José Saramago

José de Sousa Saramago, nado en Azinhaga o 16 de novembro de 1922 e finado na illa canaria de Lanzarote o 18 de xuño de 2010[1], foi un escritor e xornalista en lingua portuguesa, gañador do Premio Nobel de Literatura no 1998. Tamén gañou o Premio Camões, o máis importante premio literario da lingua portuguesa. Naceu na provincia do Ribatejo, o día 16 de novembro, aínda que o rexistro oficial presente o día 18 como o do seu nacemento.

Saramago, coñecido polo seu ateísmo, foi membro do Partido Comunista Portugués e director do Diário de Notícias.

José Saramago
Nobel prize medal.svg
JSJoseSaramago
Nome completoJosé de Sousa Saramago
Nacemento16 de novembro de 1922
 Flag of Portugal.svg Azinhaga, Portugal
Falecemento18 de xuño de 2010 (87 anos)
 España Lanzarote, España
CausaLeucemia
NacionalidadePortugués
EtniaPobo portugués
RelixiónAteo
OcupaciónEscritor, xornalista
CónxuxeIlda Reis (1944-1970)
Pilar del Río (1988-2010)
LinguaPortugués
Período1947 – 2010
Coñecido/a porO Evangelho segundo Jesus Cristo, Ensaio sobre a Cegueira, Ensaio sobre a Lucidez, As Intermitências da Morte e Caim
PremiosPremio Camões (1995)
Nobel de Literatura (1998)
Assinatura José Saramago
www.josesaramago.org

Obra

Biográfica

  • Cadernos de Lanzarote (1997; recompilación 1993/95)
  • Cadernos de Lanzarote (2001; recompilación 1996/97)
  • As pequenas memórias (2006; memorias da súa infancia)

Poesía

  • Os poemas possíveis (1966)
  • Provavelmente alegria (1970)
  • O Ano de 1993 (1975)
  • Poesía completa (2005; antoloxía)

Relatos

  • Objeto quase (1978; contos)
  • Poética dos cinco sentidos: o ouvido (1979)
  • O conto da ilha desconhecida (1998)
  • A maior flor do mundo (2001)

Novela

  • Terra de pecado (1947)
  • Clarabóia (1948; inédita)
  • Manual de pintura e caligrafia (1977)
  • Levantado do chão (1980)
  • Memorial do convento (1982)
  • O ano da morte de Ricardo Reis (1984)
  • A jangada de pedra (1986)
  • História do Cerco de Lisboa (1989)
  • O Evangelho Segundo Jesus Cristo (1991)
  • Ensaio sobre a Cegueira (1995)
  • Todos os nomes (1997)
  • A caverna (2000)
  • O homem duplicado (2002)
  • Ensaio sobre a lucidez (2004)
  • As intermitências da morte (2005)
  • A Viagem do Elefante (2008)
  • Caim (2009)

Crónicas

  • Deste mundo e do outro (1971)
  • A bagagem do viajante (1973)
  • As opiniões que o DL teve (1974; crónicas políticas)
  • Os Apontamentos (1977)

Guía turística

  • Viagem a Portugal (1981)

Teatro

  • A noite (1979)
  • Que farei com este livro? (1980)
  • A segunda vida de Francisco de Assis (1987)
  • In nómine Dei (1993)
  • Don Giovanni ou O dissoluto absolvido (2005)

Notas

  1. Morre Saramago Arquivado 21 de xuño de 2010 en Wayback Machine., nova aparecida no diario Público de Portugal o 18 de xuño de 2010 (en portugués)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
16 de novembro

O 16 de novembro é o 320º día do ano no Calendario Gregoriano e o 321º nos anos bisestos. Quedan 45 días para rematar o ano.

18 de xuño

O 18 de xuño é o 169º día do ano do calendario gregoriano e o 170º nos anos bisestos. Quedan 196 días para finalizar o ano.

2010

2010 (MMX) comezou un venres no calendario gregoriano, non sendo un ano bisesto. Foi ano santo xacobeo.

8 de outubro

O 8 de outubro é o 281º día do ano do calendario gregoriano (282º nos anos bisestos). Quedan 84 días para finalizar o ano.

Alba Cid

Alba Cid Fernández, nada en Ourense o 10 de marzo de 1989, é unha poeta galega.

Basilio Losada

Basilio Losada Castro, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de xuño de 1930, é un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.

Blindness

Blindness é un filme dirixido por Fernando Meirelles que foi estreado no 2008. Adaptación do Ensaio sobre a cegueira do Premio Nobel portugués José Saramago.

Caín

Segundo a Xénese (o primeiro libro da Biblia) Caín foi o primoxénito de Adán e Eva, o primeiro ser humano nado fóra do Paraíso e o primeiro fundador dun asentamento humano.

Enemy (filme de 2013)

Enemy é un filme psicolóxico de 2013 dirixido por Denis Villeneuve, producido por M. A. Faura e Niv Fichman e escrito por Javier Gullón. Está vagamente baseado na novela de José Saramago O Homem Duplicado. Está protagonizado por Jake Gyllenhaal, que fai o papel de dous homes que son idénticos fisicamente, mais con diferente personalidade. Mélanie Laurent, Sarah Gadon e Isabella Rossellini interpretan os papeis secundarios. Trátase dunha coprodución internacional entre compañías de España e o Canadá.

O filme estreuse na Presentación Especial do Festival Internacional de Cinema de Toronto o 8 de setembro de 2013. Posteriormente foi estreado o 14 de marzo de 2014, pola compañía A24. Recadou $3,4 millóns e recibiu valoracións positivas da crítica. O filme conseguiu cinco Canadian Screen Awards, incluíndo mellor director para Villeneuve, así como mellor actriz secundaria para Gadon e mellor filme. Foi considerado o mellor filme canadense do ano pola Asociación de Críticos de Toronto.

