Julio Prieto Nespereira

Julio Prieto Nespereira, nado en Ourense o 7 de decembro de 1896 e finado en Madrid o 5 de agosto de 1991, foi un pintor e gravador galego.

Julio Prieto Nespereira
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Medalla de Galiza.svg
Julio Prieto Nespereira 1917
Retrato en Vida Gallega, 1917.
Nacemento7 de decembro de 1896
 Ourense
Falecemento5 de agosto de 1991
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor e escultor
PremiosMedalla Castelao
Julio Prieto Nespereira 1936
Retrato en Vida Gallega, 1936.

Estilo

Prieto Nespereira continuou a tradición iniciada por Castro Gil e acusa a influencia deste no rigor do debuxo e na firmeza da incisión nas augafortes, sobre todo nas súas evocacións monumentais. Despois solta a súa liña e comeza a xogar cos ritmos de curvas, coa ideación de redes, nun barroquismo persoal máis creativo e plástico. A serie de «Peces rotos» chegan á abstracción pura. Como pintor é un expresionista temperado, ás veces próximo ó postcubismo, que tamén acusa a súa escultura.

Traxectoria

Realizou a primeira exposición de pintura ó óleo en 1912, na súa cidade natal, e debuxa en xornais galegos. Ó comezar a primeira guerra mundial viaxou a Cataluña e quedou impresionado pola obra de Isidro Nonell e Joaquín Mir. Chegou a Madrid en 1917 e visitou o Museo do Prado con frecuencia. Gañou oposicións para residir na corte e participou na Grande Mostra de Arte Galega da Coruña.

En 1918 iniciou clases de pintura con Fernando Álvarez de Sotomayor, con quen prosegue ata 1921. Debuxou no Museo de Reproducións Artísticas e colaborou en revistas galegas como Alfar e Nós. Coñeceu o gravado na obra de Bramguym.

En 1922 enviou por primeira vez gravados á Exposición Nacional de Belas Artes. Na de 1924 obtivo unha bolsa de viaxe que lle permitiu visitar Portugal. As medallas nesta gran mostra comezaron a chegar: en 1926 a terceira, en 1930 a segunda e en 1932 a primeira. Ó longo da súa vida gañou outros moitos premios. En 1926 foi invitado á Bienal de Venecia. Ó ano seguinte á Trienal de Florencia e á Internacional de Gravadores. En 1928 cruza o Atlántico para visitar Bos Aires e Montevideo, onde expón a súa obra. Ó seu regreso a España fundou a agrupación de gravadores «Los veinticuatro». Concorreu á Internacional de Barcelona e visitou por vez primeira París, xa en 1929. Un ano despois logra premio de honor na Exposición Hispanoamericana de Sevilla. En 1932, coa primeira medalla na Nacional de Belas Artes, concorre á Internacional de Filadelfiae expón en Bos Aires. Ese mesmo ano foi elixido presidente da Agrupación Española de Artistas Gravadores e tribútaselle unha homenaxe en Madrid.

Foi nomeado profesor de gravado artístico na Escola Nacional de Artes Gráficas en 1934 e, un ano máis tarde, conseguiu o premio Duque de Alba no concurso nacional organizado polo Círculo de Belas Artes. Dirixiu exposicións de gravadores ingleses e franceses no Museo de Arte Moderna de Madrid. Pouco antes de comeza-la guerra civil recibiu o premio nacional de gravado. Os anos da contenda bélica pasounos en Valencia e Barcelona.

Como bolseiro do Ministerio de Asuntos Exteriores viaxou a Uruguai e Brasil en 1947 e 1948. Foi hospede oficial en Montevideo, onde expuxo 140 gravados, que mostrará tamén en Río de Xaneiro, São Paulo e Santos, así como en Punta del Este e Bos Aires, onde se relaciona con Espilinbergo, Quinquela Martín, Escotti e Portinari.

Proseguen as súas exposicións en España. Viaxa ó Norte de África. En 1951 organizou a mostra «Goya y el grabado español», que percorre América de norte a sur, Filipinas, Xapón e Oriente Medio. En 1953 representou a España na segunda Bienal Hispanoamericana e gañou a medalla de ouro da Agrupación de Gravadores de Cuba. Foi nomeado membro da Academia de Artes e Letras da Habana.

Ata 1955 cultivou un estilo figurativo. Máis adiante evolucionou o seu concepto plástico e en 1956 deuno a coñecer en Praga, París e Hamburgo. Viaxou por Francia e Bélxica e organizou certames para dar a coñecer novos valores. En 1960 foi nomeado vicerreitor da Escola Nacional de Artes Gráficas e en 1961 conseguiu o premio da Fundación March.

