Juan José Imbroda

Juan José Imbroda Ortiz, nado en Melilla o 24 de xuño de 1944, é un político español do Partido Popular, actual presidente da cidade autónoma de Melilla dende xullo de 2000, e senador pola devandita circunscrición.

Juan José Imbroda
Juan José Imbroda 2016 (cropped)
Nome completoJuan José Imbroda Ortiz
Nacemento24 de xuño de 1944
 Melilla
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Titulado en Profesorado Mercantil. Elixido nas listas da Unión de Centro Democrático foi primeiro tenente de alcalde e voceiro no Concello de Melilla entre 1979 e 1983. En 1985 fundou a Unión del Pueblo Melillense, sendo elixido concelleiro nas eleccións municipais de 1987.

Tras a aprobación do estatuto de autonomía melillense, foi elixido deputado da Asemblea de Melilla en 1995 e 1999. En 2000 foi elixido presidente da Cidade Autónoma de Melilla grazas a unha moción de censura presentada polo seu partido, o Partido Popular e o PSOE contra o entón presidente Mustafá Aberchán. Ese mesmo ano foi elixido senador pola coalición entre o seu partido e o Partido Popular.

Cabeza de lista por idéntica coalición en 2003, foi reelixido presidente. En 2003 o seu partido integrouse no Partido Popular de Melilla do que é presidente dende 2003. Na actualidade segue sendo presidente da Cidade Autónoma de Melilla e senador.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Melilla

Melilla (مليلة en árabe; Mritch ou Mrič en bérber) é unha cidade autónoma española, situada na rexión do Rif, no norte de África, a beiras do mar Mediterráneo, fronte á costa meridional da Península Ibérica, limítrofe con Marrocos e próxima a Alxeria.

A cidade e os seus territorios esténdense sobre 12,5 km² de superficie na parte oriental do cabo de Tres Forcas. Alberga unha poboación de máis de 78.000 habitantes e presenta diversas particularidades froito da súa posición xeográfica e historia, tanto na composición da súa poboación e as súas actividades económicas, como na súa cultura (froito da exemplar convivencia de cristiáns, musulmáns, xudeus e hindús).

O patrimonio arquitectónico de Melilla está considerado, xunto co de Barcelona, como un dos mellores expoñentes do estilo modernista español de principios do século XX. Melilla chegou a ter nesa época ata 100.000 habitantes. Actualmente recibe diariamente unha poboación flotante dos municipios marroquís próximos á súa área de influencia que fan que a súa poboación case se duplique nalgunhas ocasións.

Melilla constituíuse en cidade autónoma en 1995, aínda que xa foi recoñecido o seu dereito á autonomía na Constitución española de 1978. Marrocos reivindica a cidade como parte do seu territorio xunto con Ceuta e outros territorios españois de menor entidade no norte de África. O Goberno de España nunca estableceu negociacións de ningún tipo, xa que considera a Melilla -do mesmo xeito que os outros territorios norteafricanos- parte integrante do territorio nacional español.

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.