Județ

Un județ /ʒu'deʦ/ é unha división administrativa de Romanía, que se pode traducir como rexión,[1] distrito,[2][3] departamento, concello ou condado.[4]

O Consiliu județean (Consello distrital) é a autoridade da administración pública local, coordinando a actividade dos consellos das comunas e cidades do județ. O Consello de județ está composto por conselleiros electos.

Subdivisións

Os 41 județe romaneses subdivídense en:

  • 2.686 comunas (comune) - en zonas rurais),
  • 169 cidades (orașe) - en áreas urbanas) e
  • 96 municipios (municipii) - en grandes áreas urbanas).

Na Romanía, o estatuto de municipio é dado só a grandes cidades.

Historia

A división administrativa en județe existe desde o século XV nos designados Principados do Danubio (Valaquia e Moldavia), sendo cada județ gobernado por un jude (do latín judicis, "xuíz"), con poderes administrativos e xudiciais.

A división administrativa moderna foi inspirada no modelo francés dos departamentos, creados no século XIX, tendo cada județ un prefecto que representaba o goberno e un consello departamental.

Co comunismo, os județe deron lugar aos raions, inspirados no modelo ruso, mais foron reintroducidos en 1968.

Notas

  1. NUTS 3: como pequenas rexións para diagnósticos específicos (en inglés)
  2. Dicţionar Portughez-Român/Român-Portughez de Angela Mocanu e Pavel Mocanu. Teora. ISBN 973-601-989-6
  3. Dicionário de romeno-português coordenado por Victor Buescu. Dicionários Editora, Porto 1977
  4. Condado é a fórmula usada na Galipedia.

Véxase tamén

Outros artigos

Brașov

Brașov (en húngaro: Brassó) é a capital do distrito (județ) localizado no centro de Romanía, ao sueste da rexión histórica de Transilvania, o Condado de Braşov. Foille outorgado o título de cidade-mártir pola participación dos seus cidadáns na Revolución romanesa de 1989.

Conforme ao censo de 2002, ten 283.901 habitantes. A estación de inverno Poiana Brașov está a 12 km do centro do concello, dispoñendo dunha infraestrutura desenvolvida para a práctica dos deportes de inverno.

A patroa da cidade é a Virxe María. A súa estatua está encima dun dos contrafortes da Igrexa Negra, que está orientado cara á Casa Sfatului, co escudo de Brașov esculpido debaixo, en relevo.

Condado de Timiș

O condado de Timiș (en húngaro: Temes, en serbocroata: Tamiš/Тамиш, en búlgaro do Banato: Timiš) é un județ de Romanía, na rexión da Transilvania. A súa capital é a cidade de Timișoara.

O nome do condado provén do río Timiș, coñecido na Antiga Roma como Tibisis ou Tibiscus.

Condados de Romanía

Romanía está dividida en 41 judeţe, ou condados, e o municipio de Bucarest (Bucureşti) - a capital.

Județ pódese traducir por xurisdición, pero é comunmente traducido como provincia ou condado (sendo realmente "comitat" a verba romanesa para isto, de "comte", "conde"). Representan as NUTS-3 do país (Nomenclaturas de Unidades Territoriais para fins Estatísticos – Nivel 3) dentro da Unión Europea e cada un deles posúe o seu goberno. A maioría dos condados reciben o seu nome polo seu río principal, mentres que outros polo súa maior cidade ou pola súa capital.

A primeira organización en județe dos principados de Valaquia e Moldavia (onde eran nomeados ținuturi) data de a finais do século XIV. A maioría do tempo desde que se formou a moderna Romanía en 1859, o sistema de divisións administrativas estivo baseado no dos departamentos franceses. O sistema mudou varias veces, variando o número de condados, dos 71 județe que existían antes da Segunda Guerra Mundial até os 39 que houbo tras 1968. O sistema actual está vixente desde 1968 con pequenos cambios, sendo o último deles de 1997.

Segundo os datos de 2006 do INE romanés, a poboación media dos 41 condados é de 479.300 habitantes por condado, sendo o condado de Iași o máis poboado (825.000) e o condado de Covasna (223.000) o menos. A superficie media por condado é de 5.809 km2, sendo o condado de Timiș (8.697 km2) o máis extenso e o condado de Ilfov (1.583 km2) o máis pequecho. O concello de Bucharest é porén o de menos extensión e o máis poboado, con 1 931 200 habitantes e 228 km2.

Uxía (nome)

Uxía (masculino Uxío) é un nome feminino galego de orixe grega: εὐγενής (eugenēs), "nobre", literalmente "ben nada", de εὖ (eu), "ben" e γένος (genos), "raza, familia".

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.