Juan Compañel

Juan Compañel Rivas, nado en Santiago de Compostela en 1829 e finado en La Catalina (Cuba) en 1897, foi un editor e impresor galego.

Juan Compañel Rivas.
Nacemento1829.
 Santiago de Compostela.
Falecemento1897.
 La Catalina, Cuba.
NacionalidadeGalega.
OcupaciónEditor impresor e xornalista.
CónxuxeEmilia Chao Fernández.
FillosTres.[1]

Traxectoria

Establecimiento Tipográfico de D. J. Compañel
Establecimiento Tipográfico de D. J. Compañel, na rúa Real de Vigo.

Fillo do impresor Francisco Luis Compañel, natural da Graña. Logo da morte do pai ocupouse da empresa familiar Viuda e Hijos de Compañel. Entre 1852 e 1856 deixou a imprenta familiar e trasladouse a Vigo, onde publicou La Oliva con Uxío Carré Aldao e Manuel Murguía. En abril de 1857 o goberno suspendeu a publicación, que tomou o nome de El Miño volvendo á súa primeira denominación en outubro de 1868. Na súa imprenta, na rúa Real, publicouse o 17 de maio de 1863 Cantares gallegos de Rosalía de Castro. En 1863 casou con Emilia Chao Fernández, filla de José María Chao Rodríguez, converténdose en cuñado de Eduardo e Alejandro Chao Fernández. En 1873 marchou a Cuba, foi secretario do concello de La Catalina e fundou e dirixiu La Lealtad (1882) de Cienfuegos, Diario de Cárdenas (1883) e La Unión de Colón. Volveu a Vigo en 1891 para recuperarse do seu feble estado de saúde, e regresou a Cuba dous anos máis tarde.

Casa de Pedro Román
Casa Pedro Román (Biblioteca Pública Central "Juan Compañel" de Vigo).

En outubro de 2013 o Corporación Municipal de Vigo aprobou por unanimidade darlle o seu nome á Biblioteca Pública Central de Vigo, situada na Casa de Pedro Román ou Casa Ferro, do Casco Vello, na rúa Joaquín Yáñez número 6.[2]

Notas

  1. Entre eles Francisco Compañel Chao, bibliotecario do Centro Galego da Habana e secretario da Asociación Viguesa da Habana.
  2. "La Biblioteca Pública Central pasa a llamarse ´Juan Compañel´" Faro de Vigo, 29/10/2013 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Rosalía de Castro (1837-1885)
Obra
Familia
Lugares

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.