Alternando o gravado coa pintura, en 1966 fixo unha antolóxica no Museo de Arte Moderna de Madrid, onde mostrou por vez primeira series famosas da súa arte coma « Hombres de mar», «Mujeres del campo gallego» e «Peces rotos». Á súa proposta acórdase a creación do Museo Nacional de Gravado Contemporáneo e Sistemas de Estampación, en 1967, do que é designado director entre 1967 e 1968.

Julio Prieto Nespereira, La Zarpa 1927
Caricatura en La Zarpa, 1927.

A súa obra seguiu percorrendo o mundo. Expuxo en Nova York. En 1971 foi nomeado vocal do padroado do Museo Español de Arte Contemporánea, e en 1974 foille concedida a Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes. En 1976 gañou o premio de honra na Bienal de Gravado Hispano-Arxentino de Mendoza. Un ano despois realizou unha exposición en Ourense, onde a Deputación organizara un ciclo de conferencias a cargo de Otero Pedrayo, Cunqueiro e Filgueira Valverde.

Os reis de España entregáronlle en 1980 o diploma e a medalla do centenario do Círculo de Belas Artes. O Museo Provincial de Lugo inaugurou unha sala monográfica do artista e a cidade dedicoulle unha rúa. O grande conxunto da súa obra chegou a Ourense, con gravados, debuxos e pinturas. Foi nomeado fillo predilecto da súa cidade natal en 1984. O Concello de Pontedeume fíxoo fillo adoptivo da vila en 1986. Pese á súa dilatada existencia, traballou case ata o mesmo día da súa morte, que lle chegou o 5 de agosto de 1991. Postumamente creouse a Bienal Internacional de Gravado que leva o seu nome e patrocinan a Xunta de Galicia e a Fundación Caixa Ourense.

Recibiu numerosas distincións: a Orde do Mérito de Ecuador, a encomenda da Orde de Isabel a Católica, a medalla de ouro do Círculo de Belas Artes e a medalla de ouro ó Mérito no Traballo; foi tamén membro da Real Academia de Belas Artes da Coruña, da Real Academia Galega e membro de honor de numerosas entidades de Madrid, Barcelona e América.

Véxase tamén

Bibliografía

  • OTERO PEDRAYO, R. Prieto Nespereira. Madrid, Editora Nacional, 1970.
  • CHAMOSO LAMAS, M. Arte en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer. 1976.
  • AREÁN, C. Julio Prieto Nespereira. Madrid, Dir. Gral. Bellas Artes, 1973.
  • VV. AA. Un siglo de pintura gallega 1880/1980. Bos Aires, Museo Nacional de Bellas Artes, 1984.
  • PANTORBA, B. de. Historia y crítica de las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes. Madrid, 1980.
  • PABLOS, F. Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981.
  • VV. AA. Prieto Nespereira. A Coruña, Xunta de Galicia, 1986.
  • RUBIO MARTÍNEZ, M. Ayer y hoy del grabado. Tarragona, Edic. Tarraco, 1979.
  • Diccionario de pintores españoles contemporáneos. Madrid, Edic. Estiarte, 1972.
  • CARRETE PARRONDO, J.; VEGA GONZÁLEZ, J. FONTBONA, F.; BOZAL, V. El grabado en España (siglos XIX y XX). Summa Artis. Vol. XXXII. Madrid, Espasa Calpe, 1988.
  • CAMPOY, A.M. Diccionario crítico del arte español contemporáneo. Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1973.
  • MARTÍNEZ BARBEITO, C. Julio Prieto Nespereira. Madrid, Pub. Españolas, 1969.

Ligazóns externas

5 de agosto

O 5 de agosto é o 217º día do ano do calendario gregoriano e o 218º nos anos bisestos. Quedan 148 días para finalizar o ano.

7 de decembro

O 7 de decembro é o 341º día do ano do calendario gregoriano e o 342º nos anos bisestos. Quedan 24 días para finalizar o ano.

Coral de Ruada

A Coral de Ruada é unha histórica agrupación musical galega con sede en Ourense.

La Billarda

La Billarda foi un semanario editado en Ourense entre 1920 e 1921.

Medalla de Galicia

A Medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica.

Creadas en 1984 cun único distintivo de ouro, coñeceron un grande impulso cos sucesivos gobernos de Manuel Fraga. Se ben ata 1991 se outorgaran unicamente catro medallas, dúas delas a título póstumo, a partir desa data creáronse dous distintivos máis (prata e bronce) e chegaron a concederse ata 34 medallas por edición. Coa chegada ao goberno do bipartito liderado por Emilio Pérez Touriño reduciuse outra vez o número e a tipoloxía a unha soa, e de ouro.

É notoria a escaseza de mulleres entre os premiados.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

1984–1999
Desde 2000
Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.