Karakorum

A cordilleira do Karakorum (do turco: "pedregal negro") é, co Himalaia, unha das grandes cordilleiras de Asia, situada na fronteira entre Paquistán, a India e China. Ten unha lonxitude duns 500 km e é a rexión do mundo con máis glaciares fora das rexións polares.

Pola súa altitude e dureza, o Karakorum está moito menos habitado que a cordilleira do Himalaia. Os exploradores europeos chegaron por vez primeira a comezos do século XIX e foron seguidos polos topógrafos británicos en 1856.

O Paso Muztagh foi cruzado en 1887 por unha expedición encabezada polo coronel Francis Younghusband, e os vales situados sobre o río Hunza foron explorados en 1892 polo xeneral Sir George K. Cockerill. As exploracións que se realizaron nas décadas de 1910 e 1920 serviron para coñecer gran parte da xeografía da rexión.

O Karakorum e o Himalaia son importantes para as investigacións sobre a Terra por diversas razóns. Son unhas das zonas do mundo cunha maior actividade xeolóxica, pois están situadas na zona na que baten dous continentes, Asia e o subcontinente indio. Ademais son importantes para o estudo das placas tectónicas. Os glaciares da montañas serven como indicadores do cambio climático.

Picos máis altos

Entre os picos máis altos do Karakorum, atópanse:

  • K2 (8.611 msnm)
  • Gasherbrum I (8.068 msnm)
  • Broad Peak (8.047 msnm)
  • Gasherbrum II (8.035 msnm)
  • Gasherbrum III (7.952msnm)
  • Gasherbrum IV (7.925 msnm)
  • Distaghil Sar (7.885 msnm)
  • Masherbrum (7.821 msnm)
  • Rakaposhi (7.788 msnm)
  • Kanjut Sar (7.761 msnm)
  • Saser Kangri (7.672 msnm)
Baltoro glacier from air
Cordilleira do Karakorum.
Baltoro region from space annotated
Situación dos principais picos do Karakorum.

Galería

K2-big

K2.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Coordenadas: 36°N 76°L / 36, -76

Ariq Böke

Ariq Böke (Após 1219–1266), os compoñentes do seu nome tamén soletreados Arigh, Arik e Bukha, Buka (Mongol: Аригбөх; chinés: 阿里不哥), foi o sétimo e máis novo fillo de Tolui (1192–1232), un fillo de Genghis Khan. Despois da morte do seu irmán o Gran Khan Möngke, Ariq Böke reclamou o título do Gran Khan do Imperio Mongol e tomou brevemente o poder mentres os seus irmáns Kublai (máis coñecido como Kublai Khan) e Hulagu (máis coñecido como Hulagu Khan) estaban ausentes de Mongolia. Cando Kublai regresou para unha elección, en 1260, as faccións rivais non puideron chegar a un acordo, e elixiron simultaneamente a Kublai e Ariq Böke para o trono, o cal resultou na Guerra Civil Toluida, que fragmentou o Imperio Mongol. Ariq Böke foi apoiado polos traditionalistas do Imperio, mentres que o seu irmán Kublai Khan foi apoiado polos príncipes maiores de Manchuria e China do Norte.

Asia

Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez. Tamén ó oeste limita co mar Exeo (Asia Menor), cordilleira do Cáucaso, mar Caspio, río Ural e os montes Urais. Ademais do territorio continental, tamén ten territorios insulares: as Kuriles, Sakhalin, as illas xaponesas, a illa de Formosa (Taiwán), as Filipinas, as Illas de Sonda, Sri Lanka e milleiros de illas menores. Cobre o 8,6% da superficie da Terra, o 29,4% sen contar os mares e nel habita máis do 60% da poboación mundial, uns 4.000 millóns de persoas.

Na división convencional de continentes, de orixe europea, Asia e Europa aparecen como dúas entidades diferentes por razóns culturais e históricas, mais en termos xeográficos, forman realmente un único continente, Eurasia. Tamén África está unida a Eurasia polo istmo de Suez polo que tamén se pode considerar Europa, Asia e África como un único supercontinente, Eurafrasia.

