Kaohsiung

Kaohsiung é a segunda cidade máis importante de Taiwán (1 526 594h, 2009). Situada no extremo meridional da illa homónima, xunto a costa do Mar do Sur de China, na entrada do estreito de Formosa ou Taiwan.

Centro portuario, pesqueiro e industrial de importancia, era apenas unha aldea de pescadores ata 1858, en que as excelentes condicións da baía fronte a que se asenta a levaron a se converter en activo porto. Máis tarde, entre 1893-1945, cando a ocupación polos xaponeses e co nome de Takao, estes desenvolveron plenamente o porto e a súa base industrial.

A finais de 2010, produciráse a unión administrativa co Kaohsiung County, o que a levará a se converter nunha metrópole de case que tres millóns de habitantes.

Coordenadas: 22°38′N 120°16′L / 22.633, -120.267

Kaohsiung
高雄市
Flag of Kaohsiung City
Emblem of Kaohsiung City
Kaohsiung montage
Vistas da cidade
Localización
Kaohsiung en Taiwán

Kaohsiung
Kaohsiung
PaísFlag of the Republic of China.svg Taiwán
RexiónTaiwán do Sur
Xeografía
Altitude9 msnm
Superficie2.946,2527 km²
Demografía
Poboación2 777 296 hab. (2014)
Densidade940 hab/km²
Outros datos
Código postal800–852
AlcaldeHan Kuo-yu (KMT)
Páxina oficial de Kaohsiung

Pobo pesqueiro

Nun área habitada por varias culturas dende o neolítico, non foi ata comezos do século XVII cando os chinos han da dinastía Ming estableceron o primeiro asentamento pesqueiro na ourela sur da estreita baía (na alongada illa Cijin que a pecha), que chamaron Takau pola tribo aborixe Makatao que a ocupaba. Entre 1624 e 1660, cando a ocupación holandesa da rexión, foi coñecida coma Tancoya e o porto Tancoia, sendo xa un dos máis importantes de pesca no sur da illa.

臺灣府志鳳山縣治圖
Condado de Wannian coa muralla circular de Zuoying ao norte (esquerda) do porto de Takau.

A partir de 1630 comezou unha grande inmigración dende a provincia de Fuxian no continente debido a época da fame, que fará incrementar a poboación na área especialmente cara a 1680. Neses anos tivo asento na zona o Reino de Tungning (continuísta da dinastía Ming fronte a invasora Qing) que estableceu no distrito de Zuoying da actual cidade (no norte) a capital do condado de Wannian. Ergueron templos e foi fortificada con muralla circular xa no século XVIII (2,6 km, primeira de Taiwán, 1722). Foi destruída en 1761 e reconstruída en 1825-9 (máis de 4 km) pero abandonada de inmediato polos malos augurios e construída na nova capital do condado.

Os Qing conquistaron a illa en 1683 e terminaron trasladando a capital do novo condado de Fengshan ao leste de Takau (hoxe Fengshan, 1788 [1]). Takau quedou convertida no seu porto polos dous séculos seguintes. Os Qing fixeron obras de ampliación e abrírono ao tráfico xeral, co cal o asentamento comezou a teres certa relevancia.

Porto internacional

Harbor Takao
1893, o vello pobo pesqueiro no sur e os novos asentamentos estranxeiros no norte.

Pero non foi ata a segunda metade do século XIX cando comezou a se converteres nunha verdadeira cidade. Despois da segunda guerra do Opio, o Tratado de Tianjin de 1858 forzou a apertura china de novos portos ao comercio estranxeiro. Tres anos despois foi engadido o de Takau.

Dende 1863 no que estableceuse a aduana e o consulado británico, as delegacións e asentamentos comerciais de outras nacións empezaron a desenvolver o porto na ourela norte da baía.

Ocupación xaponesa: Takao

Porén, a súa conversión nun porto moderno foi levada adiante polos xaponeses no tempo do seu dominio de Taiwán (1894-1945). O chamaron Takao e de seguido fixeron estudos e plans (1900-1906) para darlle profundidade e extensión mediante recheos, e para traer o ferrocarril, tarefas que implementaron nas décadas seguintes [2].