Fundación José Saramago

A Fundación José Saramago é unha institución cultural privada con sede na Casa dos Bicos, na cidade de Lisboa, aínda que tamén conta cunha delegación en Azinhaga, vila natal do escritor José Saramago. Constituída polo propio escritor en xuño de 2007, ten como obxectivos a defensa e difusión da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a promoción da cultura en Portugal e no mundo, e a defensa do medio ambiente.

A Casa dos Bicos, sede da institución, ofrece unha exposición permanente adicada á vida e obra de José Saramago, titulada A semente e os frutos, así como outras actividades culturais como presentacións de libros, representacións de obras de teatro, concertos, conferencias e coloquios.

En Tías, Lanzarote, pódese visitar A Casa José Saramago, residencia do escritor e Pilar del Río ata 2010.

Giulia Lanciani

Giulia Lanciani, nada en Roma o 16 de maio de 1935 e finada o 14 de novembro de 2018, foi unha filóloga, lusitanista e galicianista italiana, académica de honra da Real Academia Galega.

Lisboa

Lisboa é a capital e maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Alén diso é tamén capital do distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.

A cidade corresponde ao concello, que é pequeno cos seus 83,84 km². A densidade demográfica sobe a 6.518,1 hab./km². O concello subdivídese en 53 freguesías e está limitado ao norte polos municipios de Odivelas e Loures, ao oeste por Oeiras, ao noroeste pola Amadora e ao leste e sur polo estuario do Texo. A través do estuario, Lisboa lígase aos concellos da marxe sur: Almada, Seixal, Barreiro, Moita, Montijo e Alcochete.

Literatura portuguesa

Coñécese como literatura portuguesa a literatura escrita en lingua portuguesa por escritores de Portugal, excluíndo a literatura brasileira e a feita noutros países lusófonos, así como as obras escritas en Portugal en linguas distintas do portugués, como o latín ou o castelán.

Poio

Poio (do latín podium, altura, montículo, fai referencia a un lugar elevado con boas vistas ) é un concello da comarca de Pontevedra, na provincia do mesmo nome. Segundo datos do IGE no ano 2015 tiña unha poboación total de 16.842 habitantes (homes: 8.326, mulleres: 8.516). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é poiense.

Sitúase na banda norte da ría de Pontevedra, pertencente ás denominadas Rías Baixas. Ten unha superficie de 34,17 km². Limita ó leste co concello de Pontevedra (límite natural marcado polo río Lérez), polo oeste cos concellos de Meaño, Meis e Sanxenxo, polo norte co concello de Meis e polo sur coa ría de Pontevedra. Destaca a presenza do Monte Castrove que marca o límite natural co concello de Meis, o punto máis elevado do municipio con 613 metros de altitude.

Na ría de Pontevedra atópase a Illa de Tambo, tamén pertencente ó concello de Poio.

Premio Camões

O Premio Camões (portugués: Prémio Camões) é un galardón literario concedido anualmente a autores en lingua portuguesa, en recoñecemento á traxectoria e contribución ó enriquecemento da literatura en portugués das persoas gañadoras. O premio foi bautizado en honor do poeta portugués Luís de Camões.

Premio Nobel de Literatura

O Premio Nobel de Literatura é un dos 5 premios especificamente sinalados no testamento do escandinavo Alfred Nobel. Segundo as súas palabras, o premio debe entregarse cada ano "a quen produza no campo da literatura a obra máis salientábel, na dirección correcta". A institución encargada de seleccionar ó gañador é a Academia Sueca (en sueco, Svenska Akademien).

Once dos galardoados co premio no século XX foron escritores en lingua castelá —entre eles un galego— e un en lingua portuguesa: os españois José Echegaray (1904), Jacinto Benavente (1922), Juan Ramón Jiménez (1956), Vicente Aleixandre (1977), e o galego Camilo José Cela (1989); os chilenos Gabriela Mistral (1945) e Pablo Neruda (1971); o guatemalteco Miguel Ángel Asturias (1967); o colombiano Gabriel García Márquez (1982), o mexicano Octavio Paz (1990) e o peruano Mario Vargas Llosa (2010); en lingua portuguesa o portugués José Saramago (1998).

Saramago

Para o artigo do Premio Nobel de Literatura portugués véxase: José Saramago.

O saramago, sarmago, ravo bravo ou labestro é unha especie de planta con flor pertencente á familia Brassicaceae.

Ás veces é reivindicado como o antepasado do Ravo comestíbel, o Raphanus sativa. Algúns autores sosteñen ser nativo de Asia, mentres outros din que é orixinario do Mediterráneo. É considerada planta nativa, non invasora, na Península Ibérica.

Foi introducido en case que todas as partes do mundo, sendo nalgunhas delas considerada unha especie invasiva daniña, como en Australia. Espállase rapidamente e ás veces pode ser vista nas beiras das estradas ou en lugares onde a terra foi removida.

O saramago medra como planta anual ou bianual, con fermosas flores de catro pétalos de 15–20 mm de cruz e de cor variábel entre púrpura, alaranxada, amarela ou branca, a miúdo escurecéndose ao longo do mesmo pétalo. Ten unha raíz simple que é similar á do ravo cultivado, porén menos dilatada.

É unha fonte importante de pole e néctar para unha variedade de polinizadores, especialmente as abellas. Pode ser confundido coa mostardeira ou coa mostardeira brava, outras plantas da familia das Brassicaceae.

1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
Dende 2001

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.