Juventino Trigo Rey

Juventino José Trigo Rey, nado en Fene en 1962, é un político galego do BNG.

Juventino Trigo Rey
Juventino Trigo Rey
Datos persoais
Nacemento1962
 Fene, Galiza Galiza
OrganizaciónBloque Nacionalista Galego
ProfesiónPolítico

Traxectoria

Foi aprendiz en Astano. Rexenta unha asesoría en Perlío. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Fene e foi elixido concelleiro[1]. Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura do BNG e foi elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE, Somos Fene e EU[2]. O 6 de abril de 2017, prosperou unha moción de censura proposta polo PP que fixo recuperar o posto a Gumersindo Galego Feal.[3]

Predecesor:
Gumersindo Galego Feal
 Escudo de Fene.svg
Alcalde de Fene
 
2015 - 2018
Sucesor:
Gumersindo Galego Feal

Notas

  1. El BNG renueva su candidatura en Fene con Juventino Trigo para «recuperar a alcaldía»
  2. Juventino Trigo (BNG) alcalde de Fene y Julio Iglesias (PSOE) de Ares
  3. "Gumersindo Galego, novo alcalde de Fene ao prosperar a moción de censura impulsada polo PP". Sermos Galiza. 6 de abril de 2018. Consultado o 6 de abril de 2018.

Véxase tamén

Outros artigos

Concellos de Galicia

En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab/km² no 2016.

Eleccións municipais en Fene

Corporacións democráticas en Fene desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BN-PGModelo:Fene 1979

1983 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

1987 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

1991 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

1995 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

1999 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

2003 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

2007 Alcalde: Iván Puentes Rivera — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Gumersindo Pedro Galego Feal — PPdeG

2015 Alcalde: Juventino Trigo Rey — BNG. Tras unha moción de censura en abril de 2018 recupera a alcaldía o popular Gumersindo Galego Feal)Candidatos: Gumersindo Pedro Galego Feal (PP), Juventino José Trigo Rey (BNG), Antón Lois Noceda Carballo (PSdeG-PSOE), Xoán Manuel Rodríguez Bastida (Somos Fene-PDDdG), María Carmen Martínez Rodríguez (EU) e Julio Rodríguez Fernández (Agrupación de Electores Avante).

Fene

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Gumersindo Galego Feal

Gumersindo Pedro Galego Feal, nado en Fene en 1962, é un político galego do PPdeG.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.