Juan de Mariana

Juan de Mariana, coñecido como o padre Mariana, nado en Talavera de la Reina en 1536 e finado en Toledo o 16 de febreiro de 1624, foi un xesuíta, teólogo e historiador español. Xunto con Baltasar Gracián constitúe un exemplo representativo dos escritores da Compañía de Xesús no Século de Ouro.

Juan de Mariana
El padre Juan de Mariana (Museo del Prado)
Juan de Mariana S. I. (Museo do Prado).
Alcumepadre Mariana
Nacemento25 de setembro de 1536
 Talavera de la Reina
Falecemento17 de febreiro de 1624 e 16 de febreiro de 1624
 Toledo
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónhistoriador, catedrático de universidade e economista
Firma de Juan de Mariana

Traxectoria

Fillo natural do deán da colexiata de Talavera, Juan Martín, e de Bernardina Rodríguez, foi bautizado por iso na Pueblanueva o 2 de abril de 1536. Ao longo da súa vida houbo de soportar moitas afrontas a causa da súa humilde extracción.

Estudou Artes e Teoloxía en Alcalá de Henares, nunha atmosfera saturada de Humanismo. Alí tivo como mestre de noviciado a San Francisco de Borja. Profesou na Compañía de Xesús en 1554 en Simancas.

Acabou a súa formación sacerdotal no colexio xesuíta de Roma onde, a partir de 1561, foi un dos seus profesores, contando entre os seus alumnos ao futuro cardeal Belarmino, que sería protector de Francisco Suárez. Logo foi enviado como profesor a Palermo, en Sicilia, e despois a París, onde recibiu o grao de doutor e permaneceu cinco anos ensinando teoloxía sobre todo na Saint Barthélemy. Máis tarde estivo un tempo en Flandres.

Juandemariana
Monumento a Juan de Mariana, na praza homónima en Talavera de la Reina.

Tras caer enfermo a regresou a Toledo en 1574 onde, semirretirado, consagrouse á redacción dos seus libros. En 1578 recibiu a encarga de informar sobre a presunta heterodoxia da Biblia políglota, cuxa edición dirixía en Antuerpen Benito Arias Montano, en particular na versión siríaca do Novo Testamento; o seu informe, que lle levou dous anos de estudo, foi favorábel. Isto valeulle tal reputación que, desde entón, se lle encomendaron outros traballos parecidos e igual de delicados, como a supervisión do Manual para a administración dos sacramentos, a reelaboración das Actas dos Concilios diocesanos de Toledo de 1582 e a redacción do Índice expurgatorio de 1584.

Mentres realizaba estas encargas e unha edición das Obras do polígrafo visigodo Isidoro de Sevilla, púxose a redactar unha monumental Historia de España en trinta libros, que comezou a aparecer en Toledo en 1592 co título de Historiae de rebus Hispaniae Libri XXX, cuxa edición ampliada se editou en Maguncia en 1605. No entanto imprimiuse en Toledo a súa propia tradución ao castelán co título Historia general de España (1601). A obra abarca até a morte de Fernando o Católico porque, segundo as súas palabras,

A morte sorprendeuno cando traballaba nuns Escolios ao Antigo e Novo Testamento, obra de exéxesis bíblica que se fundaba no texto da Vulgata.

Obra

Juan de Mariana
O padre Juan de Mariana.
Francisco Javier de Santiago Palomares (1752) retrato de Juan de Mariana
Juan de Mariana (retrato de Francisco Javier de Santiago Palomares)

A independencia de xuízo dos seus escritos e o seu hipercriticismo ocasionáronlle graves desgustos co poderes civil e eclesiástico, aínda que só foi molestado en dúas ocasións.

En primeiro lugar foi pola súa De rege et regis institutione (Toledo, 1599), solemnemente queimado en 1610, por subversivo, polo parlamento de París tras o asasinato de Henrique IV de Francia e que escribiu a petición do preceptor de Filipe III de España, García Loaysa y Girón; segundo os seus acusadores, esta obra daba lexitimidade ao tiranicidio, porque a súa doutrina foi relacionada co anterior asasinato de Henrique III de Francia por frei Xacobe Clemente en 1589, aínda que Ravaillac, o asasino do rei francés Henrique IV declarou que non coñecía o libro.

Este tratado, escrito co fin de contravir o naturalismo político de Maquiavelo, como fixera catro anos antes Pedro de Rivadeneyra no seu Princeps christianus adversus Nicholaus Machiavelum (1595), expón en primeiro lugar como ten que ser unha monarquía, e os deberes do rei, que ten que subordinarse como calquera vasalo á lei moral e ao Estado, e despois expón a educación do príncipe cristián seguindo de cerca as teorías de Erasmo de Rotterdam no su Enchiridion. Propón como máximo valor dun monarca a virtude cardinal da prudencia, no seu sentido aristotélico e sobre todo debe impedir que os impostos asfixien ás clases produtoras do país. Inspirándose en San Tomé de Aquino xustifica como este a revolución e a execución dun rei polo pobo se é un tirano.

