José Muíño Domínguez

José Muíño Domínguez, nado en 1969 en Nantón (Cabana de Bergantiños), é un político galego do PPdeG.

José Muíño Domínguez
Nome completoJosé Muíño Domínguez
Nacemento1969
 Cabana de Bergantiños
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Veterinario de profesión. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cabana de Bergantiños e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.

Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía.[1]

Predecesor:
Enrique Díaz Varela
 Cabana de Bergantiños.svg
Alcalde de Cabana de Bergantiños
 
2003 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas

  1. Concello de Cabana de Bergantiños na FEGAMP

Véxase tamén

Outras páxinas

Ligazóns externas

Cabana de Bergantiños

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo.

Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán .

Concellos de Galicia

En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab/km² no 2016.

Eleccións municipais de 2007 en Galicia

As eleccións municipais de 2007 celebráronse o 27 de maio en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Datos totais de Galicia

Eleccións municipais de 2011 en Galicia

As eleccións municipais de 2011 celebráronse o día 22 de maio de 2011 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais en Cabana de Bergantiños

Corporacións democráticas en Cabana de Bergantiños desde a aprobación da Constitución de 1978.

Por mor do descenso da poboación, a partir de 2011 solo se elixen 11 concelleiros

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.