José Luis Rodríguez Zapatero

José Luis Rodríguez Zapatero ( pronunciación ), nado o 4 de agosto de 1960 en Valladolid e criado en León, é un político español, que foi o quinto Presidente do Goberno de España dende a aprobación da Constitución española de 1978. Asumiu o seu cargo despois da vitoria do PSOE nas eleccións ao Congreso dos Deputados do 14 de marzo de 2004, revalidada nos seguintes comicios, celebrados o 9 de marzo de 2008. Deixou o cargo 21 de decembro de 2011.

José Luis Rodríguez Zapatero
José Luis Rodríguez Zapatero

17 de abril de 2004 – 21 de decembro de 2011
Monarca Juan Carlos I
Precedido por José María Aznar
Sucedido por Mariano Rajoy
Vicepresidente primeiro María Teresa Fernández de la Vega[1] (2004-2010)
Alfredo Pérez Rubalcaba (2010-)
Vicepresidente segundo Pedro Solbes (2004-2009)
Elena Salgado (2009-)
Vicepresidente terceiro Manuel Chaves (2009-)

Flag of Europe.svg
Presidente de quenda do Consello Europeo
1 de xaneiro de 2010 – 30 de xuño de 2010
Presidente Herman Van Rompuy
Vicepresidente Catherine Ashton
Precedido por Fredrik Reinfeldt
Sucedido por Yves Leterme

Actualmente no cargo
Dende o 22 de xullo de 2000
Precedido por Joaquín Almunia

Datos persoais
Nacemento 4 de agosto de 1960 (59 anos)
Valladolid, España
Partido Partido Socialista Obreiro Español (PSOE)
Cónxuxe/s Sonsoles Espinosa
Fillos 2
Profesión Axudante de Dereito Constitucional na Universidade de León (1983-1986)[2]
Alma máter Universidade de León
Relixión Agnóstico[3]
Residencia Madrid, España España
Sinatura Sinatura de José Luis Rodríguez Zapatero

Traxectoria

Educación e formación

Logo dunha escolaridade en centros relixiosos (Colexio dos Discípulos de Xesús de León, despois ao Colexio Leonés), entra na Universidade de León para seguir os estudos de Dereito seguindo a tradición familiar (o seu pai, decano do Ilustre Colexio de Avogados de León, administra cos seus outros fillos un gabinete de dereito administrativo).

En 1983, José Luís Rodríguez Zapatero é graduado en Dereito, cunha tese de final de estudos consagrada ao estatuto da rexión autónoma de Castela e León (última rexión española por constituírse como autónoma nese mesmo ano).

É contratado como profesor adxunto en Dereito Constitucional, e permanecerá en contacto coa formación universitaria ata 1986, ano en que vai consagrarse á súa carreira política.

A súa carreira política

Comprométese, xa desde moi novo do mesmo xeito que a súa familia politicamente ben á esquerda. En 1976, asiste co seu pai á primeira reunión autorizada do Partido Socialista Obreiro Español en Xixón e en 1978, pegando cartaces para este partido.

Adhírese a este partido socialdemócrata en febreiro de 1979 empuxado dunha parte pola súa admiración do discurso de Felipe González, e doutra polas ideas herdadas do seu avó paterno. Apoiado polo deputado local Ángel Capdevilla, en decembro de 1982 é nomeado secretario do partido en León, á idade de vinte e dous anos. A súa ascensión política monta en frecha desde ese momento e intégrase nas comisións da Constitución, Defensor do Pobo, Xustiza e Interior.

Foi elixido secretario xeral da Federación Socialista de León (FSL) no congreso celebrado en Astorga o 19 de xuño de 1988. Será tamén elixido deputado pola súa provincia nas eleccións lexislativas do 22 de xuño de 1989, converténdose no cargo electo máis novo do Congreso.

José Luis Rodríguez Zapatero - Royal & Zapatero's meeting in Toulouse for the 2007 French presidential election 0524 2007-04-19
José Luis Rodríguez Zapatero (Toulouse, 2007).

Reelixido á cabeza dos socialistas de León en febreiro de 1991 e de novo como deputado o 6 de xuño de 1993, no Congreso Federal de marzo de 1994 como secretario xeral do FSL, esta vez polo 70% dos delegados, conserva por cuarta vez o seu escano en as Cortes o 3 de marzo de 1996.

O PSOE colócao entón á Mesa Bipartidos con Esquerda Unida, ocupándose da reforma do modelo de Financiamento das Autonomías.

O 16 de novembro de 1997, reelíxeselle a secretario rexional do PSOE.