Dado o seu tamaño e diversidade, o concepto de Asia - un nome que se remonta á antigüidade clásica - en realidade pode ter máis que ver coa xeografía humana que coa xeografía física. Asia varía considerablemente entre e dentro das súas rexións con respecto aos grupos étnicos, as culturas, os ambientes, a economía, os lazos históricos e os sistemas de goberno.

Broad Peak

O Broad Peak (en urdú: بروڈ پیک, e chinés: 布洛阿特峰), é unha montaña de 8.047 m de altitude, o décimo segundo pico máis alto da Terra. Forma parte do macizo do Gasherbrum situado na cadea do Karakorum, un brazo da cordilleira do Himalaia. Está sito na fronteira entre China e Paquistán.

Cantil

Un cantil ou acantilado é un accidente xeográfico que consiste nun lugar escarpado, de gran pendente vertical normalmente preto do mar, sobre o que forma un beiril ou balconada. Tamén poden considerarse cantís os que existen nas montañas, fallas e beiras dos ríos (cárcavas ou cavorcos).

Os cantís acostuman estar formados de rochas resistentes á erosión e ao desgaste pola acción da atmosfera, xeralmente rochas sedimentarias coma limonitaa, arenitaa, calcariaa ou dolomíaa, malia aparecer tamén rochas magmáticas coma basaltos ou granitos, coma no caso das formacións galegas.

Unha escarpa é un caso particular de cantil, formada polo movemento dunha falla tectónica ou un derrbamento. A meirande parte dos cantís rematan a xeito de pendente no seu baseamento; en áreas áridas ou baixo grandes cantís, o noiro é polo xeral un amoreamento de rochas desprendidas, mentres que nas áreas de maior humidade, as rochas do talude fican cubertas por unha camada de terra compactada pola humidade, formando un solo.

Moitos cantís presentan tamén fervenzas e espenucas ou furnas escavadas no baseamento. Ás veces os cantís morren ao final dunha crista, creando estruturas pétreas senlleiras.

Década de 1240

A década de 1240 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1240 e remata o 31 de decembro de 1249.

Fanny Bullock Workman

Fanny Bullock Workman (/ˈwɒrkˌmæn/), nada en Worcester, Massachusetts, o 8 de xaneiro de 1859 e finada en Cannes, Francia, o 22 de xaneiro de 1925, foi unha xeógrafa, cartógrafa, exploradora, escritora de viaxes e montañeira estadounidense, de forma notable no Himalaia. Foi unha das primeiras alpinistas profesionais femininas, e ademais de realizar exploracións escribiu varios libros sobre as súas viaxes. Marcou varios récords femininos de altitude, publicou oito libros de viaxe xunto ó seu esposo e promoveu os dereitos das mulleres e o sufraxio feminino.

Nada no seo dunha familia rica, Workman asistiu a algunhas das mellores escolas femininas da época e realizou varias viaxes a Europa. O seu casamento con William Hunter Workman cimentou a súa situación vantaxosa, e tras dar os seus primeiros pasos no montañismo en Nova Hampshire, Fanny viaxou por diversas partes do mundo xunto a el. Conseguiron capitalizar os seus recursos financeiros e os seus contactos para viaxar por toda Europa, polo norte de África e por Asia. A parella tivo dous fillos, ós que internaron en varias escolas e deixaron a cargo de varias coidadoras durante as súas viaxes. Fanny non se consideraba unha muller de familia e víase a si mesma como unha "Nova Muller" que podía igualar a calquera home. Os Workman comezaron as súas viaxes realizando varias xiras en bicicleta por Suíza, Francia, Italia, España, Alxeria e India. Percorreron miles de quilómetros, parando a descansar alí onde atopaban un refuxio. Escribiron libros sobre cada unha das súas viaxes, nos que Fanny adoitaba comentar a situación das mulleres en cada lugar que visitaban. Estas primeiras obras narrativas sobre as súas viaxes en bicicleta obtiveron unha mellor recepción do público que os seus libros sobre montañismo.

