Julio Anguita

Julio Anguita González, nado o 21 de novembro de 1941 en Fuengirola, é un político comunista andaluz.

Julio Anguita
Julio Anguita en el Ateneo de Córdoba en 2004
Datos persoais
Nacemento21 de novembro de 1941
 Fuengirola, Málaga
OrganizaciónPartido Comunista de España
Izquierda Unida
FillosJulio Anguita Parrado
Alma máterUniversidade de Barcelona
ProfesiónMestre

Traxectoria

Procedente dunha familia de militares e gardas civís, estudou maxisterio e posteriormente historia na Universidade de Barcelona, militante do Partido Comunista de España desde 1972 (ou 1974), foi alcalde de Córdoba entre 1979 e 1988, candidato á presidencia da Xunta de Andalucía en 1986, elixido secretario xeral do PCE en 1988, cando se formou Izquierda Unida converteuse no seu coordinador xeral. Deputado no Congreso dos Deputados (1989-2000). En 1999 deixou a secretaría do seu partido tras sufrir problemas cardiovasculares.

Durante o seu liderado IU mantivo unha política moi belixerante co goberno do PSOE, con posturas próximas á ortodoxia comunista, e opostas á Europa de Maastricht, favorecendo acordos puntuais co Partido Popular, o que provocou enfrontamentos no interior da coalición que levan á expulsión da corrente Nueva Izquierda e a ruptura con Iniciativa per Catalunya, pero tamén é certo con el IU obtivo os mellores resultados electorais da súa historia.

O seu fillo, Julio Anguita Parrado, xornalista, morreu cando cubría coas tropas norteamericanas a invasión de Iraq de 2003 por un disparo iraquí.

Predecesor:
Gerardo Iglesias
 Logotipopce.svg
Secretario Xeral do PCE
 
1988 - 1998
Sucesor:
Francisco Frutos
Predecesor:
Gerardo Iglesias
 Coordinador Xeral de IU 
1988 - 2000
Sucesor:
Gaspar Llamazares
21 de novembro

O 21 de novembro é o 325º día do ano no Calendario Gregoriano e o 326º nos anos bisestos. Quedan 40 días para finalizar o ano.

7 vidas

Siete Vidas é unha comedia de situación emitida por Telecinco entre xaneiro de 1999 e abril de 2006 cun enorme éxito de audiencia. Superou os 200 episodios emitidos converténdose na serie de ficción española semanal que logrou estar máis tempo en emisión.

Andrés Ocaña Rabadán

Andrés Ocaña Rabadán, nado en Aguilar de la Frontera en 1955, é un político andaluz. Desde 2009 até 2011, e tras a dimisión de Rosa Aguilar, exerceu o cargo de alcalde de Córdoba.

Anxo Guerreiro

Anxo Guerreiro Carreiras, chamado Geluco, nado en Xermade o 28 de agosto de 1945 e falecido o 18 de xullo de 2013 na Coruña, foi un político e xornalista galego.

Caddy Adzuba

Caddy Adzuba, nada en Bukavu o 5 de abril de 1981 é unha avogada, xornalista e activista polos dereitos das mulleres congolesa. O seu foco principal é a loita contra a violencia sexual na República Democrática do Congo.

Cristina Almeida

María Cristina Almeida Castro, nada en Badaxoz o 24 de xullo de 1945, é unha avogada e política española.

Córdoba, España

Córdoba é unha cidade andaluza, capital da provincia homónima, situada a beiras do río Guadalquivir e ao pé de Serra Morena. Provén do latín Corduba, e posiblemente dunha anterior fenicia, Qorteba, que viría a significar 'muíño de aceite' para algúns autores , ou ben 'cidade boa', a partir de Qart-tuba para outros.Foi capital do Califato Omeia de Occidente, época do seu maior esplendor e da que conserva numerosos monumentos, entre eles o máis importante é a Mesquita de Córdoba.

Córdoba na actualidade é un gran referente cultural do sur de Europa, unha das cidades máis atractivas, conservadas e de maior calidade de vida de España. Cun dos cascos históricos máis extensos do mundo, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o 17 de decembro de 1984. Hoxe en día a cidade presenta diversas zonas moi modernas e ben comunicadas referentes da moderna Córdoba do século XXI, destacando a enorme transformación urbana do Plano RENFE e no río Guadalquivir, alén da expansión da cidade cunha gran dimensión urbana e alta calidade de vivenda, aínda que os prezos acadados nos andares dos novos barrios son moi elevados. Foi candidata á capitalidade cultural europea para o ano 2016.

