Jules Verne

Jules Gabriel Verne, tamén coñecido en galego como Xulio Verne,[1] nado en Nantes o 8 de febreiro de 1828 e finado en Amiens o 24 de marzo de 1905, foi un escritor francés, pioneiro da literatura de ciencia ficción.

Jules Gabriel Verne
Félix Nadar 1820-1910 portraits Jules Verne
Jules Verne fotografado por Félix Nadar
Nome completoJules Gabriel Verne
Nacemento8 de febreiro de 1828
 Nantes, Flag of France.svg Francia
Falecemento24 de marzo de 1905 (77 anos)
 Amiens, Flag of France.svg Francia
CausaDiabetes mellitus
SoterradoCimetière de La Madeleine d'Amiens
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Relixióncatolicismo
Alma máterlycée Georges-Clemenceau
Ocupaciónnovelista, dramaturgo, poeta, libretista, escritor de literatura infantil, xeógrafo, escritor, escritor de ciencia ficción e esperantista
CónxuxeHonorine du Fraysne de Viane
FillosMichel Verne
Xénerosnovela de ciencia ficción
Coñecido/a porVinte mil leguas baixo dos mares, Viaxe ao centro da Terra, Da terra á lúa, A Volta ao Mundo em Oitenta Dias, L'Île mystérieuse, Cinq semaines en ballon e Miguel Strogoff
Premiosoficial da Lexión de Honor, Montyon Prize, Cabaleiro da Lexión de Honra e Science Fiction and Fantasy Hall of Fame
Firma de Julio Verne

Traxectoria

Verne naceu en Nantes no seo dunha familia burguesa, era o máis vello dos cinco fillos do matrimonio formado por Pierre Verne, avogado, e Sophie. Viviu os seus primeiros anos nunha illa no río Loira. Vivir nun sitio illado axudouno a desenvolver a súa imaxinación e manter unha forte relación co seu irmán máis novo, Paul. Aos nove anos, foi co seu irmán ao liceo de Nantes. Logo de rematar os seus estudos no liceo, Verne marchou a París para estudar dereito. Arredor de 1848 en colaboración con Michel Carre, comeza a escribir libretos para operetas. Durante algúns anos dedicouse a escribir obras para o teatro, sen moito éxito e só consegue estrear sete das vinte e catro que escribiu, e tamén escribiu historias de viaxes para a revista Musée des Familles, nos que narra extravagantes viaxes e aventuras nos que achega detalles científicos e xeográficos para darlle verosimilitude.

Cando o pai de Verne descubriu que o seu fillo dedicábase a escribir e non a estudar, deixou de enviarlle cartos, polo que se viu obrigado a vivir como corretor de bolsa, que odiaba, aínda que tivo un certo éxito na súa actividade. Nestes anos coñeceu a Alexandre Dumas e Victor Hugo, que lle deron algúns consellos de como escribir.

En 1857 casou con Honorine de Viane Morel, unha viúva con dúas fillas, e co seu apoio continuou a escribir, aínda que editores rexeitaron escrito tras escrito. En 1861 naceu o seu fillo Michel Jean Pierre Verne.

En 1863 a súa situación mellorou cando coñeceu a Pierre-Jules Hetzel, un dos máis importantes editores franceses do século XIX, coa axuda de Hetzel, Verne reescribiu a historia sobre unha exploración en globo en África e publicouno como Cinco semanas en globo, modificando o ton pesimista cara outro caracterizado polo optimismo.

Verne converteuse en millonario e famoso. Antes de aparecer como libro as súas novelas aparecían por entregas na revista de Hetzel, Magazine d'Éducation et de Récréation. Entre as súas novelas máis coñecidas están Voyage au centre de la Terre (1864), De la Terre à la Lune (1865) ou Vingt mille lieues sous les mers (1969).

En 1886 recibe un disparo nunha perna do seu sobriño Gaston, o que o deixa semiinválido. En 1887 tras a morte de Hetzel, Verne comezou a escribir obras máis escuras. En 1888 saíu elixido concelleiro de Amiens por unha lista radical, permanecendo durante 15 anos no posto. Entusiasta do esperanto, en 1903 presidiu o grupo esperantista da súa cidade.

Galiza na obra de Jules Verne / Jules Verne en Galiza

Vigo é un dos escenarios de Vinte mil leguas baixo dos mares. O capitán Nemo aprovisiónase co ouro do tesouro dos galeóns afundidos no estreito de Rande, na ría de Vigo.

