Julio Cortázar

Julio Cortázar, nado en Bruxelas o 26 de agosto de 1914 e finado en París o 12 de febreiro de 1984, foi un escritor arxentino.

Julio Cortázar
Cortázar
AlcumeJulio Denis
Nacemento26 de agosto de 1914
 Ixelles
Falecemento12 de febreiro de 1984
 París
Causaleucemia linfoide aguda
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeArxentina e Francia
Relixiónateísmo
Alma máterFacultad de Filosofía y Letras de la Universidad de Buenos Aires
Ocupaciónlingüista, guionista, novelista, ensaísta, tradutor, poeta, escritor, catedrático de universidade, dramaturgo e crítico literario
CónxuxeUgnė Karvelis, Aurora Bernárdez e Carol Dunlop
Coñecido/a porRayuela
PremiosPrémio Médicis estrangeiro
Julio Cortázar signature

Traxectoria

Estudou Letras e Maxisterio, traballou na docencia e foi tradutor en varias cidades do interior na Arxentina. Trasladouse a París, onde fixou a súa residencia no 1951, para dedicarse á literatura, desenvolvendo unha actividade narrativa única no panorama da lingua castelá.

Parte dos contos de Julio Cortázar constitúen as pezas máis perfectas do xénero. Coa novela Rayuela marcou un antes e un despois na narrativa contemporánea.

Obras

Contos

  • Bestiario, 1951.
  • Final de juego, 1956.
  • Historias de cronopios y de famas, 1962. Un dos seus relatos, Discurso do Oso, é a primeira obra do autor traducida ao galego[1].
  • Todos los fuegos el fuego, 1966.
  • El perseguidor y otros cuentos, 1967.
  • Octaedro, 1974.
  • Un tal Lucas, 1979.
  • Queremos tanto a Glenda, 1980.
  • Deshoras, 1982.

Novela

  • Los premios, 1960.
  • Rayuela, 1963.
  • 62: Modelo para armar, 1968.
  • Libro de Manuel, 1973.

Ensaio

  • La vuelta al día en ochenta mundos, 1967.

Notas

  1. http://www.galiciae.com/nova/11034.html Arquivado 29 de agosto de 2011 en Wayback Machine. Kalandraka publica a primeira tradución de Córtazar ao galego
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
12 de febreiro

O 12 de febreiro é o 43º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 322 días para finalizar o ano, 323 nos anos bisestos.

26 de agosto

O 26 de agosto e o 238º día do ano do calendario gregoriano e o 239º nos anos bisestos. Quedan 127 días para finalizar o ano.

Ampliación (filme)

Ampliación (en inglés: Blowup) é un filme dirixido por Michelangelo Antonioni que foi estreado en 1966. Conta a historia dun fotógrafo de moda, interpretado por David Hemmings, que cre que capturou involuntariamente un asasinato na película da cámara. Foi o primeiro filme de Antonioni completamente en lingua inglesa.Estreouse en galego a través da TVG o 29 de abril de 1989.

Aurora Bernárdez

Aurora Bernárdez, nada en Buenos Aires o 23 de febreiro de 1920 e finada en París o 8 de novembro de 2014, foi unha tradutora, editora, arquiveira e escritora galego-arxentina.

Benito Varela Jácome

Benito Varela Jácome, nado en Soutolongo (Lalín) o 6 de marzo de 1919 e falecido en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 2010, foi un estudoso e crítico literario galego.

Biblioteca Nacional da República Arxentina

A Biblioteca Nacional da República Arxentina (en castelán: Biblioteca Nacional de la República Argentina) é a biblioteca máis importante da Arxentina. Creada en 1810 no Cabido de Buenos Aires, no presente atópase no barrio porteño de Recoleta.

Cristina Peri Rossi

Cristina Peri Rossi, nada en Montevideo, Uruguai, o 12 de novembro de 1941, é unha escritora, tradutora e activista política uruguaia exiliada en España desde 1972 e residente en Barcelona, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira literaria.

Segundo o crítico Seymour Menton, foi unha das contistas contemporáneas máis destacadas de Uruguai a partir da década de 1950, mentres que os editores da revista Confluencia din que «é considerada unha das escritoras máis importantes de fala castelá, traducida a máis de vinte linguas, incluídas o yiddish e coreano». Con todo, foi censurada durante a ditadura militar que gobernou Uruguai de 1973 a 1985. A súa obra foi prohibida no país, así como a mención do seu nome nos medios de comunicación. A pesar do seu exilio no Estado Español, baixo o réxime de Franco, e tamén despois en París, a autora seguiu publicando obras de alto contido político e non deixou de involucrarse en labores de activismo fóra de Uruguai.

Peri Rossi foi unha autora pioneira e é a única escritora feminina vinculada ao boom latinoamericano, un movemento que xeralmente é asociado con autores como Gabriel García Márquez, Mario Vargas Llosa e Carlos Fuentes. Traduciu ao español obras de Clarice Lispector e Monique Wittig, e colaborado en medios de comunicación españois como Diario 16, El Periódico e Axencia EFE.

Francisco Porrúa

Francisco Porrúa, nado en Corcubión no 1922 e finado en Buenos Aires o 18 de decembro de 2014, foi un editor e tradutor galego emigrado na Arxentina. Foi o tradutor ao español da triloxía de J. R. R. Tolkien O Señor dos Aneis, así como editor de Cien años de soledad ou Rayuela entre outras destacadas. Porrúa foi o fundador de Ediciones Minotauro a maior editorial adicada á ciencia ficción en lingua castelá.

Francisco Xosé Fernández Naval

Francisco Xosé Fernández Naval, "Chisco", nado en Ourense en 1956, é un narrador e poeta galego.

