Juan Beceiro

Juan Beceiro Amado, nado en Serantes (Ferrol) en 1903 e falecido en Madrid o 13 de maio de 1990[1] foi un tradutor, lexicógrafo e militar galego.

Juan Beceiro
Nacemento1903
 Serantes
Falecemento13 de maio de 1990
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónlexicógrafo

Traxectoria

Fillo do tamén militar Juan Beceiro Díaz, capitán do cruceiro Blas de Lezo, alistouse no exército español. Con el chegou a oficial destinado en África. En 1934 participa na represión da revolución de Asturias. Durante a Guerra civil española incorpórase ao bando nacional e remata en 1939 en Estremadura. En 1943 regresa a Ferrol, pero posteriormente é destinado a Madrid e Valladolid, onde chega a presidir a Casa de Galicia de Valladolid. De alí, xa co grao de xeneral de brigada, pasa a Melilla en 1966[2], onde o ascenden a xeneral, e onde o nomean gobernador militar da cidade.

En 1967 pasa á reserva, e instálase en Granada, onde dedicou o seu tempo a traducir ao galego clásicos da literatura universal. Así, foi o primeiro que traduciu O Quixote, Contos e leendas d'a Eirín, a Vida e milagres do Lazariño de Tormes, A Odisea de Homero e o Hamlet de Shakespeare, que porén permanecen inéditas.

Tamén permanece sen editar a obra Comentos, follas dun vocabulario galego-castelán, compendio de lexicografía que intercala relatos propios e explicacións sobre os termos recollidos.

Notas

  1. Nota necrolóxica no ABC, 12 de maio de 1991.
  2. Don Juan Azpiroz, director de industria y material del Ministerio del Ejército, ABC, 27/2/1966.
Abrente (1957)

A revista Abrente é unha revista de periodicidade anual publicada por primeira vez en 1957 pola Casa Galicia de Valladolid. A súa primeira publicación realizouse cunha tiraxe de 1000 exemplares. A revista está escrita en galego e castelán, mais con predominio do castelán. O galego só é empregado en colaboracións literarias. A revista ten entre 24 e 64 páxinas e é gratuíta. As empresas encargadas da súa impresión foron Gráficas Lafalpoo (Valladolid) e a Imprenta Samagón (Sevilla, 46 (Delicias)).

A dirección da revista estivo constituída por Francisco Villares Ortuño, Jesús Rodríguez Chás Gómez, José Pérez Sanjurjo, María Nieves Ramos, Ramón Vázquez Rivas e Xoán Manuel González.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.