Juan Gómez Tonel

Juan Gómez Tonel, coruñés ou aveciñado na Coruña no primeiro cuarto do século XVII, foi un escritor e poeta en lingua galega, lingua castelá e latín, coordinador das Exequias da Raíña Margarida.

Juan Gómez Tonel
Nacementos. XVI
 A Coruña ?
Ocupaciónescritor

Traxectoria

Relación de las Exequias que hico la real Audiencia del Reyno de Galiçia a la Magestad de la Reyna D. Margarita de Austria nra Señora descriptas y puestas en stilo por Ioan Gomez Tonel.pdf
Relación de las Exequias que hico la real Audiencia del Reyno de Galiçia a la Magestad de la Reyna D. Margarita de Austria nra Señora descriptas y puestas en stilo por Ioan Gomez Tonel.

Poucos datos coñecemos sobre este personaxe. De todos modos, e segundo as informacións de Antonio Rey Soto e Antonio Taboada Roca que recolle Xosé María Álvarez Blázquez, pódese afirmar que é nado na montaña coruñesa, dentro da xurisdición de Santiago de Compostela. A vida de Gómez Tonel pérdese nas néboas do litoral das Mariñas “Chore nosa montaña do gando, -leite e novidades de espida” son a única referencia autobiográfica. Mais coñecemos, a través dos seus escritos, a súa ideoloxía antierasmita e a súa profunda cultura renacente.

O 29 de marzo de 1616 actuaba como lugartenente do alguacil maior do Reyno de Galicia, ao servizo da Real Audiencia de Galicia. Outro dato máis canto a esta figura, a subministra o historiador Antonio Neira de Mosquera: "parece que Gómez Tonel tiña unha imprenta en Santiago". Porén, este é un dato que aínda non se puido comprobar.

A noticia da morte de Margarita de Austria-Estiria, raíña consorte de Filipe III de España, foi recibida en San Lorenzo de El Escorial o 15 de outubro de 1611. A Real Audiencia de Galicia decide honrar á soberana cuns fastuosos funerais e manda escribir a Gómez Tonel as composicións que se titularon, na edición de Santiago de 1612, Relación de las Exequias que hico la real Audiencia del Reyno de Galiçia a la Magestad de la Reyna D. Margarita de Austria nra Señora. Colaboran nesta obra, amais do seu corifeo, Pedro Vázquez de Neira, frei Antonio Brañales, frei Luís de Tapia, Alonso Pérez de Lara e Alonso Ordóñez das Seijas.

Sexa como for, o volume preparado por Gómez Tonel para a ocasión gozou de edición, a cal foi levada a termo en Compostela na imprenta de Xoán Pacheco. De todos os exemplares impresos, na actualidade só conservamos tres: un custodiado no Museo Británico (adquirido en 1892), outro na Biblioteca Nacional de Madrid (procedente do mosteiro de Alcobaça) e o terceiro (lixeiramente mutilado) na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Pedro Vázquez de Neira

Pedro Vazquez de Neira y Santiso, nado na segunda metade do século XVI en Lugo, foi un poeta galego. Era fillo de Pedro Santiso (Señor de casa de Covas) e Inés Díaz de Neira. Casou con Catalina de Aguiar y Baamonde. Licenciado en Medicina ao servizo da Real Audiencia da Coruña, pouco se sabe da súa vida. Habida conta de que a meirande parte dos autores da época eran relixiosos, o feito de que escribise en galego convérteo nun dos poucos homes de ciencia que escribiu na nosa lingua nos Séculos Escuros.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.