tal resistencia foi obxecto central dos estudos de, entre outros, Karl Popper e Thomas Kuhn (conceptos de revolución científica e cambio de paradigma).

Problema da demarcación

O problema da demarcación, tamén denominado, máis raramente, criterio de demarcación e problema de fronteira, refírese, dentro da filosofía da ciencia, á cuestión de definir os límites que deben configurar o concepto "ciencia", á dificultade existente para distinguir entre teorías científicas e teorías non-científicas, á dificultade para definir as liñas en torno do que sexa "ciencia".

As fronteiras adoitan establecerse entre o que é coñecemento científico e non científico, entre ciencia e pseudociencia, e entre ciencia e relixión. Unha forma de expoñer este problema, coñecida como problema xeneralizado da demarcación, abarca estes tres casos. O problema xeneralizado en último termo o que intenta é encontrar criterios para poder decidir, entre dúas teorías dadas, cal delas é máis "científica".

Despois de máis dun século de diálogo entre filósofos da ciencia e científicos en diversos campos, e a pesar dun amplo consenso acerca das bases xerais do método científico, os límites que demarcan o que é ciencia, e o que non o é, continúan sendo debatidos.

Sociedade aberta

A sociedade aberta é un concepto que foi orixinalmente creado polo filósofo Henri Bergson. En sociedades abertas o goberno é responsábel e tolerante, e os mecanismos políticos son transparentes e flexíbeis. O Estado non mantén segredos para si mesmo; é unha sociedade non-autoritaria, unha sociedade na que todos son respectados, co coñecemento de todos. A liberdade política e os dereitos humanos son os principios fundamentais que rexen a sociedade aberta.

Na definición de Karl Popper, atopada no seu libro de dous volumes The Open Society and Its Enemies a "sociedade aberta" é aquela que se asegura de que seus líderes poidan ser destituídos sen a necesidade de derramamento de sangue, por oposición ás sociedades autoritarias nas cales unha violenta revolución ou un golpe de estado se fai necesario para alterar o seu liderado. Engade que nunha "sociedade aberta" "os individuos encaran decisións persoais", por oposición ás "sociedades máxicas, tribais ou coleticvistas"..

O concepto de "sociedade aberta" de Popper é máis epistemolóxico que político. De acordo coa súa teoría, o feito de que o coñecemento humano é provisional e imperfecto implica a necesidade de que as sociedades estean abertas a distintos puntos de vista. Pretensións ó dominio de certos coñecementos e da verdade final conducen á imposición dunha única versión da realidade. Contrastando con iso, nunha "sociedade aberta" cada cidadán debe formar a súa propia opinión sobre a realidade e para iso é necesario ter liberdade de expresión e de pensamentos, e o mantemento de institucións legais e culturais que a favorezan. Unha "sociedade aberta" tamén debe ser pluralista e multicultural para que se poida beneficiar da análise do maior número de puntos de vista nos seus problemas.

Thomas Kuhn

Thomas Samuel Kuhn, nado o 18 de xullo de 1922 e finado o 17 de xuño de 1996, foi un físico e filósofo natural dos Estados Unidos de América cuxo traballo incidiu sobre a historia e filosofía da ciencia, tornándose un marco importante no estudo do proceso que leva ao desenvolvemento científico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.