Julián Estévez

Julián Estévez, nado en Ames en 1855 e finado en Teis o 24 de xullo de 1928[1], foi un agrarista e político galego. Foi membro do Directorio Antiforista de Teis e alcalde de Lavadores, o primeiro alcalde agrarista de Galicia.

Julián Estévez
Nacemento1855
 Ames
Falecemento24 de xullo de 1928
 Teis
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Directorio Antiforista de Teis 1908
Directorio Antiforista de Teis, 1908. Jacinto Crespo é o segundo pola esquerda.

Coñecido como O cubano, por ter emigrado a Cuba, regresou en 1898. Instalouse en Vigo e abriu unha tenda de comestibles e produtos agrícolas en Sanjurjo Badía. De ideas progresistas, foi membro destacado do Directorio Antiforista de Teis, do que chegou a ser presidente, e responsable do periódico El Campesino.

En 1910 propuxo ao Concello de Lavadores que "uniéndose a todos los municipios de Galicia, pidiera al Gobierno la promulgación de una ley que redimiera forzosamente los foros". Conseguiu que as sociedades agrarias interviran na elaboración do repartimento de consumos.

Foi alcalde de Lavadores entre 1914 e 1915, converténdose no primeiro alcalde agrarista de Galicia. Representou a Lavadores na Deputación Provincial e foi candidato agrario a deputado polo distrito de Tui-Vigo nas eleccións de 1916 fronte a Ángel Urzáiz, pero non logrou o escano pola manipulación das votacións. Foi detido con motivo da folga xeral de 1917 e estivo en prisión acusado de rebelión.

A petición da Sociedad Agrícola de Lavadores, dedicóuselle unha rúa de Teis en 1926.

Predecesor:
?
 Sen escudo.svg
Alcalde de Lavadores
 
1914 - 1915
Sucesor:
?

Vida persoal

Casou con Dolores Ifigenia Mignot, natural de Matanzas, que finou en xullo de 1921 aos 58 anos, e coa que tivo oito fillos. A filla maior, Dolores, coñecida por Electra, abriu a primeira panadería de Teis. A menor, Elena, foi unha propagandista agraria.

Notas

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 26-7-1928, p. 4.

Véxase tamén

Ligazóns externas

24 de xullo

O 24 de xullo é o 205º día do ano do calendario gregoriano e o 206º nos anos bisestos. Quedan 160 días para finalizar o ano.

Adolfo Gregorio Espino

Adolfo Gregorio Espino, finado en Madrid o 13 de abril de 1962, foi un perito agrícola, avogado e político galego.

Benedicto Conde

Benedicto Conde González, coñecido como Bene, nado en 1895 en Castrelos, Vigo, e finado en Vigo o 31 de marzo de 1987, foi un xornalista e fotógrafo galego.

Benito Castro Nogueira

Benito Castro Nogueira, nado en 1923 en Aldán e finado en Cangas o 27 de outubro de 2010, foi un párroco galego.

Camilo Veiga Prego

Camilo Veiga Prego, nado o 25 de novembro de 1905 en Bouzas, Vigo, e finado o 2 de setembro de 1978, perito mercantil, foi un filántropo galego.

Casiano Martínez Fernández

Casiano Martínez Fernández, finado en Bouzas o 22 de xullo de 1925, foi un empresario e político galego.

Directorio Antiforista de Teis

O Directorio Antiforista de Teis, constituído en febreiro de 1908, foi un comité organizador da propaganda antiforal en Galicia.

Enrique Lorenzo Docampo

Enrique Lorenzo Docampo, nado en Vigo o 16 de novembro de 1892 e finado na mesma cidade en 1981, foi un empresario e político galego.

Enrique Suárez Guntín

Enrique Suárez Guntín, nado en 1931 no antigo concello de Lavadores e finado en Vigo o 15 de decembro de 2011 foi un médico vigués

Faustino Álvarez Álvarez

Faustino Álvarez Álvarez, nado en Gondomar e finado en 1994, foi un empresario, comerciante e político galego.

Francisco Javier Martínez Enríquez

Francisco Javier Martínez Enríquez Sarmiento de Valladares, VII Marqués de Valladares, nado en Ourense en 1808 e finado en Vigo o 19 de xaneiro de 1887, foi un político galego.

Joaquín García Picher

Joaquín García Picher, nado o 29 de agosto de 1932 en Vigo e finado o 12 de setembro de 1985, foi un político galego, alcalde de Vigo.

José Ramón Fontán

José Ramón Fontán González, nado en Mos en 1915 e finado en Vigo en 1996, foi un político galego.

Lavadores, Vigo

Santa Cristina de Lavadores é unha parroquia civil do concello de Vigo.

Entre 1836 e 1941 foi un concello independente composto polas parroquias de Santa Cristina de Lavadores, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán e San Paio. En 1941 o Concello foi anexionado ao Concello de Vigo.

Segundo o traballo do filólogo Iván Sestay Martínez, Toponimia do Val do Fragoso 2. Lavadores, a parroquia divídese en oito barrios históricos: O Caride, San Paio, Riomau, Pardavila, A Bouciña, A Bagunda, Sabaxáns e A Gandariña. Estes, á súa vez, subdivídense en 30 lugares históricos ou aldeas.

No ámbito eclesiástico, as parroquias relixiosas de Santiago de Bembribe, Santa Mariña de Cabral, San Cristovo de Candeán, San Paio de Lavadores, Santa Cristina de Lavadores, San Pedro de Sárdoma, Santa Clara de Vigo, Santa Lucía de Vigo e Santa Teresa de Xesús de Vigo pertencen ao Arciprestado de Vigo-Lavadores.

Policarpo Sanz

José Policarpo Sanz Souto, nado en Marín o 25 de xaneiro de 1841 e finado en Nova York en 1889, foi un industrial e mecenas galego.

Ramón Abeleira Menéndez

Ramón Abeleira Menéndez foi un político de mediados do século XIX, alcalde presidente de Vigo.

Ángel Ilarri

Ángel Ilarri Gimeno, nado en 1913 en Corella, Navarra, e finado en 1998 en Vigo, foi durante corenta anos administrador e director do Museo Quiñones de León de Vigo.

Ángela Iglesias Rebollar

Ángela Iglesias Rebollar, alcumada A Protestante, nada en Tui ou na Guarda e finada o 11 de abril de 1937 en Vigo, foi unha muller asasinada aos 26 anos de idade, durante a Guerra Civil Española.

Onomástica do rueiro de Vigo

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.