Julian Assange

Julian Paul Assange, nado en Townsville (Queensland) o 3 de xullo de 1971, é un xornalista, programador e activista de internet australiano, coñecido por ser o portavoz e editor do sitio web WikiLeaks.

Julian Assange
RUEDA DE PRENSA CONJUNTA ENTRE CANCILLER RICARDO PATIÑO Y JULIAN ASSANGE - 14953880621
Nome completoJulian Paul Hawkins
Alcumeproff
Nacemento3 de xullo de 1971
 Townsville
NacionalidadeAustralia e Ecuador
EtniaAustralianos
Alma máterUniversidade Central de Queensland e Universidade de Melbourne
Ocupaciónxornalista, ciberativista, delator, hacker, programador, informático teórico, produtor de televisión, director de televisión, produtor de cine, escritor, executivo de negócios e presentador
PaiJohn Shipton
NaiChristine Ann Assange
PremiosSam Adams Award, Courage Award for the Arts, Gold medal for Peace with Justice, Index Award e Martha Gellhorn Prize for Journalism

Traxectoria

Assange estudou física e matemáticas na Universidade de Melbourne até 2006, cando empezou a implicarse profundamente en Wikileaks. Foi descrito como moi autodidacta e cumpridamente lido en ciencias e matemáticas. Tamén estudou filosofía e neurociencia. Na súa páxina web, describiu como representou á súa universidade na Competición Nacional Australiana de Física en 2005.

Wikilieaks

Julian Assange 26C3
Assange en 2009.

Wikileaks foi fundado en 2006. Assange está entre os nove membros asesores, e é o voceiro diante dos medios de comunicación. Tamén foi nomeado director e fundador do sitio e ten a decisión final no proceso de exame dos documentos presentados ao sitio. Como todos os integrantes do sitio, Assange traballa en calidade de voluntario. Kristinn Hrafnsson tomou as rendas da organización a partir da súa detención o 7 de decembro, en cumprimento da orde europea de detención internacional emitida desde Suecia, pola policía metropolitana de Londres despois de presentarse nunha comisaría pola súa propia vontade, ao estar acusado dos delitos de violación, abusos sexuais e coacción, cargos polémicos que a día de hoxe non están en absolutos claros.

Reaccións ao arresto

Sydney Wikileaks 2010-Dec-10
Manifestación de apoio a Assange en Sidney, o 20 de decembro de 2010.

Perante a detención de Assange acusado pola fiscalía sueca dos supostos delitos de violación, abusos sexuais e coacción, e a negativa da xustiza británica a que saia en liberdade baixo fianza creouse a FreeAssange.org, unha plataforma de apoio pola liberdade de Assange. Os seus partidarios consideran que a acusación é falsa e que a intensificación da procura de Assange coincidiu coa publicación por parte de Wikileaks e outros cinco órganos de prensa de cables diplomáticos confidenciais estadounidenses, o que provocou a indignación dos Estados Unidos e de numerosos países afectados polas revelacións e consecuentemente as presión internacionais para lograr o seu encarceramento.

Detención en 2019

O 11 de abril de 2019 foi detido dentro da embaixada de Ecuador, onde estivo asilado durante seis anos e dez meses, despois de que o presidente de Ecuador, Lenín Moreno, anunciase a retirada do asilo. Ecuador ten a promesa do Reino Unido de que non será extraditado a un país no que poida ser condenado a morte.[1] A detención xurdiu da orde europea de detención emitida por Suecia no 2010, aínda que foi retirada no 2017 pola baixa posibilidade de extradición.

Diversas declaracións coinciden en que a detención ten a súa orixe na persecución dos EEUU contra Assange, pola filtración de datos e vídeos de Wikileaks proporcionados por Chelsea Manning, amosando entre outras, probas sobre a comisión de crimes de guerra.[2]

Notas

  1. "Julian Assange, detenido a petición de EEUU en la embajada de Ecuador en Londres". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-04-11.
  2. Ugarte, Iñigo Sáenz de. "Por qué EEUU persigue a Julian Assange (y no tiene que ver con la clave secreta de un ordenador)". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-04-16.

Véxase tamén

Ligazóns externas

2019

2019 (MMXIX) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.

3 de xullo

O 3 de xullo é o 184º día do ano do calendario gregoriano e o 185º nos anos bisestos. Quedan 181 días para finalizar o ano.

Baltasar Garzón

Baltasar Garzón Real, nado en Torres (Xaén) o 26 de outubro de 1955, é un xuíz español. Foi xuíz dende 1981 e maxistrado do Xulgado Central de Instrución n.º 5 da Audiencia Nacional dende 1988 até 2012 (agás dende maio de 1993 até maio de 1994), tivo ó seu cargo a investigación dalgúns dos delitos de maior relevancia que se produciron en España durante aquela época: crimes contra a humanidade, terrorismo, terrorismo de Estado, narcotráfico, corrupción política e delincuencia económica.