A segunda molestia que sufriu foi cando estivo encarcerado durante un ano e medio en Madrid, en 1607, por orde do mesmo Filipe III e do seu valido o Duque de Lerma a causa do libro De monetae mutatione, cuarto dos seus Tractatus septem (Colonia, 1609), que foi denunciado polas alusións aos ministros que modificaran o peso da moeda.

O contido deste libro é o seguinte:

I. De adventu Jacobi apostoli in Hispania (Da vinda do apóstolo Santiago a España).
II. Pro editione Vulgatae (Sobre a edición da Vulgata).
III. De spectaculis (Sobre os espectáculos).
IV. De monetae mutatione (Acerca da alteración da moeda).
V. De die mortis Christi (O día da morte de Cristo).
VI. De annis arabum (Sobre os anos dos árabes).
VII. De morte et inmortalitate (Da morte e a inmortalidade).

Como pode verse, fóra da historia, os seus intereses ían desde a cronoloxía á filoloxía, a economía ou a moral.

Menor importancia tiveron as friccións coa súa orde. Así, o seu Discurso de las cosas de la Compañía supúxolle a animadversión das xerarquías desta.

Home moi ocupado, fixo unha edición de santo Isidoro de Sevilla, e traballou ademais en obras de filoloxía oriental e como predicador, censor de exexeses, colaborador do Índice e consultor da Inquisición.

A súa obra principal son as Historiae de rebus Hispaniae libri XX (Toleti, typis P. Roderici, 1592). Unha edición posterior máis avanzada do propio recompilador é De rebus Hispaniae libri XXX, que se publicou en Maguncia en 1605. Durante este tempo o autor vertera a edición latina ao castelán, e esta apareceu completa en Toledo en 1601, contendo os trinta libros da edición latina. A obra esténdese desde a máis remota antigüidade até a época dos Reis Católicos.

Juan de Mariana foi un historiador obsesionado coa verdade e que apurou a crítica dos cronicóns anteriores até onde era posíbel no seu tempo. Aínda que escribe no latín moderno internacional da época, a raíz do seu pensamento é patriótica, pois pretende expoñer a grandeza do seu país narrando conxuntamente os feitos de todos os reinos hispánicos, pero en torno á súa nación, Castela.

A obra estableceu o modelo de prosa historiográfica española para os séculos seguintes, salientando vigorosamente todo o que pode cativar e atraer a atención do lector; coida especialmente as descricións dos lugares onde acaecen os feitos e o patetismo nas arengas e epístolas, así como as consideracións sobre as veleidades da fortuna, tomando por modelos a Tito Livio, Tácito e Tucídides. En España foi unha obra moitas veces reimpresa e durante cerca de dous séculos foi a obra histórica máis lida na Península. No resto de Europa a obra foi lida sobre todo en Alemaña e bastante menos noutros países. Foi traducida ao inglés en 1699 por John Stevens.

Ademais das obras mencionadas, da súa correspondencia e das súas notas á edición das obras de san Isidoro e dos seus informes como consultor do Santo Oficio, consérvanse dez tomos de manuscritos. Nas súas Scholia in Vetus ac Novum Testamentum (Antuerpen e París, 1620) están as súas versificacións en dísticos latinos de varios libros sagrados: Proverbios, Eclesiastés e Cantar dos cantares.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cirot, Georges (1905): Etudes sur l'Historiographie Espagnole. Mariana historien. Bordeaux: G. Gonnonilhou.
  • Braun, Harald E. (2007): Juan de Mariana and Early Modern Spanish Political Thought. Farnham, Surrey (UK): Ashgate Publishing . ISBN 978-0-7546-3962-6.
  • Guy, Alain (1985): Historia de la Filosofía Española. Barcelona: Anthropos. ISBN 84-85887-87-5.
  • Zanotto, Paolo (2004): Liberalismo e tradizione cattolica. Osservazioni critiche su Juan de Mariana (1535-1624) Roma-Grand Rapids (USA)-Soveria Mannelli (CZ), Acton Institute-Rubbettino Editore (Quaderni dell'Istituto Acton, nº 16).

