Juan Oliveira Viéitez

Juan José Oliveira Viéitez nado o 22 de outubro de 1928 en Pazos de Reis, Tui, e finado o 16 de abril de 2002 en Canido, Vigo, foi un escultor galego.[1]

Juan Oliveira Viéitez
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nome completoJuan José Oliveira Viéitez
Nacemento22 de outubro de 1928
 Pazos de Reis, Tui
Falecemento16 de abril de 2002 (73 anos)
 Canido, Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescultor
FillosMercedes Oliveira Malvar
Coñecido/a porOs cabalos, Monumento a Alfonso IX e O rapto de Europa
PremiosMedalla Castelao
Praçaespanhavigo10032007
Os cabalos, Praza de España, Vigo.
Monumento a Europa
O rapto de Europa, en Samil, Vigo.

Traxectoria

De orixe acomodado, a súa familia posuía unha fábrica de galletas. Estudou enxeñaría industrial na Complutense de Madrid. Foi empresario e presidente da Cámara de Comercio de Tui (1959-1969)[2] e vicecónsul de Portugal en Tui. Criaba cabalos e participaba en concursos hípicos. A súa faceta artística como escultor comezou cando xa tiña máis de corenta anos de idade.

Obra

É autor, entre outras obras, do Can do zoolóxico da Casa de Campo, en Madrid[3] ou o Pegaso do aeroporto de Barajas en Madrid;[4] O rapto de Europa de Samil (Navia),[5] o conxunto escultórico Os cabalos da fonte da Praza de España, de vinte metros de altura, e as dúas estatuas de figuras a cabalo do Teatro García Barbón[6] en Vigo; o monumento ao cabalo salvaxe de Tui e o Afonso IX de Baiona.[7] Modelou tamén temas deportivos, taurinos e de xogos infantís. Toda a súa obra transmite gran dinamismo.

Premios

Foi premiado coa Medalla Castelao en 2001[8] e cunha Medalla de Ouro na 1ª Bienal de Pontevedra.[9]

Galería de imaxes

Caballos

A Glorieta de Vigo, en Tui.

Monumento a Alfonso IX

Afonso IX en Baiona.

Juan Oliveira Viéitez, Teatro García Barbón, Vigo

Tellado do García Barbón.

Notas

  1. Una retrospectiva reúne en Tui una treintena de obras de Oliveira, artigo en Faro de Vigo (en castelán).
  2. I Premio de Escultura, in memoriam de Juan José Oliveira...[Ligazón morta], artigo en GaliciaDixital.es (en castelán).
  3. O can en Esculturayaste.com
  4. O Pegaso en Esculturayarte.com
  5. Páxina oficial do Concello de Vigo
  6. Imaxes dos cabalos do Teatro García Barbón en Vigoenfotos.org de Javier Albertos.
  7. Páxina oficial do Concello de Baiona
  8. Bautismo de «galeguidade», A Xunta entregou as Medallas Castelao...[Ligazón morta], artigo na Voz de Galicia.
  9. Los caballos de Juan José Oliveira, 20/02/1970, artigo no xornal ABC (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Colmeiro, Ilarri, Pablos, Pousa e Quesada (1981). Plástica gallega. Vigo: Caja de Ahorros Municipal de Vigo. ISBN 84-7231-603-3.
  • 20 años de arte en Pontevedra. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra. 1989. ISBN 84-86845-29-7.
  • Pablos, Francisco (1990). Juan Oliveira. Exposición antolóxica. Vigo: Caixavigo. D.L. VG 69-1990.
  • Gallego Esperanza, Mª de las Mercedes (1996). La Escultura Pública en Pontevedra. Pontevedra: Diputación de Pontevedra. ISBN 84-88363-35-4.
  • Vázquez Xil, Lalo (1998). Historia dos Monumentos de Vigo. Vigo: Concello de Vigo, Concellería de Cultura, Educación e Muller. ISBN 8487636248.

Outros artigos

Ligazóns externas

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.