A vez que o porto, cos escombros da súa dragaxe, creouse novo solo onde asentar a cidade. Así o primeiro planeamento urbano en Taiwán (1908, 42.000h [3][4]) foi o barrio de Hamasen e contiguo, nas antigas salinas xunto a foz do río Ai, o distrito de Yancheng [5]. A industria que moveu todo este desenvolvemento foi a do azucre (factorías dende 1901), e significou o preámbulo da revolución industrial da illa.

Kaohsiung

En 1920, nunha reorganización administrativa pola crecente importancia de Takao fronte a capital do condado, Fengshan, aparece a súa transcrición fonética Kaohsiung ao mandarín romanizado. De seguido, en 1924, establécese a cidade de Kaohsiung como prefectura independente.

En 1936 foi anunciado o Proxecto de Planeamento Urbano de Kaohsiung que estendería a cidade ao leste do río Ai (distrito de Qianjin), e nas décadas sucesivas, despois da retrocesión de Taiwán a China (1945), continuaría ao norte (ata a vella cidade amurallada de Zuoying), leste (ata a antiga Fengshan) e sur da municipalidade (ata o fondo da baía) completando a metrópole actual.

Notas

  1. Mapa mostrando a muralla circular do condado de Wannian e a posterior do condado de Fengshan ao norte e leste respectivamente do porto de Takau [1][Ligazón morta]
  2. Desenvolvemento de Takao durante a ocupación xaponesa[Ligazón morta]
  3. Plan do recheo de Hamasen e Yancheng con terminal de ferrocarril e gran peirao [2]
  4. A cidade ao final da ocupación xaponesa
  5. Cómic ilustrando o xurdimento de Yancheng

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de Fukuoka

O aeroporto de Fukuoka (IATA: FUK, OACI: RJFF), anteriormente coñecido como base aérea de Itazuke, é un aeroporto xaponés situado a 3 quilómetros ao leste do centro da cidade de Fukuoka.

O de Fukuoka é o principal aeroporto da illa de Kyushu e o cuarto máis concorrido do Xapón en termos de pasaxeiros, con 20 968 463 no ano 2015. En 2017 era o cuarto aeroporto dunha única pista máis concorrido do mundo (despois de Bombai, Londres-Gatwick e İstanbul-Sabiha Gökçen). O aeroporto está rodeado por áreas residenciais, polo que os voos rematan ás 10 da noite por petición dos residentes e reanúdanse ás 7 da máña. A terminal doméstica está conectada co sistema de metro da cidade, que une o aeroporto co centro financieiro de Fukuoka en menos de dez minutos. A terminal internacional só é accesible por estrada.

Aeroporto de Fuzhou-Changle

O aeroporto internacional de Fuzhou-Changle (IATA: FOC, OACI: ZSFZ) é un aeroporto internacional que serve a Fuzhou, a capital da provincia chinesa de Fujian. Inaugurouse o 23 de xuño de 1997, despois de que a súa construcións se aprobase no ano 1992. O aeroporto atópase preto da ribeira do estreito de Taiwán no distrito de Changle, a uns 50 quilómetros ao leste do centro de Fuzhou.

No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 11 606 446 pasaxeiros, sendo o 26º aeroporto máis concorrido da China. Ademais, foi o 23º máis concorrido en termos de carga e o 28º en amovementos de avións.

Aeroporto de Hong Kong

O aeroporto internacional de Hong Kong (IATA: HKG, ICAO: VHHH) é o principal aeroporto de Hong Kong. Está situado na illa de Chek Lap Kok, que en gran parte está formada por terras gañadas ao mar para a construción das súas instalacións. O aeroporto tamén é coloquialmente coñecido como aeroporto de Chek Lap Kok(赤鱲角機場), para distinguilo do seu predecesor, o pechado aeroporto Kai Tak.

O aeroporto ven sendo usado dende o ano 1998, substituíndo ao de Kai Tak. É un importante centro rexional de transbordo, centro de conexión para pasaxeiros e unha porta de entrada para destinos no interior de China e o resto de Asia. O aeroporto é o máis concorrido do mundo en termos de carga e un dos maiores en termos de pasaxeiros. O aeroporto ten unha das terminais de pasaxeiros máis grandes do mundo (a máis grande cando se inaugurou en 1998).

