Julio Galán Carvajal

Julio Galán y González Carvajal, nado en Avilés (Asturias) o 22 de decembro de 1875 e finado en Oviedo en decembro de 1939 foi un arquitecto que realizou a maior parte da súa obra en Galicia e Asturias.

Julio Galán Carvajal
Nacemento22 de decembro de 1875
 Avilés
Falecementodecembro de 1939
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
FillosJulio Galán Gómez

Traxectoria

Estudou arquitectura en Madrid onde se graduou en 1900. O seu primeiro traballo foi como arquitecto municipal en Trujillo, pero ao quedar libre a praza de arquitecto provincial da Coruña trala morte de Faustino Domínguez Coumes-Gay gañou a praza en 1901. Tamén foi arquitecto diocesano de Santiago de Compostela. Na Coruña naceu o seu fillo, o tamén arquitecto Julio Galán Gómez.

En 1911 foi nomeado arquitecto municipal de Oviedo, cargo que ocupou ata 1921. Seguiu residindo na cidade de Oviedo ata a súa morte.

En 1991 o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia creou o Premio de Arquitectura Julio Galán Carvajal.[1]

Obra

Galán Carvajal é considerado un dos introdutores do modernismo en Galicia, realizando obras como a Casa Rey e o Pazo de Xustiza da Coruña (sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia). Foi o autor das Casas do Concello de Carballo e Ribeira, derrubadas ambas as dúas na década de 1970. En Asturias deseñou o Círculo Mercantil ou a colonia do Marqués de San Feliz.

Galería

A Coruña, Porta Real

Casa Rey na avenida da Mariña (A Coruña)

Casa Viturro

Casa Viturro na praza de Lugo (A Coruña)

Notas

  1. COAG, ed. (24 de maio de 1991). "I Premio Julio Galán Carvajal. Acta del jurado" (PDF) (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2014.

Véxase tamén

Bibliografía

  • González Fernández, José David. Dos obras perdidas del arquitecto Julio Galán.

Ligazóns externas

Arturo Franco Taboada

Arturo Franco Taboada, nado na Coruña en 1945, é un arquitecto galego.

Avenida da Mariña

A avenida da Mariña é unha rúa da Coruña situada no barrio da Peixería da cidade.

É habitual denominar avenida da Mariña a toda rúa entre a Porta Real e o Obelisco, aínda que o tramo entre a Porta Real e a rúa Luchana recibe o nome de avenida de Montoto, en honra a Lorenzo Montoto, un dos comandantes que defenderon a cidade fronte ao ataque de Drake en 1588.A avenida da nome á dársena da Mariña e á travesía da Mariña, que une a avenida coa rúa Real.

Carlos Almuíña

Calos Almuíña Díaz, nado en Santiago de Compostela o 18 de febreiro de 1946 é un arquitecto galego.

Carlos Meijide

Carlos Enrique Meijide Calvo, nado en Monforte de Lemos (provincia de Lugo) en 1936 e finado en Vilalba o 12 de xuño de 2001, foi un arquitecto galego.

Carlos Quintáns Eiras

Carlos Quintáns Eiras, nado en Senande (Muxía) en 1962, é un arquitecto galego.

Galería de imaxes de galerías da Coruña

Galerías da Coruña

Iago Seara

Iago Seara Morales, nado en Ourense o 26 de agosto de 1948, é un arquitecto galego.

Julio Galán

O nome de Julio Galán pódese referir a:

Julio Galán Carvajal, arquitecto asturiano (1875-1939);

Julio Galán Gómez, arquitecto galego, fillo do anterior (1908-1975);

Julio Galán Martín, escenógrafo e interiorista asturiano (1946-2003);

Julio Galán, pintor mexicano (1959-2006);

Julio Galán Gómez

Julio Galán Gómez, nado na Coruña en 1908 e finado en Milán en 1975, foi un arquitecto galego.

Manuel Gallego Jorreto

Manuel Gallego Jorreto, nado no Carballiño en 1936, é un arquitecto galego.

Modernismo

Modernismo é o termo co que se designa a unha corrente de renovación artística e literaria desenvolvida a finais do século XIX e principios do XX. Segundo os distintos países, recibiu diversas denominacións: Art Nouveau (En Bélxica e Francia), Sezession (en Austria), Jugendstil (Alemaña), Liberty (Inglaterra) e Floreale (en Italia). En catalán, modernisme ou Estilo modernista.

Pedro Mariño

Pedro Mariño y Ortega nado en Benavente en 1865 e falecido en 1931 na Coruña, foi un arquitecto afincado en Galicia encadrado no eclecticismo, autor do Pazo Municipal da cidade da Coruña.

Praza de Lugo (A Coruña)

A praza de Lugo é un espazo público da cidade da Coruña, situado entre a praza de Pontevedra e a praza de Ourense, no Ensanche coruñés. O lugar está adicado principalmente ao comercio e o lecer.

A praza deseñouse no plan do Primeiro Ensanche (1885) proxectado por Juan de Ciórraga e no centro da praza hai un mercado con máis de 150 postos e centro comercial.

Rafael Baltar

Rafael Baltar Tojo, nado en Santiago de Compostela o 31 de xaneiro de 1933 e falecido na mesma cidade o 15 de decembro de 2004, foi un arquitecto galego .

Rúa Panadeiras (A Coruña)

A rúa Panadeiras é unha rúa residencial e comercial da Coruña situada no barrio da Pescadería da cidade.

Rúa de Ferrol (A Coruña)

A Rúa de Ferrol é unha rúa da Coruña situada no Ensanche da cidade. Nun dos seus laterais está a praza de Galicia co Pazo de Xustiza.

Rúa de San Andrés (A Coruña)

A Rúa de San Andrés ou Santo André é unha rúa da Coruña situada no barrio da Peixería da cidade.

Está situada entre a rúa Estreita de San Andrés e a praza de Pontevedra e foi unha das principais vías de comunicación entre a Cidade Vella e as zonas novas de expansión da cidade.

Rúa do Orzán

A rúa do Orzán é unha rúa da Coruña que atravesa a zona homónima do barrio da Peixería.Tamén reciben o nome Orzán as rúas Travesía do Orzán e Pasadizo do Orzán.

Santiago Catalán

Santiago Catalán Tobía, nado en Madrid no ano 1954 e radicado en Lugo, é un arquitecto, debuxante e pintor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.