A Xunta de Andalucía está estudando dende fai un tempo, a creación da Área Metropolitana de Córdoba que estaría composta, ademais de pola capital, polas poboacións de Villafranca, Obejo, La Carlota, Villaharta, Villaviciosa de Córdoba, Almodóvar del Río e Guadalcázar, contando así cunha poboación aproximada de 351.000 habitantes.

Francisco Bustelo

Francisco Bustelo García del Real, nado en Madrid o 12 de xaneiro de 1933, é un político español de orixe galega.

Francisco Frutos

Francisco Frutos Gras, coñecido como Paco Frutos, nado en Calella o 6 de setembro do ano 1939, é un político catalán. Foi o secretario xeral do Partido Comunista de España (PCE).

Gaspar Llamazares

Gaspar Llamazares Trigo, nado en Logroño (A Rioxa) o 28 de novembro de 1957, é un político e médico español. É o coordinador xeral da coalición Izquierda Unida dende outubro de 2000 e o seu candidato á presidencia do Goberno para as eleccións de 2008.

Gerardo Iglesias

Gerardo Iglesias Argüelles, nado en La Cerezal (Mieres, Asturias) o 29 de xuño de 1940, é un político español, actualmente retirado.

De familia antifranquista comprometida, durante os anos 1950, sendo aínda un cativo, tivo que asistir a como a Garda civil torturaba o seu pai por apoiar os maquis.

Izquierda Unida

Izquierda Unida é unha organización política española federalista, republicana e de esquerdas.

Partido Comunista de España

O Partido Comunista de España (ou PCE) é un partido político español integrado actualmente en Izquierda Unida, que xurdiu de grupos do PSOE e da CNT partidarios de sumarse á III Internacional fundada por Lenin e de apoiar a revolución rusa que el dirixía.

Partido Comunista de los Pueblos de España

O Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) é un partido político español marxista-leninista fundado en xaneiro de 1984 tras a unión de varios partidos e organizacións que anteriormente se escindiran do Partido Comunista de España por non estar de acordo coa liña eurocomunista de Santiago Carrillo.

Partido Democrático de la Nueva Izquierda

O Partido Democrático de la Nueva Izquierda (PDNI) foi un partido español de esquerdas xurdido como como corrente interna de Izquierda Unida co nome de Nueva Izquierda que se transformou en partido en 1997 ao ser expulsada da coalición.

Por mor da dura política de oposición ao goberno socialista de Felipe González que efectuaba o coordinador xeral de IU, Julio Anguita, provocou que un sector da coalición partidario dun maior diálogo co PSOE, unha maior crítica ao Partido Popular e un reforzamento das bases da coalición constituira unha corrente interna que se enfrontou coa dirección da coalición e que acabou sendo sancionada e finalmente deixou a coalición en setembro de 1997 para constituír o seu propio partido político, o PDNI, o cal en 1999 chegou a un acordo electoral co PSOE para concorrer ás eleccións conxuntamente, o que permitiu que o PDNI tivese arredor de 20 parlamentarios autonómicos, 3 deputados no Congreso dos Deputados e 2 no Parlamento Europeo ademais de 300 concelleiros. En marzo de 2001 o PDNI acordou integrarse no PSOE. Os seus principais dirixentes foron Diego López Garrido e Cristina Almeida.

Rosa Aguilar

Rosa Aguilar Rivero, nada en Córdoba en 1957, é unha política andaluza, foi ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño de España entre os anos 2010 e 2011

Sorpasso (política)

En política, un sorpasso é o adiantamento nos resultados electorais ou intención de voto dunha forza política con respecto a outra. A orixe do termo aplicado á política está probabelmente na década dos anos 80, cando o político de Esquerda Unida, Julio Anguita, teorizou sobre o potencial adiantamento do seu partido, que por aquel entón posuía o 10% dos votos, sobre o Partido Socialista Obrero Español. Finalmente tal sorpasso non se chegou a producir.

Xuventude Comunista

A Unión de Juventudes Comunistas de España, ou Juventud Comunista, é a organización xuvenil do Partido Comunista de España. En Galiza, toma o nome de Xuventude Comunista.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.