O aeroporto está operado por Airport Authority Hong Kong e é o principal centro de conexións para Cathay Pacific (a aeroliña nacional de Hong Kong), Cathay Dragon, Hong Kong Airlines, Hong Kong Express Airways e Air Hong Kong. É un dos centros de conexións para a alianza de aeroliñas Oneworld, e tamén un dos centros de conexión da zona Asia-Pacífico para UPS Airlines. É unha cidade focal para moitas aeroliñas como China Airlines e China Eastern Airlines. Singapore Airlines, Ethiopian Airlines e Air India utilizan Hong Kong como escala para algúns dos seus voos.

HKIA contrinue de forma importante á economía de Hong Kong, proporcionando uns 65 000 empregos á cidade. Máis de 100 aeroliñas operan no aeroporto, voando a unhas 180 cidades de todo o mundo. No ano 2016 polas súas instalacións pasaron 70,5 millóns de pasaxeiros, sendo o oitavo aeroporto máis concorrido do mundo en termos de pasaxe. No ano 2010 superou ao aeroporto de Memphis, converténdose no aeroporto máis concorrido do mundo en termos de carga.

Aeroporto de Naha

O aeroporto de Naha (IATA: OKA, OACI: ROAH) é un aeroporto xaponés de segunda clase situado a 4 quilómetros ao leste do centro da cidade de Naha, en Okinawa. É o sétimo aeroporto máis concorrido do Xapón e a principa terminal aérea para pasaxeiros e carga da prefectura de Okinawa. Opera voos internacionais cara Taiwán, Hong Kong, Corea do Sur e China. As súas instalacións tamén son fogar da Base Aérea de Naha da Forza Aérea de Autodefensa do Xapón.

Aeroporto de Nanchang-Changbei

O aeroporto internacional de Nanchang-Changbei (IATA: KHN, OACI: ZSCN) é un aeroporto que serve a Nanchang, a capital da provincia chinesa de Jiangxi. Está situado a 28 quilómetros ao norte da cidade. A súa construción comezou en outubro de 1996 e comezou a operar o 10 de setembro de 1999. Substituíu ao aeroporto de Nanchang-Xiangtang, que era tanto de uso civil como militar. Ten unha única pista de 3 400 metros de lonxitude e unha terminal con seis portas de embarque. En 2010 comezaron unhas obras de ampliación coa construción dunha nova terminal, inaugurada o 22 de maio de 2011, e unha segunda pista de aterraxe.

Nanchang-Changbei opera principalmente voos cara aeroportos chineses do continente e Hong Kong. Porén, en febreiro de 2004 comezou a operar voos internacionais, principalmente cara Corea do Sur.

Aeroporto de Shanghai-Pudong

O aeroporto internacional de Shanghai-Pudong (IATA: PVG, ICAO: ZSPD) é un dos dous aeroportos internacionais de Shanghai e un dos principais centros de conexións por aire de China. O aeroporto serve principalmente voos internacionai, mentres que o outro aeroporto da cidade, o de Shanghai-Hongqiao, opera sobre todo voos domésticos e rexionais. Está situado a uns 30 quilómetros ao leste do centro da cidade.

O aeroporto é o principal centro de conexións para China Eastern Airlines e Shanghai Airlines, e un gran centro de conexións internacional para Air China, ademais de ser un centro secundario de China Southern Airlines. Tamén é un centro de conexións para as aeroliñas privadas Juneyao Airlines e Spring Airlines, é un centro de conexións de carga na zona Asia-Pacífico para UPS Airlines e DHL Aviation.

O aeroporto de Pudong ten dúas terminais de pasaxeiros principais, flanqueadas en ámbolos dous lados por catro pistas de aterraxe paralelas. Dende o ano 2016 está planeada a construción dunha terceira terminal de pasaxeiros, unha terminal satélite e dúas pistas máis coa intención de incrementar a súa capacidade dos 60 aos 80 millóns de pasaxeiros anuais e para poder manexar seis millóns de toneladas de carga.

