José Luis Puente Domínguez

José Luis Puente Domínguez, nado o 31 de marzo de 1918 en Santiago de Compostela e falecido na mesma cidade o 12 de febreiro de 2006, foi un médico galego, especializado en anatomía e patoloxía cirúrxica.

José Luis Puente Domínguez
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Jose Luis Puente Domínguez
Nome completoJosé Luis Puente Domínguez
Nacemento31 de marzo de 1918
 Santiago de Compostela
Falecemento12 de febreiro de 2006
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncirurxián e médico
PaiJosé Puente Castro

Traxectoria

Naceu nunha familia vencellada á medicina, pois seu pai era José Puente Castro, daquela un dos doutores máis importantes de Galicia. Licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago en 1941 con premio extraordinario, ao obter a matrícula de honra en todas as materias. Foi alumno interno de Anatomía con Ángel Echeverri e axudante de cirurxía na consulta de seu pai no Hospital Provincial desde 1939 a 1942[1]. Doutorouse en Medicina pola Universidade de Madrid (1944) cunha tese sobre a cavidade medular dos ósos longos".

En 1942 acadou a praza de profesor auxiliar de Anatomía e trasladouse cunha bolsa a Viena, onde estivo traballando como axudante no Instituto Anatómico que dirixía Eduard Pernkopf, anatomista austríaco que acabaría sendo reitor da universidade vienesa. Precisamente de Pernkopf, naquela altura un membro destacado do Partido Nazi, traduciu os seis tomos da Topographische Anatomie des Menschen, coñecido como o Atlas Pernkopf. En 1945 recibe outra bolsa, neste caso do CSIC, para ir formarse ao Porto: alí traballou co anatomista portuense Hernâni Monteiro.

Accedeu á cátedra de Anatomía na Universidade de Salamanca en 1948, e ficou na capital salmantina até que se trasladou, en 1952, á Universidade de Santiago de Compostela. Dous anos despois, en 1954, foi escollido catedrático de Histoloxía e de Patoloxía Cirúrxica. Nas súas investigacións traballou a patoloxía biliar e da mama, así como en temas de citometría de cancro de colon e de mama.

A partir de 1960 traballou tamén na sanidade pública española, como cirurxián. Xubilouse en 1987 e desde aquela foi profesor emérito da Universidade de Santiago, e académico da Real Academia Española de Medicina, primeiro como correspondente logo xa, a partir de 1991, de pleno dereito. Ingresou na Academia o 21 de maio de 1991, para ocupar a cadeira de neurocirurxía, cun discurso de ingreso titulado O ensino da cirurxía[2].

Tamén foi presidente da Asociación Española de Cirurxiáns durante dous anos, entre 1982 e 1984[3].

Galardóns

  • Académico da Real Academia Española de Medicina (1991).
  • Académico da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia (1966).
  • Medalla Castelao (1990)[4].
  • Presidente de honra e co-fundador da Sociedade Galega de Patoloxía Dixestiva[5].
  • Medalla de Ouro da Sociedade Española de Patoloxía Dixestiva
  • Medalla de Ouro da Asociación Española de Cirurxiáns.
  • Medalla de Ouro da Sociedade Anatómica Española.
  • Premio Virgili da Sociedade Catalá de Cirurxía en 1987[6].
  • I Premio Novoa Santos da Asociación de Médicos Galegos en Madrid en 1996[7].

Notas

  1. Puente Domínguez, José Luis (2004). "La cirugía que he vivido (1932-1988)". 16-12-2004 77 (3). ISSN 0009-739X.[Ligazón morta]
  2. Puente Domínguez, Jose Luis (1991). Real Academia Nacional de Medicina, ed. La enseñanza de la cirugía (en español). Consultado o 26 de abril de 2011.
  3. "HISTORIAL DE LAS JUNTAS DIRECTIVAS DE LA AEC". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2010. Consultado o 16 de abril de 2011.
  4. "Medallas Castelao" (en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2011. Consultado o 26 de abril de 2011.
  5. "Presidente de Honor de la Sociedad Gallega de Patología Digestiva" (en español). Consultado o 26 de abril de 2011.
  6. "Medallas Virgili" (en español). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 26 de abril de 2011.
  7. "Premio Novoa Santos" (en español). Consultado o 26 de abril de 2011.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

Hilda Rodríguez

María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

José Puente Castro

José Puente Castro, nado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1883 e finado na mesma cidade o 7 de febreiro de 1963, foi un médico galego.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Ramón Gómez Crespo

Ramón Gómez Crespo, nado en Xinzo da Costa (Maceda) o 17 de abril de 1952, é presidente do Proxecto Home de Galicia.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.