José Pintos Quinteiro

José Pintos Quinteiro, nado en Cerdedo-Cotobade en 1899 e finado en Pontevedra o 27 de agosto de 1936, foi un político galego.

José Pintos Quinteiro
Nacemento1899
 Cotobade
Falecemento27 de agosto de 1936
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Chofer. Era un dos principais dirixentes do PSOE pontevedrés, e foi elixido vicepresidente da agrupación socialista en xuño de 1936. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo unha participación destacada no Comité para a defensa da República organizado no goberno civil e, xunto cos compañeiros Manolo Amoedo, Valeriano Riobó, os irmáns Martínez Vázquez, e outros, tomou parte nas requisas de autos e armas ordenadas polas autoridades. Logo da saída á rúa dos militares refuxiouse no barrio da Moureira, nunha casa na rúa de Xan Guillerme propiedade de Benito Lago Currás. A policía rexistrou a casa en varias ocasións sen resultado. O 25 de agosto Pintos escapou cara San Xurxo de Sacos nun taxi propiedade do veciño do Marco Andrés Vázquez. Foi detido no seu domicilio en San Xurxo de Sacos ás 21 horas do día 26 por dous gardas civís e un cívico de Cerdedo-Cotobade. Foi asasinado en Pontevedra o 27 de agosto de 1936 e a súa morte foi rexistrada como causada por ferida de arma de fogo no cranio.

Véxase tamén

Ligazóns externas

27 de agosto

O 27 de agosto e o 239º día do ano do calendario gregoriano e o 239º nos anos bisestos. Quedan 126 días para finalizar o ano.

Pintos

O topónimo galego Pintos pode referirse a:

Pintos, lugar da parroquia de Marcón, no concello de Pontevedra.Amais, como apelido pode referirse a:

Xoán Manuel Pintos (1811-1876), escritor galego, Día das Letras Galegas 1975);Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua, outorgado polo Concello de Pontevedra.Luís Manuel Pintos Amado (1848-1874), escritor galego, fillo do anterior;

Román Pintos Amado (1858-1928), compositor e director de orquestra galego, fillo do primeiro;

Joaquín Pintos (1881-1967), fotógrafo galego;

José Pintos Quinteiro (1899-1936), político galego;

Luís Pintos Fonseca (1906-1959), pintor e gravador galego;

Juan Luis Pintos de Cea-Naharro (1939-2018) filósofo e teólogo galego;

Armindo Pintos Crespo (1940), ex-futbolista galego;

Santiago Pintos Capeáns (n. 1965), músico e actor de teatro galego;

Anxo Pintos (1968), músico e compositor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.