O 22 de xullo de 2000, consegue as rendas do PSOE no XXXV Congreso por 414 votos (41,7 % dos delegados), contra 405 a Bono (40,8 %) e afirma inmediatamente que desexa «un cambio tranquilo, sereno e disciplinado e proponse practicar unha oposición socialmente útil».

O 27 de outubro de 2002, Zapatero é oficialmente candidato á Presidencia do Goberno. O naufraxio do buque Prestige fronte ás costas de Galicia, vai verter toneladas de chapapote, contaminando as costas galegas sen que o Goberno tome as xustas medidas necesarias a esta situación [Cómpre referencia]. A indignación popular vai favorecer politicamente á oposición que vai acusar o Goberno de Aznar de desinformación e mentira.

As sondaxes para as eleccións lexislativas previstas para o 2004 daban entón aos dous homes a igualdade, pero é durante o ano 2003, coa intervención militar de España en Iraq, cando cerca do 90 % dos españois xulgan negativa[Cómpre referencia] a iniciativa do Goberno. Para rematar, a só 3 días das eleccións, prodúcese o atentado do 11-M, causando 192 mortos. A designación primeira de ETA como autora do atentado por parte de Ministerio de Interior, desmentida polas investigacións da policía, que apuntaban a vía islámica, crearon unha corrente de desconfianza e de condenas ao Goberno por mentir ao pobo con fins electoralistas.

O 14 de marzo de 2004, o PSOE gaña as eleccións lexislativas por 42,64 % contra o 37,64 % do PP, 164 escanos contra 146, (a maioría absoluta situábase en 174). O 17 de abril José Luís Rodriguez Zapatero é nomeado quinto presidente da Democracia.

No seu primeiro discurso como Presidente quere recordar a memoria do seu avó (fusilado en 1936) lendo unhas frases do testamento para declarar «(...) un desexo infinito para a paz, o amor para o ben e todo o que poida mellorar as condicións sociais de todos».

O 9 de marzo de 2008, Zapatero imponse con claridade, aínda que sen chegar a acadar a maioría absoluta, nas eleccións lexislativas por segunda vez consecutiva. Conseguiu 169 escanos (5 máis que nas eleccións de 2004) fronte ós 153 do Partido Popular (7 máis que en 2004).

Ideoloxía

Zapatero cornella
José Luís Rodríguez Zapatero

Á hora de situarse no espectro político, Zapatero afirmou que "Máis que un socialdemócrata son un demócrata social". Para Zapatero, "O programa dunha esquerda moderna pasa por unha economía ben gobernada con superávit das contas públicas, impostos moderados e un sector público limitado. Todo iso, conxugado coa extensión dos dereitos civís e sociais"[4]. Zapatero afirmou que aínda que "Hai moita xente neste país que bota de menos un partido de centro", "eu nunca serei dese partido de centro". Respecto dos seus rivais de dereitas, matizaba a súa afirmación á popular revista Marie Claire de que nada me ensinou a dereita"[5] dicindo que "A dereita neste país ensinoume que a esquerda fai avanzar a democracia". Igualmente resaltou que "Os grandes avances no mundo fixéronse defendendo a causa dos dominados"[6]. Neste sentido, Zapatero falou en numerosas ocasións de como a memoria do seu avó fusilado, Juan Rodríguez Lozano, motivou as súas convicións políticas

Zapatero móstrase tamén como un fervente pacifista e partidario do diálogo para solucionar os conflitos, tendo promovido a retirada das tropas españolas de Iraq, a Alianza de Civilizacións ou o proceso de paz con ETA. Neste senso, o presidente de Goberno, preocupado por unha necesaria loita contra a deterioración ambiental á que non se destinan os mesmos recursos que á guerra contra o terrorismo, afirmou que o cambio climático "provocou xa máis vítimas que o terrorismo internacional e o seu potencial de destrución é tamén moi superior" [7].

Segundo goberno Zapatero

O 9 de marzo de 2008 o PSOE venceu por segunda vez consecutiva as eleccións xerais, volvendo ser reelixido presidente de España. Esta etapa coñécese como segundo goberno Zapatero.