O aeroporto de Pudong é o terceiro do mundo en termos de carga, con 3,4 millóns de toneladas en 2016. Nese mesmo ano pasaron polas súas instalacións 66 002 414, sendo o segundo aeroporto máis concorrido de China, o quinto de Asia e o noveno do mundo.

Aeroporto de Singapur

O aeroporto internacional de Singapur Changi (IATA: SIN, OACI: WSSS), ou sinxelamente aeroporto de Changi, é o principal aeroporto civil de Singapur e un dos centros de conexión máis grandes do Sueste Asiático. É considerado o mellor aeroporto do mundo por Skytrax, obtendo esa distinción por quinto ano consecutivo dende 2013 e é un dos aeroportos máis concorridos do mundo en termos de pasaxeiros internacionais e carga. Está situado en Changi, no límite leste de Singapur, a uns 17 quilómetros do centro da cidade. Está operado polo Changi Airport Group e é a principal base de Singapore Airlines, Singapore Airlines Cargo, SilkAir, Scoot, Jetstar Asia Airways e BOC Aviation.

Aeroporto de Tân Sơn Nhất

O aeroporto da cidade da Tân Sơn Nhất debe o seu nome á vila onde se sitúa (Cidade Ho Chi Minh), Vietnam, a poucos quilómetros da cidade.

Aeroporto de Wuhan-Tianhe

O aeroporto internacional de Wuhan-Tianhe (IATA: WUH, OACI: ZHHH) é un aeroporto que serve a Wuhan, a capital da provincia chinesa de Hubei. Foi inaugurado o 15 de abril de 1995 substituíndo aos vellos aeroportos de Hankou-Wangjiadun e Nanhu como principais aeroportos de Wuhan. Está situado no distrito de Huangpi, a uns 26 quilómetros ao norte do centro de Wuhan. É o aeroporto máis concorrido do centro da CHina, atopándose xeograficamente situado no centro da rede doméstica do país. É unha cidade focal para Air China, China Eastern Airlines e China Southern Airlines. O aeroporto ten voos cara destinos internacionais como Bangkok, Moscova, Osaca, París, Seúl e Singapur.

No ano 2017 o aeroporto foi utilizado por 23 129 400 pasaxeiros, sendo o 14º máis concorrido do país en número de pasaxeiros. O nome Tianhe (天河) pode traducirse literalmente como "río do ceo"; é tamén un dos nome para a Vía Láctea na antiga China.Dende o 1 de maio de 2015, pasaxeiros de países como os da Unión Europea, Xapón, Corea do Sur, Rusia e Estados Unidos, cando viaxan a un terceiro país, poden entrar en China dende este aeroporto sen unha visa chinesa ata 72 horas.

Aeroporto de Xiamen-Gaoqi

O aeroporto internacional de Xiamen-Gaoqi (IATA: XMN, OACI: ZSAM) é un aeroporto que serve á cidade chinesa de Xiamen, na provincia de Fujian. É a base principal de XiamenAir e TAECO, unha compañía de mantemento de avións. O aeroporto está situado na cara norte da illa de Xiamen. En outubro de 2011 iniciouse a construción dunha nova terminal, a terminal 4, que foi completada no ano 2014. No ano 2017 foi o 12º aeroporto máis concorrido da China en termos de pasaxe, con 24 485 239 pasaxeiros.

Aeroporto internacional de Incheon

O aeroporto internacional de Incheon (IATA: ICN, OACI: RKSI), tamén coñecido como aeroporto internacional de Seúl-Incheon, é o aeroporto máis grande de Corea do Sur e un dos máis concorridos do mundo. Dende o ano 2005 vén sendo considerado o mellor aeroporto do mundo por Airports Council International. Tamén foi elixido o aeroporto máis limpo e o que ten o mellor tránsito internacional do mundo por Skytrax.O aeroporto ten campo de golf, spa, habitacións de descanso privadas, unha pista de patinaxe sobre xeo, un casino, xardíns interiores e un museo sobre a cultura coreana. As autoridades do aeroporto afirman que de media as chegadas e saídas duran 19 e 12 minutos, respectivamente, en comparación coa media mundial de 60 e 45 minutos, converténdoo nun dos aeroportos máis rápidos do mundo á hora de operar.O aeroporto inaugurouse o 29 de marzo de 2001 para substituír ao antigo aeroporto internacional de Gimpo que a día de hoxe opera principalmente voos domésticos e voos de enlace ás principais cidades da zona, como Toquio, Osaca, Pequín, Shanghai e Taipei.