Anos despois, o 21 de maio de 1884, Jules Verne recalou en Vigo por unha tormenta e quedou na cidade durante un tempo.[2] Ledicia Costas escribiu Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta recreando esta visita.[3]

En 2018 o Museo de Arte Contemporánea de Vigo expón a mostra Xulio Verne. Os límites da imaxinación.[4]

Obras

20000 title 0a
Vinte mil leguas baixo dos mares.
Vigo - Monumento a Julio Verne 2
Monumento a Verne de José Molares en Vigo, doado en 2005 pola Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra.

Notas

  1. Por exemplo, nos libros publicados por Baía Edicións Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  2. Murado, Miguel-Anxo. La Voz de Galicia, ed. "El capitán Nemo visita Vigo" (en Castelán). Consultado o 13 de abril de 2018.
  3. La casa del libro (ed.). "JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA (". Consultado o 13 de abril de 2018.
  4. Marco (ed.). "Xulio Verne. Os límites da imaxinación". Consultado o 23 de abril de 2018.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

8 de febreiro

O 8 de febreiro é o 39º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 326 días para finalizar o ano, 327 nos anos bisestos.

A volta ao mundo en oitenta días (filme de 1956)

A volta ó mundo en oitenta días (en inglés: Around the World in Eighty Days) é un filme de 1956 dirixido por Michael Anderson. Está baseada na novela homónima de Jules Verne.

An Alfaya

"La sombra descalza". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-22.

María de los Ángeles Alfaya Bernárdez, coñecida como An Alfaya, nada en Vigo o 2 de marzo de 1964, é unha escritora galega.

Andrea Maceiras

Andrea Maceiras Lafuente, nada na Coruña o 6 de novembro de 1987, é unha escritora e profesora galega.

Carlos Negro

Carlos Negro Romero, nado en Lalín en outubro de 1970, é un poeta galego.

Ceiba de luz

Ceiba de Luz é unha novela de aventuras de Manuel Lourenzo González galardoada co Premio Jules Verne e publicada en 2017 na Colección Fóra de Xogo de Edicións Xerais de Galicia.

Eduardo Santiago

Eduardo Santiago Soto, nado no Casal (Salcedo, Pontevedra) en 1964, é un escritor galego.

Héctor Carré

Héctor Carré Menéndez, nado na Coruña en 1960, é un director de cine e escritor galego.

Iria Misa

Iria Misa Peralba, nada en Gondomar o 23 de febreiro de 1983, é unha escritora e profesora de ensino secundario galega. Vive en Baiona.

Manuel Lourenzo González

Este artigo trata sobre o narrador galego de Vilaboa Manuel Lourenzo González, para o actor e autor teatral Manuel Lourenzo Lourenzo,de Ferreira do Valadouro, véxase Manuel Lourenzo.

Manuel Lourenzo González, nado en Paredes, Vilaboa, o 3 de marzo 1955, é un profesor e escritor galego.

Marilar Aleixandre

María Pilar Jiménez Aleixandre, nada en Madrid o 1 de maio de 1947, é escritora en lingua galega, tradutora, bióloga e académica de número da Real Academia Galega.

Miguel Strogoff

Michel Strogoff é unha novela de aventuras do escritor francés Jules Verne que foi publicada en 1876.

En plena invasión tártara de Rusia, un correo do Tsar obrígao a percorrer Siberia para advertir da invasión, á vez que debe evitar que a súa nai o recoñeza e agochar os seus sentimentos por unha moza que coñece durante o traxecto. No ano 2012 Baía Edicións tirou do prelo coa edición galega traducida por Ánxela Gracián.

Nadar

Gaspard-Félix Tournachon, máis coñecido polo pseudónimo Nadar, nado o 6 de abril 1820 en París e finado o 21 de marzo 1910 na mesma cidade, foi un xornalista, ilustrador, caricaturista e tamén condutor de aeróstato pero sobre todo fotógrafo francés.

Premio Jules Verne

O Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil é un premio que concede Edicións Xerais desde 2006 entregándose de maneira conxunta co Premio Xerais e o Merlín. Por razóns de patrocinio coñeceuse ata o ano 2011 como Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. Non se convocou nos anos 2012 e 2013, refundándose co seu actual nome no ano 2014. A súa dotación é de dez mil euros.

Rosa Aneiros

Rosa Aneiros Díaz, nada en Meirás (Valdoviño) en 1976, é unha escritora galega.

Santiago Jaureguízar

Santiago Jaureguízar Ortiz de Zarate, coñecido como Jaureguizar, nado en Bilbao o 14 de agosto de 1965, é un xornalista e escritor galego.

Vinte mil leguas baixo dos mares

Vinte mil leguas baixo dos mares (en francés: Vingt mille lieues sous les mers) é unha novela escrita polo autor francés Jules Verne (1828-1905), autor doutras novelas como Da terra á lúa ou A volta ao mundo en 80 días. Foi publicada en 1870.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.