Predecesor:
José María Aznar
 Escudo oficial de España.png
Presidente do Goberno de España
 
2004 - 2011
Sucesor:
Mariano Rajoy
Predecesor:
Joaquín Almunia
 PSOE
Secretario Xeral do PSOE
 
2000 - 2011
Sucesor:
Alfredo Pérez Rubalcaba

Notas

  1. "Mª Teresa Fernández de la Vega, Vicepresidencia Primeira do Goberno" (en español). Arquivado dende o orixinal o 09-05-2007. Consultado o 18-03-2008.
  2. "Nota biográfica de Europa Press en Yahoo Noticias" (en español). Consultado o 18-03-2008.[Ligazón morta]
  3. "O dicionario de Zapatero" (en español). El País. 29 de xuño de 2008. Consultado o 2 de novembro de 2009.
  4. «En Alemania los socialdemócratas son los 'rojos' y no pasa nada...», en El Mundo, 16 de abril de 2006. Consultado o 22 de xuño de 2009. (en castelán).
  5. Zapatero alardea de «rojo» y «feminista» en Marie Claire, en ABC, 19 de outubro de 2005. Consultado o 22 de xuño de 2009. (en castelán).
  6. Zapatero: 'La derecha en este país me ha enseñado que la izquierda hace avanzar la democracia', en El Mundo, 16 de abril de 2006. Consultado o 22 de xuño de 2009. (en castelán).
  7. Zapatero: 'El cambio climático ha provocado ya más muertos que el terrorismo internacional', en El Mundo, 5 de novembro de 2006. Consultado o 22 de xuño de 2009. (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Suso de Toro (2007). Madeira de Zapatero. Retrato dun Presidente. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-680-8.

Ligazóns externas

17 de abril

O 17 de abril é o 107º día do ano do calendario gregoriano (108º nos anos bisestos). Quedan 258 días para finalizar o ano.

2004

2004 foi ano santo xacobeo.

Carmen Calvo

María del Carmen Calvo Poyato, máis coñecida como Carmen Calvo, nada en Cabra (Córdoba) o 7 de xuño de 1957, é unha xurista constitucionalista, política e docente española. Dende xuño de 2018 é a vicepresidenta e ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade do Goberno de España presidido por Pedro Sánchez.

Doutora en dereito constitucional, foi conselleira de Cultura da Junta de Andalucía (1996-2004) e ministra de Cultura (2004-2007) no Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero. Comprometida co feminismo e a igualdade de xénero, é coautora de varios libros, entre eles La mujer en España, Política social para la igualdad de los sexos e Política social y Estado de bienestar.

Cristina Garmendia

Cristina Garmendia Mendizábal, nada en Donostia o 21 de febreiro de 1962, é unha bióloga e empresaria vasca.

David Bravo

David Bravo Bueno, nado o 20 de febreiro de 1978 en Sevilla, é un avogado andaluz especializado en dereito informático e especialmente en propiedade intelectual. Coñecido pola súa participación en debates ou faladoiros para defender o dereito a compartir cultura e coñecemento, divulgando en que consiste o dereito á copia privada ou o termo copyleft, grazas a Internet e as redes de pares (P2P) entre outras ferramentas.

En marzo de 2005 publica unha misiva dirixida ao presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, en relación á Lei sobre propiedade intelectual, a favor de compartir o coñecemento e de non restrinxir aínda máis, na súa opinión, os dereitos de autor.

En xuño do mesmo ano presentou Copia este libro, publicado baixo Creative Commons que, como el mesmo escribiu, trata de...

Tamén actuou como avogado colaborando coas protestas de maio de 2011 en España.

Eleccións xerais de España de 2008

O 9 de marzo de 2008 tiveron lugar as eleccións a Cortes Xerais en España (9-M). Foron as décimas eleccións xerais que tiveron lugar dende a Transición, e serviron pra renovar os 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. Estas eleccións deron paso á IX Lexislatura. Ese mesmo día tamén se celebraron as elecciones autonómicas na comunidade autónoma de Andalucía.

José Montilla

José Montilla Aguilera, nado en Iznájar, provincia de Córdoba, o 15 de xaneiro de 1955, é un político andaluz. Actualmente é senador autonómico por proposta do Parlamento de Cataluña. Así mesmo é primeiro secretario do Partit dels Socialistes de Catalunya dende o 18 de xuño de 2000, membro da Comisión Executiva Federal e do Comité Federal do Partido Socialista Obrero Español dende o 23 de xullo de 2000. Foi presidente da Generalitat de Cataluña dende 2006 até 2010, ministro de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España de José Luis Rodríguez Zapatero dende o 18 de abril de 2004 até o 9 de setembro de 2006, substituíndoo no cargo Joan Clos, daquela alcalde de Barcelona. Está casado con Anna Hernández e ten cinco fillos

Juan Fernando López Aguilar

Juan Fernando López Aguilar, nado o 10 de xuño de 1961 en Las Palmas de Gran Canaria, é un político e xurista español do PSOE. Deputado pola provincia das Palmas desde a VII lexislatura. Desde o 18 de abril de 2004 ata o 12 de febreiro de 2007 foi Ministro de Xustiza do goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.

Mariano Rajoy

Mariano Rajoy Brey, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1955, é un político galego, presidente do Goberno de España desde 2011 ata 2018, durante as X e a XII lexislaturas e presidente do Goberno en funcións durante a breve XI lexislatura de España.

