José Luis Poceiro Martínez

José Luis Poceiro Martínez é un político galego do PSdeG-PSOE.

José Luis Poceiro Martínez
José Luis Poceiro
José Luis Poceiro na V mostra do viño de Vilaboa
Nacementoséculo XX
 Provincia de Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Traballador do sector naval. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Vilaboa e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG. Volveu ser elixido alcalde nas sucesivas eleccións, sempre grazas ao apoio do BNG[1].

Predecesor:
Xabier Míguez
 Escudo de Vilaboa.svg
Alcalde de Vilaboa
 
2003 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas

  1. "Poceiro e Fernández presentan un biparito sólido, cabal, e sen rifas", artigo de Águeda Piñeiro en Diario de Pontevedra, 6 de xullo de 2011.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Concellos de Galicia

En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab/km² no 2016.

Eleccións municipais de 2007 en Galicia

As eleccións municipais de 2007 celebráronse o 27 de maio en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Datos totais de Galicia

Eleccións municipais de 2011 en Galicia

As eleccións municipais de 2011 celebráronse o día 22 de maio de 2011 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais en Vilaboa

Corporacións democráticas en Vilaboa desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Manuel Fresco Reboredo — UG

1983 Alcalde: Constantino Lamoso Couso — AVF (Agrupación de Vecinos "Fibrecrisán")

1987 Alcalde: Enrique Fernández Nogueira — IG

1991 Alcalde: Enrique Fernández Nogueira — IV

1995 Alcalde: Enrique Fernández Nogueira — PPdeG

1999 Alcalde: Xabier Míguez Santos — BNG

2003 Alcalde: José Luis Poceiro Martínez — PSdeG-PSOEModelo:Vilaboa 2003

2007 Alcalde: José Luis Poceiro Martínez — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: José Luis Poceiro Martínez — PSdeG-PSOE

2015 Alcalde: José Luis Poceiro Martínez — PSdeG-PSOECandidaturas: José Luis Poceiro Martínez (PSdeG-PSOE), Ornela Fernández Salgado (BNG) e María Beatriz Lorenzo Sanjorge (PP).

Xabier Míguez Santos

Francisco Xabier Míguez Santos, nado en Paredes (Vilaboa) o 4 de decembro de 1965, é un profesor e político galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.