Juan Ramos Camarero

Juan Ramos Camarero, nado en Íllora, Granada en 1944 e finado en Barcelona o 14 de outubro de 2011, foi un político comunista español.

Juan Ramos Camarero

1988 – 2002
Precedido por Ignacio Gallego
Sucedido por Carmelo Suárez

26 de xullo de 1977 – 31 de xaneiro de 1980

Datos persoais
Nacemento 1944
Íllora, Barcelona
Falecemento 14 de outubro de 2011
Barcelona
Partido Partido Socialista Unificado de Cataluña
Partit dels i les Comunistes de Catalunya
Partido Comunista de los Pueblos de España
Profesión político

Traxectoria

Aos 13 anos estableceuse en Cornellá de Llobregat, onde traballou na empresa Siemens. Durante os anos 1960 ingresou en Comisións Obreiras (CCOO) e formou parte dos xurados de empresa no Sindicato Vertical. Tamén militaba no Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC), do que foi membro do comité executivo. Así mesmo foi secretario da Confederación do Metal de CCOO de Cataluña.

Foi elixido deputado ao Congreso pola circunscrición electoral de Barcelona nas eleccións xerais de 1977 e 1979. Dimitiu do seu escano para presentarse ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1980, nas que foi elixido. Membro do chamado sector pro-soviético do PSUC, en decembro de 1981 foi expulsado e en 1982 fundou, con Pere Ardiaca e outros escindidos, o Partido dos Comunistas de Cataluña (PCC).

En 1984, participou co PCC e outros partidos na fundación do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE), do que Ignacio Gallego foi elixido primeiro secretario xeral e Juan Ramos Camarero membro do Comité Central.[1] En 1988 substituíu como secretario xeral ao destituído Gallego e encabezou o sector contrario a continuar en Izquierda Unida, o que motivou a ruptura do PCC co PCPE. En 2002 foi relevado do seu cargo como secretario xeral do PCPE polo sindicalista canario Carmelo Suárez.

Morreu en outubro de 2011 aos 67 anos de idade.

Notas

  1. "El congreso de los comunistas prosoviéticos eligió por unanimidad a Ignacio Gallego como secretario general". El País (en castelán). 16 de xaneiro de 1984. Consultado o 5 de xuño de 2019.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Carmelo Suárez

Carmelo Antonio Suárez Cabrera, nado nas Palmas de Gran Canaria en 1949, é un arquitecto, político, sindicalista e histórico militante comunista. É o actual secretario xeral do Partido Comunista dos Pobos de España dende 2002.

Ignacio Gallego

Teodoro Ignacio Gallego Bezares, máis coñecido como Ignacio Gallego, nado en Siles, Xaén, en 1914 e finado en Madrid o 23 de novembro de 1990, foi un político español, de ideoloxía comunista. Foi varias veces deputado nas Cortes.

Membro destacado das Xuventudes Socialistas Unificadas e do Partido Comunista de España (PCE), tras o final da Guerra civil exiliouse na Unión Soviética, país no que residiu durante moitos anos. Durante a súa etapa no exilio foi un dos principais dirixentes do PCE. Regresou a España tras a morte de Franco. Na década de 1980 liderou unha escisión no seo do PCE, sendo fundador e líder do Partido Comunista de los Pueblos de España.

Partido Comunista de los Pueblos de España

O Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) é un partido político español marxista-leninista fundado en xaneiro de 1984 tras a unión de varios partidos e organizacións que anteriormente se escindiran do Partido Comunista de España por non estar de acordo coa liña eurocomunista de Santiago Carrillo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.