Outros artigos

  • Instituto Juan de Mariana

Ligazóns externas

Alexandre VI, papa

Alexandre VI, nado en Xàtiva (Reino de Valencia) o 1 de xaneiro de 1431 e finado en Roma (Estados Pontificios) o 18 de agosto de 1503, foi o papa n.º 214 da Igrexa católica entre 1492 e 1503. Nado Roderic de Borja i Borja, italianizado en Borgia, máis coñecido como papa Borgia.

Roderic Borja alcanzou o poder grazas ao nepotismo e mantívoo por el, conseguindo o seu ascenso dentro da xerarquía da Igrexa católica grazas á súa relación co papa Calisto III, de quen era sobriño. Esta relación familiar facilitoulle o acceso a Cardeal diácono e o desempeño de numerosos cargos de grande importancia dentro e fóra da Curia Romana, que lle permitiron facerse coas influencias políticas e o prestixio que, finalmente, o levaron ao solio pontificio en 1492. Unha vez elixido papa como Alexandre VI, desencadeou e involucrouse en decenas de situacións políticas, envolvido en intrigas e nas tormentosas e traizoeiras relacións entre os poderes internacionais. Buscou a través de alianzas políticas e conspiracións facer que a súa familia se consolidase dentro da nobreza italiana e acrecentar en toda posible ocasión o seu poderío, tarefa que emprendeu en conxunto cos seus fillos, Xoán, César, Lucrezia e Jofre, os cales serviron como instrumentos das súas maquinacións políticas.A través da guerra italiana de 1494-1498 e a guerra de Nápoles (1501-1504) enxeñouse para non só asegurar o seu poderío, senón para acrecentalo, valéndose das rivalidades entre as potencias da época e as tensións políticas entre as familias da aristocracia europea, conseguindo durante os 11 anos que durou o seu papado impulsarse ata a cima do poder na península itálica.Traxicamente, as mesmas intrigas e poderes que lle serviron para levar á Casa de Borgia á cima, aseguraron a súa destrución, pois todo o poder que os Borgia obtiveran, inclusive o éxito militar de César Borgia, xiraba en torno aos Estados Pontificios e polo tanto dependía da permanencia de Alexandre VI no poder, polo cal a vasta rede de condados, principados e territorios que os Borgia puxeran aos seus pés, sucumbiu ipso facto coa súa morte, selando o destino de César Borgia, quen morrería catro anos despois en 1507, e sepultando a era dos Borgia e a súa dinastía.

Cronista

Cronista é o escritor que compila e redacta feitos históricos ou de actualidade. Ata a época da Ilustración era un equivalente de historiador, e ocupaba un cargo oficial para desempeñar estas funcións.

Dezasete Provincias

As Dezasete Provincias é a denominación que se outorgou aos dezasete territorios da rexión dos Países Baixos (Nerderlanden ou Lage Landen) que formaron unha entidade territorial vinculada á dinastía Habsburgo durante o século XVI; e que aproximadamente cubría os actuais Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Norte de Francia) e unha pequena parte do Oeste de Alemaña.

Ditadura

A ditadura é un réxime político no que unha soa persoa, ou ás veces un grupo de individuos máis ou menos extenso (partido, casta, exército, grupo relixioso,...) exerce o poder, polo xeral sen límite legal ou constitucional, ora porque a lei ou a constitución non lle impón límite, ora porque non o respecta.

Eduardo Chao

Eduardo Chao Fernández, nado en Ribadavia o 6 de novembro de 1822 e finado en Madrid o 21 de decembro de 1887, foi un xeólogo, naturalista, xornalista, historiador e político galego do Partido Democrático.

Filipe II de España

Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e falecido en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.

Desde a súa morte foi presentado polos seus defensores como arquetipo de virtudes, e como un monstro fanático e despótico polos seus inimigos. Esta dicotomía entre a Lenda Negra e a Lenda Branca ou Rosa foi favorecida por el mesmo, xa que se negou a que se publicaran biografías súas en vida, e ordenou a destrución da súa correspondencia.[Cómpre referencia]Aínda hoxe en día, a historiografía anglosaxoa e protestante presenta a Filipe II como un ser fanático, despótico, criminal, imperialista e xenocida. As súas vitorias foron minimizadas até o anecdótico (salvo uns poucos exemplos, como a Batalla de Lepanto) e as súas derrotas magnificadas en exceso, a pesar de que non supuxeron grandes cambios políticos ou militares, como a perda dunha parte da Grande y Felicísima Armada (a Armada Invencible) debido a un forte temporal que ademais os historiadores anglosaxóns "transformaron" nunha vitoria inglesa.[Cómpre referencia]Durante o seu goberno, o Imperio español dirixiu a exploración global e a extensión colonial a través do Atlántico e do Océano Pacífico, converténdose durante moito tempo no principal país e potencia europea e de todo o mundo. O seu imperio converteuse no primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abarcaba posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorrera no Imperio romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra as unhas coas outras.