Ao finalizar a súa viaxe en bicicleta pola India, a parella viaxou ata o Himalaia occidental e ata Karakorum durante os meses do verán, onde comezaron a realizar alpinismo de grande altitude. Volveron ata esta rexión, naquel momento inexplorada, oito veces máis durante os seguintes catorce anos. Malia non dispoñer de equipamento moderno de alpinismo, os Workman exploraron varios glaciares e acadaron os cumios de varias montañas, chegando eventualmente ós 7 000 metros do pico Pinnacle, marcando un récord feminino de altitude naquela época. Organizaron expedicións de varios anos de duración, mais tiveron problemas para manter unha boa relación cos traballadores locais. A súa procedencia de riqueza e privilexio nos Estados Unidos provocou que non conseguisen comprender a postura dos traballadores nativos e tivesen dificultades á hora de conseguir os servizos de portadores fiables.

Tralas súas viaxes ó Himalaia os Workman deron varias charlas sobre elas e recibiron invitacións de varias sociedades intelectuais da época. Fanny Workman converteuse na primeira muller estadounidense en dar unha charla na Sorbona, e a segunda en falar na Royal Geographical Society. Recibiu numerosas medallas de honra de sociedades europeas xeográficas e de montañismo, e foi recoñecida como unha das montañeiras máis importantes da súa época. Naquel momento demostrou que unha muller podía escalar a grandes altitudes da mesma forma que un home, contribuíndo a eliminar a barreira de xénero no alpinismo.

Gasherbrum I

O Gasherbrum I é unha montaña que con 8.068 m.s.n.m. que se sitúa como décimo primeira cima máis alta do planeta. Ás veces é tamén denominado K5 ou, mesmo, Pico Oculto (Hidden Peak). O Gasherbrum I forma parte do macizo do Gasherbrum, situado na cadea do Karakorum, un xigantesco ramal do Himalaia, na fronteira entre Paquistán e China.

Gasherbrum II

O Gasherbrum II (tamén chamado K4), con 8.035 metros é a décimo terceira montaña do mundo pola súa altura. Tense por un dos picos máis accesíbeis entre os que superan os oito mil metros de altura, e só o Everest e o Cho Oiu gozan de máis ascensións.

A ruta normal de escala é a través da aresta suroeste, xa que está relativamente libre de perigos obxectivos, como o xeo e os aludes. Unha expedición típica tarda unhas 7 ou 8 semanas e os permisos de escalada roldan os 7.500 dólares, para cinco alpinistas.

O Gasherbrum II foi escalado por primeira vez o 8 de xullo de 1956 por Fritz Moravec, Josef Larch and Hans Willenpart, dunha expedición austríaca.

Himalaia

O Himalaia (ou Himalaias) é unha cordilleira asiática que separa o subcontinente indio do vasto planalto tibetano (agora parte da China) no norte. É a cordilleira máis alta da Terra, con dez das catorce cimas de máis de 8000 metros de altura, incluíndo o Everest, cos seus 8848 msnm, a montaña máis alta do planeta.

Forma parte dun complexo orográfico maior: o sistema dos Himalaias, un conxunto composto polas cordilleiras do Himalaia, Karakorum, Hindu Kush e diversas outras subcordilleiras que se estenden a partir do Nó do Pamir e as súas subcordilleiras adxacentes.

No Himalaia nacen algúns dos maiores ríos do mundo como son o Ganxes, Indo, Brahmaputra, Yamuna e Yangtzé, en cuxos concas viven non menos de 1300 millóns de persoas. As montañas do Himalaia influíron profundamente nas culturas de Asia do Sur e moitas delas son consideradas sagradas para o Hinduísmo ou o Budismo.

Imperio Mongol

O Imperio Mongol (en mongol: Монголын Эзэнт Гүрэн) foi o imperio de terras continuas máis extenso da historia. No seu apoxeo estendeuse dende a península coreana até o río Danubio.