Está situado ao oeste do centro de Incheon, nunha área creada artificialmente entre as illas de Yeongjong e Yongyu. As dúas illas estaba orixinalmente separadas por mar pouco profundo.

Aeroporto internacional de Narita

O aeroporto internacional de Narita (IATA: NRT, OACI: RJAA), tamén coñecido como aeroporto de Toquio-Narita e orixinalmente coñecido como novo aerioirto internacional de Toquio, é un aeroporto que serve á área do Gran Toquio no Xapón. Está situado a uns 60 quilómetros ao leste do centro de Toquio, na prefectura de Chiba, entre as cidades de Narita e Shibayama.

Narita é o principal aeroporto internacional do país, pasando por el ao redor do 50% dos seus pasaxeiros internacionais e un 60% da carga internacional. Narita é o segundo aeroporto máis concorrido do Xapón, despois do aeroporto de Haneda, e é o décimo máis concorrido do mundo en termos de carga.

Narita é o principal centro de conexións internacional para Japan Airlines, All Nippon Airways e Nippon Cargo Airlines, e un centro de conexións para as aeroliñas de baixo custo Jetstar Japan, Peach e Vanilla Air. Tamén serve como centro de conexións asiático para Delta Air Lines e United Airlines.

Collin Chou

Collin Chou (nome en chinés tradicional: 鄒兆龍; chinés simplificado: 邹兆龙; pinyin: Zōu Zhàolóng), nado o 11 de agosto de 1967 en Kaohsiung, é un actor e especialista en artes marciais taiwanés ás veces coñecido como Ngai Sing.

O papel que máis recoñecemento lle reportou foi o de "Seraph" nos filmes Matrix Reloaded e Matrix Revolutions, así como no viedeoxogo Enter the Matrix.

Conurbación da Illa de Taiwan

A Conurbación da Illa de Taiwan é un continuo urbano que, de norte a sur, dende Taipei ata Kaohsiung, exténdese por toda a metade oeste da illa de Taiwan, e suma o 95 % da poboación do país, cunha das densidades máis altas do mundo (vinte e dous millóns de habitantes en pouco máis da extensión de Galicia).

Aproveita para iso a disposición xeográfica da illa, cun grande espiñazo montañoso que ocupa toda a metade oriental facendo residual o poboamento nesa parte. Desta maneira, practicamento todo o crecemento urbano producido polo fluxo continuo de inmigrantes dende o continente (sobre de todo da provincia de Fujian, ao outro lado do estreito de Taiwan), foi colmatando os intersticios entre as grandes cidades na chaira costeira occidental, converténdoa nunha rexión urbanizada densamente poboada froito da conurbación dun continuo de áreas metropolitanas. Serían, empezando polo norte, a área de Taipei, a maior do país, que se estende ata Hsinchu e Chunan; enlazaría co extremo norte da área metropolitana de Taichung que coa de Chiai máis ao sur constitúen o centro da megalópole; finalmente, no extremo meridional sitúase a conurbación de Kaohsiung-Tainan, o segundo conglomerado urbano do país tralo da capital.

A cidade principal é, obviamente, Taipei, pois é o centro de Taiwan en todos os aspectos excepto o xeográfico. Séguenlle en importancia as xa citadas Kaohsiung, Tainan e Taichung.