Fundación Juan March

A Fundación Juan March é unha instituión fundada en 1955 polo financeiro mallonquín Juan March, a imitación da Fundación Rockefeller e a Fundación Carnegie, para promover a ciencia e a cultura.

José Lezama Lima

José María Andrés Fernando Lezama Lima, nado na Habana o 19 de decembro de 1910 e finado o 9 de agosto de 1976, foi un escritor cubano. Recoñecido como poeta e ensaísta, a súa novela Paradiso acadou unha enorme repercusión internacional desde a súa publicación en 1966.

La borra del café

La borra del café é unha novela en lingua castelá do escritor uruguaio Mario Benedetti, publicada en 1992 pola editorial Suma de Letras. A novela está ambientada na cidade de Montevideo durante a mocidade do autor, narrada baixo a perspectiva dun alter ego.

Ten 48 capítulos, e conta cunha dedicatoria (aos tradutores de Benedetti a outras linguas) e tres citas de Julio Cortázar, Louis Jouvet e Milton Schinca. Amais, ao inicio dos capítulos conta con citas de Rosario Castellanos, Fernando Pessoa

Leonardo e os fontaneiros

Leonardo e os fontaneiros é unha novela infantil-xuvenil de María Victoria Moreno, que a consideraba o seu libro preferido . Logo de recibir en 1985 o 3º Premio O Barco de Vapor, en 1986 foi publicada por Editorial Galaxia e Ediciones S.M.. Tivo varias reedicións e foi traducida ao castelán en 1988 co título de Leonardo y los fontaneros na colección El Barco de Vapor de SM -traducido pola súa filla Begoña Llácer-.

A obra está presentada en capítulos curtos que se poden ler seguidos ou seguindo os saltos temporais aos que convida a voz narrativa. No remate de cada unha das escenas hai unha frase que anima a seguir a historia non linealmente, xogando coas páxinas e brincando dun lado a outro. Carmen Blanco di que seguiu a técnica de Julio Cortázar en Rayuela (1963).

Leopoldo Nóvoa

Leopoldo Nóvoa García, nado en Salcedo (Pontevedra) o 17 de decembro de 1919 e finado en París o 23 de febreiro de 2012 foi un pintor e escultor galego.

Mar dos Argazos

O Mar dos Argazos (ás veces citado como Mar dos Sargasos ou Mar dos Sargazos), é unha rexión do océano Atlántico setentrional que se estende entre os meridianos 70º e 40º O e os paralelos 25º a 35º N, e que nos séculos XVII ó XVIII tivo a tétrica fama de ser lugar de cemiterio de buques de navegación a vela. Abrangue parte do sector chamado Triángulo das Bermudas.

Roberto Bolaño

Roberto Bolaño Ávalos ( pronunciación ), nado en Santiago de Chile o 28 de abril de 1953 e finado en Barcelona o 15 de xullo de 2003, foi un escritor e poeta chileno vinculado tamén a México e Cataluña. Autor de máis dunha vintena de libros, entre os cales salientan as súas novelas Los detectives salvajes, gañadora do Premio Herralde en 1998 e o Premio Rómulo Gallegos en 1999, e a póstuma 2666.

Após da súa morte converteuse nun dos escritores máis influentes en lingua castelá, como o demostran as numerosas publicacións consagradas á súa obra e o feito de que tres novelas —ademais das devanditas Los detectives salvajes e 2666, a breve Estrella distante— figuran nos 15 primeiros lugares da lista confeccionada en 2007 por 81 escritores e críticos latinoamericanos e españois, cos mellores 100 libros en lingua castelá dos últimos 25 anos.A súa obra foi traducida a numerosas linguas, entre elas inglés, francés, alemán, italiano e neerlandés, tendo no intre da súa morte 37 contratos de publicación en dez países, e postumamente estendéndose a outros máis, entre eles os Estados Unidos, ascendendo a 50 contratos e 49 traducións en doce países, todos eles previos á publicación de 2666, a súa novela máis ambiciosa. Ademais, o autor goza de boas críticas tanto de escritores como da crítica literaria contemporánea, sendo considerado un dos grandes autores hispanoamericanos do século XX, a carón doutros escritores do talle de Jorge Luis Borges e Julio Cortázar, con quen adoita ser comparado.

Twitter

Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, co filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdicción de Delaware dende o 2007.​ Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias.​ Foi denominado como o «SMS de Internet».​A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres (orixinalmente 140), chamados chíos​​ ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario. Os usuarios poden suscribirse aos chíos de outros usuarios – a isto chámaselle "seguir" e aos usuarios abonados chámaselle seguidores,​ followers e as veces tweeps​ (Twitter + peeps, seguidores novatos que aínda non publicaron moitos chíos). Por defecto, as mensaxes son públicas, podendo difundirse privadamente mostrándoas unicamente a uns seguidores determinados. Os usuarios poden chiar dende a web do servizo, con aplicacións oficiais externas (como para teléfonos intelixentes), ou mediante o Servizo de mensaxes curtas (SMS) dispoñible en certos países.​ Agora ben se o servizo é de balde, acceder a el vía SMS comporta soportar tarifas fixadas polo provedor de telefonía móbil.

Na actualidade Twitter factura máis de 2500 millóns de dólares anuais e teñen un valor na bolsa superior aos 10 000 millóns de dólares.

Urxa

Urxa é unha longametraxe galega escrita e dirixida por Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal, e protagonizada por Luma Gómez no papel de Urxa. Trátase dunha coprodución na que tanto o equipo técnico coma o artístico están formados na súa maior parte por galegos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.