Instituído por Genghis Khan a partir do ano 1206, o imperio chegou a ter unha extensión máxima duns 36 millóns de quilómetros cadrados, incluíndo algunhas das nacións máis avanzadas e poboadas da época, como China, Iraq, Irán e os países de Asia Central e Asia Menor.

Julián Rodríguez León

Julián Rodríguez León, nado no Barco de Valdeorras en 1970, é un alpinista galego, membro do Club de Montañismo Kirlo da súa vila natal.

Khublai Khan

Khublai Khan (23 de setembro de 1215 - 18 de febreiro de 1294) foi un emperador mongol, fundador da dinastía Yuan. Foi o segundo fillo do emperador mongol Tolui e neto de Genghis Khan. Sucedeu ao seu irmán Mongke nun xa fragmentado Imperio Mongol.

Mongke

Mongke Khan, (mongol: ᠮᠥᠩᠬᠡ ᠬᠠᠭᠠᠨ / Möngke qaγan /Мөнх хаан}}) nado o 10 de xaneiro de 1209 e finado o 11 de agosto de 1259, sucedeu a Güyük como Gran Khan. Expandiu o Imperio Mongol cara ao sur, aliviando a presión sobre Europa.

Montes Zagros

Os Montes Zagros (en persa رشته‌كوه‌های زاگرس} Kuhha-ye Zāgros) é unha cadea montañosa que se estende desde o Cáucaso até o Golfo Pérsico, cunha orientación xeral noroeste-sueste.

Oroxenia alpina

A oroxenia alpina ou oroxénese alpina (ás veces tamén se usa o termo oroxenia alpídica ou ciclo alpídico cun significado máis xeral e xeograficamente menos concreto) é un proceso oroxénico (de formación de montañas) que tivo lugar no Mesozoico tardío (Eoalpino) e Cenozoico, causado polo choque de continentes do sur contra o que eran a Europa e Asia orixinais. Como resultado formáronse as montañas do chamado cinto alpídico, que vai desde a península Ibérica a Indochina. Entre as montañas formadas neste cinto están, de oeste a leste, os Atlas, o Rif, a cordilleira Penibética, a cordilleira Cantábrica, os Pireneos, os Alpes (que lle dan o nome á oroxenia), os Apeninos, os Alpes Dináricos, as montañas Helénicas (Helénidas), os Cárpatos, as montañas dos Balcáns, os Montes Taurus, a meseta Armenia, os montes do Cáucaso, os Montes Elburz, os Montes Zagros, o Hindu Kush, os cordilleira do Pamir, o Karakorum e os Himalaias. Con frecuencia utilízanse nomes específicos para a oroxenia que afectou á formación de cadeas montañosas concretas, como, por exemplo: oroxenia Carpatiana para os Cárpatos, oroxenia helénica para os montes Helénicos ou oroxenia do Himalaia para os Himalaias.

A oroxenia alpina ademais da formación do cinto de montañas mencionado, influíu tamén en zonas relativamente afastadas, creando unha serie de características relevantes. Por exemplo as montañas galegas e outras do macizo Hercínico, que son de orixe herciniana e estaban xa moi erosionadas, foron voltas a elevar polos empurróns alpinos, que reactivaron as fallas e orixinaron macizos tectónicos. Tamén influíu en zonas de Inglaterra e Francia, por exemplo no anticlinal de Weald-Artois. As tensións creadas pola oroxenia alpina causaron unha maior elevación no Cenozoico das montañas dos Sudetes e posiblemente a existencia de rochas falladas en Öland no sur de Suecia durante o Paleoceno.A oroxenia alpina foi causada polo choque dos continentes do sur como África e India e a pequena placa de Cimeria e outras pequenas placas e microplacas contra Eurasia, que estaba máis ao norte. Os movementos converxentes entre estas placas empezaron xa a inicios do Cretáceo, pero as fases maiores de formación de montañas empezaron do Paleoceno ao Eoceno. O proceso non rematou, xa que continúa aínda hoxe nalgunhas cordilleiras alpídicas.

