Julio Dávila

Julio Dávila Díaz, nado en Ortigueira o 26 de agosto de 1871 e finado en Madrid o 12 de xuño de 1971, foi un historiador, xeógrafo e escritor galego.

Julio Dávila
Almanaque Gallego, 1898, p. 56, Julio Dávila
Nacemento26 de agosto de 1871
 Ortigueira, Galicia Galicia
Falecemento12 de xuño de 1971 (99 anos)
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriador e escritor
XénerosEnsaio

Traxectoria

Era fillo de Jesús Dávila Rivadeneira, perito agrimensor de quen herdou o interese polo estudo do medio físico.[1] Fixo os primeiros estudos e pasou a súa adolescencia na vila natal, e aos 18 emigrou a Sudamérica. Primeiro a Uruguai, e pouco despois, en 1893, cambiou a Buenos Aires, onde se dedicou ós negocios mercantís. En 1911 regresou a España e instalouse en Madrid. Volveu marchar á Arxentina en 1920, regresando definitivamente a España en 1927.

Julio Dávila foi un erudito que cultivou diversas áreas da cultura e da ciencia. Se ben a súa obra xeográfica é a máis destacada, fixo diversas colaboracións, sobre todo na prensa periódica sobre cuestións históricas, culturais e incluso filolóxicas. Colaborou nos xornais El Eco de Galicia, no que escribiu dende 1915 unha serie de artigos sobre Galicia titulados “Desde el relleno”, Almanaque Gallego (“Notas de Baamonde (Lugo)”, 1914 e “Baamonde ou Vaamonde?”, 1915) e en La Voz de Galicia. No Boletín de la Real Academia Gallega publicou o artigo “Acerca del topónimo Bares” (1956). Tamén colaborou en periódicos locais, como La Voz de Ortigueira, El Condado de Ortigueira e El Eco Ortegano.

Foi fundador, tesoureiro e secretario da Asociación Protectora da Academia Gallega de Buenos Aires, e, dende 1927, membro numerario da Real Academia Galega. En 1943 foi nomeado Cronista Oficial de Ortigueira ao falecer o anterior cronista, Federico Maciñeira Pardo de Lama.

O seu irmán Eusebio Dávila financiou a construción dun edificio para asilo nas aforas de Ortigueira, na zona de Miñaño (Luama).

Obras

  • El Destino, 1897.
  • Al abrigo del ombú, 1914.

Ensaio

  • Apuntes históricos y descriptivos de la villa y partido judicial de Santa Marta de Ortigueira, 1902.
  • Vocabulario santamartés u ortigueirés. Crítica de críticas, 1903.
  • Cuestión filológica. Nombre genérico de los hijos de Ortigueira, 1903 e 1904.
  • Barbarismos de la inscripción del monumento a los mártires de Carral, 1907. Colección de dezaseis artigos e un apéndice que continúa unha polémica suscitada nalgúns periódicos galegos entre 1902 e 1906.
  • Plano del partido de Ortigueira puesto al día, 1913.
  • Contribución para la historia de la comarca villalbesa, 1918.
  • Por tierras guaraníes, 1926.
  • La personalidad y la obra de Benigno Teijeiro Martínez, 1927.
  • Geografía descriptiva de la comarca de Ortigueira, 1931.

Notas

  1. Rosende, Anxo (1990). Limiar da Geografía Descriptiva de la Comarca de Ortigueira. Deputación da Coruña.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Couceiro Freijomil, Antonio (1951-54). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) 1. Bibliófilos Gallegos. p. 343.
  • Dávila Díaz, Julio. Geografía descriptiva de la Comarca de Ortigueira. Edición e limiar a cargo de Anxo Rosende. Deputación da Coruña, 1990. Reedición facsimilar.

Ligazóns externas

12 de xuño

O 12 de xuño é o 163º día do ano do calendario gregoriano e o 164º nos anos bisestos. Quedan 202 días para finalizar o ano.

26 de agosto

O 26 de agosto e o 238º día do ano do calendario gregoriano e o 239º nos anos bisestos. Quedan 127 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Illa de San Vicente

A illa de San Vicente (illa de San Vicenzo) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada na ría de Ortigueira. Pertence á parroquia ortigueiresa de Luama, e ten 1,3 hectáreas de superficie.

É de forma oval e está cuberta por unha masa arbórea na súa cara sur, protexida dos embates do Atlántico, mentres a cara norte está cuberta de toxeiras e matogueiras propias do litoral. Cando baixa a marea, a illa queda unida a terra mediante un extenso banco de area. Está nunha paraxe de alto interese ecolóxico (sub-rías de Ladrido e Baleo), polo que a illa, xunto coas marismas que a rodean están protexidas. Segundo menciona Julio Dávila Díaz na súa obra Xeografía Descritiva (1931), na Idade Media existiu na illa un pequeno mosteiro nun principio ocupado polos templarios e máis tarde polos franciscanos.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Veiga, Ortigueira

Santo Adrao de Veiga é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 299 habitantes (141 mulleres e 158 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 455 habitantes.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.