Froila, Conde de Galiza

Froila, conde de Galiza (Froilane Gallicie comite), tamén coñecido como Froila Vermúdez, nado contra 845 e finado probabelmente en 866, foi un nobre galego que se rebelou contra o rei Afonso III proclamándose rei de Galiza, atacou Oviedo e obrigou ao rei a retirase a Áraba. Non se teñen moitas noticias do seu reinado, que, en calquera caso, foi moi breve, e aínda que algúns historiadores o denominan Froila II, en xeral é excluído das cronoloxías do reino de Oviedo. Algúns autores dicían que era fillo de rei Vermudo, aínda que este dato non é considerado probábel.

Giancarlo Ibargüen

Giancarlo Ibargüen Segovia (Guatemala, 15 de outubro de 1963-9 de marzo de 2016) foi un educador e empresario guatemalteco, reitor da Universidade Francisco Marroquín entre 2003 e 2013, Secretario Xeral entre 1995 e 2003 e membro do Comité de Fiduciarios desde 1992. Foi fundador e presidente de The Antiga Forum.Entre 2011 e 2013 Giancarlo Ibargüen foi Secretario Xeral da Xunta Directiva da Sociedade Mont Pelerin. De 2008 a 2012 foi membro da Xunta Directiva da Philadelphia Society. Foi membro do consello de Liberty Fund en Indianápolis desde 2007. De 2005 a 2006 foi vicepresidente da Association of Private Enterprise Education e o seu presidente entre 2006 e 2007. En 1991, foi un dos fundadores da Asociación polo Poder Local (APOLO). Foi presidente e membro do consello directivo do Centro de Estudos Económicos Sociais (CEES) desde 1990.

Contribuíu á liberalización das telecomunicacións e á libre negociación de divisas en Guatemala. Recoñeceu oportunidades para as reformas no seu país e creou marcos para a competencia real; en 1995 elaborou o documento basee que conformaría o Título IV, Espectro radioeléctrico, da Lei Xeral de Telecomunicacións de Guatemala. Revolucionou a educación, promoveu a aprendizaxe colaborativo e a orde espontánea nas aulas e fóra delas.

Latín moderno

O latín moderno, tamén chamado neolatín, novo latín ou latín científico, é unha versión do latín usada despois da Idade Media.

Miguel Anxo Bastos

Miguel Anxo Bastos Boubeta, nado o 12 de agosto de 1967, é un politicólogo galego.

Miguel da Paz

Miguel da Paz de Portugal (en portugués: Miguel dá Paz de Avis e Trastâmara), nado en Zaragoza o 24 de agosto de 1498 e finado en Granada o 19 de xullo de 1500, foi príncipe de Asturias de 1499 a 1500 e príncipe herdeiro de Portugal de 1498 a 1500.

Reggio de Calabria

Reggio de Calabria (en italiano, Reggio di Calabria ou Reggio; en grecocalabrés, Righi; en dialecto regino, Rrìggiu, en catalán, Regols, na época da Coroa de Aragón, no século XIII e, en castelán antigo, Ríjoles), é unha cidade e poto da Italia meridional, na rexión de Calabria, situada xunto ao estreito de Messina, enfronte de Sicilia.

Foi a antiga capital da provincia de Reggio Calabria e, desde o 1 de xaneiro de 2015, é a capital da Cidade metropolitana de Reggio de Calabria,

Talavera de la Reina

Talavera de la Reina é unha cidade do interior de España, a segunda de Castela-A Mancha en poboación, por detrás de Albacete. Está situada no noroeste da provincia de Toledo, provincia da que é a cidade máis poboada. É a capital, económica e de servizos, dunha ampla comarca que abarca o occidente de Toledo, o sur de Ávila e o nordeste de Estremadura.

Turismundo

Turismundo (? – 453) foi rei dos visigodos entre os anos 451 e 453. O seu nome gótico orixinal era Þaurismoþs [thôrismoths], "coraxe de Thor".

Xoán García Manrique

Xoán García Manrique, finado en Coímbra en 1416, foi un eclesiástico e home de estado castelán.

Álvaro de Isorna

Álvaro Núñez de Isorna nado talvez en Santiago de Foz, en data descoñecida, e finado en Santiago de Compostela no ano 1448, foi un eclesiástico español, sucesivamente

bispo de Mondoñedo, de León,

de Cuenca,

e arcebispo de Santiago.Antes de ser ordenado bispo estivo ao servizo do rei Xoán I de Castela, quen o nomeou para educar os seus fillos os infantes Henrique e Fernando, que posteriormente serían reis de Castela e Aragón, respectivamente.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.