José Luis Méndez López

José Luis Méndez López, nado na Coruña o 11 de setembro de 1945, é un banqueiro galego, director xeral de Caixa Galicia entre 1981 e 2010.

José Luis Méndez López
Xose Luis Mendez
Nome completoJosé Luis Méndez López
Nacemento1945
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónempresario
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria profesional

Estudou na Escola de Comercio da Coruña e máis tarde, en 1967, licenciouse en Económicas pola Universidade Complutense de Madrid. Doutorouse na mesma universidade, onde tivo como director da tese o economista Enrique Fuentes Quintana, e continuou a súa carreira como profesor universitario de facenda pública nesa entidade, e logo de teoría económica na Universidade de Santiago de Compostela, a finais dos anos sesenta.

O seu percorrido profesional na banca iniciouno no Banco del Noroeste, pertencente ao grupo Rumasa, no departamento de investimentos. En 1977 é nomeado director xeral da Caja de Ahorros de Ferrol, cargo que ocupa unicamente durante seis meses, porque en 1978 esta entidade se fusiona coa Caja de Ahorros de La Coruña y Lugo, que dá lugar a Caixa Galicia. En 1981 é nomeado director xeral da nova entidade por Xoán Cardona Rodríguez, en substitución de Antonio Lorenzo.

Durante os seus anos á fronte da entidade, Caixa Galicia foi reforzando a súa posición absorbendo ou fusionándose coa Caja de Ahorros de Santiago (1980), Caja de Ahorros Provincial de Lugo, (1982), as caixas rurais da Coruña, Pontevedra (1986), Ourense (1988) e León (1992). Nos anos noventa tamén integra as redes bancarias do Banco de Fomento (1994), do Banco Urquijo (2000) e do BNP España (tamén en 2000).

En 2010 a crise financeira afectou grandemente a súa entidade, o que levou a súa fusión con Caixanova. O 16 de setembro dese ano dimitiu da dirección xeral[1], catro días despois de facer os 65 anos, e foi substituído de forma provisional por Xavier García de Paredes. Na nova entidade, Xosé Luís Méndez ocupou o cargo de presidente da Fundación social da entidade, fóra da primeira liña da xestión bancaria, logo de percibir 16.5 millóns de euros en concepto de despedimento[2]. Ademais continúa como presidente da Fundación Claudio San Martín e como membro do consello de administración de Sacyr ou no de Tecnocom, ambos en representación de Novacaixagalicia.

Cargos

Pola súa posición á fronte de Caixa Galicia, foi tamén director xeral de Ahorro Corporación e vicepresidente de Caser e de Unión Fenosa. Tamén foi conselleiro en varias empresas, como Pescanova, Sacyr, Ence etc.

É o presidente do Club de Economía de Iñás.

Vida familiar

É pai de tres fillos, entre eles os empresarios Yago Méndez e Lis Méndez.

Notas

  1. José Luis Méndez se jubila como director general de Caixa Galicia Arquivado 18 de setembro de 2010 en Wayback Machine., Xornal, 16/9/2010
  2. José Luis Méndez cobró de Caixa Galicia 16,5 millones por jubilación, El País, 7/10/2011.
José Luis Méndez

José Luis Méndez pode referirse a:

José Luis Méndez López (1945-), un banqueiro galego

José Luis Méndez Romeu (1951-), un político galego.

José Luis Méndez Pascual (1972-), un empresario galego, fillo de José Luis Méndez López.

Xosé Luís Méndez Ferrín (1938-), un escritor galego.

José Luis Méndez Pascual

José Luis Méndez Pascual, chamado Lis Méndez, nado na Coruña o 13 de xaneiro de 1972, é un empresario galego.

Yago Méndez

Yago Méndez Pascual, nado na Coruña en 1973, é un empresario galego

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.