Presentouse como candidato independente a deputado nas listas do PSOE en 1993 e, ó constituírse o executivo, foi nomeado delegado do Goberno no Plan Nacional sobre Drogas, con rango de secretario de Estado. En maio de 1994 abandonou ámbolos dous cargos.O 22 de febreiro de 2012 foi expulsado da carreira xudicial logo de ser condenado polo Tribunal Supremo a once anos de inhabilitación por un delito de prevaricación cometido durante a instrución do caso Gürtel. Dende entón, exerceu, entre outros cargos, o de asesor do Tribunal Penal Internacional da Haia ou o de director da defensa xurídica do fundador de Wikileaks, Julian Assange. O 29 de novembro de 2012 recibiu de mans da presidenta da Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, o seu documento de identidade de residente estranxeiro na Arxentina. Alí foi coordinador de asesoramento internacional na secretaría de Dereitos Humanos do Ministerio de Xustiza, até que renunciou ó posto en xaneiro de 2016, logo do fin do mandato de Kirchner. En Colombia, asesorou á Fiscalía Xeral. En Ecuador foi designado coordinador da Veeduría Internacional á Reforma da Xustiza, cuxo informe final foi presentado o 13 de decembro de 2012.

Chelsea Manning

Chelsea Elizabeth Manning (nacido Bradley Edward Manning - Oklahoma, 17 de decembro de 1987), é unha ex soldado do Exército dos Estados Unidos de América que foi detida e procesada por acceso e difusión de informacións secretas, incluídas probas apuntando a crimes de guerra dos EEUU. A detención fíxose en maio de 2010, mentres servía ás tropas estadounidenses en Iraq.

Foi condenada en xullo de 2013 por violacións da Lei de Espionaxe e outros delitos, despois de filtrar documentos restrinxidos ao público. Manning foi condenada a 35 anos de prisión e unha dispensa deshonrosa, porén, con crédito para o tempo de servizo e bo comportamento podería ser posta en liberdade condicional tras oito anos. Foi posta en liberdade o 17 de maio de 2017. Na súa posta en liberdade interviu un indulto parcial de Barack Obama. A súa filtración parece ser a clave para o mandato de detención de Julian Assange en 2019.

Década de 2010

A década de 2010 é a década actual, que abrangue o período entre o 1 de xaneiro de 2010 até o 31 de decembro de 2019.

É unha década que na súa primeira metade segue fortemente marcada pola crise económica mundial que comezou en 2008. A día de hoxe, fálase dela como a «Segunda Gran Recesión». A crise de débeda soberana puxo en xaque á Unión Europea, xa que catro estados membros da Zona Euro (Grecia, Irlanda, Portugal e Chipre) tiveron que ser rescatados. O Reino Unido no 2016 tras un referendo converteuse no primeiro estado membro da UE que decidiu abandonaa a Unión.

A Primavera árabe marcou os primeiros meses do ano 2011. Unhas revolucións sen precedentes en varios países árabes serviron para acabar con réximes ditatoriais que os gobernaron por varias décadas en países como Túnez, Exipto ou Libia. Porén, a gran inestabilidade dos países árabes provocou que grupos fundamentalistas islámicos como o Estado Islámico apareceran e tomaran extensas zonas en Siria, Iraq, Exipto e Libia. Aínda que se formou unha coalición contra o EI non se evitou que este cometera numerosos atentados en Europa, en lugares como Francia (Atentado na sede de Charlie Hebdo e Atentados de París de novembro de 2015, ambos no 2015 e o Atentado de Niza de 2016 no 2016), ou Bélxica (Atentados de Bruxelas de 2016). Ademais, os terroristas islámicos cometeron numerosos atentados en países musulmáns como Turquía, Túnez, Exipto ou Iraq.

Movemento Democracia en Europa 2025

Democracia en Europa 2025 (en inglés, Democracy in Europe Movement 2025, abreviado DiEM25), é un movemento político paneuropeo​ impulsado polo exministro de economía grego Yanis Varoufakis, que ten como obxectivo a democratización das institucións europeas desde a esquerda.​ O movemento conta co apoio de intelectuais, activistas e políticos europeos como Julian Assange, o filósofo italiano Toni Negri,​ a socióloga neerlandesa Saskia Sassen, o músico inglés Brian Eno, o economista estadounidense James Galbraith, o exparlamentario laborista Stuart Holland ou o filósofo esloveno Slavoj Žižek,​ entre outros.

Robert Manne

Robert Manne, nado o 31 de outubro de 1947, é un xornalista e profesor de política australiano. Ensina na Universidade La Trobe, de Melbourne, Australia.

WikiLeaks

WikiLeaks (WikiFiltracións ou WikiFugas en inglés) é unha organización mediática internacional sen ánimo de lucro que publica a través do seu sitio web informes anónimos e documentos filtrados con contido sensíbel en materia de interese público, preservando o anonimato das súas fontes. O lanzamento da páxina web realizouse en decembro de 2006, e a súa actividade comezou en xullo de 2007 e desde esta data a súa base de datos creceu constantemente até acumular 1,2 millóns de documentos. Está xestionado por The Sunshine Press.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.