Megalópole de Taiwan (2001):

Taiwan(excepto faixa costeira oriental): 21 000 000

AM de Taipei: 9 800 000

AM de Taichung: 4 750 000

AM de Chiai: 1 100 000

C de Kaohsiung-Tainan: 5 230 000

EVA Air

EVA Air Corporation (chinés: 長榮航空; pinyin: Chángróng Hángkōng) é unha aeroliña taiwanesa baseada no aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan preto de Taipei. Opera servizos de pasaxeiros e carga a uns 40 destinos internacionais en Asia, Australia, Europa e Norteamérica. EVA Air é maioritariamente de propiedade privada e opera unha rede de rutas totalmente internacional. É unha aeroliña de 5 estrelas segundo a clasificación de Skytrax. É a segunda aeroliña máis grande de Taiwán, despois de China Airlines.

Dende a súa fundación en 1989 como afiliada do conglomerado do sector do transporte Evergreen Group, EVA Air expandíuse incluíndo ás súas actividades a carga aérea, o cátering de aeroliñas, a asistencia en terra e servizos de enxeñería de aviación. A súa división de carga, EVA Air Cargo, enlaza coa rede de transporte mundial de Evergreen por mar e terra. A súa subsidiaria doméstica e rexional, UNI Air, opera unha rede de medio e curto alcance cara destinos en Taiwán, Macau e China tendo o seu prinipal centro de conexións en Kaohsiung.

EVA Air opera unha frota mixta de avións Airbus e Boeing, con Airbus A330, Airbus A321 e Boeing 777 usados principalmente para rutas de pasaxeiros, xunto con Boeing 747-400 e Boeing 777 para rutas de carga. Foi unha das primeiras aeroliñas en introducir a clase "Premium Economy" (chamada Elite Class en EVA Air), que estrearon en 1991 e está dispoñible a bordo dos seus Boeing 777.

Municipio

O concello ou municipio é, nas súas diversas formas, e baixo diferentes designacións, a estrutura básica de administración local en moitos países do mundo. Con orixes diferentes, consonte ás tradicións locais, os concellos modernos teñen, porén, bastantes puntos de contacto na súa estrutura e competencias.

En xeral, poden distinguirse tres tipos de concellos:

Urbanos: concellos constituídos exclusivamente, ou case, por territorio urbanizado;

Rurais: municipios constituídos por un ou máis núcleos poboacionais de pequenas dimensións e por territorio non urbanizado relativamente vasto;

Mixtos: concellos que comprenden cantidades significativas quer de territorio urbano, quer de territorio rural.Nalgúns países e nalgunhas subdivisións doutros países (como algúns estados norte-americanos), estes diferentes tipos están separados por lei, constituíndo diferentes unidades administrativas. Noutros, como en Portugal e España, todos os concellos son iguais ante a lei, aínda que por mor da súa poboación ou características estean suxeitos a un distinto trato financeiro, electoral etc. (achegas doutras administracións, número de concelleiros elixibles, estatutos de capitalidade, áreas metropolitanas etc).

Taiwán

A República da China (中華民國 ZhongHuá MínGuó), coñecida polo xeral como Taiwán (en chinés tradicional: 臺灣 ou 台灣; chinés simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân), é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República da China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fose a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República da China por 27 países. Non é recoñecida pola maioría dos países do mundo, aínda que tivo e ten relacións económicas e militares con moitos deles.

Tulsa, Oklahoma

Tulsa é unha cidade estadounidense, capital do condado de Tulsa, a segunda máis poboada do estado de Oklahoma con 385.635 habitantes e a 45 dos Estados Unidos. Ten 916.079 habitantes na súa área metropolitana en 2008.

Considéraselle, xunto a Houston, a Capital Mundial do petróleo, sendo coñecida tamén por ser o nacemento da famosa estrada Ruta 66.

Voo 222 de TransAsia Airways

O voo 222 de TransAsia Airways era un servizo regular doméstico de pasaxeiros entre Kaohsiung e Magong, en Taiwán. O día 3 de xullo de 2014 o ATR 72-500 que operaba a ruta esnafrouse contra varios edificios durante a aproximación ao aeroporto de Magong con mal tempo. Das 58 persoas a bordo só sobreviviron 10.

Unha investigación do Consello de Seguridade Aeronáutica de Taiwan atopou que os pilotos descenderon intencionadamente por debaixo da altura mínima de descenso e que o capitán tivo un exceso de confianza, resultando nun erro dos pilotos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.