Rajoy serviu como ministro nos gobernos de José María Aznar en diversas carteiras entre 1996 e 2003, e como vicepresidente do Executivo de 2000 a 2003. Entre 2003 e 2004, cando foi elixido presidente do Partido Popular, desempeñou o cargo de secretario xeneral da formación.

Na actualidade é presidente do Partido Popular —foi reelixido no XVII Congreso celebrado en Sevilla en febreiro de 2012—, e se desempeñou como líder da oposición parlamentaria durante os dous mandatos (2004-2008 e 2008-2011) do Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.

Como resultado da vitoria do seu partido por maioría absoluta nas eleccións xerais do 20 de novembro de 2011, o 21 de decembro de 2011 se converteu no sexto presidente do Goberno da democracia. Renovou mandato para unha segunda lexislatura tras ser investido polo Congreso dos Deputados e por maioría simple o 29 de outubro de 2016, desempeñando o cargo ata a moción de censura do 1 de xuño de 2018.

Ministerio de Igualdade de España

O Ministerio de Igualdade de España, creado en 2008, durante a IX Lexislatura do renovado período democrático, baixo a presidencia do socialista José Luis Rodríguez Zapatero, foi o ministerio encargado de impulsar as políticas sociais recollidas na Ley para la Igualdad e na Ley Integral contra la Violencia sobre la Mujer, así como os programas sociais do Instituto de la Mujer e do Instituto de la Juventud. O Ministerio recolle as competencias de Igualdade que na VIII Lexislatura de España tiña o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, o cal pasou a chamarse Ministerio de Traballo e Inmigración. A primeira ministra de igualdade foi Bibiana Aído, a ministra máis nova da historia da democracia en España. Tamén foi a única, pois o ministerio integrou as súas competencias no de Sanidade e Consumo en 2010

Nueva Vía

Nueva Vía foi a corrente reformadora do Partido Socialista Obrero Español liderada por José Luis Rodríguez Zapatero, ex-presidente do Goberno de España, e utilizada como plataforma electoral ante o XXXV Congreso do seu partido no ano 2000.

Partido Socialista Obrero Español

O Partido Socialista Obrero Español (PSOE, en galego: Partido Socialista Obreiro Español) é un partido político español de centro esquerda fundado en 1879 polo ferrolán Pablo Iglesias Posse.

Durante cen anos definiuse como un partido de clase obreira, socialista e marxista, ata o Congreso Extraordinario de 1979, no que abandonou o marxismo como definición ideolóxica. Converteuse nun dos dous partidos políticos maioritarios de España, xunto co Partido Popular, gobernando o país durante a maior parte do réxime constitucional iniciado en 1978, coas presidencias de Felipe González (1982-1996), José Luis Rodríguez Zapatero (2004-2011) e Pedro Sánchez (2018-presente).

Preside o Goberno de España dende o 1 de xuño de 2018, logo de gañar a moción de censura contra o anterior presidente do goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, a consecuencia dunha das primeiras sentenzas de condena da trama Gürtel, que condenou ao Partido Popular.Preside ademais os gobernos de comunidades autónomas como Aragón, Asturias, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Estremadura e Castela-A Mancha. As súas mocedades son as Xuventudes Socialistas de España e forma parte do Partido Socialista Europeo e da Internacional Socialista.

Presidente do Goberno de España

O Presidente do Goberno é o Xefe do Goberno de España. A elección do presidente realízase no Congreso dos Deputados, mediante un proceso chamado Investidura, tras ser elixido polo Congreso, é nomeado polo Rei ante o cal toma xuramento.

As funcións do Presidente do Goberno están establecidas na Constitución Española nos artigos 97 ao 116. A residencia oficial e sede do Goberno é o Palacio da Moncloa en Madrid.

Sonsoles Espinosa

Sonsoles Espinosa Díaz, nada en Ávila o 8 de novembro de 1961, é a esposa de José Luis Rodríguez Zapatero, presidente do Goberno de España desde 2004 ata o 20 de decembro de 2011 e secretario xeral do Partido Socialista Obreiro Español.

Século XXI

Tempo entre 2001 e 2100 da era cristiá. É o século actual.

Trinidad Jiménez

Trinidad Jiménez García-Herrera, nada en Málaga o 4 de xuño de 1962, é unha política española pertencente ó PSOE.

Unidade Militar de Urxencias

A Unidade Militar de Urxencias ou UME (en castelán: Unidad Militar de Emergencias) é un corpo integrante das Forzas Armadas de España creado por acordo do Consello de Ministros o 7 de outubro de 2005, presidido por José Luis Rodríguez Zapatero.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.