A oroxenia alpina é considerada unha das tres maiores oroxenias en Europa, que definiron a xeoloxía do continente, as outras dúas son a oroxenia caledoniana, que formou o Continente do arenito vermello antigo cando os continentes de Báltica e Laurentia chocaron no Paleozoico temperán, e a oroxenia herciniana, que deu orixe á Panxea cando Gondwana e o Continente do arenito vermello antigo chocaron no Paleozoico medio e tardío.

Principado de Vladímir-Súzdal

O Principado de Vladimir-Súzdal, Gran Ducado de Vladimir-Súzdal (en ruso: Влади́миро-Су́здальское кня́жество) ou Rus de Vladimir-Súzdal (Влади́мирско-Су́здальская Русь) foi un dos grandes principados que sucederon á Rus de Kiev como principal potencia eslava desde finais do século XII até finais do século XIV. Considerado tradicionalmente como o berce da lingua e a nacionalidade rusas, Vladimir-Súzdal evolucionaría gradualmente até transformarse no Principado de Moscova ou Gran Ducado de Moscova.

Río Indo

O río Indo (en sindhi सिन्‍धु नदी, Sindhu nadi, coñecido como Sindhu en sánscrito; grego antigo, Sinthos, latín Sintus) é un dos ríos máis longos da Asia meridional que discorre polo subcontinente indio así como un dos máis longos do continente asiatico, é o máis importante de Paquistán e un dos principais da India (e que tamén percorre no seu curso alto a China). Orixinario da meseta tibetana do oeste da China, na Rexión Autónoma do Tíbet, o río discorre a través do distrito de Ladakh de Jammu e Cachemira e logo entra en Paquistán a través dos Territorios do Norte (Gilgit-Baltistán); segue despois desde o norte do país en dirección sur cruzando ao longo todo Paquistán, ata desembocar no mar Arábigo, preto da cidade portuaria de Karachi en Sind.

A lonxitude total do río é de 3.180 km, sendo o río máis longo de Paquistán. Drena unha gran conca de máis de 1.165.000 km² e ten un caudal anual estimado nuns 207 km³, o que o converten no 21º máis caudaloso do mundo. Nace nos glaciares máis altos do mundo, o río alimenta un ecosistema de bosques temperados, chairas e paisaxes áridos. Xunto cos ríos Jhelum, Chenab, Ravi, Sutlej, Beas e dous afluentes desde a Khyber Pakhtunkhwa e Afganistán, o Indo forma o delta do Indo de Paquistán, mencionado no Rigveda (o texto máis antigo da India, de mediados do II milenio a. C.) como Sapta Sindhu e no texto iranio Zend Avesta como Hapta Hindu (significando ambos términos, "sete ríos).

O río Indo proporciona os recursos hídricos clave para a economía de Paquistán -especialmente o celeiro da provincia de Punjab, que representa a maior parte da produción agrícola da nación, e de Sindh. O Indo tamén soporta moitas industrias pesadas e constitúe o principal fornezo de auga potable en Paquistán. Os cinco ríos que dan nome ao Punjab son o Jhelum, Chenab, o Ravi, o Beas e o Sutlej.

Antes da división en 1947 da antiga India nos modernos estados da India e Paquistán, o Indo era o segundo río en importancia da rexión, despois do río Ganxes, tanto en termos culturais como comerciais. Na actualidade o río tamén dá nome á provincia paquistaní de Sind.

O río foi unha fonte de asombro durante o período clásico. O rei Darío I de Persia enviou a Escílax de Carianda a explorar o Indo entre os anos 519 e 512 a. C., ests descendiuno ata chegar ao mar. Chamado Hindós ou Indós polos gregos e logo Indus polos autores latinos, foi sempre coñecido en Occidente polo seu nome latinizado que tamén deu nome á India (Bharat).

O Indo é un dos sete ríos sagrados da India.

Turkmenistán

Turkmenistán, tamén chamado Turcomenistán, ou oficialmente a República de Turkmenistán (en turcomán: Türkmenistan Riespublikasy) é un país de Asia central, que limita con Afganistán, Irán, o mar Caspio, Casaquistán e Uzbekistán.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.